La Comarca del Eo
La Comarca del Eo é unha publicación semanal carácter informativo e cultural de Ribadeo.
La Comarca del Eo | |
---|---|
Fundación | 1919 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ribadeo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarFundada por Francisco Lanza co nome de La Comarca. Semanario Popular Independiente, o primeiro número foi editado o 5 de outubro de 1919 reivindicando o obxectivo de 'defender con absoluta independencia de criterio os intereses da comarca astur-galaica".[1] Cando Lanza emigrou a Arxentina en 1929 fixéronse cargo da publicación Ramón Fernández de Soto (director 1929-1959) e Juan Agustín Mejeras (director 1959-1991), quedando desde 1959 este último coa propiedade. En 1989 mercouno El Progreso de Lugo, pasando a imprimirse nos seus talleres e depender totalmente da infraestrutura da empresa 'El Progreso de Lugo S.L.'. Tras ser director Juan Soto Rodríguez (1991-2008), na actualidade (2019) ten como director a Javier Rivera Ponte[2] e unha difusión arredor do milleiro de exemplares.[1]
Entre outras cousas, no semanario publicouse o primeiro eloxio público a Castelao en Galicia tras o estoupido da guerra civil española, nun artigo de Dionisio Gamallo, ou se mantivo a publicación semanal dos datos meteorolóxicos da estación situada na actual 'Granxa-Escola Pedro Murias'
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Comarca del Eo, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (2004). Diccionario da literatura galega. Termos e institucións literarias IV. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-656-8.