Liechtenstein nos Xogos Olímpicos

Liechtenstein participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1936, e dende entón enviou atletas para competir dos Xogos de Verán e Inverno. O Comité Olímpico de Liechtenstein foi creado en 1935.

Liechtenstein nos Xogos Olímpicos

Código COI LIE
Comité nacional Comité Olímpico de Liechtenstein
www.olympic.li (en alemán)
Medalleiro
Ouro
2
Prata
2
Bronce
6
Total
10

Liechtenstein é o país máis pequeno do mundo (tanto en área como en poboación) en gañar unha medalla olímpica. Os deportistas de Liechtenstein gañaron un total de dez medallas, todas elas en esquí alpino, sendo o único país en gañar soamente medallas nos Xogos de Inverno, e non nos de Verán. Liechtenstein ten o maior número de medallas per capita que calquera outro país do mundo, tendo case unha medalla por cada 3 600 habitantes.[1] Sete das dez medallas foron conseguidas por membros da mesma familia: os irmáns Hanni e Andreas Wenzel, e a filla de Hanni, Tina Weirather.[2] Ademais, os irmáns Willi e Paul Frommelt gañaron dúas das outras tres. Ursula Konzett é a única gañadora de medalla de Liechtenstein que non está relacionada coas familias Wenzel ou Frommelt.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Berlín 1936 6 0 0 0 0
  Londres 1948 2 0 0 0 0
  Helsinqui 1952 2 0 0 0 0
  Melbourne 1956 non participou
  Roma 1960 5 0 0 0 0
  Toquio 1964 2 0 0 0 0
  Cidade de México 1968 2 0 0 0 0
  Múnic 1972 6 0 0 0 0
  Montreal 1976 6 0 0 0 0
  Moscova 1980 non participou
  Os Ánxeles 1984 7 0 0 0 0
  Seúl 1988 12 0 0 0 0
  Barcelona 1992 7 0 0 0 0
  Atlanta 1996 2 0 0 0 0
  Sydney 2000 2 0 0 0 0
  Atenas 2004 1 0 0 0 0
  Pequín 2008 2 0 0 0 0
  Londres 2012 3 0 0 0 0
  Río de Xaneiro 2016 3 0 0 0 0
  Toquio 2020 5 0 0 0 0
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Total 0 0 0 0 -

Medallas nos Xogos de Inverno editar

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Garmisch-Partenkirchen 1936 4 0 0 0 0
  Sankt Moritz 1948 10 0 0 0 0
{NORb}} Oslo 1952 non participou
  Cortina d'Ampezzo 1956 8 0 0 0 0
  Squaw Valley 1960 3 0 0 0 0
  Innsbruck 1964 6 0 0 0 0
  Grenoble 1968 9 0 0 0 0
  Sapporo 1972 4 0 0 0 0
  Innsbruck 1976 9 0 0 2 2 14
  Lake Placid 1980 7 2 2 0 4 6
  Saraxevo 1984 10 0 0 2 2 16
  Calgary 1988 13 0 0 1 1 16
  Albertville 1992 7 0 0 0 0
  Lillehammer 1994 10 0 0 0 0
  Nagano 1998 8 0 0 0 0
  Salt Lake City 2002 8 0 0 0 0
  Turín 2006 5 0 0 0 0
  Vancouver 2010 7 0 0 0 0
  Sochi 2014 4 0 0 0 0
  Pyeongchang 2018 3 0 0 1 1 28
  Pequín 2022 Evento futuro
  Milán–Cortina 2026 Evento futuro
Total 2 2 6 10 33

Medallas por deporte editar

Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Esquí alpino 2 2 6 10
Total 2 2 6 10

Notas editar

  1. Manning, Nevill (16 de febreiro de 2018). "Medals per Capita". medalspercapita.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2018. 
  2. Dunbar, Graham (23 de decembro de 2013). "Liechtenstein skier Tina Weirather follows in her family's rich Olympic tradition". Courier Islander (Campbell River, British Columbia). Associated Press. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar