Firhill Stadium
O Firhill Stadium ou Firhill Arena (coñecido anteriormente tamén baixo o nome Firhill Park, mais comunmente coñecido coma Firhill) é un estadio de fútbol e rugby da cidade de Glasgow, Escocia. É o estadio no que actualmente disputan os seus partidos como locais o equipo de fútbol Partick Thistle F.C. e o de rugby Glasgow Warriors. O estadio ten unha capacidade para preto de 11.000 espectadores.
Firhill Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 55°52′54″N 4°16′11″O / 55.881556, -4.269639 |
Localización | Glasgow, Escocia |
Construción | |
Inauguración | 1909 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Capacidade | 10.921 |
Propietario | Partick Thistle F.C. |
Localía | Partick Thistle F.C. (1909-presente) Clyde F.C. (1986-1991) Hamilton Academical F.C. (1994–97 e 1999–2001) Glasgow Warriors (2005–06 e 2007–presente) |
[ editar datos en Wikidata ] |
No pasado foi a casa temporal doutros dous equipos de fútbol, o Clyde e o Hamilton Academical.
Historia
editarFútbol
editarFirhill é a casa do Partick Thistle dende 1909, que se viu forzado a abandor o seu anterior estadio de Meadowside un ano antes. O estadio fufriu unha remodelación en 1927, un ano antes o estadio acollera o seu únicoa partido internacional ata agora, fronte a Irlanda.
European Football
editarFirhill acolleu o seu primeiro partido da Copa de Europa, e primeiro de Glasgow na competición, cando o Djurgardens sueco xogou o seu partido como local no estadio escocés fronte ao Hibernian en 1955. O equipo sueco disputou este partido en Firhill debido ás condicións de frío en Suecia no tempo do partido.
Rugby Union
editarEn decembro de 2005, Firhill converteuse tamén na casa do equipo profesional de rugby de Glasgow, o Glasgow Warriors, cando se trasladaron dende a súa anterior casa en Hughenden Stadium. Logo de retorno a Hughenden en 2006, os Warriors retornaron a Firhill ao principio da tempada 2007-08. En abril de 2009 ampliábase cinco anos máis a localía dos Warriors no estadio.
Rugby League
editarEn 1996, Firhill foi a casa da Selección de rugby de Escocia da modalidade de rugby league no seu primeiro partido como local cunha vitoria fronte ao equipo irlandés. O rugby league é un deporte minoritario en Escocia, mais volveu a este estadio na Rugby League World Cup 2000.