Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar
O Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar é unha obra magna composta por 16 volumes publicada polo xeógrafo e estadista Pascual Madoz entre 1845 e 1850, que indica moitas das poboacións de España.
Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar | |
---|---|
Frontispicio da obra de Madoz (1845). | |
Autor/a | Pascual Madoz |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Tema(s) | xeografía de España, estatística e historia de España |
Data de pub. | 1845 e 1850 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarSegundo o propio autor, na súa elaboración participaron vinte correspondentes e máis de mil colaboradores durante 15 anos, 11 meses e 7 días. No seu momento supuxo unha mellora importante respecto ao Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal, publicado en 1829 por Sebastián Miñano. Hoxe en día aínda é unha fonte de consulta para a historiografía e a arqueoloxía, pois contén interesante información sobre ruínas, restos e posibles restos arqueolóxicos coa descrición que por entón presentaban. Amais, é fonte de estudo para a toponimia, se ben moitos dos topónimos están castelanizados.
Madoz deixou dito que: «Non son eu o autor do Diccionario Geográfico, Estadístico e Histórico: esta gloria corresponde a tantos e tan distinguidos colaboradores que tiven en todas as provincias e aos bos amigos que traballaron nas oficinas da miña redacción, cuxos nomes, os daqueles e os destes, figurarán cos dos correspondentes de Cuba, Porto Rico e Filipinas en lugar oportuno; corresponde a todos os Gobernos que se sucederon desde 1836 até o día, porque todos sen distinción de cores políticas, secundaron nobre e lealmente os meus esforzos».
Volumes
editarEstá organizado por orde alfabética en 16 volumes. Ao final de cada un aparece unha fe de erratas.
- I (1845): A (O Couto de A, lugar de Ramil, Castro de Rei) - Alicante (Alacant)
- II (1846): Alicanti Mayor (predio en Inca) - Arzuela (rego en Navalmoral de la Mata)
- III (1846): Arra (parroquia de Sanxenxo) - Barcelona
- IV (1846): La Barcella (monte en Xert, provincia de Castelló) - Buzoca (aldea de Martín, Bóveda)
- V (1846): Caabeiro (antiga xurisdición do mosteiro de Caaveiro) - Carrusco (O Carrusco, aldea do Sisto, Ourol)
- VI (1847): Ca Sebastià (predio en Sóller) - Córdoba
- VII (1847): Cordobelas (aldea de Esteiro, Cedeira) - Ezterripa (casa grande en Abadiño, Biscaia)
- VIII (1847): Faba (Aba, lugar de Dexo, Oleiros) - Guadalajara
- IX (1847): Guadalaviar (río, tamén chamado río Turia) - Juzvado (Juzbado, na provincia de Salamanca)
- X (1847): La Alcoba (granxa na provincia de Toledo) - Madrid
- XI (1848): Madrid de Caderechas (Madrid de los Trillos, na Rioxa) - Móstoles
- XII (1849): Nabaja (Naraxa, lugar de Vilabol de Suarna, A Fonsagrada) - Pezuela de las Torres (Comunidade de Madrid)
- XIII (1849): Phornacis (lugar nomeado por Tolomeo) - Sazuns (Gran Canaria)
- XIV (1849): Scalæ Anibalis (Macizo do Montgrí) - Toledo
- XV (1849): Toledo (lugar de Boltaña, provincia de Huesca) - Vettonia (rexión portuguesa habitada polo pobo dos vetóns)
- XVI (1850): Vía (lugar de Oza, Oza-Cesuras) - Zuzones (provincia de Burgos)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Catastro de Ensenada
- Geografía General del Reino de Galicia
- Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar |