Bernardo Barreiro

historiador, xornalista e poeta galego

Bernardo Antonio Barreiro de Vázquez Varela[1], nado en Santiago de Compostela o 21 de xaneiro de 1850[2] e finado na Coruña o 27 de novembro de 1904, foi un historiador, xornalista e poeta galego.

Modelo:BiografíaBernardo Barreiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1850 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1904 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, autor, escritor, historiador, arquiveiro Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 40073 BNE: XX1199152 Bitraga: 1762 BUSC: barreiro-de-vazquez-varela-bernardo-1850-1904

Traxectoria

editar

Fillo dun zapateiro chamado Bernardo Barreiro Borraxeiros, de familia compostelá, e de Florentina Vázquez Penedo, cuxos pais procedían de Nemenzo e de Deixebre, foi o cuarto fillo do matrimonio, sendo bautizado na igrexa de Salomé, na rúa Nova[2].

Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña (1881) e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no Arquivo de Simancas. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina, onde redactou os estatutos do Centro Gallego de Buenos Aires e desempeñou o cargo de Presidente da Comisión de Instrución.

Os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática (1882-1889), no que publica distintos traballos sobre a Inquisición en Galicia. Foi redactor de La Ilustración Gallega y Asturiana e colaborou en El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e El Diario de Santiago.

Unha rúa de Santiago ten o seu nome, ó carón do IES do Sar.

Ensaio

editar
  • Las leyendas de María. Colección histórico-arqueológica de bellas artes, costumbres, antigüedades, tradiciones y santuarios de Galicia (Santiago de Compostela, 1872)
  • Efemérides de Galicia (1877)
  • Testimonio de la capitalidad de Galicia (Santiago, 1882)
  • Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago. Verdaderos nombres etimológicos de sus calles, noticias de todos los siglos, curiosidades dignas de la atencion del viagero (Santiago, 1885)
  • Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano (A Coruña, 1885). Existe tradución ao galego.[3]
  • Los blasones de Galicia: cartas a los Centros Gallegos de América y a sus revistas oficiales (Santiago, 1886)
  • Una audiencia en el Tribunal del Santo Oficio de Santiago (Santiago, 1888)

Artigos

editar

Os seguintes textos foron publicados na revista Galicia Diplomática, que dirixía:

  • Información sobre la entrada de los turcos en Cangas y el daño que hicieron (Ms. inédito perteneciente al Excmo. Ayuntamiento de Santiago). Memorial de muertos, cautivos, casas y haciendas que se quemaron y robaron (nº 7, 12, 29, 46 e 92, 1883).
  • Archivo de la Inquisición en Galicia. Apuntes sobre bibliografía y lecturas prohibidas desde 1800 a 1819 (nº 13 a 19, 1883).
  • Restablecimiento del Tribunal del Santo Oficio en Santiago (nº 16, 1883).
  • Inquisición en Galicia. Las casas primitivas del Santo Oficio en Santiago (nº 35, 1983).
  • Archivos secretos. Adiciones y notas a una lista de Inquisidores de Galicia desde el establecimiento del Santo Oficio en Santiago hasta el año de 1700 (nº 20 a 26, 1888).
  • Archivos secretos del Tribunal de la Inquisición de Galicia. Proceso contra el Alcaide Juan de Quiroga (nº 23, 1889).

Poesía

editar
  • O desterro (Camiño de Portugal), 1879.

Inéditos

editar

Sábese que ó morrer tiña moi adiantados outros dous traballos: un estudo titulado Archivos secretos de la Inquisición de Galicia, León y Asturias. Historia diplomática de este Tribunal Apostólico desde su establecimiento hasta su abolición, e unha novela titulada Los judíos de Ribadavia, sobre os sucesos acaecidos nesta localidade entre 1606 e 1610 ó redor do xuízo a varios veciños, xudeus conversos, acusados de manter os seus rituais en segredo [4].

  1. Asinaba como Bernardo Barreiro de W, unindo neste dobre uve os apelidos Vázquez Varela.
  2. 2,0 2,1 Rexistro Civil de Santiago de Compostela para o ano 1850, nacementos (AHUS, AM-744, nº de orde 55). Ao nacemento recibiu o nome de Bernardo Antonio Barreiro Vázquez.
  3. "Superticións: bruxos e astrólogos e Libro de San Cibrán". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-10-27. 
  4. Desta novela publicáronse dous capítulos (Pontevedra, 1885).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar