Eric Brandon
Eric Brandon nado en East Ham (Essex) o 18 de xullo de 1920 e finado en Gosport (Hampshire) o 8 de agosto de 1982, foi un piloto de automobilismo e empresario inglés. Estaba estreitamente asociado coa Cooper Car Company, e foi fundamental no desenvolvemento inicial da compañía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xullo de 1920 ![]() East Ham, Reino Unido (en) ![]() ![]() |
Morte | 8 de agosto de 1982 ![]() Gosport, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarCando el e o seu amigo de infancia John Cooper licenciaron do servizo militar logo da segunda guerra mundial, construíron dous coches que cumpriran os novos regulamentos para o National 500 cc. Brandon, cuxo negocio familiar eran os bens eléctricos, tiña acceso aos magnetos BTH para os motores JAP, que naquel entón adquiriu o pai de Cooper, Charlie. Brandon participou co seu Cooper en numerosas subidas e sprints e, en 1947, na pista de Gransden Lodge, gañou a primeira carreira de circuíto de 500 cc en Gran Bretaña.[1] Tamén gañou o primeiro título de Fórmula 3 en 1951.[2]
Máis tarde, na década de 1950, Brandon participou en 5 Grandes Premios do Campionato do Mundo, nun Cooper - Bristol de Fórmula 2, pero non conseguiu ningún punto no Campionato. Durante a maior parte da súa carreira, Brandon correu para o equipo de Ecurie Richmond, que formou con Alan Brown. En 1955 financiou a construción do seu propio coche deportivo "Halseylec", nomeado así pola súa empresa de subministración eléctrica. Continuou a competir nos autos ata 1956, pero se involucrou cada vez máis en carreiras de motonáutica e en 1957 dedicouse por completo a esta disciplina polo seu espírito competitivo. [1]
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Ecurie Richmond | Cooper T20 | Bristol 6 en liña | SUI 8 |
500 | BEL 9 |
FRA | GBR 20 |
ALE | NED | ITA 13 |
NC | 0 | |
1954 | Ecurie Richmond | Cooper T23 | Bristol 6 en liña | ARX | 500 | BEL | FRA | GBR Ret |
ALE | SUI | ITA | ESP | NC | 0 |
Fonte:[3]
|
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Eric Brandon Arquivado 22 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. 500race.org Retrieved on 8 de abril de 2008
- ↑ British F3 Champions motorsportsetc.com Retrieved on 4 de setembro de 2007. Arquivado 17 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 80. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eric Brandon |