Arquidiocese católica latina de Oviedo
(Redirección desde «Arquidiocese de Oviedo»)
A arquidiocese de Oviedo (en latín: Archidioecesis Ovetensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2005 contaba con 1.016.000 bautizados sobre unha poboación total de 1.075.000 habitantes. O seu arcebispo dende 2009 é Jesús Sanz Montes.
Arquidiocese de Oviedo Archidioecesis Ovetensis | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Erixida | 811 |
Localización | España |
Sufragáneas | Astorga, León, Santander |
Estatísticas | |
Poboación - Fieis - Total | 1.016.000 (94) 1.075.000 |
Parroquias | 934 |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa Católica Latina |
Ritos | Romano, minoritariamente hispano-mozárabe |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Arcebispo metropolitano | Jesús Sanz Montes |
Outros datos | |
Páxina web | www.iglesiadeasturias.org |
Territorio Editar
A arquidiocese abrangue a totalidade de Asturias. A sé arcebispal é a cidade de Oviedo, onde está a Catedral do Santo Salvador. O territorio está organizado en 934 parroquias.
Limita ao oeste coas dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Lugo, ao sur coas de Astorga e León, e ao leste coa de Santander.