Escafoide (tarso)
óso humano que ocupa a parte interna da fileira distal do tarso
O óso escafoide do tarso, tamén chamado navicular, é un óso humano que ocupa a parte interna da fileira distal do tarso. Presenta unha estrutura cuboide.
Escafoide (tarso) | ||
---|---|---|
![]() | ||
Escafoide, vista anterolateral. | ||
![]() | ||
Escafoide, vista lateral. | ||
Latín | Os naviculare | |
Gray | tema #63 270 |
Superficie e insercións
editar- Superficie posterior: é unha zona escavada destinada á cabeza astragalina, establecendo a única enartrose do pé. Forma parte do nocello.
- Superficie anterior: artéllase cos ósos cuneiformes. Presenta tres zonas articulares: externa, media e interna, para cada óso. As articulacións son pequenas artrodias, polo que o movemento redúcese a pequenos deslizamentos.
- Superficie interna: forma parte do bordo interno do pé. Nela insértase o músculo tibial anterior.
- Superficie externa: na parte posterior artéllase co cuboide.
- Superficie superior: insírese o ligamento clave (brazo interno).
- Superficie inferior: insírese o músculo tibial posterior e a fascia plantar media.
Articulacións
editar- Artigo principal: Nocello.
- Por detrás co astrágalo.
- Por diante cos ósos cuneiformes: artrodias.
- Por fóra co cuboide.