Fernando Álvarez de Sotomayor
Fernando Álvarez de Sotomayor Zaragoza, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Boa parte da súa obra destaca por reflectir diversos aspectos da vida de Galicia con luminosidade e colorido.
Fernando Álvarez de Sotomayor | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza |
Nacemento | 25 de setembro de 1875 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Falecemento | 17 de marzo de 1960 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Soterrado | camposanto de San Isidro |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Real Academia de España en Roma e Instituto Cardenal Cisneros |
Ocupación | pintor e político |
Fillos | María del Rosario Álvarez |
Premios | Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz de Afonso X o Sabio e Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso XII |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Primeiros anos Editar
Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a Toledo, e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En 1893 iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor Manuel Domínguez, quen o orientou definitivamente cara a pintura. Estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.
Formación e viaxes Editar
Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da Escola de San Fernando para a Academia de Belas Artes de Roma. Dende a cidade italiana viaxou a París, Países Baixos e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura flamenga e holandesa, que tiveron unha grande influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic.
Asentamento en Galicia Editar
En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como O segador, Saíndo de misa no pazo de Mende e Comida de voda en Bergantiños.
Comezou a pintar personaxes populares, como labregos galegos, cun estilo moi influenciado pola pintura do Século de ouro neerlandés, que provocou unha gran polarización na valoración das súas obras, pois a xente mostrábase entusiasmada ou moi en contra do seu xeito de pintar.[1] Pola súa maneira de recoñecer a cultura do pobo e por introducir un xeito novo de pintar (aínda que moi alonxado das vangardas) foi un dos precursores dos Renovadores da arte galega do século XX.
Profesor en Chile Editar
En 1908 instalouse en Santiago de Chile, de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en 1915. En Chile a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de Afonso XIII, e chegou a dirixir o Museo do Prado en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala guerra civil española, de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a Academia de Belas Artes de San Fernando a partir do ano 1953.
Participación política e dirección do Prado Editar
En xullo de 1936 atópase na Coruña e toma partido polo bando nacional: nunhas declaracións ao portugués Diário de Notícias recollidas na portada do xornal lugués El Progreso o 30 de marzo de 1937, difunde que o cadro "Cristo crucificado" de Diego de Velázquez, localizado no Museo do Prado, puido ser destruído pola "furia insana, iconoclasta" dos "marxistas" (algo falso, pois o cadro aínda existe) e afirma que volverá ser artista cando "España sea enteramente nuestra, nacionalista, esto es española".[2]
En 1938 foi designado alcalde da Coruña[3] e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas.
Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclórica persegue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En 1922, cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa, caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de Afonso XIII e a Duquesa de Santoña. Algúns cadros mitolóxicos, como Leda ou Sátiro e ninfas, pertencen tamén a este momento.
Últimos anos Editar
Coa caída da monarquía, estableceuse en Inglaterra e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en Xenebra e Buenos Aires aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da Duquesa de Alba e do Duque de Híjar. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como Ceres, San Agustín, San Vicente Ferrer ou O infortunio.
Galería de imaxes Editar
Unha boa parte da súa obra atópase en América, aínda que tamén é considerable o número de óleos, acuarelas e debuxos reunidos pola Fundación Caixa Galicia.
|
Notas Editar
- ↑ "A pintura de Fernando Álvarez de Sotomayor - Efeméridas - Podcast en iVoox". iVoox. Consultado o 2022-05-22.
- ↑ [1], El Progreso, 30 de marzo de 1937 na Biblioteca Virtual de Prensa Histórica do Ministerio de Cultura de España
- ↑ [2], Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando na Enciclopedia online do Museo do Prado
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Álvarez de Sotomayor |
Bibliografía Editar
- AAVV: Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
- AAVV: Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- López Vázquez, José Manuel: "El arte contemporáneo" en Enciclopedia temática de Galicia, t. V-Arte, p. 185-189, Nauta, Barcelona, 1990 (en castelán), ISBN 84-278-1210-8 (v.5).
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 90–91. ISBN 84-7231-603-3.
- ——— (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. ISBN 84-85858-06-9.
- ——— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. pp. 56–62. ISBN 84-95364-15-8.
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Fernando Álvarez de Sotomayor na Fundación María José Jove (en castelán).
- Obras do pintor no Museo de Belas Artes da Coruña.
Predecesor: Juan González Regueral |
Alcalde da Coruña 1939 |
Sucesor: José Pérez-Ardá |