O Couto de A, Ramil, Castro de Rei

lugar da parroquia de Ramil, no concello de Castro de Rei

O Couto de A é un lugar da parroquia de Ramil, no concello lugués de Castro de Rei, na comarca da Terra Chá. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[1] en 2019 tiña 27 habitantes (17 homes e 10 mulleres), o que supón un aumento repecto de 2016, cando tiña 25 habitantes.

O Couto de A
ParroquiaRamil
ConcelloCastro de Rei
Coordenadas43°09′50″N 7°22′43″O / 43.163888888889, -7.3786111111111
Poboación27 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.[2]

Patrimonio

editar

No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse dous documentos de 1599 relativos a Magdalena de Andión, un relativo ao pago de vasalaxe con Álvaro de Navia[3], e outro en relación coa xustiza[4]. No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz aparece citado simplemente como A, indicando que é un couto redondo[5].

A aldea, atravesada pola estrada N-640, está entre o castro de Viladonga e o río Azúmara.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Ramil

editar
Lugares da parroquia de Ramil no concello de Castro de Rei (Lugo)

A Barcia | O Batán | O Caxigal | O Couto de A | Entrambos Ríos | Fondoi | Gargallán | A Granda | A Igrexa | Lamarredonda | A Lamela | Medianeiros | Píquene | Ramil | Reguntille | O San Queitano | As Teixoeiras | Val de Calvos

Parroquias de Castro de Rei

editar