Lista de condes de Galicia
Conde de Galiza foi un título que se empregou no Reino de Galiza durante a Idade Media, desde o século IX até o XIII. Usado en diferentes circunstancias e mediante diversas fórmulas, tivo significados mutábeis, podendo facer referencia, nunha primeira etapa, a grandes magnates que eran lugartenentes do rei[1][2] ou, máis serodiamente, á cabeza visíbel da nobreza galega.[3]
Séculos IX-XI
editarApós a finalización do longo reinado de Afonso II no ano 842, a converxencia de intereses entre a aristocracia galega e Ramiro I, a cal lle permitira depor a Nepociano polas armas e acceder ao trono,[4] fixo que a relación entre os magnates e os reis fose un pouco máis lonxe mediante a adquisición por parte dos aristócratas da condición de funcionarios reais. Deste xeito, os magnates, que eran os que rexían nos seus propios dominios, comezaron a se denominar condes (comites), unha titulación que supuña unha elevada posición social e outorgaba un carácter non-rexio.[5] Non era nesta altura un título nobiliario; senón a expresión do cargo de xefe militar ao mando de exércitos propios.[6] Segundo a serie recompilada en 1795 por Juan Francisco Masdeu,[7] o primeiro coñecido sería o conde Pedro, mencionado na Crónica Albeldense facendo fronte a un ataque normando so o reinado de Ordoño I (850-866)[a] e identificado por algúns autores con Pedro Theon.[8]
- Froila (até o 866)[9][10]
- Flacidio (até o 875)[11]
- Witiza (até o 895)
- Hermenexildo Gutérrez (895-912)
- Ordoño II, rei de 910 a 924.
- Sancho Ordóñez, rei de 926 a 929.
- Guterre Osórez (916-941).
- Osorio Gutérrez (morto en 980).
- Gonzalo Mendes ou Gonçalo Mendes ou Gonzalo Méndez ou Gonzalo Menéndez (919-985).
- Paio González ou Pelayo González (até 959).
- Mendo González ou Melendo González ou Menendo Gonzalez ou Mendo Gundisalviz (até 1008)[12]
- Mendo Nunes e Velasco Almeiuz (1042)[2]
Séculos XI-XIII
editarEn 1073 Rodrigo Ovéquiz, conde de Lugo, rebelouse contra o rei Afonso VI e autoproclamouse conde de Galiza.[13]
- Rodrigo Ovéquiz (c. 1073-1088)[b]
Condado de Galiza
editarXa contra 1087, no medio dunha rebelión liderada por Rodrigo Ovéquiz e apoiada polo bispo de Santiago, Diego Páez, cuxo obxectivo era repor o rei García II e casalo cunha filla de Guillerme o Conquistador, Afonso VI creou o condado de Galiza e cedeuno ó seu xenro[c] Raimundo. Adicionalmente, arredor da súa figura creouse unha estrutura administrativa propia dun monarca (con chanceler, mordomo e meiriño mor propios), de xeito que atinxiu elevadísimas cotas de poder, empregando fórmulas propias da realeza e suplantando a autoridade do rei. Así, o conde borgoñón gobernou o territorio galego con total autonomía, como se fose un auténtico principado feudal[15] ou mesmo unha especie de vicerreinado.[16] Os seus dominios como conde de Galiza chegaban até Zamora e Salamanca, onde exercía igualmente a súa autoridade.[17]
- Raimundo de Borgoña (1087[18]-1107), coa súa muller
- Urraca (1087[c]-1109)
Coa morte de Raimundo, o seu principal valedor e cabeza da nobreza galega, Pedro Froilaz de Trava, converteuse no seu sucesor.[20]
- Pedro Froilaz de Traba (1107-1128)
- Fernán Pérez de Traba (1128-1155), fillo do anterior
- Rodrigo Pérez de Trava (1155)[21], irmán do anterior
- Gonzalo Fernández de Trava (1153[d]-1160), fillo de Fernando
- Fernando González de Trava (1160-1165),[23][24] fillo do anterior
- Gómez González de Trava (1160[24]-1211), irmán do anterior
- Rodrigo Gómez de Trava (1211-1261), fillo do anterior
Os Vela
editarAdemais da predominante Casa de Trava, os descendentes do conde Vela Ovéquiz (†1085), irmán de Rodrigo Ovéquiz,[b] que son coñecidos como os Vela,[25] tamén se denominaron condes de Galiza.
- Rodrigo Vélaz (†1141)[26]
- Álvaro Rodríguez (†1167)[e][27], fillo do anterior
- Rodrigo Álvarez (†1187)[28], fillo do anterior
Outros
editarOutros magnates tamén aparecen nalgún momento como condes de Galiza.
Século XIV
editarApós a morte de Rodrigo Gómez sen sucesión, a nobreza galega ficou sen unha cabeza visíbel. Pedro Fernández de Castro, señor da casa de Lemos, que foi pertegueiro mor de Santiago, encomendeiro do bispado de Lugo e adiantado mor de Galiza, entre outros, é considerado o sucesor por mor das altas cotas de poder que atinxiu, malia que nunca empregou o título de conde de Galiza.[32] O seu fillo, que ademais foi conde de Lemos, Trastámara e Sarria, seguiu encabezando o poder político galego.[33]
- Pedro Fernández de Castro (1328-1343)
- Fernando Ruiz de Castro (†1377), fillo do anterior
Notas
editar- ↑ «60. […] Eius tempore Lordomani iterum uenientes in Gallicie maritimis a Petro comite interfecti sunt». Chronicon Albeldense.
- ↑ 2,0 2,1 Os irmáns Rodrigo Ovéquiz e Vela Ovéquiz tamén se denominan nun documento de 1082 Duo comites magni.[14]
- ↑ 3,0 3,1 Probabelmente xa en 1087, Urraca (duns 8 anos de idade) casase con Raimundo de Borgoña, dado que este aparece case inmediatamente como xenro de Afonso VI.[19]
- ↑ Aparece xa desde 1153, en vida de seu pai, como sucesor e conde de Galiza.[22]
- ↑ Estaba casado coa condesa Sancha Fernández, filla de Fernán Pérez de Traba e Tareixa de Portugal.
- ↑ Sobriño de Rodrigo e Vela Ovéquiz, foi parte da curia de Raimundo de Borgoña.
- ↑ Era fillo de Froila Díaz, quen pertencera á curia de Raimundo de Borgoña, polo que non é irmán de Pedro Froilaz de Trava.
- Referencias
- ↑ Baliñas Pérez 2009, p. 50.
- ↑ 2,0 2,1 Baliñas Pérez, Carlos (2014). "A flumine mineo usque in tagum: os camiños diverxentes de Galicia e Portugal na Alta Idade Media (700-1100)". Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 27–54, en 44. ISBN 978-84-92923-60-1.
Ducis in Gallecie Velasco Almenize et Menendus Nuniz
- ↑ Pardo de Guevara 2000, p. 137.
- ↑ Baliñas Pérez 2009, pp. 43, 48.
- ↑ Abaitua, Joseba (29 de outubro de 2014). "Escalona (2004). ‘La invención de Alfonso I de Asturias’". Trifinium (en castelán).
- ↑ Baliñas Pérez 2009, p. 52.
- ↑ Masdeu, Juan Francisco (1795). "Número, época y orden de los Condes de Galicia hasta entrado el siglo XII". Historia critica de España, y de la cultura española (en castelán) XV. Madrid. pp. 168–175.
- ↑ Sánchez Pardo, José Carlos (2010). "Los ataques vikingos y su influencia en la Galicia de los siglos IX-XI" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (33): 57–86, en 65. ISSN 1130-7625.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2003). Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910). Trivium. Toxosoutos. p. 113. ISBN 84-95622-78-5.
Froilane Gallicie comite
- ↑ Baliñas Pérez 2009, pp. 49-50.
- ↑ Baliñas Pérez 2009, p. 51. “Flacidius … comes Galleciae”
- ↑ Lamigueiro, José Luis. "Genealogía del linaje Betótiz, s. X - XI". Xenealoxías do Ortegal (en castelán). Consultado o 20-11-2020.
dux Gallecie
- ↑ Salazar Acha 1985, p. 43. “comes Galletiae”
- ↑ Salazar Acha 1985, p. 43.
- ↑ Barón Faraldo 2011, pp. 531-538. “Baixo fórmulas como comes, consul, senior, dominus, princeps ou imperator”
- ↑ Rodríguez Sánchez, Francisco (2022). Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I: A relevancia do reino galego medieval. AS-PG. p. 58. ISBN 978-84-949659-4-4.
- ↑ López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. pp. 350–352. ISBN 84-96403-54-8.
- ↑ Lamigueiro, José Luis, "Condado de Galicia no Reinado de Afonso VI (1065-1109)", Xenealoxías do Ortegal, arquivado dende o orixinal o 11-10-2020, consultado o 31-08-2018.
- ↑ Reilly, Bernard F. (1982). The Kingdom of León-Castilla under Queen Urraca (PDF) (en inglés). Princeton University Press. p. 5. ISBN 978-0691053448.
- ↑ Barón Faraldo 2011, pp. 548, 557. “comes Petrus in Gallecia”, “Gallecie comes, principis Gallecie ou imperante orbem Gallecie”, “tamén cualificado en ocasións como consul ou dux”
- ↑ Pallares, M.ª del Carmen (1993). "Aristocracia y sistema de parentesco en la Galicia de los siglos centrales de la Edad Media: el grupo de los Traba". Hispania. 185 53. pp. 823–840, en 834.
Comes Rudericus Petriz Gallecie
- ↑ López Sangil, José Luis. "Gonzalo Fernández de Traba". Real Academia de la Historia. Consultado o 15/08/2018.
- ↑ López Sangil, José Luis. "Fernando González de Traba". Real Academia de la Historia. Consultado o 06/09/2018.
- ↑ 24,0 24,1 Lamigueiro, José Luis, "Condado de Galicia no Reinado de Fernando II (1157-1188)", Xenealoxías do Ortegal, consultado o 06-09-2018.
- ↑ Salazar Acha 1985, p. 19.
- ↑ Salazar Acha 1985, p. 53. “Durante moitos anos ha aparecer na documentación de Galiza como «comes Galletiae»”
- ↑ Salazar Acha 1985, p. 54. “Alvarus Roderici Galletiae ou comes Alvarus”
- ↑ Salazar Acha 1985, p. 55. “comes Rodericus Galletiae”
- ↑ Barón Faraldo 2011, p. 559. “consul Gallecie”
- ↑ Pérez Rodríguez, Estrella (2013). "Léxico político latino del reino de León (s. VIII-1230): consul y proconsul" (PDF). Bulletin du Cange: Archivum Latinitatis Medii Aevi (Union académique internationale) 71: 151–164, en 154. ISBN 978-2-87043-011-8. ISSN 1376-7453. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2020. “Suarius Veremudiz consul Gallecie”, “Los paralelos son muchos y suficientemente evidentes para poder afirmar con seguridad que consul designa la dignidad nobiliaria de «conde»”
- ↑ Lamigueiro, José Luis. "Condado de Galicia no Reinado de Urraca I (1109-1126), Alfonso VII (1111 - 1157)". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/08/2018.
c[omit]e domno Ramiro in Gallecia
. - ↑ Pardo de Guevara 2000, pp. 137, 144.
- ↑ Pardo de Guevara 2000, pp. 182, 185.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Baliñas Pérez, Carlos (2009). "Rebeldes con causa: un análisis interpretativo de la conflictiva relación entre la nobleza gallega y los reyes de Asturias, ca. 750-910". Estudios en homenaje al profesor José M. Pérez García (en castelán). 1. Historia y Cultura. Universidade de Vigo. pp. 37–66. ISBN 978-84-8158-460-8.
- Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius gallecie princeps (ca. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses (en castelán) (27): 531–574. ISSN 0213-4357.
- López Sangil, José Luis (2002). La nobleza altomedieval gallega. La familia Froilaz-Traba (en castelán). Toxosoutos. ISBN 84-95622-68-8.
- Pardo de Guevara, Eduardo (2000). Los señores de Galicia: tenentes y condes de Lemos en la Edad Media (en castelán) I. Fundación Pedro Barrié. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 16 de abril de 2022.
- Salazar Acha, Jaime de (1985). "Una familia de la alta edad media: Los Velas y su realidad histórica". Estudios genealógicos y heráldicos, Volumen 1 (en castelán). pp. 19–64. ISBN 84-398-3591-4.