Francisco Jiménez Tejada
Francisco Jiménez Tejada, coñecido como Xisco, nado en Palma de Mallorca o 26 de xuño de 1986, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Alcorcón, da Segunda División.
Xisco | |||
---|---|---|---|
![]() Xisco en 2017 | |||
Información persoal | |||
Nome | Francisco Jiménez Tejada | ||
Nacemento | 26 de xuño de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Palma de Mallorca | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Alcorcón | ||
Número | 18 | ||
Carreira xuvenil | |||
?–2003 | Atlético Baleares | ||
2003–2004 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2006 | Fabril | 53 | (39) |
2004–2008 | Deportivo da Coruña | 36 | (10) |
2006–2007 | → Vecindario (cedido) | 27 | (13) |
2008–2013 | Newcastle United | 9 | (1) |
2009–2010 | → Racing de Santander (cedido) | 23 | (3) |
2011 | → Deportivo da Coruña (cedido) | 9 | (2) |
2011–2012 | → Deportivo da Coruña (cedido) | 16 | (3) |
2013–2016 | Córdoba | 95 | (30) |
2015 | → Mallorca (cedido) | 16 | (9) |
2016–2017 | Muangthong United | 13 | (9) |
2017–2019 | Osasuna | 62 | (13) |
2019–2020 | Peñarol | 23 | (6) |
2021– | Alcorcón | 29 | (8) |
Selección nacional | |||
2007–2009 | España sub-21 | 11 | (3) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de xaneiro de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Formado nas categorías inferiores do CD Atlético Baleares e desde 2003 xogador do Deportivo B, debutou en Primeira División co primeiro equipo do Deportivo o 26 de abril de 2005, tras ser chamado desde o filial para disputar un partido de liga fronte á Real Sociedad. O seu primeiro e segundo gol chegaron nesa mesma campaña, o 15 de maio, tras anotar os dous goles d seu equipo fronte ao Real Madrid CF. Na tempada 2006–07, o xogador foi cedido a UD Vecindario, daquela en Segunda División. Anotou 13 tantos en 27 partidos e volve na tempada seguinte ao Dépor. Naquela campaña, Xisco converteuse no máximo goleador do equipo coruñés con 9 tantos. Porén isto non lle garantiza a continuidade para a tempada 2008–09 e o presidente Augusto César Lendoiro contrata dous dianteiros máis, Omar Bravo e Mista.
Sorprendentemente, o 1 de setembro de 2008 e a escasas horas para a finalización do peche do mercado de contratacións, o Newcastle United anuncia a contratación do xove dianteiro por algo máis de 8 millóns de euros e tres en función de variables.[1] O propio Xisco asegurou que Fabricio Coloccini, anteriormente contratado tamén polo Newcastle procedente do Deportivo, animoulle para pechar a contratación, onde tamén coincidiu con outro español, o cal é compañeiro seu na selección española, José Enrique.
O 31 de agosto de 2009 fíxose pública a cesión de Xisco ao Racing de Santander, co que debutou o 12 de setembro contra o Atlético de Madrid no estadio Vicente Calderón do cal só xogou 8 minutos, xa que tivo que ser substituído por unha lesión. Ao rematar a cesión retornou ao Newcastle United.
O 29 de xaneiro de 2011 anunciábase o seu retorno ao Deportivo da Coruña o que restaba de campaña.[2] O 11 de agosto anunciouse que o xogador seguiría un ano máis cedido na disciplina deportivista.[3] O 27 de maio de 2012, Xisco foi decisivo ao marcar, tres minutos despois do seu ingreso no terreo de xogo, o gol da vitoria fronte ao SD Huesca (2–1) que supuxo o retorno do Deportivo a Primeira División.[4]
O 31 de xaneiro de 2013 anunciouse que rescindiu o seu contrato co Newcastle United e que fichou até o final da tempada 2012–13 polo Córdoba CF.[5]
Palmarés editar
- Deportivo
Notas editar
- ↑ "El Depor cierra el traspaso de Xisco"
- ↑ "Javito y Xisco reforzarán la delantera deportivista"
- ↑ "Xisco chega cedido ao Deportivo"
- ↑ ""Xisco lleva al Deportivo a Primera"". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ "Xisco, nuevo jugador del Córdoba"