Xeografía de España

España localízase no suroeste de Europa e comprende o 84 % da Península Ibérica. A súa superficie total é de 504 782 km², deles 499 542 km² é terra e 5240 km² auga.

O Teide, na illa de Tenerife, é o punto máis alto de España.

Das fronteiras de España, 4964 km (88 %) é costa e 1917,8 km terra (12 %). Comparte con Portugal unha fronteira de 1214 km, con Francia 623 km, con Andorra 63 km, con Marrocos 16 km e con Xibraltar 1,2 km. A costa mediterránea abrangue 1660 km, a atlántica 710 km. Os Pireneos esténdense ao longo de 435 km entre o Golfo de Biscaia e o Mediterráneo. O estreito de Xibraltar separa España e Europa de Marrocos, no norte de África.

Fóra do territorio peninsular, España exerce a soberanía sobre as illas Baleares, as Canarias, Ceuta, Melilla, as illas Chafarinas, Peñón de Alhucemas e Peñón de Vélez de la Gomera.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.