O parietal é un óso par que forma parte do teito e as paredes laterais do cranio, de forma cuadrangular, convexo por fóra e cóncavo por dentro. Os dous parietais articúlanse entre si a través dos seus bordos saxitais (ou mediais) formando a sutura saxital; co óso occipital a través dos seus bordos posteriores, formando a sutura lambdoide; e co óso frontal a través dos seus bordos anteriores, formando a sutura coronal. Os seus bordos inferiores articúlanse co óso temporal e coas ás maiores do esfenoide, formando as suturas esfenoparietal, parietoescamosa e parietomastoidea.

Vista lateral do cranio.

O punto de unión da sutura saxital coa lambdoide chámase Lambda, e o punto de unión da sutura saxital coa sutura coronal chámase Bregma. Estes dous puntos son interesantes porque permanecen sen osificar ata os dous anos de vida polo que se empregan como fiestras ecográficas para estudos cerebrais.

Véxase tamén

editar

Galería de Imaxes

editar