Iván Carril
Iván Carril Regueiro, nado en Rebordaos (Santiago de Compostela) o 13 de febreiro de 1985, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e actualmente adestra o CF Noia. É irmán do tamén futbolista Jonathan Carril.
Iván Carril | |||
---|---|---|---|
![]() Iván Carril en 2012 | |||
Información persoal | |||
Nome | Iván Carril Regueiro | ||
Nacemento | 13 de febreiro de 1985 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Noia (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2002 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2002–2009 | Deportivo B | ||
2005–2009 | Deportivo da Coruña | 10 | (1) |
2006 | → Vecindario (cedido) | 8 | (0) |
2007 | → Palencia (cedido) | 11 | (0) |
2009–2010 | Pontevedra | 32 | (2) |
2010–2013 | Ried | 61 | (9) |
2014 | Olympiacos Volou | 5 | (0) |
2014 | Erbil | ||
2014–2015 | Hospitalet | 11 | (0) |
2015 | Auckland City | 6 | (4) |
2015–2016 | Gjøvik-Lyn | ||
Adestrador | |||
2019– | Noia | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Os seus inicios foron un humilde club de fútbol sala do concello de Teo, a súa calidade pronto chamou a atención e foi fichado pola S D Compostela para as súas categorías inferiores. Máis adiante firmaría polas categorías inferiores do F.C. Barcelona, onde non tivo moita fortuna debido as numerosas lesións que tivo. Rexurdiu tras chegar novamente a provincia da Coruña, nesta ocasión no filial do Deportivo, converténdose nunha peza indispensable para o mesmo, o cal o fixo debutar no primeiro equipo asinando moi boas actuacións, chegando a marcar o seu único gol na primeira división.
Trala marcha do adestrador Joaquín Caparrós, que o fixo debutar na categoría de ouro do fútbol español foi cedido primeiro ao Vecindario e posteriormente ao Palencia, onde tería unha traxectoria irregular.
Na tempada 2009–10 foi contratado por unha tempada polo Pontevedra CF de Segunda División B, participando en 32 partidos e anotando 2 goles. Na tempada 2010–11 fichou polo SV Ried. No verán de 2014 ficha polo CE L'Hospitalet
AdestradorEditar
En xullo de 2019 foi contratado para adestrar o CF Noia, de Preferente Galicia, en substitución de José Manuel Martínez "Secho".[1][2] Na tempada 2019–20 o equipo noiés logrou o 4.º posto.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iván Carril |