Manuel Ángel Álvarez
Manuel Ángel Álvarez, nado na Guarda o 15 de febreiro de 1855 e finado en Madrid o 1 de novembro de 1921, foi un pintor, ilustrador e escultor galego de finais do s. XIX e comezos do XX. Asinaba as súas obras co seu primeiro apelido, Ángel.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1855 A Guarda, España |
Morte | 1 de setembro de 1921 (66 anos) Madrid, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintor, ilustrador, escultor |
Familia | |
Cónxuxe | Concepción García |
Fillos | non tivo |
Traxectoria
editarPertencente a unha familia acomodada, fillo de Manuel Ángel Portela e Emilia Álvarez Alonso,[1] iniciouse moi novo na pintura e aos dezaoito anos de idade xa gravara os frescos da igrexa de Santa Mariña do Rosal.[1] En Madrid estudou na Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado, perfeccionando en 1873 a súa aprendizaxe como copista no Museo Nacional del Prado, e entre 1873 e 1875 estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, nunha clase dirixida polo escultor Ponciano Ponzano;[1][2] nese último ano emigrou á Habana, onde residía un irmán seu. Alí traballou como ilustrador da revista La Ilustración Gallega y Asturiana e iniciouse na paisaxe e os temas históricos, alcanzando un alto recoñecemento, en especial como retratista; algúns dos seus cadros, como Recluída ou Violación, chegaron a venderse por 1 125 pesetas.
Pintou o gran salón do Centro Gallego de La Habana e, logo de pasar por Porto Rico, onde contou co apoyo de Agustín Sobrino Vicente,[3] regresou a España en 1881 con dous proxectos: concorrer á Exposición Nacional dese ano coa súa obra Doña Leonor Téllez, reina de Portugal, en el convento de Tordesillas (3,3 x 2,40 m)[4][5] e presentar, o ano seguinte, á Exposición do Ministerio de Ultramar a súa obra El Mariscal Pedro Pardo de Cela.[6] A prensa dedicoulle grandes eloxios e denominouno "O pintor da Historia", título co que foi coñecido posteriormente. Doou á Deputación de Pontevedra o óleo do mariscal a cambio dunha bolsa de 1 000 pesetas para realizar estudos en Madrid e Florencia.[7] E anos despois pediu que estivese presente na Exposición Rexional Galega de Lugo de 1896. Foi a única vez que o cadro saíu do Pazo Provincial de Pontevedra.[8]
A primeira edición d'O divino sainete (1888) de Manuel Curros Enríquez contaba na súa portada cun debuxo de Manuel Ángel, datado en 1885. En branco e negro, a ilustración inclúe numerosas referencias iconográficas: unha muller deitada e semiespida cun crucifixo na man dereita e unha máscara de teatro na esquerda; un animal cun rosario entre as mans; unha serpe enroscada a unha árbore, e unha cabaza. Na parte da dereita hai un home de barba vestido coa peza impermeable tradicional feita con palla, a falar con outro home vestido elegantemente con abrigo e sombreiro. O deseño do home co vestido tradicional galego casa coas cabeceiras de numerosas publicacións desa época, que incluían debuxos de homes vestidos co traxe tradicional de gala (polainas, pucho, chaleco…).
En Madrid tiña o seu estudo na céntrica Praza de Santa Catalina de los Donados. Estivo en 1882 na Exposición Artística del Salón do xornal El Globo con Una reclusa e Una chula e participou tamén na Exposición Nacional de 1884 con Coquetería[9] e en 1887 con Un juicio de Dios.[10] Foi galardoado con mencións honoríficas nas Exposicións Nacionais de 1897 e 1912, e presentou na edición de 1915 os cadros Retrato de la señorita doña Virginia Portilla e os debuxos Ilustraciones. Foi membro da Asociación da Prensa e colaborador gráfico de varios xornais como Nuevo Mundo, El Liberal e La Ilustración Nacional.[11] Tamén traballou como ilustrador para a Editorial Calleja, destacando en especial os seus traballos para El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha (moi reimpreso) e España y su historia: álbum gráfico de los hechos más notables (1913) entre outros.[12]
Galería de imaxes
editar-
Manuel Ángel Álvarez.
-
Pardo de Cela, cadro de 1883, Deputación de Pontevedra.
-
Retrato de guardesa, 1884.
-
A morte do trobador Macías, 1887.
-
O divino sainete, de 1888, de Curros. Capa de Manuel Ángel.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Barreiro de VV 1886, p. 3.
- ↑ Monterroso 2014, p. 36.
- ↑ Monterroso 2014, p. 37.
- ↑ Vicenti, Alfredo (18/6/1881). "Galicia y Asturias en la Exposición de Bellas Artes". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán) (17). Arquivado dende o orixinal o 02/06/2020. Consultado o 07/03/2020.
Doña Leonor Tellez, reina de Portugal, en el convento de Tordesillas. Cuadro de D. Manuel Angel (de La Guardia). Trabajo concienzudo, si bien amanerado, frío y confuso, á causa del poco atrevimiento del artista. Tiene éste buenas cualidades, y llegará andando el tiempo
- ↑ Up 1883, p. 4.
- ↑ "Un artista gallego". El Eco de Galicia (en castelán) (A Habana): 5–6. 5/8/1883.
- ↑ "O Concello de Alfoz e a Deputación de Pontevedra abren liñas de colaboración…" 21/5/2017.
- ↑ Fernández, Martín (19/10/2016). "Manuel Ángel, el emigrante que pintó el único retrato que existe de Pardo de Cela". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Up 1885, p. 4-5.
- ↑ Ribalta 1887, p. 84-85.
- ↑ Alcolea Albero, Fernando (2014). "Manuel Ángel Álvarez" (en castelán).
- ↑ "Ángel, Manuel (1855-1921)" Biblioteca Nacional de España.
Véxase tamén
editarManuel Ángel por InésVigo no YouTube. |
Bibliografía
editar- Barreiro de VV, Bernardo (21/3/1886). "Manuel Ángel". El Eco de Galicia (en castelán) (A Habana) (195): 3.
- Martínez Tamuxe (setembro de 1986). "Semblanza biográfica de Manuel Ángel Álvarez, eximio pintor guardés". A Peneira (30): 6.
- Martínez Tamuxe et al. (2001). Manuel Ángel Álvarez (1855-1921). Museo de Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-95632-05-5.
- Monterroso, J. M. (2014). "Estelas en el mar: el "Eco de Galicia" de La Habana como fuente para la pintura gallega: el caso de Manuel Ángel Álvarez". Arte y patrimonio en España y América. pp. 31–49. ISBN 978-9974-0-1049-9.
- Ribalta, Aurelio (agosto de 1887). "Galicia en la actual Exposición de Bellas Artes". Galicia. Revista Regional (en castelán) (A Coruña) (8): 84–85. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 07 de marzo de 2020.
- San Ildefonso Rodríguez, Beatriz de. "Diccionario Biográfico Electrónico" (en castelán). Real Academia de la Historia.
- Up, Lisardo (25/3/1883). "Dos cuadros de Manuel Ángel". El Eco de Galicia (en castelán) (A Habana) (39): 4.
- Up, Lisardo (29/6/1884). "Galicia en la Exposición Nacional de Bellas Artes". El Eco de Galicia (en castelán) (A Habana) (105): 4–5.
- Up, Lisardo (19/10/1884). "Galicia en la Exposición Nacional de Bellas Artes". El Eco de Galicia (en castelán) (A Habana) (121): 4.
- Up, Lisardo (4/1/1885). "Ángel, pensionado". El Eco de Galicia (en castelán) (A Habana) (132): 4-5.
- X (28/9/1884). "Los artistas gallegos en la Exposición Nacional de Bellas Artes". El Eco de Galicia (en castelán) (A Habana) (118): 1–2.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Ángel Álvarez |
Ligazóns externas
editar- Bibliografía de Manuel Ángel Álvarez en pintoresgallegos.com.
- Manuel Ángel Álvarez. Obra, II, III e IV Páxinas da Guarda, abril de 2013.