Lar (Buenos Aires)
LAR[1][2] foi unha revista primeiramente bimensual (despois trimestral e finalmente anual) da Asociación Galega de Beneficencia e Mutualidad, adscrita ao «Hospital Gallego» de Buenos Aires (1934-1963).
Lar | |
---|---|
País | Arxentina |
Lugar | Buenos Aires |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1934 |
Última edición | 1963 |
Circulación | |
Frecuencia | 30 días |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarTivo personalidade xurídica por Superior Decreto de 25 de setembro de 1935, estando inscrita no Rexistro Nacional de Mutualidades baixo o número 19, e no Rexistro da Propiedade Intelectual co número 346.294.
Esta revista, na que colaboraron ilustres personalidades arxentinas e galegas, «nace coa gratísisma misión de difusión cultural», o que lle mereceu os máis cálidos eloxios da prensa internacional. Estivo dirixida por Roxelio Rodríguez Díaz, ao que sucederon Manuel Roel e Ramón D. Villar. Ofrecía información sobre a sociedade e as súas actividades e tamén prestou moita atención á literatura publicando colaboracións dos intelectuais máis destacados.
Colaboradores
editar- Albino Núñez Domínguez
- Alberto Vilanova
- Antón Fraguas
- Baldomero Cores
- Domingo García-Sabell
- Florentino López Cuevillas
- Xosé Ramón Fernández-Oxea
- Xoán Rof Carballo
- Leandro Carré Alvarellos
- Paulino Pedret
- Ricardo Carballo Calero
- Ramón Menéndez Pidal
- Ramón Otero Pedrayo
- Salvador de Madariaga
- Valentín Paz-Andrade
Notas
editar- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada: LAR Publicación que estivo saíndo á rúa dende 1934 ata, polo menos, o ano 1963 en Bos Aires (arxentina)...
- ↑ Enciclopedia Galega Universal: Lar PUBLIC Publicación editada en Bos Aires a partir de 1934, e que cesou a súa edición ó redor de 1963...
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 284. ISBN 84-8288-137-X.