Escafoide (carpo)

O escafoide é un óso da fileira proximal do pulso. Ó igual có do tarso, tamén é chamado navicular. Máis concretamente é o óso máis externo.

Óso escafoide
ÓSOS DA MAN (from radial)
Proximal: A=Escafoide, B=Semilunar, C=Piramidal, D=Pisiforme
Distal: E=Trapecio, F=Trapezoide, G=Capitato, H=Ganchudo
1=Radio, 2=Ulna, 3=Metacarpais
Óso escafoide (vista anterior e posterior)
Gray tema #54 221
Articulacións articulados con cinco ósos
radio proximalmente
óso trapezoide e óso trapecio distalmente
capitato e semilunar medialmente
Carpo humano

Estrutura e insercións

editar
  • Superficie anterior: Permite o paso de tendóns flexores.
  • Superficie posterior: Relacionada co paso de tendóns extensores.
  • Superficie superior : Artéllase co radio. Máis especificamente, coa crista radioescafolunar.
  • Superficie inferior: Artéllase cos ósos trapecio (faceta externa) e trapezoide (faceta interna).
  • Superficie externa: Insírense nela dous ligamentos:
    • Inserción distal do ligamento lateral externo da cámara proximal.
    • Inserción proximal do ligamento lateral externo da cámara distal.
  • Superficie interna: Artéllase co óso semilunar.

Articulacións

editar
Artigo principal: Articulación do pulso.
  • Superiormente: Co radio.
  • Inferiormente: Co trapecio por fóra e co trapezoide por dentro. Son artrodias.
  • Por dentro: Co semilunar e co óso grande. Son atrodias.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar