Hernando da Silva Ramos
Hernando[1] João "Nano" da Silva Ramos nado en París, Francia é un expiloto de carreiras con dobre nacionalidade franco-brasileira.[2] Tiña nai francesa e pai brasileiro.[3]
Nome orixinal | (fr) Hermano da Silva Ramos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (pt-br) Hermano João da Silva Ramos 7 de decembro de 1925 (99 anos) 16º distrito de París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira
editarDa Silva Ramos aventurouse por primeira vez en carreiras de motor, conducindo un MG TC, en marzo de 1947, á idade de 21 anos, cando competiu no Gran Premio de Interlagos no Brasil.[3] Durante 1953 comezou a competir nun Aston Martin DB2/4 en carreiras de coches deportivos en Francia. En 1954 en Montlhéry, cruzou a liña no segundo lugar na París Cup, pero foi o gañador da Coupe de Montlehery. No mesmo ano, tamén participou na carreira das 24 Horas de Le Mans, con Jean-Paul Colas como o seu copiloto, retirouse logo de 14 horas despois dun fallo do eixe traseiro. Tamén en 1954, quedou sen combustible mentres encabezaba o Tour de Francia Auto e retirouse co motor danado no Rally de Marrocos. Máis adiante nese ano na Salon Cup, na cal tamén tivo que retirarse, conduciu un Gordini Type 18.[3] En 1955 (co copiloto Lucas) foi descualificado por exceso de velocidade no Rally de Monte Carlo, estaba clasificado 46º e 4º na súa clase, gañou o Coupe de Montlhery novamente, gañou o Rally Sabre-Solesmes e foi quinto na clase GT da Mille Miglia co copiloto Vidille.[4]
Da Silva Ramos participou en sete Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutou o 19 de xuño de 1955 e anotou un total de dous puntos de campionato.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1955 | Equipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX | MON | 500 | BEL | NED 8 |
GBR Ret |
ITA Ret |
NC | 0 | |
1956 | Equipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX | MON 5 |
500 | BEL | 19º | 2 | ||||
Gordini Type 32 | Gordini 8 en liña | FRA 8 |
GBR Ret |
ALE | ITA Ret |
Notas
editar- ↑ As fontes non están de acordo co primeiro nome de da Silva Ramos. algunhas fontes (ex. FORIX, oldracingcars.com, formula1.com, ChicaneF1 Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine. e StatsF1) aparece como "Hermano" mentres que outra (ex. grandprix.com e Mike Lang's Grand Prix! Volume 1) aparece como "Hernando".
- ↑ "Drivers: Hernando da Silva Ramos". grandprix.com. Inside F1. Consultado o 6 de novembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Paolozzi, Rémi. "A Brazilian tune in Paris". 8W. Forix. Consultado o 6 de novembro de 2012.
- ↑ AMOC Register
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hernando da Silva Ramos |