Abrir o menú principal

Piper methysticum

(Redirixido desde "Kava")

O kawa-kawa, kava kava ou kava (Piper methysticum) é unha planta estreitamente relacionada coa pimenteira, Piper nigrum; de orixe Polinesia. As raíces da planta utilízanse para producir unha bebida con propiedades sedantes, anestésicas, euforizantes e enteoxénicas. O kava consómese en todas as culturas do Océano Pacífico da Polinesia, incluíndo Hawai, Vanuatu, Melanesia e algunhas partes de Micronesia polos seus efectos sedantes. Os seus ingredientes activos chámanse kavalactóns. Unha revisión sistemática de Cochrane concluíu que era probable que fose máis eficaz que o placebo no tratamento da ansiedade a curto prazo.[1]

Unha pintura que amosa a mulleres que preparan o kava

Índice

CaracterísticasEditar

É un arbusto perenne, que acada os 3 m de altura; os talos son grosos e suculentos. As follas son grandes e cordiformes, acuminadas, alcanzando os 20 cm de lonxitude. Produce inflorescencias en forma de pequenas espigas axilares, pero as flores son estériles; propágase por división do rizoma, botando gabiáns. O arbusto kava prospera en chans soltos e ben drenados. Medra de xeito natural onde as precipitacións son abondosas (máis de 2.000 mm / ano). As condicións de cultivo ideais son 70-95 °F (21-35 °C) e 70 a 100% de humidade relativa. Demasiada luz do sol é prexudicial, especialmente no crecemento temperán, polo que a kava é un cultivo de bosque baixo.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar