Cuarto óso metacarpiano

O cuarto óso metacarpiano é un dos cinco ósos do metacarpo, máis pequeno e curto co terceiro. A base é reducida e ten forma de cadrado. Na parte superior da base existen dúas superficies articulares para o carpo. Na zona medial hai unha superficie grande, para artellarse co óso ganchudo e na zona lateral hai unha pequena que se artella co óso grande.

Cuarto óso metacarpiano

Subclase demetacarpo e óso Editar o valor en Wikidata
Conéctase conóso grande, óso ganchudo, Ligamentos carpometacarpais dorsais, Ligamentos carpometacarpais palmares, set of dorsal metacarpal ligaments (en) Traducir, set of palmar metacarpal ligaments (en) Traducir, set of interosseous metacarpal ligaments (en) Traducir e Ligamento metacarpiano transverso fondo Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ] C:Commons ]

Na parte medial ou cubital hai unha superficie para a articulación co quinto óso metacarpiano e na parte lateral ou radial hai outra para o terceiro óso metacarpiano.

Na parte inferior artéllase coa falanxe proximal do dedo anular.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.