Abrir o menú principal

O Club de Fútbol Palencia foi un club de fútbol español, da cidade de Palencia. Foi fundado en 1975 ao fusionarse o Club el Cristo (fundado en 1974) e o F.J. Olímpico (fundado en 1973) co nome de C.D Cristo Olímpico. En 1989 cambiou o seu nome polo de Club de Fútbol Palencia. A comezos de xaneiro de 2013, o equipo disolviuse oficialmente debido ás débedas do equipo.

CF Palencia
NomeClub de Fútbol Palencia
Alcume(s)Los Morados
Fundación1975
EstadioNueva Balastera
Palencia, España España
Inauguración2006
Capacidade8.100
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta morada, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca con franxa morada cruzada no peito, pantalón morado e medias moradas.

EstadioEditar

Artigo principal: Estadio Nueva Balastera.
 
Novo Estadio Municipal La Balastera.

Ata a inauguración do Novo Estadio, o Estadio municipal era o de La Balastera, fundado o 12 de setembro de 1943, con capacidade para 12.500 persoas. Dimensións 106x70 metros.

O Estadio de la Nueva Balastera tiña previsto acabarse o día 17 de setembro de 2006 pero finalmente inaugurouse o 10 de outubro de 2006 co partido entre España e Italia Sub-21. A honra de ser o primeiro xogador en marcar un gol no novo estadio foi para o italiano Chiellini. En liga foi o dianteiro morado Carlos o primeiro en perforar a portería do novo campo.

O estadio ten capacidade para 8.070 persoas, todas elas sentadas ao contrario que o antigo estadio que tenia capacidade para 12.500 espectadores (a maioría deles de pé).

Os únicos cheos foron o día da inauguración, e o 18 de maio de 2008, no partido CF Palencia - Burgos CF, no que ambos os clubs descendían a terceira división.

Datos do clubEditar

PalmarésEditar

Véxase taménEditar