Luís VIII de Francia
Luís VIII de Francia, chamado o León , nado en París en 1187 e finado en Montpensier, Auvernia en 1226, foi rei de Francia de 1223 a 1226.
Luís VIII de Francia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de setembro de 1187 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 8 de novembro de 1226 |
Lugar de falecemento | Montpensier |
Causa | Disentería |
Soterrado | Basílica de Saint-Denis |
Nacionalidade | Perú |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Filipe II de Francia |
Nai | Isabel de Hainaut |
Cónxuxe | Branca de Castela |
Fillos | Luís IX de Francia, Roberto I de Artois, Afonso III de Poitiers, Isabel de França, Carlos de Anjou, João de Maine, Philippe de France, Philippe de France e Philippe de France |
Irmáns | Marie of France, Duchess of Brabant e Filipe Hurepel |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Orixes familiares Editar
Naceu na corte francesa de París o 5 de setembro de 1187, sendo o primeiro fillo e único supervivente do primeiro matrimonio do rei Filipe II de Francia e Isabel de Hainault. Por liña paterna era neto de Luís VII de Francia e Adela de Champaña, e por liña materna de Balduíno V de Hainault e Margarida de Lorena.
O declive do poder anxevino Editar
O príncipe Luís completou as vitorias que o seu pai obtivera sobre a dinastía Plantagenet, que no tempo de Filipe II Augusto eran reis de Inglaterra e condes de Anjou. Así, Luís logrou tomar ao rei inglés Xoán sen Terra Poitou e La Rochelle, quedando en mans inglesas só Gascuña e Güiena.
En 1216 os baróns ingleses rebeláronse contra o impopular rei Xoán sen Terra e ofreceron o trono ao príncipe Luís. De seguido partiu a Inglaterra e foi proclamado rei en Londres en maio de 1216, aínda que nunca foi coroado. O príncipe entrou en Londres e na catedral de San Paulo foi aceptado como rei cunha gran celebración. Varios nobres rendéronlle tributo, incluído Alexandre II de Escocia.
O 14 de xuño conquistou a cidade de Winchester e logo conquistou a metade do reino inglés. Despois dun ano e medio de guerra, a maioría dos baróns partidarios de Luís VIII desertaran, polo que tivo que acabar coa súa demanda do trono inglés polo Tratado de Lambeth de 1217, no que recoñeceu ao rei Henrique III de Inglaterra.
Despois de gañar a batalla de Salvetat en setembro de 1217 [1] cun exército catalán e occitano formado no condado de Pallars[2], onde Roger de Comenge era o conde consorte de Guillemina I de Pallars Sobirà[3], Tolosa abriulle as portas a Ramón VII o 13 de setembro, e os cruzados rapidamente a cercaron e a recuperaron tras oito meses en xuño de 1218, e durante o cal morreu o mesmo Montfort[4]. Tolosa volveu ao control de Ramón VI. Durante ese tempo, con todo, o novo papa de Roma Honorio III convencera aos franceses do norte para que se involucrasen máis na cruzada e Filipe II de Francia ordenou ao seu fillo Luís que atacase a Marmanda, que cercaba Amalarico IV de Montfort[5], e cercar a cidade de Tolosa en 1219, pero Luís volveu á casa.
Nupcias e descendentes Editar
Casou o 23 de maio de 1200 en Pont Audermer (Normandía) con Branca de Castela, filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra. Desta unión naceron:
- O príncipe Filipe de Francia (1209 - 1218).
- O príncipe Luís IX de Francia (1214 - 1270), rei de Francia.
- O príncipe Roberto I de Artois (1216 - 1250), conde de Artois.
- A princesa Santa Isabel de Francia (1225 - 1270) abadesa.
- O príncipe Xoán de Anjou (1219 - 1227), conde de Anjou e Maine.
- O príncipe Afonso III de Poitiers (1220 - 1271), conde de Poitiers, casou en 1241 con Xoana de Tolosa e Aragón.
- O príncipe Filipe Dagoberto de Francia (1222 - 1232).
- príncipe Estevo de Francia (1226).
- O príncipe Carlos I de Nápoles (1227 - 1285), conde de Anjou e rei de Nápoles, casou en 1246 con Beatriz I de Provenza.
Coroación Editar
Foi coroado rei o 6 de agosto de 1223 na catedral de Reims á morte do seu pai, sendo o primeiro en facelo segundo a tradición da dinastía Capeto: en presenza do rei.
O seu reinado continuou co traballo do seu pai: canalizar o sentimento dunha comunidade nacional, enfrontándose directamente aos señores feudais para centralizar o poder nel e deixar atrás o feudalismo.
O 1 de novembro de 1223, publicou unha ordenanza que prohibía aos oficiais establecer débedas cos xudeus, e revertía así a política establecida polo seu pai Filipe II. A usura, cartos con xuros, era ilegal para os cristiáns e estaba penada con excomuñón. A prohibición afectaba só aos cristiáns, os propios xudeus, sen medo a seren excomungados, puideron levala a cabo. Esta medida de prohibición permitiu poñer fin a esta argucia legal e poñer fin a unha constante fonte de fricción entre a igrexa e o estado.
Todos os baróns aceptaron a lei, agás Teobaldo IV de Champaña, que tiña un acordo cos xudeus que lle garantía un ingreso adicional de impostos. Teobaldo IV converteuse así nunha das forzas de oposición máis importantes da dinastía Capeto e a súa hostilidade quedou patente durante todo o seu reinado.
En 1225, o consello de Bourges excomungou ao conde Ramón VII de Tolosa e declarou unha cruzada contra os baróns do sur. Luís viu neste feito unha ocasión de ouro para fortalecer os seus dereitos reais no sur. Roxerio Bernardo II de Foix intentou levar a paz ao conflito pero o rei rexeitou a mediación, polo que os condes de Foix e Tolosa se aliaron contra o rei francés.
Mentres o rei regresaba a París, morreu de disentería o 8 de novembro de 1226 no castelo de Montpensieur en Auvernia. Foi enterrado na catedral de Saint-Denis.
Notas Editar
- ↑ Història de Catalunya (2ª edición ed.). Història de Catalunya. 1963.[Ligazón morta permanente]
- ↑ El legado templario. Ediciones Robinbook. 2008. ISBN 8496746151.
- ↑ Història Nacional de Catalunya, volum IV. Edicions Pàtria. 1920.
- ↑ Diccionari d'Història de Catalunya. Edicions 62. 1998. ISBN 84-297-3521-6.
- ↑ Etude Sur la Vie Et Le Regne de Louis Viii (1187-1226) (en francés). Slatkine. 1975.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Luís VIII de Francia |