International Union of Basic and Clinical Pharmacology
A International Union of Basic and Clinical Pharmacology ou IUPHAR (Unión Internacional de Farmacoloxía Básica e Clínica) é unha asociación sen ánimo de lucro, voluntaria que representa os intereses de científicos de campos relacionados coa farmacoloxía para facilitar que haxa "mellores medicamentos por medio dunha educación global e investigación"[1] en todo o mundo.
International Union of Basic and Clinical Pharmacology | |
---|---|
Acrónimo | IUPHAR |
Tipo | organización |
Data de fundación | 1959 |
En | Kansas City |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.iuphar.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA IUPHAR creouse en 1959 como unha sección da International Union of Physiological Sciences (Unión Internacional de Ciencias Fisiolóxicas), e converteuse nunha organización independente en 1966[2] e é membro do International Council for Science (ICSU, Consello Internacional para a Ciencia).[3] O primeiro Congreso Mundial de Farmacoloxía tivo lugar en Estocolmo, Suecia en 1961 e despois celebrouse cada tres anos. A partir de 1990 os Congresos Mundiais celebráronse cada catro anos.[4] Estas xuntanzas non só presentan os últimos avances en farmacoloxía en investigación, tecnoloxía e metodoloxía, senón que tamén proporcionan un foro para a colaboración internacional e o intercambio de ideas. Durante os congresos convócase unha Asemblea Xeral, que consta de delegados de todas as sociecades membro, na que ditas sociedades teñen a oportunidade de elixir o Comité Executivo e votar sobre as materias relacionadas co goberno e actividades da Unión.
Membros
editarOs membros de IUPHAR son sociedades de interese rexional, nacional e especial de todo o mundo,[5] pero varias seccións e comités están compostas por individuos de academias, compañías farmacéuticas, e organizacións gobernamentais, que traballan xuntas para o avance do campo da farmacoloxía. Os recursos da IUPHAR están dispoñibles para todos os membros das sociedades relacionadas coa farmacoloxía que se adhiren á IUPHAR.
Composición
editarA IUPHAR está dividida en varias seccións. A División de Farmacoloxía Clínica dedícase ás necesidades e ferramentas de investigación para os médicos. O Comité sobre Nomenclatura de Receptores e Clasificación de Fármacos (Commitee on Receptor Nomenclature and Drug Classification, NC-IUPHAR) facilita a interface entre o descubrimento de novas secuencias no Proxecto Xenoma Humano e a designación das proteínas derivadas como receptores funcionais e canais iónicos. Noutras palabras, a medida que se fan novos descubrimentos en farmacoloxía, a NC-IUPHAR proporciona unha directriz uniforme para nomear e clasificar os resultados en dominio público. Establecéronse seccións que se especializan en varias áreas da farmacoloxía, como a de Metabolismo de Fármacos, a de Transporte de Fármacos,[6] Educación,[7] Farmacoloxía Gastrointestinal,[8] Inmunofarmacoloxía,[9] a Sección de Farmacoloxía de Produtos Naturais,[10] a Farmacoloxía Clínica Pediátrica[11] e as de Farmacoxenética e Farmacoxenómica.[12] Os voluntarios participan nas diversas seccións e divisións segundo os seus intereses e formación.
Actividades
editarEn xeral, a IUPHAR ofrece aos farmacólogos experiencias curriculares gratuítas, desenvolvemento de carreiras e listaxes de traballos (a organización sen ánimo de lucro PharmacoCareers.org[13]), recursos para a investigación, e oportunidades de colaboración. A IUPHAR ofrece ás súas sociedades membro lugares para participar en iniciativas globais, publicita as xuntanzas e actividades dos membros, propoñendo nomes de individuos para os premios ao Investigador Xove, e nomea delegados para as Asembleas Xerais Cuadrienais. Para ver exemplos, visítese o boletín informativo bienal Pharmacology International en https://web.archive.org/web/20151127121804/http://www.iuphar.org/index.php/about-us/publications/newsletters.
Un dos propósitos principais da IUPHAR é proporcionar un acceso global gratuíto a un gran repositorio en liña de caracterización de datos sobre receptores, canais iónicos e fármacos por medio do NC-IUPHAR, que foi creado en 1987. Esta base de datos é parte integral da Guide of PHARMACOLOGY, unha empresa conxunta coa British Pharmacological Society, en http://www.GuideToPHARMACOLOGY.org. A base de datos inclúe todos os receptores acoplados á proteína G, canais iónicos regulados por voltaxe, receptores 7TM, receptores nucleares e, en brave tamén canais iónicos regulados por ligando que se sabe que están no xenoma humano. Nos casos en que é relevante, preséntanse tamén os datos sobre os homólogos da rata e o rato para axudar aos investigadores e médicos clínicos a desenvolver e/ou mellorar as terapéuticas para medicamentos para humanos.
A NC-IUPHAR tamén promulga os estándares de nomenclatura dos nomes para a investigación en farmacoloxía e disciplinas relacionadas.
Como organización non gobernamental que ten relacións oficiais coa Organización mundial da saúde (OMS/WHO), aIUPHAR designa representantes que axudan a conformar a política internacional sobre medicinas esenciais, doses terapéuticas asociadas para os nenos, e competencias básicas de farmacoloxía clínica entre as súas moitas outras actividades relacionadas coa OMS.
A División de Farmacoloxía Clínica compila e publica o Research in Humans Compendium (Compendio de Investigación en Humanos),[14] que é un recurso gratuíto que proporciona á comunidade científica interesada na investigación en humanos unha referencia doada de usar sobre como deseñar un protocolo de investigación para avaliar a efectividade dun fármaco nunha serie de condicións patolóxicas.
Un importante aspecto da IUPHAR é o desenvolvemento da farmacoloxía nos países subdesenvolvidos. En conxunción co International Council for Science (ICSU), iniciouse en 2006 a iniciativa Farmacoloxía para África (PharfA) para promover e organizar a farmacoloxía no continente africano. A Sociedade Surafricana de Farmacoloxía Básica e Clínica está construíndo unha base de datos e unha rede de institucións e farmacólogos para crear unha infraestrutura para a formación e financiamento de farmacólogos. O obxectivo a longo prazo é que o continente africano atinxa o coñecemento farmacolóxico necesario e os recursos para enfrontarse aos asuntos relaciondos coas doenzas que afecten á poboación. Como parte desta misión, coa axuda do ICSU e da American Society for Pharmacology and Experimental Therapeutics, a Sección de Educación da IUPHAR organizou unha serie de obradoiros de traballo, principalmente en África, para adestrar a investigadores novos sobre prácticas éticas de laboratorio, como as chamadas Tres Rs sobre o trato aos animais de experimentación.
Estratexias futuras
editarA IUPHAR pretende enfocar os primeiros anos do século XXI a integrar a investigación básica e clínica no espectro continuo da investigación para implantar técnicas de medicina traducional máis rapidamente. A 9ª Conferencia Mundial de Farmacolxía Clínica e Terapéutica celebrada en Quebec, Canadá foi a última xuntana da IUPHAR que presentou a farmacoloxía clínica por separado. O WorldPharma2010Arquivado 06 de maio de 2021 en Wayback Machine. - Congreso Mundial de Farmacoloxía Básica e Clínica celebrado en Copenhague, Dinamarca en 2010 foi a primeira xuntanza totalmente integrada. As esperanzas postas en integrar estas diferentes enfoques da mesma disciplina son descubrir máis rapidamente, idear, comprobar e introducir novas ou maiores calidades terapéuticas para o ser humano.
Preténdese dar énfase aos compoñentes edutivos dos programas de farmacoloxía existentes e incrementar e potenciar a formación en farmacoloxía nos países en desenvolvemento. Este asunto foi o tema central do 17º Congreso Mundial de Farmacoloxía Básica e Clínica (WCP2014) celebrado en 2014 en Cidade do Cabo, Suráfrica. Ademais, o 18º Congreso Mundial de Farmacoloxía Básica e Clínica (WCP2018) que tivo lugar en Kyoto, no Xapón en 2018 estivo centrado no desenvolvemento de fármacos e terapéuticas utilizando metodoloxías revolucionarias como a secuenciación do xenoma, bioloxía das células nai, nanotecnoloxía e bioloxía de sistemas.
Notas
editar- ↑ Orixinal: Better Medicines through Global Education and Research
- ↑ Uvnäs, Börne (1984). "From Physiologist to Pharmacologist - Promotion or Degradation". Annu. Rev. Pharmacol. Toxicol. 24: 1–19. doi:10.1146/annurev.pa.24.040184.000245. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "ICSU Scientific Unions". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "IUPHAR Congresses". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "IUPHAR Member Societies". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "Drug Metabolism and Drug Transport". IUPHAR Drug Metabolism & Drug Transport Section. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "Education". IUPHAR Education Section. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "Gastrointestinal Pharmacology". IUPHAR Gastrointestinal Pharmacology Section. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "Immunopharmacology". IUPHAR Immunopharmacology Section. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "Pharmacology of Natural Products". IUPHAR Pharmacology of Natural Products Section. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "Pediatric Clinical Pharmacology". IUPHAR Pediatric Clinical Pharmacology Section. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "Pharmacogenetics and Pharmacogenomics". IUPHAR Pharmacogenetics-genomics Section. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "IUPHAR Career Center". PharmacoCareers. Consultado o 16 de setembro de 2015.
- ↑ "Research in Humans Compendium". IUPHAR Clinical Pharmacology Division Publications. Consultado o 16 de setembro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- International Union of Basic and Clinical Pharmacology (IUPHAR) (en inglés)
- The Guide to Pharmacology (en inglés)
- The IUPHAR/BPS Guide to PHARMACOLOGY (en inglés)
- NC-IUPHAR Nomenclature Guidelines Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- The 18th World Congress of Basic and Clinical Pharmacology Arquivado 18 de maio de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Pharmacology for Africa Initiative (PharfA) Arquivado 09 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)