Estadio Free State

(Redirección desde «Free State Stadium»)

Coordenadas: 29°07′02″S 26°12′32″L / -29.117222222222, 26.208888888889

O Free State, chamado por motivos publicitarios Vodacom Park, é un estadio situado en Bloemfontein, Suráfrica, utilizado para encontros de fútbol e de rugby, con capacidade para 46.000 persoas. Actualmente é o estadio local dos Cheetahs do Pro14. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome procede da provincia na que está situado, a provincia do Estado Libre (en inglés: Free State).

Vodacom Park
Datos
LocalizaciónBloemfontein, Suráfrica
Construción
Inauguración1952
Renovación2008
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade46.000
LocalíaCheetahs
Eventos

Datos editar

Inaugurado en 1952, o estadio sufriu unha completa remodelación con ocasión da Copa do Mundo de Rugby de 1995, da que foi sede, para albergar indistintamente encontros de rugby e de fútbol. Os principais equipos de rugby que utilizan o estadio son o Free State Cheetahs, que participa na competición nacional de Suráfrica , a Currie Cup; e o Central Cheetahs, que representa o Estado Libre e as provincias do Cabo Norte no Super 14. O principal equipo de fútbol é o Bloemfontein Celtic, que xoga na liga Premier de Fútbol.

Para a Copa Mundial de Fútbol de 2010, engadiuse un segundo nivel á tribuna principal no lado occidental do campo, aumentando a capacidade total de 36.538 a 48.000 espectadores, aforamento necesario para os estadios na primeira e segunda roldas de partidos do campionato. Ademais, instaláronse novos tornos, mellorouse a iluminación, foron instalados cadros electrónicos, o sistema de son foi renovado ás normas esixidas, instalación de CPTV (circuíto pechado de televisión) e maiores facilidades para os medios de comunicación como melloras das instalacións. Para renovar o estadio, Bloemfontein recibiu 221 millóns de rands, aínda que as estimacións de gastos son de 245 millóns, xa que a cidade decidiu asumir un déficit de 24 millóns.[1] Os traballos comezaron en xullo de 2007, e a súa finalización produciuse en setembro de 2008.[2]

Copa do Mundo 2010 editar

Partidos editar

O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
14 de xuño Primeira rolda Xapón  
1 - 0
  Camerún
30.620
17 de xuño Primeira rolda Grecia  
2 - 1
  Nixeria
31.593
20 de xuño Primeira rolda Eslovaquia  
0 - 2
  Paraguai
26.643
22 de xuño Primeira rolda Francia  
1 - 2
  Suráfrica
39.415
25 de xuño Primeira rolda Suíza  
0 - 0
  Honduras
28.042
27 de xuño Oitavos de final Alemaña  
4 - 1
  Inglaterra
32.652

Notas editar

  1. Sunday Times
  2. "Official upgrade progress report as at May 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xullo de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar