Lista de ósos do esqueleto humano

artigo de listas da Wikimedia

O esqueleto humano adulto está constituído por 202 ósos (206 se se consideran por separado as 5 vértebras sacras, que realmente están fundidas nun único óso; e até 209 ou máis se se inclúen ademais as vértebras coccíxeas, que tamén están fundidas nun único óso), a maioría deles pares, cun membro de cada par en cada lado do corpo. Os ósos impares son: as vértebras, o esterno, o frontal, o occipital, a mandíbula, o esfenoide, o etmoide, o vómer e o hioide. O esqueleto dos lactantes e nenos presenta máis de 202 ósos xa que algúns destes se fusionarán máis tarde na vida adulta.

Entre paréntese móstrase o número total de ósos de cada tipo no esqueleto humano.

Cabeza ósea (25)Editar

Cranio: neurocranio[1] (8) Cranio: esplacnocranio[2] (10) Oído medio (6) Pescozo (1)
Frontal (1)
Parietal (2)
Temporal (2)
Occipital (1)
Esfenoide (1)
Etmoide (1)
Ósos wormianos (variable)
Vómer (1)
Ungüe ou lagrimal[3] (2)
Corneto inferior[3] (2)
Maxilar superior (2)
Mandíbula (1)
Cigomático ou malar (2)
Martelo (2)
Bigornia (2)
Estribo (2)
Hioide (1)
 
a. membrana timpánica, b. martelo, c. bigornia, d. estribo, e. cadea de ósos do oído medio.

Tronco e pescozo (53)Editar

Columna vertebral (26)Editar

Columna
Vértebras cervicais (7)
Columna dorsal
Vértebras dorsais[4] (12)
Columna lumbar
Vértebras lumbares (5)
Columna sacra e cóccix (2) Imaxe
Atlas ou primeira vértebra cervical (1)
Axe ou segunda vértebra cervical (1)
Terceira vértebra cervical (1)
Cuarta vértebra cervical (1)
Quinta vértebra cervical (1)
Sexta vértebra cervical (1)
Sétima vértebra cervical (1)
Primeira vértebra torácica (1)
Segunda vértebra torácica (1)
Terceira vértebra torácica (1)
Cuarta vértebra torácica (1)
Quinta vértebra torácica (1)
Sexta vértebra torácica (1)
Sétima vértebra torácica (1)
Oitava vértebra torácica (1)
Novena vértebra torácica (1)
Décima vértebra torácica (1)
Undécima vértebra torácica (1)
Duodécima vértebra torácica (1)
Primeira vértebra lumbar (1)
Segunda vértebra lumbar (1)
Terceira vértebra lumbar (1)
Cuarta vértebra lumbar (1)
Quinta vértebra lumbar (1)
Sacro (1: 5 vértebras fusionadas)
Cóccix (1: normalmente 4 vértebras fusionadas)

Ósos do tórax (25)Editar

 
Tórax: esterno (impar) e costelas (pares). Está cerrado posteriormente pola columna dorsal.

Ósos da pelve (2)[5]Editar

 
Pelve ósea masculina, vista frontal.
  • Coxal (2)
  • Sacro (1: 5 vértebras fusionadas)
  • Cóccix (1: 4 ou 5 vértebras fusionadas)
Os coxais pertencen tamén á cintura pelviana, mentres que o sacro e cóccix son o final da columna vertebral.

Esqueleto apendicular (124)Editar

Membro ou extremidade superior[6] (64)Editar

 
Ósos do membro superior.
Cintura escapular (4) Brazo (2) Antebrazo (4)
Escápula ou omoplata[7] (2)
Clavícula (2)
Úmero (2) Ulna ou cúbito[8] (2)
Radio (2)

Man: carpo e metacarpo (26)Editar

Carpo[9] (16) Metacarpo[10] (10) Imaxe
Ganchudo (2)
Pisiforme (2)
Piramidal (2)
Semilunar (2)
Grande (2)
Escafoide (2)
Trapecio (2)
Trapezoide (2)
Primeiro metacarpiano (2)
Segundo metacarpiano (2)
Terceiro metacarpiano (2)
Cuarto metacarpiano (2)
Quinto metacarpiano (2)
 

Man: dedos (falanxes) (28)Editar

Falanxes proximais ou primarias (10) Falanxes medias ou secundarias (8) Falanxes distales ou terciarias (10)
Falanxe proximal I da man (2)
Falanxe proximal II da man (2)
Falanxe proximal III da man (2)
Falanxe proximal IV da man (2)
Falanxe proximal V da man (2)
Falanxe media II da man (2)
Falanxe media III da man (2)
Falanxe media IV da man (2)
Falanxe media V da man (2)
Falanxe distal I da man (2)
Falanxe distal II da man (2)
Falanxe distal III da man (2)
Falanxe distal IV da man (2)
Falanxe distal V da man (2)

Membro ou extremidade inferior[11] (60)[12]Editar

Cintura pelviana (4) Coxa (2) Perna (6)
Coxal (2)
Sacro (1[13])
Cóccix (1[14])
Fémur (2) Rótula (2)
Tibia (2)
Peroné (2)
 

: tarso e metatarso (24)Editar

Tarso[15] (14) Metatarso[16] (10) Imaxe
Astrágalo (2)
Calcáneo (2)
Navicular[17] (2)
Cuboide (2)
Cuneiformes[18] (6):
Primeiro cuneiforme (2)
Segundo cuneiforme (2)
Terceiro cuneiforme (2)
Primeiro metatarsiano (2)
Segundo metatarsiano (2)
Terceiro metatarsiano (2)
Cuarto metatarsiano (2)
Quinto metatarsiano (2)
 

: dedas (falanxes) (28)Editar

Falanxes proximais ou primarias (10) Falanxes medias ou secundarias (8) Falanxes distais ou terciarias (10)
Falanxe proximal I do pé (2)
Falanxe proximal II do pé (2)
Falanxe proximal III do pé (2)
Falanxe proximal IV do pé (2)
Falanxe proximal V do pé (2)
Falanxe media II do pé (2)
Falanxe media III do pé (2)
Falanxe media IV do pé (2)
Falanxe media V do pé (2)
Falanxe distal I do pé (2)
Falanxe distal II do pé (2)
Falanxe distal III do pé (2)
Falanxe distal IV do pé (2)
Falanxe distal V do pé (2)

Nas mans e nos pés existen tamén en número variable os ósos sesamoides. As rótulas son ósos sesamoides.

Esqueleto nos nenosEditar

Os nenos teñen algúns ósos máis, que se van fusionando:

  1. Vértebras sacras (4 ou 5), que se fusionan no adulto para formar o sacro.
  2. Vértebras coccíxeas (de 3 a 5), que se fusionan no adulto para formar o cóccix.
  3. Ilion, isquion e pube, que se fusionan no adulto para formar o coxal.

En todo caso, o número total de ósos do esqueleto humano é lixeiramente variable debido á existencia dos wormianos da cabeza, e os sesamoides das mans e pés.

NotasEditar

  1. O neurocranio tamén se chama polo nome de bóveda cranial
  2. O esplacnocranio tamén se chama ósos da cara
  3. 3,0 3,1 "Diccionario galego de Termos Médicos. Páxina 552" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2015. 
  4. A columna dorsal e as vértebras dorsais tamén se denominan como columna torácica e vértebras torácicas.
  5. Non se contaron as vértebras do sacro nin do cóccix posto que están sumadas na columna vertebral.
  6. A TA actual recolle o termo membro superior (tamén coñecido como membro torácico), aínda que tradicionalmente se usou extremidade superior.
  7. A escápula (termo preferente para a TA) tamén adoita recibir o nome de omoplata (ou espádoa).
  8. A TA actual recolle preferentemente o termo ulna, aínda que por tradición o uso maioritario é o de cúbito.
  9. Os carpianos coñécense tamén co nome de carpos.
  10. Os metacarpianos coñécense tamén co nome de metacarpos.
  11. A TA actual recolle o termo membro inferior (tamén coñecido como membro pelviano), mais tradicionalmente usouse o termo extremidade inferior.
  12. Este número non inclúe os ósos da cintura pelviana, xa que estes están sumados na columna vertebral.
  13. Son cinco vértebras fundidas nunha
  14. Son catro ou cinco vértebras fundidas nunha
  15. Os tarsianos coñécense tamén polo nome de tarsos.
  16. Os metatarsianos coñécense tamén polo nome de metatarsos.
  17. O navicular tamén se acostuma chamar escafoide, aínda que non hai que confundilo co óso homónimo dos carpos.
  18. Os cuneiformes adóitanse chamar tamén cuñas.

Véxase taménEditar