José Souto Vizoso

José Souto Vizoso, nado en San Martiño de Xuvia (Narón) o 4 de febreiro de 1893 e finado o 2 de agosto de 1973, foi un bispo católico galego.

José Souto Vizoso
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1893 en O Couto, Narón
Pasamento2 de agosto de 1973
Ordes
Ordenación sacerdotal17 de xuño de 1916
Consagración episcopal15 de abril de 1945, por Gaetano Cicgnani
Bispo de Palencia
1949 - 1970
PredecesorFrancisco Javier Lauzurica
SucesorAnsatasio Granados
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Fixo a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo e foi ordenado presbítero en 1916. En 1917 licenciouse en Teoloxía na Universidade Eclesiástica de Santiago. Traballou como profesor de Filosofía e Teoloxía no Seminario de Mondoñedo do que foi reitor e director do Boletín Diocesano. En 1945 foi nomeado bispo de Elusa e bispo auxiliar de Santiago de Compostela. En 1949 foi nomeado bispo de Palencia, cargo que desempeñou ata 1970.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar