Ramón López de Vicuña
Ramón López de Vicuña, nado en Manila (Filipinas) o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909,[1] foi un profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1852 Manila, Filipinas |
Morte | 14 de febreiro de 1909 (56 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , escritor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito civil e canónico e doutor en Filosofía e letras. Catedrático de Xeografía e Historia no Instituto da Coruña e a partir de 1907 no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, foi concelleiro da Coruña, correspondente da Real Academia de la Historia e un dos membros fundadores da Real Academia Galega en 1905.[2]
Colaborou en Revista Contemporánea, Revista de España, Revista Crítica de Historia y Literatura, Galicia Diplomática e a Galicia (Revista Regional) de Andrés Martínez Salazar.[3]
Foi un admirador e divulgador do románico galego.
Obras
editarPublicou con destino ao ensino obras que acadarían varias edicións.
Notas
editar- ↑ Heraldo de Madrid, 16-9-1909, p. 4
- ↑ Membros de número RAG.
- ↑ Couceiro, p. 331.
- ↑ Curso elemental de Historia de España Arquivado 07 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. en Galiciana.
- ↑ Curso elemental de Historia de España na BNE (inclúe sinatura autógrafa do autor).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 331.