Diocese católica latina de Santander
A diocese de Santander (en latín: Dioecesis Santanderiensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragénea da arquidiocese de Oviedo. En 2011 contaba con 557.400 bautizados sobre unha poboación total de 592.800 habitantes. O seu bispo dende 2023 é Arturo Pablo Ros.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Escindido de | Arquidiocese católica latina de Burgos | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 585.685 (2017) (105,97 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua castelá | ||||
Relixión | Igrexa católica latina | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.527 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 12 de decembro de 1754 | ||||
Catedral | Catedral de Santander (pt) | ||||
Sitio web | diocesisdesantander.com | ||||
Territorio
editarO territorio da diocese coincide co da comunidade autónoma de Cantabria, con dúas excepcións: o concello de Valle de Villaverde (que pertence á diocese de Bilbao), e o concello de Valle de Mena (na provincia de Burgos, mais pertencente á diocese de Santander). A sé arcebispal é a cidade de Santander, onde está a Catedral da Asunción. O territorio está organizado en 615 parroquias.
Limita ao oeste coa diocese de León e coa arquidiocese de Oviedo, ao sur coa diocese de Palencia e coa arquidiocese Burgos, e ao leste coa diocese de Bilbao.
Episcopoloxio
editar- Francisco Javier Arriaza (24 de setembro de 1755 - 18 de outubro de 1761, finado)
- Francisco Laso Santos de San Pedro (29 de marzo de 1762 - 14 de marzo de 1783, finado)
- Rafael Tomás Menéndez Luarca y Queipo de Llano (25 de xuño de 1784 - 20 de xuño de 1819, finado)
- Juan Nepomuceno Gómez Durán (21 de febreiro de 1820 - 27 de xullo de 1829, confirmado bispo de Málaga)
- Felipe González Abarca (28 de setembro de 1829 - 12 de marzo de 1842, finado)
- Manuel Ramón Arias Teijeiro de Castro (17 de xaneiro de 1848 - 20 de xullo de 1859, retirado)
- José López y Crespo (26 de setembro de 1859 - 21 de marzo de 1875, finado)
- Vicente Calvo y Valero (5 de xullo de 1875 - 27 de marzo de 1884, nomeado bispo de Cádiz e Ceuta)
- Vicente Santiago Sánchez y Castro (27 de marzo de 1884 - 19 de setembro de 1920, finado)
- Juan Plaza y García (16 de decembro de 1920 - 10 de xullo de 1927, finado)
- José María Eguino y Trecu (2 de outubro de 1928 - 7 de maio de 1961, finado)
- Eugenio Beitia Aldazabal (27 de xaneiro de 1962 - 23 de xaneiro de 1965, renuncia)
- Vincente Puchol Montis (2 de xullo de 1965 - 8 de maio de 1967, finado)
- José María Cirarda Lachiondo (22 de xullo de 1968 - 3 de decembro de 1971, nomeado bispo de Córdoba)
- Juan Antonio del Val Gallo (3 de decembro de 1971 - 23 de agosto de 1991, retirado)
- José Vilaplana Blasco (23 de agosto de 1991 - 17 de xullo de 2006, nomeado bispo de Huelva)
- Vicente Jiménez Zamora (27 de xullo de 2007 - 12 de decembro de 2014, nomeado arcebispo de Zaragoza)
- Manuel Sánchez Monge (6 de maio de 2015 - 31 de outubro de 2023, retirado)
- Arturo Pablo Ros (nomeado o 31 de outubro de 2023)