Poitou (en poitevino Poetou) era unha provincia francesa que abranguía os actuais departamentos da Vendée (Baixo Poitou), Deux-Sèvres e Vienne (Alto Poitou), así como o norte da Charente e unha parte do oeste de Haute-Vienne. A súa capital era Poitiers.

Mapa da antiga provincia do Poitou.
Bandeira da provincia do Poitou.

A antiga provincia deulle o seu nome á Marisma poitevina, situada no antigo golfo dos Pictóns, na costa occidental de Francia, e que representa a segunda zona húmida máis grande de Francia en termos de superficie despois da Camarga ; a marisma esténdese desde o Atlántico até as portas de Niort e desde o sur da Vendée até o norte de La Rochelle.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.