O elizate[1] de Abadiño é un concello do territorio histórico de Biscaia, no País Vasco, situado na comarca do Duranguesado, que ocupa unha extensión de 36,06 km² e ten unha poboación de 7 140 habitantes (2007), cunha densidade de 198 hab./km².

Modelo:Xeografía políticaAbadiño
Abadiño (eu)
Abadiano (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 43°09′09″N 2°36′27″O / 43.1525, -2.6075Coordenadas: 43°09′09″N 2°36′27″O / 43.1525, -2.6075
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaBiscaia
ComarcasDuranguesado Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.708 (2023) Editar o valor em Wikidata (212,58 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie36,26 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude144 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Luis Navarro Donaire (en) Traducir
Mikel Urrutia (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal48220 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE48001 Editar o valor em Wikidata

Páxina webabadiano.org Editar o valor em Wikidata
Casa de Xuntas de Astola.

Topónimo editar

Abadiño en castelán é, dende a Idade Media, Abadiano, forma na que apareceu sempre escrita. Mais no éuscaro o nome seguiu evolucionando oralmente até dar lugar a Abadiño, que é o seu único nome oficial dende 1983.

Xeografía editar

Abadiño localízase no bordo sueste do territorio histórico de Biscaia. Limita ao norte co municipio de Garai; ao noroeste con Berriz-Olakueta; ao leste con Elorrio; ao sueste con Atxondo; ao sur con Otxandio e Aramaio; ao suroeste con Dima; ao oeste con Mañaria e Izurza; e ao noroeste con Iurreta e Durango.

O municipio de Abadiño constitúeno 12 barrios: Amaitermin, Astola, Gaztelua, Gerediaga, Lebario, Irazola, Mendiola, Muntsaratz, Sagasta, Urquiola, Traña-Matiena e Zelaieta.

O concello de Abadiño atópase no sur do centro do Duranguesado, polo que oculpa unha parte do val do río Ibaizabal, xusto a zona onde se recibe ao Zaldu procedente de Zaldibar. Ten terras con grandes masas calcarias, con montes, cos cumes de Alluitz (1 040 m), Aitz txiki (791 m) e Untzillaitz (934 m). No lado sur están o Saibigain (932 m), escenario de batallas da guerra civil española, e Urita (794 m). A parte norte do concello sobe levemente pola aba do Oiz (1 029 m).

O municipio de Abadiño participa de dúas concas hidrográficas, a cantábrica e a mediterránea. O principal río da conca cantábrica é o Ibaizabal, procedente do porto de Kanpazar, e únese no barrio abadiñotarra de Traña-Matiena co Zaldu, procedente do porto de Areitio en Zaldívar. Este río, xunto co Nervión, forma a ría de Bilbao. Na vertente sur, a mediterránea, o río principal é o Urkiola e forma, xa en Áraba o encoro de Santa Engracia.

 
Ponte de Astola.

As principais vías de comunicación biscaíñas recorren o val do Ibaizabal e polo tanto pasan polo concello. A estrada estatal N-634 e a autoestrada de peaxe AP-8, así como o ferrocarril por vía estreita, úneo con Bilbao (a 34 km) e Donostia (86 km). Con Vitoria fica unido mediante unha estrada BI-623 que cruza o porto, e o parque natural de Urkiola. Outras estradas comunícano coa comarcca de Lea-Artibai e con Arrasate e Beasain. Tamén ten trens de proximidades Bilbao-Donostia da compañía EuskoTren mediante a liña  .

Historia editar

As noticias da fundación do concello de Abadiño pérdense no tempo. A figura da elizate xa nos deixa entrever que vén sendo habitado dende tempo inmemorial entroncándose coa Terra Chá de Biscaia. No seu solo encontráronse restos prehistóricos de importancia en varios asentamentos como os das covas de Bolinkoba (xacemento solutreano), Oialkoba (idade de Bronce), Astakoba e Albiztei que dan testemuña da ocupación humana en tempos prehistóricos.

A historia do municipio está unida á do Meiriñado de Durango xa que o elizate de Abadiño tiña asento nas súas xuntas, o número 1, e estas reuníanse nos seus terreos, na campa (ou praza) xuradeira da ermida de San Salvador e San Clemente. Tamén nos seus límites mandou a raíña Xoana I de Castela, que se construíra a casa auditorio cando o meiriñado tivo problemas de propiedade das instalacións que viña usando coa Vila de Durango e finalmente comprouse e reconstruíuse a casa Auditorio de Astola. Nesas xuntas, Abadiño tiña o asento e voto número 1. O elizate estaba dividida en sete cofrarías.

 
Campa Foral de Gerediaga en 2005.

As primeiras noticias do elizate datan de 1172 e fan referencia á familia de Muntsaratz, dona da torre que leva o seu nome, eses documentos tratan da voda da infanta Navarra Dona Urraca co señor de Muntsaratz Pedro Ruiz.

A participación dos señores do elizate, polo bando oñacinos, nas guerras de banderías marcaron o medievo coa proliferación de casas-torres e fortalezas, algunhas célebres, como a de Muntsaratz (torre-pazo), cuxo dono, Pedro Ruiz, casou en 1212 coa Infanta de Navarra dona Urraca, con descendentes tan ilustres como o primeiro bispo de México, Juan de Zumárraga y de Muntsaratz (no século XVI). Abadiño foi territorio de Íñigo de Abadiño e Perucho de Abadiño, alcaide de alcázar de Isabel I de Castela en Madrid.

Dentro da tradicional economía rural no século XVI produciuse un auxe da industria do ferro co desenvolvemento de numerosas ferrerías como as de Astola, Leberio (aínda quedan ruínas) Murueta ou Traña que traballaron até comezos do século XX e algunhas delas, convertidas xa en centrais hidroeléctricas, chegaron até mediados do mesmo.

No século XIX foi escenario das guerras carlistas e no casarío próximo á ermida de San Antolín reuníronse os xenerais Rafael Maroto e Espartero o 26 de agosto de 1839 para o acordo previo ao abrazo de Vergara que puxo fin á primeira guerra carlista. Na segunda guerra carlista, a última batalla en Biscaia librouse o 15 de novembro de 1879 nestas terras. Durante a guerra civil a fronte estivo detida durante o inverno de 1936 nos montes de Urkiola onde se desenvolveron cruentas batallas como as ocorridas en Sabigain.

A bandeira editar

 
Uso da bandeira de Abadiño nun acto festivo.

A actual bandeira de Abadiño está baseada nunha anterior que data de 1896 e que desapareceu en 1975. Realizouse en 1977 partindo dunha copia existente no pazo Galíndez.

A bandeira componse de cadrados conformados por catro triángulos de cores; branco o triángulo da esquerda, amarelo o superior, verde o inferior e vermello o da dereita. No centro hai un cadrado branco coa inscrición Abadiño 1977 urtea (Abadiño ano 1977), na de 1896 o centro estaba ocupado por un círculo branco adornado con motivos vexetais onde figuraba a inscrición Noble anteiglesia de Abadiano año 1896.[2]

Poboación e economía editar

 
Casa consistorial.

O municipio ten unha poboación de 7 140 habitantes (INE 2007), coa seguinte distribución por núcleos de poboación: Zelaieta, 1 089 habitantes; Gastelua, 113 habitantes; Guerediaga, 153 habitantes; Traña Matiena, 4 438 habitantes; Mendiola, 148 habitantes; Muntsaratz, 1 152 habitantes e Urkiola, 47 habitantes. A densidade de poboación é de 198 hab./km².

A economía do concello, moi relacionada coa da comarca e incluso fóra dela, é eminentemente industrial, cun sector primario importante. Nunha análise por sectores atopamos:

  • sector primario os barrios rurais de Abadiño basean a súa economía na agricultura, gandaría e explotación forestal, aínda que está estendido combinar o traballo agrario co industrial, e co agroturismo. Das 2 845 ha de superficie agraria temos que a terras labradas corresponden 45 ha (1,5%), prados e pasteiros 1 094 ha (58,4 %), forestal 662 ha (38,5 %). A actividade mineira xa desapareceu do municipio.
  • sector secundario dá traballo a máis do 60% da poboación activa. Destaca a industria metalúrxica, en especial a industria auxiliar do automóbil e a de ferramentas. A industria química tamén ten presenza significativa.
  • sector de servizos dá traballo a un 37 % da poboación activa, pero a súa influencia no municipio é máis ben escasa debido á próximidade da cabeza de comarca que é Durango e á capital de provincia Bilbao que acaparan a maioría dos servizos.

Festas editar

 
Vista xeral do barrio de Traña-Matiena.

En Abadiño celébranse varias festas importantes. A festa patronal é na honra a San Trokaz (San Torcuato Mártir), o 15 de maio. A feira de San Blas, 3 de febreiro, é unha das máis importantes feiras agrícolas e gandeiras do País Vasco. Tamén hai moitas outras festas, cada barrio ten a súa propia e cada ermida tamén. En todas as festas levántase o txopo, un gran pino que se elixe os días anteriores entre as plantacións do municipio. Trasládase ao lugar da festa e o seu alzado marca o comezo da mesma, e ao finalizar tírase. As festas son:

  • San Trokaz (San Torcuato Mártir), o 15 de maio. Festa patronal do concello. Os actos festivos realízanse no barrio de Zelaieta.
  • San Blas, o 3 de maio. Festa e importante feira agrícola gandeira. Celébranse probas de deporte rural entre as que destacan pola súa relevancia e importancia as de arrastre de bueis, as idiprobak. Nesta celebración non se ergue o txopo.
  • San Prudencio, o 28 de setembro. Son as festas do barrio de Matiena, abren a temporada de festas do verán. Son moi populares e atraen a moita xente.
  • San Antonio de Abad, o 17 de xaneiro. Un dos santos Antonios aos que está adicado o Santuario de Urkiola. É o patrono dos animais. Acédese ao santuario cos animais para benzoalos.
  • San Antonio de Padua, o 13 de xuño. É a celebración de San Antonio, o outro santo ao que está dedicado o Santuario de Urkiola. Faise romaría e feira desde 1777.
  • San Vicente, o 22 de xaneiro. Nos barrios de Astola e Gantza.
  • San Martín Papa, o 4 de xullo. Celébrase en Gaztelua.
  • San Cristovo, o 10 de xullo. En Mendiola.
  • San Salvador, o 6 de agosto. En Guerediaga.
  • San Antolín, o 2 de setembro. Faise festa na ermida dedicada ao santo.
  • Andramari, o 15 de agosto. Realízase festa na ermida dedicada á Virxe.
  • Aita Kurutzeko (Padre da cruz), o 14 de setembro. Celébrase no barrio de Zelaieta.
  • Santa Eufemia, o 16 de setembro, festa de Irazaola.
  • Santa Lucía, o 13 de decembro. Festa de Sagasta.

Monumentos editar

Hai varios monumentos destacables en Abadiano.

  • Torre de Muntsaratz cuxa orixe remóntase ao século IX. O seu nome ven da nobre familia que a construíu. Reformada sobre o 1590 cunha galería ou loggia de columnas toscanas, é segundo algunhas opinións, a edificación renacentista máis destacada da arquitectura civil en Biscaia. Construída en pedra arenita en coidado cadeirado, forma un bloque cúbico alixeirado na súa parte superior por unha galería arqueada nos lados sur e este. Ten cinco plantas dedicadas cada unha a unha función concreta: a planta baixa para as cuadras, a segunda destinábase a cociña e habitacións, a terceira e cuarta son as residenciais cunha habitación central a dobre altura con acceso á galería arqueada. A última planta, tamén aberta en galería, tenia o destino de secadoiro e almacén de produtos agrícolas. A construción ten reberetes defensivos, o que dá pé a pensar que nalgún momento cambiou de concepción construtiva. Moi probablemente, a parte inferior é de finais do século XV, algo anterior á prohibición de erixir torres fortes ditada polos reis católicos. A raíz de tal norma, a torre houbo que esmoucala, alixeirando os muros e abrindo a galería, e pasou de "casa forte" a "casa palacio". De todas formas, a galería resulta demasiado avanzada para eses anos e crese que é de finais do XVI. Actualmente é sede dun organismo público.
 
Casa Torre de Mutsaratz, cunha galería ou loggia de columnas do século XVI.
  • Santuario dos Santos Antonios en Urkiola, importante polo seu significado e situación, ligada ás primeiras localizacións cristiás. Xunto ao santuario hai diversas ermidas e un calvario. A súa situación no centro do parque natural fai que sexa punto de partida para numerosas excursións e que haxa varias exposicións de diversos oficios xa perdidos, como os carboeiros ou os pozos de neve. O contorno de Urkiola é un dos máis míticos de Euskadi. Nel ten a morada principal a deusa mai do Olimpo vasco, Mari.
  • Conxunto Xuradeiro de Guerediaga.
  • Igrexa de San Torcuato Mártir gótica tardía do século XV (o campanario é do XVIII). Contén tres retablos rococós e dous altares barrocos naturistas así como outro neoclásico dentro da sancristía. Unha Virxe, lenzo datable no século XVII, atribúese a José Antolínez. Ao lado ten o cemiterio neoclásico relevante do arquitecto Rafael de Zabala, obra de 1854.
  • Casa de Astola ou Astolazubia, antiga sede do Meiriñado de Durango. Foi mercado por este organismo en 1576. Mantívose como sede do arquivo da merindade até 1784, cando foi pasado á parroquia de Abadiano, e como cárcere até 1843 cando se situou esta na torre Lariz. É un gran caserón de planta cadrada e cuberta a tres augas feito en cachotaría e cantaría.
  • Cemiterio, construído en 1854 baixo proxecto de Rafael de Zabala e execución de José de Astarbe é un dos cemiterios neoclásicos máis relevantes de Biscaia. De planta rectangular, consta dun pórtico no cal se sitúan as sepulturas, todas iguais. Fóra, no xardín central, hai panteóns. A cuberta apoiase en columnas toscanas que soportan entablamentos de pedra nos cales escribíronse lendas referentes á morte. O cerrume está feito en perpiaños de pedras e sobre a entrada principal, á cal se dotou dun frontón, vese unha máxima referente á morte.

Hai varias casas pazo con escudos de armas, como o pazo de traña, o de Zelatabe que data de 1913 ou o de Abadiño construído por Pedro de Abendaño en 1443, así como varios casaríos interesantes, como o de Murueta ou o hórreo de Lebario.

Notas editar

  1. Elizate é o nome en éuscaro das localidades ou distritos municipais do País Vasco que teñen a súa orixe nas comunidades que se organizaban ao redor dunha igrexa e tiñan como órgano de goberno a asemblea de todos os veciños que se organizaba en concello aberto celebraba no pórtico ou adro da igrexa parroquial.
  2. Irazabal Aguirre, Jon (2007). Banderas del Duranguesado. Abadiano Vizcaya (España). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar