Marisa Roesset Velasco

pintora española

Marisa Roesset Velasco, tamén escrito Roësset, nada en Madrid o 6 de marzo de 1904 e finada na mesma cidade o 18 de novembro de 1976, foi unha pintora española figurativa do século XX.[1]

Infotaula de personaMarisa Roesset Velasco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato e pintura relixiosa Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFernando Álvarez de Sotomayor, José María López Mezquita (pt) Traducir e Daniel Vázquez Díaz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaLola Rodríguez Aragón (–1979) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria vital e artística editar

 
Marisa na Exposición Nacional de Belas Artes de 1930

Formación editar

Naceu no seo dunha familia de pintoras, escultoras e literatas de gran prestixio intelectual no Madrid da época.[2][3][4] O seu pai foi Eugenio Julio Roësset Mosquera e a súa tía a pintora María Roësset Mosquera, quen asinaba como «MaRo», e as súas curmás a escultora Marga Gil Roësset e a editora Consuelo Gil Roësset. Por liña materna era curmá da pintora Rosario de Velasco.[5]

Comezou a pintar desde moi nena baixo a supervisión da súa tía MaRo.[6] Con catorce anos pintou un autorretrato ao pastel e varias acuarelas cunha técnica depurada.[3] Formouse posteriormente na Escola de Belas Artes de San Fernando, con profesores como Fernando Álvarez de Sotomayor, José María López Mezquita ou Daniel Vázquez Díaz. Compartiu aulas con Salvador Dalí, Victorina Durán ou Lucía Sánchez Saornil, entre outros.[1][6]

Éxito profesional editar

En 1924 concorreu á Exposición Nacional de Belas Artes e logrou unha terceira medalla cun Autorretrato. Nel móstrase cunha imaxe de modernidade que a caracterizou ao longo da súa carreira até 1939. O cadro foi adquirido para o Museo de Arte Moderna de España. En 1926 concorreu cos lenzos Mi hermano y yo e Hanny y Gucki, destacados pola crítica.[7] Realizou a súa primeira exposición individual no Lyceum Club Feminino, malia non ser socia.[6] Exhibiu 21 obras datadas entre 1922 e 1926 cos que logrou grande éxito. En 1928 participou nunha mostra colectiva dedicada aos autorretratos. En 1929 expuxo no Palacio de Bibliotecas y Museos Nacionales de Madrid, xunto á pintora Gisela Ephrussi.[8] Participou na Exposición Internacional de Barcelona con Reposo e no Salón de Otoño con Campesinos de Ávila. Até estalar a Guerra Civil Española seguiu participando nas Exposicións Nacionais de 1930, 1932, 1934 e 1936.[7] En 1931 enviou obras súas ao concurso de Pintura, Escultura e Gravado organizado polo Círculo de Belas Artes de Madrid.[1]

Entre 1924 e 1936 pódense atopar abundantes recensións dela, fotografías, entrevistas e artigos críticos de extensión en publicacións como Blanco y Negro, El Sol, Crónica, El Imparcial, El Heraldo de Madrid ou Estampa.[5]

Abriu unha Escola de pintura onde formou unha nova xeración de artistas. Ao mesmo tempo, ela matriculouse na Escola Superior de Pintura, Escultura e Gravado. Ese mesmo ano realizou outra exposición individual na Asociación de Artistas Vascos en Bilbao.[7]

Tras a Guerra Civil editar

En 1939 participou en Gasteiz na Exposición Internacional de Arte Sacra, celebrada co obxectivo de exaltar os «heroes caídos pola patria»[9], xunto a Rosario de Velasco, entre outras. Colaborou como ilustradora na Revista Y da Sección Feminina.[10]

Presentou obras na exposición do Women's International Art Club en 1947.[1] Tamén ese ano participou na Exposición de Arte Española de Buenos Aires xunto a Teresa Condeminas, Menchu Gal ou Delhy Tejero, entre outras.[10]

Desde 1938 viviu unha discreta relación lesbiana con Lola Rodríguez Aragón, profesora da Escola Superior de Canto de Madrid. A ela deixoulle a súa obra pictórica trala súa morte en 1976 a consecuencia dun cancro.[6][7] Rodríguez Aragón abriu un museo e quixo facer un padroado para doalo ao Estado español, mais morreu antes de podelo crear.[8]

A súa obra forma parte das coleccións do Museo de Arte Moderna de Barcelona, da Escola de Canto de Madrid e do Museo do Prado, entre outras institucións. Pintou moitos autorretratos, polo que a súa obra tamén está en coleccións particulares.[8]

Estilo editar

Cultivou o retrato e a temática relixiosa.[1] Non pertenceu a ningunha corrente artística específica, e mantivo unha identidade propia.[6] Pintou máis dunha decena de autorretratos, entre eles lenzos en que aparece co seu irmán ou as súas alumnas, ás que tamén pintou en repetidas ocasións.[5]

Nos seus primeiros cadros achegouse ao dandismo. Porén, non chegou a asumilo dun xeito tan radical como as súas contemporáneas Hannah Gluckstein, Tamara de Lempicka ou Romaine Brooks. Deixou constancia nos seus retratos de mulleres da cambiante e diversa identidade feminina das primeiras décadas do século XX.[5]

Pódense observar tres etapas na súa produción.

  • A primeira etapa, até 1930, está caracterizada pola figuración executada con pincelada solta e unha gama de cores frías. Influída por Vázquez Díaz, foi unha etapa de experimentación continua.
  • A segunda, xa lonxe da influencia de Vázquez Díaz, caracterizouse por unha pincelada máis sutil de figuras inmersas en atmosferas menos visibles. O tema predominante foi o relixioso.
  • A terceira etapa comeza tras a Guerra Civil. A súa linguaxe pictórica é máis académica e de gran destreza técnica. Predominou a temática relixiosa e retratística.[7]

Galardóns editar

  • Exposición Nacional de 1924, terceira medalla polo seu Autorretrato
  • Exposición Internacional de 1929, Barcelona, terceira medalla por Reposo
  • Exposición Nacional de 1941, terceira medalla por La Anunciación[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Roesset y Velasco, Marisa - Museo Nacional del Prado". Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  2. "Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España". Consultado o 9 de abril de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Mayordomo, Concha. "Marisa Roësset y Velasco" (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2019. 
  4. "Marisa Roesset Velasco". Asociación Española de Pintores y Escultores (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Capdevila-Argüelles, Nuria (28 de xuño de 2013). Artistas y precursoras. un siglo de autoras Roësset. La cosecha de nuestras madres (en castelán). Horas y Horas. ISBN 9788496004542. OCLC 859257293. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Marisa Roësset y Velasco | Tribuna Feminista". Tribuna Feminista (en castelán). 14 de setembro de 2017. Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Lomba Serrano, Concha (30 de xuño de 2018). "Marisa Roësset, en la frontera (1924-1939)". Archivo Español de Arte 91 (362): 143–158. ISSN 0004-0428. doi:10.3989/aearte. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Barreda Pérez, María Dolores (1 de xuño de 2018). "Marisa Roesset Velasco". Asociación Española de Pintores y Escultores (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2019. 
  9. Larrinaga Cuadra, Andere (2006). "La Exposición Internacional de Arte Sacro de Vitoria de 1939: un hito artístico en la postguerra española". Ondare. Cuadernos de Artes Plásticas y Monumentales (en castelán) (Donostia) (25): 221–232. ISBN 84-8419-880-4. ISSN 1137-4403. 
  10. 10,0 10,1 Muñoz López, Pilar (28 de xaneiro de 2015). "Artistas españolas en la dictadura de Franco (1939–1975)". Espacio Tiempo Y Forma. Serie VII: Historia Del Arte (en castelán) (3): 131–161. ISSN 1130-4715. doi:10.5944/etfvii.3.2015.12235. Consultado o 9 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar