En bioquímica, unha vía metabólica ou ruta metabólica é un conxunto de reaccións químicas de tipo encimático, que teñen lugar unha detrás da outra e van transformando pouco a pouco un substrato inicial, que orixina ao final da vía un ou varios produtos finais. A vía progresa a través dunha serie de metabolitos intermediarios, de modo que o produto final dunha reacción da vía é o substrato inicial da seguinte reacción [1]. Por exemplo, nunha vía metabólica que inclúa a seguinte secuencia de reaccións:

A glicólise é un exemplo de ruta metabólica na que a glicosa é transformada en dúas moléculas de piruvato por medio de numerosas reaccións encimáticas, á vez que se xera ATP e NADH.
A     →     B     →    C     →     D     →    E

A é o substrato inicial, E é o produto final, e B, C, D son os metabolitos intermediarios da vía metabólica. En cada unha das reaccións interviría un encima.

Unha mutación xenética nun xene que codificaba un dos encimas da vía pode facer que a vía non funcione ben o que orixinará un trastorno, que pode ser moi grave.

Moitas destas rutas son moi complexas e implican unha modificación paso a paso da substancia inicial para darlle a forma do produto coa estrutura química desexada. Xeralmente cada encima introduce só pequenas modificacións no substrato. As reaccións encimáticas da ruta son na súa maioría reversibles e próximas ao equilibrio, pero nas condicións celulares están desprazadas nun dos sentidos, aínda que as rutas inclúen tamén algunhas reaccións irreversibles.

Todas as rutas metabólicas están interconectadas e moitas non teñen sentido illadamente; porén, dada a enorme complexidade do metabolismo, a súa subdivisión en series relativamente curtas de reaccións facilita moito a súa comprensión. Moitas rutas metabólicas entrecrúzanse e existen algúns metabolitos que son importantes encrucilladas metabólicas, como o acetil-CoA.

As rutas metabólicas están perfectamente reguladas para que se produzan as substancias precisas nas cantidades precisas e nos momentos axeitados. Existen encimas reguladores, xeralmente alostéricos, situados ao principio ou nalgún punto chave da vía, que controlan o funcionamento de toda a vía. É frecuente a regulación por retroalimentación negativa ou inhibición por feed-back (cando se formou produto final dabondo nunha ruta, este produto inhibe os encimas da ruta).

Nos eucariotas as vías do anabolismo e catabolismo xeralmente funcionan independentemente e mesmo adoitan estar separadas fisicamente en compartimentos celulares ou orgánulos distintos [2]. Por exemplo, a síntese dos ácidos graxos ten lugar fundamentalmente no citosol, entanto que a beta-oxidación dos ácidos graxos ten lugar fundamentalmente nas mitocondrias.

Tipos de vías metabólicas

editar

As rutas metabólicas poden ser lineares, ramificadas ou cíclicas. Poden ser rutas centrais, utilizadas para as reaccións metabólicas máis básicas, nas cales conflúen ou parten outras rutas máis especializadas, que forman parte do metabolismo secundario. Segundo a función da ruta no metabolismo distinguimos entre:

Panorámica do metabolismo

editar

No seguinte gráfico móstranse as principais rutas metabólicas e a súa interconexión no metabolismo animal.

 

Principais vías metabólicas

editar

A respiración aeróbica é unha ruta catabólica central en case todos os seres vivos. Comprende varias rutas.

  1. Glicólise e as rutas de transporte chamadas lanzadeiras do malato-aspartato e do glicerol-fosfato
  2. Descarboxilación do piruvato
  3. Ciclo do ácido cítrico ou de Krebs
  4. Transporte de electróns na cadea de transporte electrónico e fosforilación oxidativa.

Algúns organismos utilizan vías metabólicas como as fermentacións ou a respiración anaeróbica ou o ciclo do glioxilato[3].

Outras vías importantes presentes en moitos ou en todos ou seres vivos son as seguintes:

A síntese de compostos enerxéticos nos organismos autótrofos pode facerse por:

  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Capítulo 13. Páxinas 337-340. ISBN 84-282-0738-0
  2. Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. (1986) Omega. Páxinas 340-344. ISBN 84-282-0752-6
  3. Michael T. Madigan, John M. Martinko, Jack Parker. Brock Biología de los Microorganismos. (2003) Pearson-Prentice Hill. ISBN 84-205-3679-2

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar