Copa do Mundo de Rugby a 7

A Copa do Mundo de Rugby a 7 ou Rugby World Cup Sevens é a competición internacional máis importante de rugby a 7. O campionato, celebrado cada catro anos (excepto entre 2013 e 2018), está organizado pola asociación que goberna este deporte a nivel mundial, o World Rugby (WR), e nel participan as seleccións nacionais masculinas afiliadas á dita federación. A primeira edición disputouse no ano 1993 en Escocia, lugar de nacemento desta modalidade do rugby.

Copa do Mundo de Rugby a 7
Fundación1993
RexiónInternacional
Equipos24 (masculino)
16 (feminino)
Actual campiónSelección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia (masculino)
Selección de rugby de Nova Zelandia Nova Zelandia (feminino)
OrganizadorWorld Rugby
Copa do Mundo de Rugby a 7 2018

Os líderes en vitorias son os combinados de Nova Zelandia e Fidxi con dous campionatos cada un. O País de Gales e Inglaterra tamén teñen un título. Na quinta edición do torneo xogada en Dubai comezouse a celebrar o campionato feminino. Nesta categoría os dous campións son Australia e Nova Zelandia. A edición do ano 2018 celebrarase en California, nos Estados Unidos de América. Estre este torneo e o anterior déixanse 5 anos por medio xa que en 2016 se disputará o primeiro torneo olímpico deste deporte.

Historia

editar

A Copa do Mundo de Rugby a 7 creouse grazas a unha proposta que lle deu a Scottish Rugby Union á International Rugby Board. A edición inaugural celebrouse no Murrayfield Stadium, en Edimburgo. Catro anos máis tarde, en 1997, o campionato trasladouse a Hong Kong. Na final, Fidxi gañou a Suráfrica. No ano 2001, o torneo disputouse en Mar del Plata, Arxentina. Catro ano despois, o campionato regresou a Hong Kong.

En 2005, a IRB fixo unha submisión ao Comité Olímpico Internacional para que o sevens se convertese en deporte olímpico. A submisión foi infrutuosa porque os membros do COI dixeron que a IRB debería de promocionar máis este deporte en categoría feminina. Para iso, a International Rugby Board creou un torneo feminino para o mundial de 2009. Grazas a esta decisión, o COI fixo que en 2009 se votara que o golf e o rugby 7 se convertesen en olímpicos canda a elección da cidade anfitrioa. Ao final, os dous deportes fixéronse olímpicos para os Xogos Olímpicos de 2016 que se realizarán na cidade brasileira de Río de Xaneiro.

Os sextos mundiais celebráronse no ano 2013 na cidade de Moscova con 24 combinados masculinos e 16 conxuntos femininos.

A Copa do Mundo de Rugby a 7 2018 disputarase en California cinco anos despois do anterior mundial celebrado no 2013 en Moscova.

Torneo masculino

editar
Ano Sede Final Semifinalistas
Vencedor Marcador Subcampión
1930
Detalles
 
Edimburgo, Escocia
  Inglaterra 21-17   Australia   Fidxi   Irlanda
1930
Detalles
 
Hong Kong
  Fidxi 24-21   Suráfrica   Nova Zelandia   Samoa
2001
Detalles
 
Mar del Plata, Arxentina
  Nova Zelandia 31-12   Australia   Arxentina   Fidxi
2005
Detalles
 
Hong Kong
  Fidxi 29-19   Nova Zelandia   Australia   Inglaterra
2009
Detalles
 
Dubai, EAU
  Gales 19-12   Arxentina   Kenya   Samoa
2013
Detalles
 
Moscova, Rusia
  Nova Zelandia 33-0   Inglaterra   Fidxi   Kenya
2018
Detalles
 
California, Estados Unidos

Resultados por selección

editar
Selección 1993 1997 2001 2005 2009 2013 2018 Anos
  Arxentina 13º 11º 6
  Australia 10º 6
  Canadá 15º 21º 18º 13º 6
  Chile 17º 1
  China Taipei 21º 21º 21º 3
  Cimbaue 21º 21º 17º 13º 4
  Corea do Sur 11º 13º 21º 4
  Escocia 14º 11º 11º 5
  España 10º 13º 11º 21º 4
  Estados Unidos 17º 18º 13º 13º 13º 13º 6
  Filipinas 21º 1
  Fidxi 6
  Francia 15º 21º 13º 6
  Gales 11º 13º 11º 5
  Golfo Arábigo 21º 1
  Illas Cook 11º 13º 2
  Inglaterra 6
  Irlanda 19º 19º 13º 18º 5
  Italia 17º 17º 21º 3
  Hong Kong 17º 10º 21º 21º 19º 21º 6
  Kenya 19º 19º 4
  Letonia 21º 1
  Marrocos 19º 1
  Namibia 21º 21º 2
  Nova Zelandia 1
  Países Baixos 21º 1
  Portugal 21º 18º 10º 11º 13º 5
  Romanís 17º 13º 12
  Rusia 11º 17º 3
  Samoa 10º 6
  Suráfrica 6
  Tonga 19º 11º 13º 5
  Tunisia 13º 13º 21º 3
  Uruguai 21º 19º 19º 3
 Xapón 13º 17º 13º 13º 21º 18º 6
  Xeorxia 10º 11º 21º 19º 4

Torneo feminino

editar
Ano Sede Final Semifinalistas
Vencedor Marcador Subcampión
2009
Detalles
 
Dubai, EAU
  Australia 15-10   Nova Zelandia   Estados Unidos   Suráfrica
2013
Detalles
 
Moscova, Rusia
  Nova Zelandia 29-12   Canadá   Estados Unidos   España
2018
Detalles
 
California, Estados Unidos

Resultados por selección

editar
Selección 2009 2013 2018 Anos
  Australia 2
  Brasil 10º 13º 2
  Canadá 2
  China 11º 2
  España 2
  Estados Unidos 2
  Fidxi 1
  Francia 11º 2
  Inglaterra 2
  Irlanda 1
  Italia 11º 1
  Nova Zelandia 2
  Países Baixos 13º 10º 2
  Rusia 11º 2
  Suráfrica 13º 2
  Tailandia 13º 1
  Tunisia 13º 1
  Uganda 13º 1
  Xapón 13º 13º 2

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar