Abrir o menú principal

A lei de Ohm, que recibe o nome do físico alemán Georg Simon Ohm, establece a proporcionalidade, a temperatura constante, entre a caída de potencial (V) entre os extremos dun condutor e a corrente eléctrica (I) que circula ao seu través, isto é

R é unha constante de proporcionalidade que vai depender da temperatura, e das características do condutor (material e dimensións). Recibe o nome de resistencia, e para comprender o seu significado pódese dicir que dá conta da dificultade que opón un condutor determinado ao paso das cargas (a corrente) para unha diferenza de potencial dada.

DescriciónEditar

 

Matematicamente:  
Triángulo coa lei de Ohm.

Esta lei cúmprese nas denominadas resistencias óhmicas, ou tamén resistencias ideais. A maior parte dos materiais condutores en condicións non extremas exhiben un comportamento aproximadamente óhmico que permite o emprego desta lei sen maiores problemas. Un exemplo de que non se cumpre a lei atópase no deterioramento do material que pode provocar un paso de corrente, repercutindo nunha variación da resistencia que rompe esta proporcionalidade.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.