Galicia. Revista Regional

revista galega

Galicia foi unha revista editada na Coruña de 1887 a 1893.

Galicia. Revista Regional
PaísEspaña
Sede centralA Coruña
Lingualingua castelá e lingua galega
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

 
Martínez Salazar, o director.

Subtitulada Revista Regional, apareceu en xaneiro de 1887. De periodicidade mensual, estaba dirixida por Andrés Martínez Salazar. Centrouse exclusivamente en temas galegos coa pretensión de "ser el reflejo del movimiento intelectual" do país.

De ideoloxía rexionalista, publicou narracións en galego e castelán, ensaios, biografías, crítica literaria, estudos económicos, filoloxía, arqueoloxía e historia. Interesouse polos problemas sociais, sobre todo os do campesiñado. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez, Marcial Valladares, Enrique Labarta Pose, Benito Losada Astray, Manuel Leiras Pulpeiro, Aurelio Ribalta, Filomena Dato, Eladio Rodríguez González, Francisco Añón, Waldo A. Insua, Ramón López de Vicuña e Alfredo Brañas.

A súa a primeira época rematou en maio de 1889, pero tivo unha segunda, de xullo de 1892 a xuño de 1893.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar