A competición foi fundada en 1999 coa creación da Liga Galeso-Escocesa, a cal pasou a ser coñecida como "Celtic League" ao incorporar tamén equipos irlandeses. Entre as temporadas 2006−07 e 2010−11, a liga estivo patrocinado pola elaboradora de sidraMagners. Esa mesma temporada 2010−11 incorporáronse dous equipos italianos, aumentando a liga de 10 a 12 equipos. Para reflictir que a liga incluía xa equipos de fóra das nacións celtas, a competición adoptou o nome de Pro12. En canto aos patrocinadores, entre 2011−12 e 2013−14 foi RaboDirect, e posteriormente Guinness. Na temporada 2017−18 a competición incorporou dous novos equipos equipos, esta vez surafricanos, aos que se uniron dous máis en 2021.
O United Rugby Championship xógase entre os meses de setembro e maio, estando os equipos divididos en catro grupos de catro equipos cada un. Un dos grupos está formado polos equipos escoceses, outro polos galeses, outro polos surafricanos e, por último, un grupo formado por dous equipos escoceses e dous italianos. A pesar de estaren divididos en grupos, os equipos ordenanse nunha única táboa de clasificación.[1] Os equipos xogan dúas veces contra cada un dos outros do seu grupo (local e visitante) e unha contra cada equipo dos outros grupos (xa sexa en casa ou fóra). Isto asegura que os equipos de Gales, Irlanda, e Suráfrica xogan entre si seis partidos de derby. Para Italia e Escocia, os seus respectivos clubs xogan contra os equipos do seu propio país tan só dúas veces. Isto crea unha temporada regular de 18 partidos antes dos play-offs. A clasificación elabórase utilizando o sitema de puntución de bonus do rugby, de forma que cada equipo recibe 4 puntos por vitora e 2 por empate. A maiores os equipos poden recibir puntos extra se conseguen anotar catro ou máis ensaios ou se perden por menos de sete puntos.
Os play-offs están compostos polos oito mellores equipos da competición a partido único. Desta forma enfróntanse o primeiro contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, o terceiro contra o sexto e o cuarto contra o quinto. En cuartos de final e semifinais a vantaxe de campo é para o equipo peor clasificado. Por outra banda, a final dispútase nunha sede predeterminada. En canto á participación en competicións europeas, os equipos surafricanos tamén poden clasficarse. Así, clasifícanse para a Copa de Campións os gañadores de cada un dos catro grupos, os cales tamén reciben un trofeo. Ademais, outras catro prazas son outorgadas aos seguintes catro equipos mellor clasificados na táboa de clasficiación global.
O Pro14 Rainbow Cup foi un torneo único de "transición" creado para facilitar a integración dos catro equipos surafricanos no United Rugby Championship antes da temporada 2021−22. Por primeira vez, un equipo italiano e un equipo surafricano chegaron á final dunha competición oficial da Liga Celta / Pro Rugby, sendo a vitoria do Benetton Rugby o primeiro trofeo de Italia neste nivel.