Ácido gamma-aminobutírico
O ácido γ-aminobutírico ou GABA [2][3][4] é o principal neurotransmisor inhibitorio no sistema nervioso central dos mamíferos. Actúa regulando a excitabilidade neuronal no sistema nervioso. Nos humanos, o GABA é tamén directamente responsable da regulación do ton muscular.[5]
Ácido gamma-aminobutírico | |
---|---|
Ácido 4-aminobutanoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 56-12-2 |
PubChem | 119 |
ChemSpider | 116 |
UNII | 2ACZ6IPC6I |
Número CE | 200-258-6 |
DrugBank | DB02530 |
KEGG | D00058 |
MeSH | gamma-Aminobutyric+Acid |
ChEBI | CHEBI:16865 |
ChEMBL | CHEMBL96 |
Ligando IUPHAR | 1067 |
Número RTECS | ES6300000 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C4H9NO2 |
Masa molecular | 103,120 g/mol |
Aspecto | po microcristalino branco |
Densidade | 1,11 g/mL |
Punto de fusión | 2 037 °C; 3 699 °F; 2 310 K |
Punto de ebulición | 2 479 °C; 4 494 °F; 2 752 K |
Solubilidade en auga | 130 g/100 mL |
log P | −3.17 |
Acidez (pKa) | 4.23 (carboxilo), 10.43 (amino)[1] |
Perigosidade | |
Principais perigos | Irritante, nocivo |
LD50 | 12,680 mg/kg (rato, oral) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Aínda que quimicamente o GABA é un aminoácido, non é un alfa-aminoácido como os aminoácidos proteinoxénicos e nunca forma parte das proteínas.
Na diplexia espástica humana, a absorción de GABA está afectada polos danos nos nervios debidos ás lesións nas motoneuronas superiores características desta condición, o que orixina hipertonía muscular.
Funcións
editarNeurotransmisor
editarNos vertebrados, o GABA actúa nas sinapses inhibidoras do cerebro ao unirse a receptores transmembrana específicos da superficie celular nos procesos neuronais pre- e possinápticos. Esta unión causa a abertura de caeis iónicas que permiten o fluxo de ións cloruro cargados negativamente que entran na célula ou de ións potasio cargados positivamente que saen da célula. Esta acción dá lugar a un cambio a negativo do potencial transmembrana, xeralmente causando hiperpolarización. Coñécense dúas clases xerais de receptores GABA: GABAA no cal o receptor é parte dun canle iónica regulada por ligando, e receptores metabotrópicos GABAB, que son receptores acoplados á proteína G que abren ou pechan canles iónicas por intermediación de proteínas G.
As neuronas que producen e liberan GABA denomínanse GABAérxicas, e teñen principalmente unha acción inhibitoria nos receptores nos vertebrados adultos. As células espiñosas medias son un exemplo típico de células gabaérxicas inhibitorias do sistema nervioso central. Polo contrario, o GABA mostra accións excitatorias e inhibitorias en insectos, que median a activación dos músculos nas sinapses entre as células nerviosas e musculares, e tamén a estimulación de certas glándulas.[6] Nos mamíferos, algunhas neuronas GABAérxicas, como as células araña (chandelier cells, células lámpada araña), tamén poden excitar ás súas homólogas glutamatérxicas.[7]
Os receptores GABAA son canles de cloruro activados por ligando; que cando son activados polo GABA permiten o fluxo de ións cloruro a través da membrana da célula. Que este fluxo de cloruro sexa excitatorio/despolarizante (fai que a voltaxe a través da membrana celular sexa menos negativa), que non teña efecto sobre a membrana ou que sexa inhibitorio/hiperpolarizante (fai que a membrana sexa máis negativa) depende da dirección do fluxo de cloruro. Cando hai un fluxo neto de cloruro que sae da célula, o GABA é excitatorio ou despolarizante; cando o fluxo neto de cloruro entra na célula, o GABA é inhibitorio ou hiperpolarizante. Cando o fluxo neto de cloruro é cero, a acción do GABA non ten efecto directo sobre o potencial de membrana, pero minimiza o efecto de calquera sinal sináptico coincidente, esencialmente reducindo a resistencia eléctrica da membrana celular (basicamente equivalente á lei de Ohm). Un interruptor molecular que controla a concentración de cloruro na célula (e a dirección do fluxo iónico) é responsable dos cambios no papel funcional do GABA entre os estados adulto e neonatal. Xa que logo, o papel do GABA cambia de excitaorio a inhibitorio a medida que o cerebro se desenvolve e se fai adulto.[8]
Desenvolvemento do cerebro
editarNos últimos 20 anos a teoría da acción excitatoria do GABA durante o desenvolvemento temperán non foi cuestionada debido a experimentos in vitro usando preparacións (cortes) de cerebro. A principal observación era que no hipocampo e no neocórtex dos cerebros de mamífero, o GABA ten inicialmente efectos excitatorios, e é de feito o principal neurotransmisor excitatorio en moitas rexións do cerebro antes de que maduren as sinapses glutamatérxicas.[8][9]
Porén, esta teoría foi cuestionada baseándose en datos que mostraban que en preparacións de cerebro de ratos inmaturos incubados en líquido cefalorraquídeo artificial (ACSF) (modificados de modo que se teña en conta a composición normal do medio neuronal en ratos lactantes engadindo un substrato alternativo á glicosa, o beta-hidroxibutirato) a acción do GABA cambia de excitatoria a inhibitoria.[10] Este efecto foi repetido posteriormente noutros experimentos nos que outros substratos, como o piruvato e o lactato, complementaron á glicosa no medio no que estaban inmersas as preparacións.[11] Os efectos do beta-hidroxibutirato foron despois confirmados polo piruvato [12] e polo lactato.[13] Aínda que se argumentou que as concentracións dos substratos enerxéticos alternativos utilizados nestes experimentos non son fisiolóxicos e que o cambio de acción do GABA era en realidade causado por cambios de pH producidos pola actuación dos substratos como "ácidos febles", estes argumentos foron máis tarde refutados por outros descubrimentos [14][15] que indicaban que cambios no pH mesmo maiores cós causados polos substratos enerxéticos non afectaban ao cambio de acción do GABA descrito en presenza de líquido cefalorraquídeo artificial fortificado con substratos enerxéticos, e que o modo de acción do beta-hidroxibutirato, piruvato e lactato (avaliados pola medida do NAD(P)H e da utilización do osíxeno) estaban relacionados co metabolismo enerxético.[16]
Nos estadios do desenvolvemento que preceden á formación de contactos sinápticos, o GABA sintetízase nas neuronas e actúa tanto de modo autócrino (actuando sobre a mesma célua) coma parácrino (actuando en células veciñas próximas) como mediador de sinalización.[17][18]
O GABA regula a proliferación de células proxenitoras neurais,[19][20] a migración [21] e diferenciación celular,[22][23] o alongamento das neuritas,[24] e a formación de sinapses.[25]
O GABA tamén regula o crecemento das células nai embrionarias e neurais. O GABA pode influír no desenvolvemento de células proxenitoras neurais por mediación da expresión do factor neurotrófico derivado do cerebro (BDNF).[26] O GABA activa o GABAA, causando que o ciclo celular se pare na fase S, limitando o crecemento.[27]
Fóra do sistema nervioso
editarDemostrouse a existencia dos mecanismos GABAérxicos en varios tecidos periféricos e órganos entre os cales están, por exemplo, o intestino, estómago, páncreas, trompas de Falopio, útero, ovario, testículos, riles, vexiga urinaria, pulmóns e fígado.[29]
En 2007, describiuse un sistema excitatorio GABAérxico no epitelio das vías respiratorias. O sistema actívase coa exposición a alérxenos e pode participar nos mecanismos da asma.[30] Tamén se encontraron sistemas GABAérxicos no testículo [31] e no cristalino do ollo.[32]
Estrutura e conformación
editarO GABA encóntrase principalmente en estado de zwitterión, é dicir, cos grupos carboxilo e amino ionizados. A súa conformación depende do ambiente no que se atope. En fase de gas, está moi favorecida unha conformación moi pregada a causa da atracción electrostática entre os seus dous grupos funcionais. A estabilización é de arredor 50 kcal/mol, de acordo cos cálculos da química cuántica. En estado sólido, a conformación é máis estendida, presentando unha conformación trans no extremo amino e unha conformación gauche no extremo carboxilo. Isto débese ás interaccións de empaquetado coas moléculas veciñas. En solución, hai cinco conformacións diferentres posibles, algunhas pregadas e outras estendidas, como resultado dos efectos da solvatación. A flexibilidade conformacional do GABA é importante para a súa función biolóxica, xa que pode unirse a diferentes receptores con distintas conformacións. Moitos análogos do GABA con aplicacións farmacéuticas teñen estruturas máis ríxidas para controlar mellor a unión aos receptores.[33][34]
Historia
editarO GABA foi sintetizado por primeira vez en 1883, e ao primeiro coñecíase como un produto metabólico vexetal e de microorganismos. En 1950 descubriuse que o GABA era unha parte integral do sistema nervioso central dos mamíferos.[35]
Síntese
editarO GABA non penetra na barreira hematoencefálica, senón que se sintetiza no cerebro. Sintetízase a partir do glutamato utilizando o encima L-ácido glutámico descarboxilase e fosfato de piridoxal (que é a forma activa da vitamina B6) como cofactor por medio dunha vía metabólica chamada derivación GABA. Este proceso converte o glutamato, o principal neurotransmisor excitatorio, no principal neurotransmisor inhibitorio (GABA).[36][37]
Catabolismo
editarO encima GABA transaminase cataliza a conversión do GABA e o 2-oxoglutarato en semialdehido succínico e glutamato. O semialdehido succínico é despois oxidado a ácido succínico pola semialdehido succínico deshidroxenase, que entra no ciclo do ácido cítrico par ser utilizado como fonte de enerxía.[38]
Farmacoloxía
editarAs drogas que actúan como moduladores alostéricos dos receptores de GABA (coñecidos como análogos do GABA ou drogas GABAérxicas) ou incrementan a cantidade dispoñible de GABA teñen caracteristicamente efectos relaxantes, antiansiedade, e anticonvulsivos.[39][40] Moitas das substancias que se citan máis abaixo sábese que causan amnesia anterógrada e retrógrada.[41]
En xeral, o GABA non cruza a barreira hematoencefálica,[42] aínda que a certas áreas do cerebro que non teñen unha barreira hematoencefálica efectiva, como o núcleo paraventricular, poden chegar drogas como o GABA inxectado sistematicamente.[43] Polo menos un studo suxire que o GABA administrado oralmente incrementa a cantidade de hormona do crecemento humana.[44] O GABA inxectado directamente no cerebro ten tanto efectos estimulantes coma inhibitorios sobre a produción de hormona do crecemento, dependendo da fisioloxía do individuo.[43]
Drogas GABAérxicas
editar- Ligandos do receptor GABAA
- Agonistas/moduladores alostéricos positivos: etanol,[45][46][47] barbituratos, benzodiazepinas, carisoprodol, cloral hidrato, etomidato, glutetimida, L-teanina, kava, methaqualone, muscimol, esteroides neuroactivos, drogas z, propofol, Scutellaria lateriflora, Valeriana, anestésicos volátiles/inhalados.
- Antagonistas/moduladores alostéricos negativos: bicuculina, cicutoxina, flumazenil, furosemida, gabazina, oenanthotoxina, picrotoxina, Ro15-4513, thujone.
- Ligados do receptor GABAB
- inhibidores da recaptación do GABA: deramciclane, hiperforina, tiagabina.
- Inhibidores da GABA-transaminase: gabaculina, phenelzine, valproato, vigabatrina, Melissa officinalis.[49]
- Análogos do GABA: pregabalina, gabapentina.
- Outros: o propio GABA, L-glutamina, picamilon, progabide, tetanospasmina.
GABA como suplemento
editarExisten complementos nutricionais que inclúen o GABA, xeralmente por administración sublingual, polos seus supostos efectos calmantes. Hai certo desacordo sobre se estes efectos están ben apoiados cientificamente ou se o GABA cruza a barreira hematoencefálica en cantidades significativas.[42][50][51]
En plantas
editarO GABA tamén está presente nas plantas, onde é o aminoácido máis abundante no apoplasto dos tomates.[52] Pode tamén ter un papel na transdución de sinais nas plantas.[53][54]
Notas
editar- ↑ Dawson RM, Elliot DC, Elliot WH, Jones KM, eds. (1959). Data for Biochemical Research. Oxford: Clarendon Press.[cómpre nº de páxina]
- ↑ PubChem compound gamma-Aminobutyric acid
- ↑ ChemSpider gamma-Aminobutyric acid
- ↑ CHEBI gamma-Aminobutyric acid
- ↑ Watanabe M, Maemura K, Kanbara K, Tamayama T, Hayasaki H (2002). "GABA and GABA receptors in the central nervous system and other organs". Int. Rev. Cytol. International Review of Cytology 213: 1–47. ISBN 978-0-12-364617-0. PMID 11837891. doi:10.1016/S0074-7696(02)13011-7.
- ↑ Ffrench-Constant RH, Rocheleau TA, Steichen JC, Chalmers AE (1993). "A point mutation in a Drosophila GABA receptor confers insecticide resistance". Nature 363 (6428): 449–451. PMID 8389005. doi:10.1038/363449a0.
- ↑ Szabadics J, Varga C, Molnár G, Oláh S, Barzó P, Tamás G (2006). "Excitatory effect of GABAergic axo-axonic cells in cortical microcircuits". Science 311 (5758): 233–235. PMID 16410524. doi:10.1126/science.1121325.
- ↑ 8,0 8,1 Li K, Xu E (2008). "The role and the mechanism of gamma-aminobutyric acid during central nervous system development". Neurosci Bull 24 (3): 195–200. PMID 18500393. doi:10.1007/s12264-008-0109-3.
- ↑ Ben-Ari Y, Gaiarsa JL, Tyzio R, Khazipov R (2007). "GABA: a pioneer transmitter that excites immature neurons and generates primitive oscillations". Physiol. Rev. 87 (4): 1215–1284. PMID 17928584. doi:10.1152/physrev.00017.2006.
- ↑ Rheims S, Holmgren CD, Chazal G, Mulder J, Harkany T, Zilberter T, Zilberter Y (2009). "GABA action in immature neocortical neurons directly depends on the availability of ketone bodies". J. Neurochem. 110 (4): 1330–8. PMID 19558450. doi:10.1111/j.1471-4159.2009.06230.x.
- ↑ Holmgren CD, Mukhtarov M, Malkov AE, Popova IY, Bregestovski P, Zilberter Y (2010). "Energy substrate availability as a determinant of neuronal resting potential, GABA signaling and spontaneous network activity in the neonatal cortex in vitro". J. Neurochem. 112 (4): 900–12. PMID 19943846. doi:10.1111/j.1471-4159.2009.06506.x.
- ↑ Tyzio R, Allene C, Nardou R, Picardo MA, Yamamoto S, Sivakumaran S, Caiati MD, Rheims S, Minlebaev M, Milh M, Ferré P, Khazipov R, Romette JL, Lorquin J, Cossart R, Khalilov I, Nehlig A, Cherubini E, Ben-Ari Y (2011). "Depolarizing actions of GABA in immature neurons depend neither on ketone bodies nor on pyruvate". J. Neurosci. 31 (1): 34–45. PMID 21209187. doi:10.1523/JNEUROSCI.3314-10.2011.
- ↑ Ruusuvuori E, Kirilkin I, Pandya N, Kaila K (2010). "Spontaneous network events driven by depolarizing GABA action in neonatal hippocampal slices are not attributable to deficient mitochondrial energy metabolism". J. Neurosci. 30 (46): 15638–42. PMID 21084619. doi:10.1523/JNEUROSCI.3355-10.2010.
- ↑ Mukhtarov M, Ivanov A, Zilberter Y, Bregestovski P (2011). "Inhibition of spontaneous network activity in neonatal hippocampal slices by energy substrates is not correlated with intracellular acidification". J. Neurochem. 116 (2): 316–21. PMID 21083663. doi:10.1111/j.1471-4159.2010.07111.x.
- ↑ Ivanov A, Mukhtarov M, Bregestovski P, Zilberter Y (2011). "Lactate Effectively Covers Energy Demands during Neuronal Network Activity in Neonatal Hippocampal Slices". Front Neuroenergetics 3: 2. PMC 3092068. PMID 21602909. doi:10.3389/fnene.2011.00002.
- ↑ Khakhalin AS (2011). "Questioning the depolarizing effects of GABA during early brain development". J Neurophysiol 106 (3): 1065–7. PMID 21593390. doi:10.1152/jn.00293.2011.
- ↑ Purves D, Fitzpatrick D, Hall WC, Augustine GJ, Lamantia A-S (2007). Neuroscience (4th ed.). Sunderland, Mass: Sinauer. pp. 135, box 6D. ISBN 0-87893-697-1.
- ↑ Jelitai M, Madarasz E (2005). "The role of GABA in the early neuronal development". Int. Rev. Neurobiol. 71: 27–62. PMID 16512345. doi:10.1016/S0074-7742(05)71002-3.
- ↑ LoTurco JJ, Owens DF, Heath MJ, Davis MB, Kriegstein AR (1995). "GABA and glutamate depolarize cortical progenitor cells and inhibit DNA synthesis". Neuron 15 (6): 1287–1298. PMID 8845153. doi:10.1016/0896-6273(95)90008-X.
- ↑ Haydar TF, Wang F, Schwartz ML, Rakic P (2000). "Differential modulation of proliferation in the neocortical ventricular and subventricular zones". J. Neurosci. 20 (15): 5764–74. PMID 10908617.
- ↑ Behar TN, Schaffner AE, Scott CA, O'Connell C, Barker JL (1998). "Differential response of cortical plate and ventricular zone cells to GABA as a migration stimulus". J. Neurosci. 18 (16): 6378–87. PMID 9698329.
- ↑ Barbin G, Pollard H, Gaïarsa JL, Ben-Ari Y (1993). "Involvement of GABAA receptors in the outgrowth of cultured hippocampal neurons". Neurosci. Lett. 152 (1–2): 150–154. PMID 8390627. doi:10.1016/0304-3940(93)90505-F.
- ↑ Ganguly K, Schinder AF, Wong ST, Poo M (2001). "GABA itself promotes the developmental switch of neuronal GABAergic responses from excitation to inhibition". Cell 105 (4): 521–532. PMID 11371348. doi:10.1016/S0092-8674(01)00341-5.
- ↑ Maric D, Liu QY, Maric I, Chaudry S, Chang YH, Smith SV, Sieghart W, Fritschy JM, Barker JL (2001). "GABA expression dominates neuronal lineage progression in the embryonic rat neocortex and facilitates neurite outgrowth via GABA(A) autoreceptor/Cl- channels". J. Neurosci. 21 (7): 2343–60. PMID 11264309.
- ↑ Ben-Ari Y (2002). "Excitatory actions of gaba during development: the nature of the nurture". Nat. Rev. Neurosci. 3 (9): 728–739. PMID 12209121. doi:10.1038/nrn920.
- ↑ Obrietan K, Gao XB, Van Den Pol AN (2002). "Excitatory actions of GABA increase BDNF expression via a MAPK-CREB-dependent mechanism--a positive feedback circuit in developing neurons". J. Neurophysiol. 88 (2): 1005–15. PMID 12163549. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 20 de abril de 2015.
- ↑ Wang DD, Kriegstein AR, Ben-Ari Y (2008). "GABA Regulates Stem Cell Proliferation before Nervous System Formation". Epilepsy currents / American Epilepsy Society 8 (5): 137–139. PMC 2566617. PMID 18852839. doi:10.1111/j.1535-7511.2008.00270.x.
- ↑ Popp A, Urbach A, Witte OW, Frahm C (2009). Reh, Thomas A., ed. "Adult and embryonic GAD transcripts are spatiotemporally regulated during postnatal development in the rat brain". PLoS ONE 4 (2): e4371. PMC 2629816. PMID 19190758. doi:10.1371/journal.pone.0004371.
- ↑ Erdö SL, Wolff JR (1990). "gamma-Aminobutyric acid outside the mammalian brain". J. Neurochem. 54 (2): 363–372. PMID 2405103. doi:10.1111/j.1471-4159.1990.tb01882.x.
- ↑ Xiang, Y.; Wang, S.; Liu, M.; Hirota, J.; Li, J.; Ju, W.; Fan, Y.; Kelly, M. et al. (2007). "A GABAergic system in airway epithelium is essential for mucus overproduction in asthma". Nature Medicine 13 (7): 862–867. doi:10.1038/nm1604. PMID 17589520.
- ↑ Payne, Anita H.; Matthew H. Hardy (2007). The Leydig cell in health and disease. Humana Press. ISBN 978-1-58829-754-9.
- ↑ Kwakowsky, A.; Schwirtlich, M.; Zhang, Q.; Eisenstat, D.; Erdélyi, F.; Baranyi, M.; Katarova, Z.; Szabó, G. (2007). "GAD isoforms exhibit distinct spatiotemporal expression patterns in the developing mouse lens: correlation with Dlx2 and Dlx5". Developmental dynamics : an official publication of the American Association of Anatomists 236 (12): 3532–3544. doi:10.1002/dvdy.21361. PMID 17969168.
- ↑ Majumdar Devashis, Guha Sephali (1988). "Conformation, electrostatic potential and pharmacophoric pattern of GABA (gamma-aminobutyric acid) and several GABA inhibitors". Journal of Molecular Structure: THEOCHEM 180: 125–140. doi:10.1016/0166-1280(88)80084-8.
- ↑ Anne-Marie Sapse. Molecular Orbital Calculations for Amino Acids and Peptides. Birkhäuser, 2000. ISBN 0-8176-3893-8.
- ↑ Roth, Robert J.; Cooper, Jack R.; Bloom, Floyd E. (2003). The Biochemical Basis of Neuropharmacology. Oxford [Oxfordshire]: Oxford University Press. p. 106. ISBN 0-19-514008-7.
- ↑ Petroff OA (2002). "GABA and glutamate in the human brain". Neuroscientist 8 (6): 562–573. PMID 12467378. doi:10.1177/1073858402238515. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2012.
- ↑ Schousboe A, Waagepetersen HS (2007). "GABA: homeostatic and pharmacological aspects". Prog. Brain Res. Progress in Brain Research 160: 9–19. ISBN 978-0-444-52184-2. PMID 17499106. doi:10.1016/S0079-6123(06)60002-2.
- ↑ Alan W. Bown and Barry J. Shelp; Department of Biological Sciences, Brock University, St. Catharines, Ontario, Canada L2S 3A1 (A.W.B.); and Department of Horticultural Science, University of Guelph, Guelph, Ontario, Canada N1 G 2W1 (B.J.S.) (1997). "The Metabolism and Functions of y-Aminobutyric Acid" (PDF). Consultado o 2011-10-20.
- ↑ Foster AC, Kemp JA (2006). "Glutamate- and GABA-based CNS therapeutics". Curr Opin Pharmacol 6 (1): 7–17. PMID 16377242. doi:10.1016/j.coph.2005.11.005.
- ↑ Chapouthier, Georges; Venault, Patrice (2001-10). "A pharmacological link between epilepsy and anxiety?". Trends in Pharmacological Sciences (en inglés) 22 (10): 491–493. doi:10.1016/S0165-6147(00)01807-1.
- ↑ Campagna, J. A.; Miller, K. W.; Forman, S. A. (22 May 2003). "Mechanisms of actions of inhaled anesthetics". New England Journal of Medicine 348 (21): 2110–2124. doi:10.1056/NEJMra021261. Consultado o 20 October 2011.
- ↑ 42,0 42,1 Kuriyama K, Sze PY (1971). "Blood–brain barrier to H3-gamma-aminobutyric acid in normal and amino oxyacetic acid-treated animals". Neuropharmacology 10 (1): 103–108. PMID 5569303. doi:10.1016/0028-3908(71)90013-X.
- ↑ 43,0 43,1 Müller EE, Locatelli V, Cocchi D (1999). "Neuroendocrine control of growth hormone secretion". Physiol. Rev. 79 (2): 511–607. PMID 10221989. Free full-text Arquivado 07 de marzo de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Powers ME, Yarrow JF, McCoy SC, Borst SE (2008). "Growth hormone isoform responses to GABA ingestion at rest and after exercise". Medicine and science in sports and exercise 40 (1): 104–10. PMID 18091016. doi:10.1249/mss.0b013e318158b518.
- ↑ Dzitoyeva S, Dimitrijevic N, Manev H (2003). "Gamma-aminobutyric acid B receptor 1 mediates behavior-impairing actions of alcohol in Drosophila: adult RNA interference and pharmacological evidence". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 100 (9): 5485–5490. Bibcode:2003PNAS..100.5485D. PMC 154371. PMID 12692303. doi:10.1073/pnas.0830111100.
- ↑ Mihic SJ, Ye Q, Wick MJ, Koltchine VV, Krasowski MD, Finn SE, Mascia MP, Valenzuela CF, Hanson KK, Greenblatt EP, Harris RA, Harrison NL (1997). "Sites of alcohol and volatile anaesthetic action on GABAA and glycine receptors". Nature 389 (6649): 385–389. PMID 9311780. doi:10.1038/38738.
- ↑ Boehm SL, Ponomarev I, Blednov YA, Harris RA (2006). "From gene to behavior and back again: new perspectives on GABAAreceptor subunit selectivity of alcohol actions". Adv. Pharmacol. 54 (8): 1581–1602. PMID 17175815. doi:10.1016/j.bcp.2004.07.023.
- ↑ Dimitrijevic N, Dzitoyeva S, Satta R, Imbesi M, Yildiz S, Manev H (2005). "Drosophila GABAB receptors are involved in behavioral effects of gamma-hydroxybutyric acid (GHB)". Eur. J. Pharmacol. 519 (3): 246–252. PMID 16129424. doi:10.1016/j.ejphar.2005.07.016.
- ↑ "Bioassay-guided fractionation of lemon balm (Melissa officinalis L.) using an in vitro measure of GABA transaminase activity". Consultado o 2010-03-08.
- ↑ Abdou, Adham M.; Higashiguchi, S.; Horie, K.; Kim, Mujo; Hatta, H.; Yokogoshi, H. Biofactors. 2006, Vol. 26 Issue 3, p201-208. 8p. 4 Graphs. "Relaxation and immunity enhancement effects of gamma-aminobutyric acid (GABA) administration in humans." http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/16971751
- ↑ Dorofeev BF, Kholodov LE (1991). "[Pikamilon pharmacokinetics in animals]". Farmakologiia i toksikologiia (en Russian) 54 (2): 66–9. PMID 1884802.
- ↑ Park, D. H.; Mirabella, R.; Bronstein, P. A.; Preston, G. M.; Haring, M. A.; Lim, C. K.; Collmer, A.; Schuurink, R. C. (2010). "Mutations in γ-aminobutyric acid (GABA) transaminase genes in plants or Pseudomonas syringae reduce bacterial virulence". The Plant Journal 64 (2): 318–330. doi:10.1111/j.1365-313X.2010.04327.x. PMID 21070411.
- ↑ Bouché, N.; Fromm, H. (2004). "GABA in plants: Just a metabolite?". Trends in Plant Science 9 (3): 110–115. doi:10.1016/j.tplants.2004.01.006. PMID 15003233.
- ↑ Roberts, M. R. (2007). "Does GABA Act as a Signal in Plants? Hints from Molecular Studies". Plant Signaling & Behavior 2 (5): 408–582. doi:10.4161/psb.2.5.4335. [1]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ácido gamma-aminobutírico |
Ligazóns externas
editar- Lydiard B, Pollack MH, Ketter TA, Kisch E, Hettema JM (2001-10-26). "GABA". Continuing Medical Education. School of Medicine, Virginia Commonwealth University, Medical College of Virginia Campus (VCU), Richmond, VA. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 10 de agosto de 2012. Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- Artigo de Scholarpedia sobre o GABA
- Lista de neuronas GABA en NeuroLex.org Arquivado 12 de abril de 2021 en Wayback Machine.