Diocese católica latina de Palencia

(Redirección desde «Diocese de Palencia»)

A diocese de Palencia (en latín: dioecesis Palentina) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragánea da aquidiocese de Burgos. En 2004 tiña 174.471 bautizados dunha poboación total de 177.128 habitantes. O seu bispo actual é Esteban Escudero Torres.

Diocese de Palencia
Dioecesis Palentina
Escudo
Datos xerais
ErixidaSéculo VI
LocalizaciónEspaña
Sufragánea deBurgos
Información
Igrexa particularIgrexa Latina
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
BispoEsteban Escudero Torres
Outros datos
Páxina webdiocesispalencia.org

Territorio editar

O territorio da diocese coincide co da provincia de Palencia. A sé episcopal é a cidade de Palencia. O territorio está dividido en 455 parroquias, agrupadas en 9 arciprestados.

Historia editar

A cidade de Palencia foi destruída en 456 polo rei visigodo Teodorico II. Non se sabe con seguridade se antes de seren destruída Palencia era sé episcopal. Por outra parte, hai moitos datos sobre os bispos entre o século VI e o século VII nos documentos dos once concilios de Toledo.

Logo da invasión árabe a diocese foi suprimida por espazo de tres séculos, até que, coa reconquista dos cristiáns, foi restabelecida en 1035.

Os límites da diocese foron cambiados o 29 de decembro de 1059, e novamente o 25 de setembro de 1595, cando cedeu tres arciprestados para erixir a diocese de Valladolid.

En 1955 a diocese adaptou os seus límites territoriais, para facelos coincidir cos da provincia civil homónima.

Episcopoloxio editar