Conversa usuario:Prevert/arquivo 12

Galego: Por favor, engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non esqueza asinar co segundo botón pola dereita da caixa de edición , ou con catro ~~~~ (escríbense con ALT+126.)
English: Remember to sign and date your post (by typing ~~~~, or by clicking the signature icon ).
Català: Afig un nou comentari. Si us plau signeu sempre els vostres missatges al final de la vostra intervenció amb el codi --~~~~.
Español: Para dejar un mensaje haga clic aquí. Por favor no olvide firmar con , o con cuatro ~~~~.
Português: Olá. Para deixar uma mensagem clique aqui.


Arquivo de mensaxes antigas:
Do 02/10/2004 ao 02/08/2010

  1  

2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12  

13    



Grazas editar

Moitas grazas por lembrarte dos meus dous aniños neste proxecto. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 21:13, 10 febreiro 2008 (UTC)

  • O mesmo digo. Unha aperta. --Xosé (✉) 00:01, 11 febreiro 2008 (UTC)
  • O mesmo digo eu tamén. Grazas pola felicitación do meu primeiro aniversario, que non será o último. Saúdos! ;) ShinichiFálame 02:24, 11 febreiro 2008 (UTC)
  • Únome ao clube dos felicitados agradecidos, un saúdo e até a próxima.--emilio juanatey(talk) 15:51, 11 febreiro 2008 (UTC)

Sobre a actitude na fusión editar

Boas Prevert

Así como che teño recoñecido o teu bó facer en moitas ocasións, gustariame agora, dende a crítica constructiva, apuntar unha cousa que non me gustou. Tentando tantear o terreo, e escoitar as opinións de todos, abrín un debate na conversa de Wikipedia:Toponimia. Alí, máis que os   Concordo, interesabanme os   Discordo, para saber que chatas se lle podían opor a esa proposta, que quizáis eu non vía, e sí outras persoas dende outro punto de vista. Cando me pareceu que había máis ou menos un consenso maioritario (quitando un ou dous usuarios nalgún punto concreto), abrín a votación pensando que xa estaba maduro o tema. En canto foi aberta, saiches cunha serie de obxeccións, que me gustaría que tivesen saido antes (e non entendo por que non sairon, cando estiveches no debate do primeiro momento), pois tería agardado máis, e teriamolas debatido entre todos. Ao final tampouco é tan importante, pois temos ata o 1 de marzo para seguir falando, pero non sei, non me gustou o detalle.

Vaian por diante as miñas desculpas si o motivo de que non participases do debate foi que non te conectaches a Wikipedia durante esas semanas, por falta de tempo, ou o que for.

E xa que estou co tema, pídoche consello: non sei moi ben como se manexa isto das votacións oficiais. Quero dicir, ¿podemos cambiar o texto polo medio da votación si decidisemos entre todos (pon por exemplo) que o título debería ser Galicia?, ¿ou non se debería facer, pois xa hai votos co texto orixinal que propuxen no primeiro momento? Eu imaxino que o lóxico e seguir debatendo, e si vemos que hai un texto mellor, que satisfaga a máis xente, rexeitar esta proposta e abrir outra votación o 2 de marzo. ¿Ti como o ves? Con respecto a onde quero chegar, vouche ser sincero: eu quero que Galiza teña só un artigo, o título tanto me ten Galicia, Galiza, Galicia - Galiza, Galiza (Galiza) ou o que seña, sempre que sexa unha solución que poida, se non satisfacer 100% a todos, cando menos ser asumible, e por tanto respectada pola comunidade no medio e longo prazo.

Saudos e grazas

PD:

  • por certo, quizáis me quentei un pouco nas respostas, e puideches pensar que tomei o teu comentario como un "ataque persoal". Non foi así.
  • Sobre os comentarios logo do voto, nin me parei a pensar que puideran interpretarse como unha presión, é o costume de contestar sempre a seguir ao texto que queres replicar. Pero unha vez que mo dixeches tes razón, é bastante lóxico. Tentarei ter máis coidado no futuro, grazas polo aviso.
  • sobre o aviso da votación, non tiñan ningún tipo de intención de presionar. De feito, avisei a varios usuarios que supoñía que votarían en contra (os tres que votastedes en contra aviseivos eu).

Miguel.lima 22:59, 11 febreiro 2008 (UTC)

Grazas polos consellos. Sobre a resolución do asunto, penso que agardarei uns días, a ver se se pronuncia máis xente, para ver como o plantexo. O que nunca faría sería pechar a votación antes de prazo, nin sequera sabía que se poidese. De feito, penso que isto debería estar regulado (que non se poida cambiar o texto da proposta durante a votación, respetar os prazos, ...) ..... pero iso xa será outra batalla. Máis adiante. Saudos Miguel.lima 14:48, 12 febreiro 2008 (UTC)

falar dos outros editar

Ola Prevert ! Ando afaenada, non teño tempo de comprender todo. Vexo que tu andas pouco pola Galipedia, e sabes ben que a min alegrame moito verte por aqui. Estos dias anduven falande de ti en paxinas de usuarios, tes que vixiar o que anduven editando pa que sepas o que dixen, e que si é necesario fagasme comentarios. Realmente non penso que teñas nada que comentar. Agora ben non quero que o descubras porque outro editor o comente, en negativo como en positivo. Sin maís, saúdos respectuosos ElviraConversa con mi 17:40, 12 febreiro 2008 (UTC)

Lingua celta galaica editar

Penso que se cadra considerarás revisar o sentido do teu voto á luz desta nova fonte bibliográfica que achei que contradí os principais argumentos de Xabier acerca de que ningún especialista fala dunha tal Lingua celta galaica: The Language(s) of the Callaeci. Eugenio R. Luján Martínez, Dept. Filología Griega y Lingüística Indoeuropea, Universidad Complutense de Madrid http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/index.html Saúdos. --Casdeiro 22:49, 13 febreiro 2008 (UTC)

Integridade da mensaxe editar

Perdón, non me decatei de que modificaba a integridade da túa mensaxe, pensei que non lle afectaban as referencias, que era igual que nunha páxina normal. Síntoo, procurarei ter máis coidado, agora xa o sei. Alma (fálame eiquí) 23:10, 14 febreiro 2008 (UTC)

Aniversario editar

Grazas Prevert por lembrar o meu primeiro aniversario. Teño que confesar que hai máis de 20 días que non estou facendo nada na wiki e é por que neste momento estou atravesando unha certa crise respecto da miña participación neste proxecto, e non por que eu tivera algún problema persoal, senón por que vexo que dende hai algún tempo hai quizais no ambiente un pouco de mal "karma" que a min me provoca certo rexeitamento. Vexo que esto non remite e que situa as persoas en “bandos” aínda que non queiran estar neles de xeito voluntario e consciente. Non é que fuxa do problemas, é que quizais eu pensaba que nun tipo de proxecto como este no que todo o mundo contribúe de xeito voluntario, os participantes terían unha predisposición a entenderse uns con outros e sempre interpretar as palabras do mellor xeito posible tratando de explicarse co maior detalle para tratar de evitar os problemas de comunicación escrita. Ó mellor é que son moi susceptible e non me chega con estar eu cómodo, preciso que os demais tamén o estean. Tampouco me gusta como tratamos a xente que chega nova ao proxecto, seguramente as veces por estar cansos de facer pedagoxía o por outras razóns probablemente xustificables, os tratamos, en ocasións, como xente molesta que non sabe manexar o “tinglado”, que normalmente fan apuntamentos de escaso interese e que a primeira de cambio se lles borra o que fixeron sen darlles apenas explicacións. Non é común felicitalos, animalos, darlle explicacións, e axuda aínda que non se pida, neste sentido direi que ti es unha clara excepción pola túa preocupación polos recen chegados e por dar ánimos cando se precisan. Tamén vexo un exceso de regulamentismo na wiki, que seguramente algúns dirán que é necesario pero non eu, creo que corremos o risco de converter a wiki nunha máquina ríxida onde tes que mirar 40 normas antes de dar un paso. Sinto darte o “coñazo” con estas ideas, tan so son opinións persoais que non pretenden xerar ningún tipo de controversia, senón que falan do meu estado de ánimo. Por outra banda eu tampouco podo contribuír moito, a miña vida persoal e complexa (3 fillos pequenos) e aínda máis a profesional xa que estou metido en 40.000 historias. Con todo, grazas por lembrarte de min. Un saúdo.--Calrosfking (FÁLAME) 15:04, 15 febreiro 2008 (UTC)

cisnes editar

O Cygnus olor chámase en galego cisne real, cisne vulgar ou cisne mudo; en castelán, cisne vulgar e cisne mudo; en inglés, Mute swain. Aínda esa coincidencia o certo é que non é mudo, senón que, mentres outros cisnes "cantan" en vo, este non, pero si que o fai (e menos ós outros) na auga. A mancha negra sobre o peteiro vermello dos cisnes da foto son inconfundibles. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 15:39, 15 febreiro 2008 (UTC)

Tes toda a razón do mundo. Desfago. --Xosé (✉) 21:23, 16 febreiro 2008 (UTC)

Moitas grazas editar

Grazas, estaba a piques de pórme a buscar como facer para agrandar as imaxes, que a 180px resultaban un pouco limitadas. Agora o artigo ten un aspecto moito mellor. Un saúdo!--Manudosde 20:26, 18 febreiro 2008 (UTC)

Grazas editar

Moitas grazas polo agradecemento. Oxalá tivese tempo para seguir colaborando con este proxecto que cada vez medra máis, mais a falta de tempo e as obrigas profesionais e académicas impídenmo. Un saúdo. O desta mensaxe fun eu. Perdoa que non asinase no momento de escribila, mais contestei desde o traballo e tiña a clase a piques de comezar. Desculpa. Outro saúdo--Xohán Baldomir 20:04, 25 febreiro 2008 (UTC)

Tampouco eu estou a contribuír como me gustaría hai moitos artigos que quixera aumentar ou escomenzar pero un pouco por preguiza e outro pouco por falta de tempo non me resolvo a poñerme en serio a facelos. Sempre dá ánimos ve que o pouco no que podo contribuír resulta útil.--XurxoStepanek 18:21, 19 febreiro 2008 (UTC)

Moitas grazas por acordarte de min. A verdade é que, aínda que me gustaría poder contribuír a facer máis grande este grande proxecto cuns pouquiños artigos máis, non teño tempo para lle dedicar. Mais espero que isto poida cambiar en breve. Un saúdo.--María Baldomir 20:01, 25 febreiro 2008 (UTC)


Eleccións Narón editar

Grazas pola túa axuda, pero como lle dicía a banjo, aínda tiña que insertar outro partido máis. Tentei imitar o teu traballo,mais non debe ser o meu. Por favor vólvemo mirar e arránxamo xa que pretendo centrarme nos artigos das eleccións municipais. Sen máis, un saúdo e grazas de antemán.--PepedoCouto 19:37, 22 febreiro 2008 (UTC)

Ola de novo. Quixera rematar o artigo de Eleccións en Narón facendo os diagramas de barras dos distintos anos que faltan, pero non atopo un modelo a seguir e si quero ver como está feito o do ano 2007 só vexo

.

Grazas.--PepedoCouto 12:23, 23 febreiro 2008 (UTC)

Grazas,grazas,grazas. Só comentarche que os datos, dos que dispoño, son dos partidos que acadaron concelleiros, polo tanto farei os diagramas sen as porcentaxes. De seguro que hei de contactar de novo contigo xa que, nesto da informática, estou moi frouxo.--PepedoCouto 15:43, 23 febreiro 2008 (UTC)

Re: Aniversario editar

Moitas grazas, Prevert. A verdade é que, nos últimos tempos e por mor de que estou a estudar Enxeñeiría Industrial non colaboro moito. Porén, aquí terédesme de novo en vacacións. Un saúdo, e moitas grazas, de verdade. --Norrin_strange (Talk) 14:44, 26 febreiro 2008 (UTC)

Sempre alegre editar

Ola Prevert ! Non sei si alguén coñoce o teu aniversario pa ca ti tamén podaseche manifestar agradecemento da colaboracion nesta wiki. Eu, xa o expressei varias veces, teño moita fe na calidade da tua colaboracion na Galipedia, e desexo que atopes tempo e ansia pa que se cumpran moitos aniversarios. Gracias polas felizitacios. Saudos respectuosos ElviraConversa con mi 16:25, 26 febreiro 2008 (UTC)

Únome a Elvira--Lmbuga Commons - Galipedia 01:17, 28 febreiro 2008 (UTC)

Eleccións editar

Grazas polo aviso, o que me pasa é que os anos 83, 87 e 91 estou sacando os datos da BIBLIOTECA GALLEGA, pois tamén me ofrece os alcaldes. Xa tentarei arranxalo máis adiante; pero acabo de atopar un fallo, xa que nos resultados do ano 87 en Valdoviño o libro dame 1 concelleiroó BNG e outro ó CDS e o ministerio dame 2 ó CDS. Qué fago? Hei de preguntar a algún compañeiro oriundo.--PepedoCouto 23:23, 29 febreiro 2008 (UTC) Xa atopei o fallo, e está no ministerio xa que a suma de concelleiros dá nº par e non é posible.--PepedoCouto 23:31, 29 febreiro 2008 (UTC) Pero en que páxina miras? Na que eu teño aberta só suman 12 pois ó BNG non llo otorga.--PepedoCouto 23:48, 29 febreiro 2008 (UTC) Non sei se sería pola hora, xa que levo en pé desde as 6 da mañá, mais tes razón, era a mesma páxina que estaba a consultar. De todos os xeitos, fixen o cálculo coa lei d´Hondt e é posible que o PSOE perdese o 5º concelleiro en favor do BNG con reclamacións na xunta electoral, pois hai 21 votos nulos. Penso porme en contacto co concello de Valdoviño e averigualo. Atopei na páxina da xunta escudos e bandeiras oficiais, todas co nº do decreto co que foron aprobados e máis a data do DOG da súa publcación. E pregunto: pódense descargar sen máis e subilas á Galipedia? Esto último xa llo preguntei a Xabier Cid e Lmbuga. Un saúdo. --PepedoCouto 11:02, 1 marzo 2008 (UTC)

Grazas pola benvida editar

Como xa lle dixen a [Alberte] mentres non me familiarice có código (son moi torpe coas cousas da informática) limitareime a editar grallas. (Aproveito esta mensaxe para probar co tema das ligazóns). --lx 00:17, 1 marzo 2008 (UTC)

Agradecido editar

Moi agradecido polos parabéns, case nen me decatará de que xa ía un ano alá, e o certo é que agora case teño saudades, porque daquela tiña moito máis tempo para adicarlle á wikipedia. Enfín, pasiño a pasiño e entre tod@s... Un saúdo. --Zumbi

CommonsTicker failed to post update: gl-wikipedia-org.ticker.wiki.20080304023700.pending editar

CommonsTicker was unable to post the latest update to the ticker page. This may happen if there is a temporary problem with the servers or the network, or if the page has grown verry big.

If you use "append" mode, please keep the page reasonably short, perhaps by moving old entries that still need attention to a separate page, which could be included in the main ticker page. Note that CommonsTicker will re-try to post the update on the next run.

If you use "replace" mode, please consider requesting a shorter interval (less days) to watch. CommonsTicker will not try to re-post the update, since it will replace the entire page on the next run anyway.

(this is an automated message) -- CommonsTicker 02:45, 4 marzo 2008 (UTC)

CommonsTicker failed to post update: gl-wikipedia-org.ticker.wiki.20080311061810.pending editar

CommonsTicker was unable to post the latest update to the ticker page. This may happen if there is a temporary problem with the servers or the network, or if the page has grown verry big.

If you use "append" mode, please keep the page reasonably short, perhaps by moving old entries that still need attention to a separate page, which could be included in the main ticker page. Note that CommonsTicker will re-try to post the update on the next run.

If you use "replace" mode, please consider requesting a shorter interval (less days) to watch. CommonsTicker will not try to re-post the update, since it will replace the entire page on the next run anyway.

(this is an automated message) -- CommonsTicker 06:18, 11 marzo 2008 (UTC)

Non Pedida de informacion editar

Ola Prevert ! Como vexo que andais por eiqui, e como xa cho dixen esto sempre me alegra, pois pidoche de botar un ollo (o millor xa o ficheches) na ultima mesaxe desta seccion Wikipedia:A Taberna (propostas)#Proposta. Quero estar clara contigo por esa mensaxe non pido contas do pasado, non pido explicacion ningunha, solo quero aclarar as bases wikis en xeral. Quero que teñas claro que estou na misma postura que Milguel Lima e Lameiro : adiantar pa facer regras de funcionamento interno. Quero que teñas claro que non concordo en nada pa descalificar o funcionamento que levou a Galipedia. Recordoche que eu no mes de agosto andaba traballando sin darme conta que estabades en un lio, o termino do cual tu asumiches os problemas da creacion dun usuario que non era usuario. Quero que teñas claro que non concordo coas acusacios de xeito grave e inadmisible que estas apañando, por que non respectan as normas xerais wikis de convivencia e porque estan baseadas en xuicios e non en feitos. Quero que non dubides en virme pregunatr na miña paxina de discusion, calquer cousa que non entendas ben do que digo eu. Saudos respectuosas ElviraConversa con mi 12:43, 18 marzo 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza editar

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

De nada. Agora toca traballar todos xuntos para conseguir un bó artigo Galicia. Estou convencido de que está fusión será só o comezo para conseguir o mellor artigo da Galipedia. Saudos Miguel.lima 12:24, 19 marzo 2008 (UTC)

CommonsTicker failed to post update: gl-wikipedia-org.ticker.wiki.20080411222918.pending editar

CommonsTicker was unable to post the latest update to the ticker page. This may happen if there is a temporary problem with the servers or the network, or if the page has grown verry big.

If you use "append" mode, please keep the page reasonably short, perhaps by moving old entries that still need attention to a separate page, which could be included in the main ticker page. Note that CommonsTicker will re-try to post the update on the next run.

If you use "replace" mode, please consider requesting a shorter interval (less days) to watch. CommonsTicker will not try to re-post the update, since it will replace the entire page on the next run anyway.

(this is an automated message) -- CommonsTicker 22:30, 11 abril 2008 (UTC)

Prebot editar

Sei que tes un bot na Galipedia e agora xa sei que se pode facer con el grazas a que eu usei o meu no Galizionario. Teño unha idea e quería saber se estás de acordo en pór a Prebot a traballar alimentándoo cun ficheiro txt meu. Sería facer páxinas de homónimos para lugares de concellos galegos seguindo o Nomenclátor (polo menos a versión que eu teño) e de paso darlles a etimoloxía (para metelos na interesante Categoría:Topónimos con etimoloxía). Teño que poñerme en contacto co autor para solicitar permiso para usar os seus datos (e preguntarlle a fiabilidade), pero se estás de acordo podo acelerar o tema nas próximas semanas. Por certo: estou facendo o artigo Galizionario. Podes fuchicar alí se queres. --  Sobreira (parlez) 19:26, 14 abril 2008 (UTC)

Charlas en Ordes editar

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --  Sobreira (parlez) 22:00, 15 abril 2008 (UTC)

  • Coincidiu que estaba nese momento mirando os cambios recentes, non sei que pasa nos últimos días que parece que aumentaron os vandalismos de toda caste.--Arco de Rayne 13:45, 25 abril 2008 (UTC)

Saudos editar

Boas, grazas polo saúdo. Vai todo ben, pero levo unha tempada longa sen internet, polo que non puiden andar moito por aquí, sintoo. Tiven un pequeno pleito cos de timofónica e dinme de baixa, agora ando á procura doutra compañía, pero con calma, tamén estou aproveitando para descansar algo do internete :). Tentarei volver o antes posibles, e a poder ser, coa mesma actividade de antes :D. Un saúdo. --Banjo tell me 13:30, 2 maio 2008 (UTC)

Fotos Neda editar

Ola Prevert, en relación a túa petición, queres algunha foto en particular? Agora mesmo está anubrado e con moitas rifas para comezar a chover, mais cando teña tempo só teño que cruzar a ponte e xa estou alí.--PepedoCouto 16:50, 7 maio 2008 (UTC)

  • Hai 3 fotos que poden valerche e son:
    • [Imaxe:Ría de Ferrol desde o Coto de Ancos.JPG] Esta está sacada desde o Coto de Ancos, que é Neda e a marxe esquerda da ría é a parroquia de Sta. María de Neda.
    • [Imaxe:Desembocadura do río Grande de Xuvia.JPG] Esta está sacada desde Neda e a marxe dereita da desembocadura é Neda.
    • [Imaxe:Ponte peonil.JPG] Esta está sacada desde Neda e a marxe dereita da ría é Neda, xa que une os paseos da ribeira de Narón e Neda. Si te fixas esta ponte vése desde a primeira foto.--PepedoCouto 17:18, 7 maio 2008 (UTC)

Ola Prevert. Utilicei ese modelo en San Simón (queixo), lin previamente o uso do marcador e creo que non o fixen mal, pero algo falla. Poderías botarlle unha ollada? Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 17:39, 8 maio 2008 (UTC)

Gabita editar

Ola, Prevert. As gabitas hainas en Galiza, pero esas en concreto son escocesas... ;) Un saudiño. --Xabier Cid 18:09, 17 maio 2008 (UTC)

Faltan... editar

Moitísimas grazas Prevert, agradézote moito a túa axuda e colaboración--Hugo22 18:08, 19 maio 2008 (UTC).

Categorías de imaxes editar

É fenomenal o traballo que estás facendo, Prevert, coas categorías das imaxes. Non sería posible botificalo para alixeirar a páxina de cambios recentes? --Xabier Cid 11:00, 22 maio 2008 (UTC)

hehe, non é traumático... pero grazas polo consello! --Xabier Cid 11:13, 22 maio 2008 (UTC)

Redireccións de lugares editar

Quieto aí, Prevert! :) Estás a redireccionar moitos lugares que requiren páxinas de homónimos... Hai algunha razón que eu non vexo? :) Saudiño --Xabier Cid 16:58, 22 maio 2008 (UTC)

Bueno, tentarei crear as páxinas de homónimos correspondentes, pero creo que esa práctica é bastante desaxeitada:
  • Se alguén busca O Mosteiro na wikipedia irá a dar a un só Mosteiro, e hai unha ducia: desa forma estamos dando unha información errada.
  • Da mesma maneira, se alguén nun artigo escribe O Mosteiro referíndose a un que non está en Narón, vaille aparecer a ligazón en azul: el/ela vai pensar que o artigo xa está creado e os demais usuarios non nos decataremos do problema ata que vaiamos caer nesa páxina e cliquemos na ligazón trabucada.

Como hai un sistema moi práctico para saber se un topónimo está repetido, creo que o mellor é, ou crear a páxina de topónimos, ou non crear a redirección: así a ligazón quedará en vermello e alguén, cando teña tempo, fará a páxina de homónimos. A información será lixeiramente menor, pero non será falsa. Non? --Xabier Cid 17:09, 22 maio 2008 (UTC)

Bueno, eu vou ir facendo ao longo desta noite todas esas páxinas de homónimos... :) Empecei coa da Braña e dá un choio que nin diola, pero como teño que facer pausas continuas no traballo que teño pra hoxe, irei pulindo as que me dea tempo... ;) --Xabier Cid 17:42, 22 maio 2008 (UTC)

Mugardos editar

Ola Prevert, perdoa pero cría que fora Xabier. Cando fixen a caixa de lugares de Pedroso eu tamén o vin, mais á hora de editar os lugares coa axuda do nomencator do IGE non aparece, foi por eso que o borrei. Pensas que o debería de engadir de novo? De todos os xeitos hei falar con dous compañeiros oriundos de Pedroso por si realmente existe ou é un fallo do Nomenclator. Grazas.--PepedoCouto 19:16, 23 maio 2008 (UTC) Si hai lugares sen habitantes que aparecen no IGE, de feito eu atopei dous estos días e así o reflectín na edición. Estos lugares son Figueiras, Sedes, Narón e Os Novás, Pedroso, Narón.--PepedoCouto 19:41, 23 maio 2008 (UTC)

Conflicto de intereses editar

Hola Prevert, encantado de saludarte después de tanto tiempo :-)

Respecto al caso que me cuentas, yo lo habría borrado ya, pero como ha empezado una consulta, prefiero que siga su curso, no sin antes haber aclarado los términos. Te mantendré informado. Un cordial saludo --Ecemaml (Fala comigo) 22:22, 23 maio 2008 (UTC)

Hola Prevert, dado que la opinión mayoritaria (que comparto) es que este individuo tiene la suficiente relevancia como para tener un artículo, he reescrito de arriba abajo el artículo. He consultado las fuentes disponibles y adecuado a lo que dicen, evitando las afirmaciones no verificables y el autobombo. Creo que es mejor que borrar sin más (al fin y al cabo, si se borrase, yo mismo reescribiría el artículo más o menos como está ahora). Efectivamente, hay mucho impresentable, pero incluso así, creo que hay que ver estos asuntos como una oportunidad de tener un artículo. Un saludo y, de nuevo, encargado de hablar contigo. --Ecemaml (Fala comigo) 20:38, 25 maio 2008 (UTC)

Re: Artigos sen imaxes editar

Grazas. Está moi ben. Usareino. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:08, 23 maio 2008 (UTC)

Sinto a confusión, Prevert. Xa está subida outra vez a imaxe, desta volta co nome correcto, incluso cun segundo erro, corrixido á súa vez. E marquei para borrar aquela imaxe (e mais a subida co nome equivocado). Pedro --Lameiro (conversa) 22:32, 24 maio 2008 (UTC) ¡Qué dia levo!, púxeno na miña propia páxina de conversa. Serán as secuelas do chiki chiki, así que o deixo por hoxe. Pedro --Lameiro (conversa) 22:35, 24 maio 2008 (UTC)

imaxe semana 25 editar

Prevert, xa que andas nisto das fotografías da semana, lembra que aínda témo-la semana 25 (dentro de tres semanas) sen cubrir. Creo lembrar que se cambiou por non ter dúas imaxes seguidas de Narón pero o caso é que nos saltamos esa semana. Pedro --Lameiro (conversa) 18:06, 26 maio 2008 (UTC)

Parroquias de Galicia editar

Segundo o historial de Parroquias de Galicia ti traballaches bastente nese tema, deixei unha mensaxe na Taberna referente ás parroquias, déixoche este aviso por se queres facer algún comentario ao que digo alí .--Arco de Rayne 14:29, 2 xuño 2008 (UTC)


Saudos, dime por favor, ¿que eliminei de Arco?--Carronada 22:57, 3 xuño 2008 (UTC)

Ola, non te pases coa bebida eh, sobre todo se hai que coller o coche. Grazas polo teu apoio. AlberteSi, digame? 23:08, 4 xuño 2008 (UTC)

malentendidos editar

ola!

efectivamente, creo que hai un malentendido aquí; non pretendía crear un sarcasmo, ou dar unha opinión subxectiva. Tamén sei que os resumos das accións deben ser neutros, pero ás veces son moi importantes para saber a historia dun artigo. Neste caso intentei reflexar que, aínda que é incorrecto usar "de O", é unha solución pragmática. E non é que non estea de acordo, senón que creo que é útil, e por iso se fixo.

o de facelo no resto de concellos é algo que pensei. Ocórrenseme algúns exemplos así de primeiras (O Grove, O Carballiño...), a ver se o fago con tempo. Quizais fose mellor mudar o recadro, e que non fixese automaticamente de +, pero aí xa me resulta máis complicado.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:48, 8 xuño 2008 (UTC)

Ola Prevert!

póñome eu cos concellos a partir do venres; agora ando atarefado. Grazas polo interese. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 16:50, 10 xuño 2008 (UTC)

homónimos editar

Ao final non o fixen ben, e non fun capaz de recuperar o historial da páxina de homónimos... Pero cando menos recuperouse o outro, que era o longo e importante. Moitas grazas por deixar o aviso.--Xabier Cid Conversa 16:39, 11 xuño 2008 (UTC)

cita Web en "Galicia" editar

Boas Prevert. Ó cambia-lo modelo cita web por cita Web no artigo Galicia apareceron na nota correspondente (17) uns caracteres extraños que non poden estar. Non sei qué hai que facer nin como, pero é algo que haberá que corrixir no modelo. Pedro --Lameiro (conversa) 10:48, 12 xuño 2008 (UTC)

  • A conclusión é que xa estabas ó tanto do problema, o que converte en innecesario o meu comentario. Pero enténdeme: prefirín pasarme de listo por se cabía a posibilidade de que se che escapase o erro. Pero volvo comprobar que non se vos escapa unha. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:03, 12 xuño 2008 (UTC)

Ola Prevert, repasando os datos de Ferrol atopei unha IP, que intentando engandir datos fixo unha pequena desfeita, creo que sen mala intención pola súa inexperiencia. Se podes devolvela ó estado inmediatamente anterior, tentarei pouco a pouco arranxala, pois que os datos son bos. Grazas.--PepedoCouto 13:59, 12 xuño 2008 (UTC) Ola Prevert, sigo a traballar neste tema, mais teño un problema, desde que elaborei a barra do ano 1987, non son capaz de vela. Fixen algo mal? Grazas.--PepedoCouto 07:49, 15 xuño 2008 (UTC)Non fagas nada, xa apareceu.--PepedoCouto 07:53, 15 xuño 2008 (UTC)

eleccións en progreso editar

ola Prevert. Desculpa. Pensaba que o criterio era deixar o marcador no caso dos concellos que aínda non tiñan os datos do 2007, e como vin que en Cangas aparecen os datos das do 2003, recupereino por se alguén se anima a actualizalo. Xa o retiro. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:33, 17 xuño 2008 (UTC)

  • a idea é boa. O caso é que ás veces atopaba un marcador e buscaba os datos das eleccións, e agora habería que ir renovando, pero como ben sinalaches, xa pasou un ano e o marcador resultaba molesto. Con tempo irase amañando. Parabéns polo traballiño. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:55, 17 xuño 2008 (UTC)

marcador de concello editar

ola Prevert!!

bótalle un ollo ó dos orzamentos. En Cotobade, hai datos só nun dos apartados, e agora aparece en negriña debaixo de "Orzamentos", en vez de no lugar que debese.

outro asunto; poderíase solucionar o de que debaixo de ("Eleccións municipais en: (nome do concello)" aparecese "{{{Eleccións}}}"?

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:45, 17 xuño 2008 (UTC)

Modelo país editar

Ola Prevert, o outro día mudei o artigo de país pra que se asemellase máis aos modelos da wiki inglesa e castelá que son moito máis xeitosos, pero a verdade e que non se parecen moito, a pesares de ser os mesmos pero traducidos. Poderías arranxa-lo un pouco pra que quede coma o inglés/castelán? Eu intenteino pero non me saiu. Poderías porlle unha letra máis pequena, face-lo un chisco máis estreito e poñerlle liñas que o bordeen?--Hugo22 16:50, 17 xuño 2008 (UTC).

Re: benvida editar

Home, moi boas... e moitas grazas. O mundo é un pañuelo. Non paso moito por aquí, polo menos non coa intención de editar, pero decidinme e rexistreime, para ir deixando a miña pegada por onde pasase... Ademais, agora con iso da conta global... é gloria. Furagaitas* 01:45, 19 xuño 2008 (UTC)

Grazas a ti editar

Agradezote moito o que me esribiches na miña conversa, é un ánimo e tamén unha honra, penso que as miñas a achegas son modestas pero a verdade é que me enchen moito e desfruto poñendo datos que non son doados atopar, con todo, non merezo tal apreciación e esta vez son eu quen che dá as grazas polo ánimo e polo pulo que significa a túa mensaxe para o meu insignificante traballo na wiki. grazas a ti!.Alexandre Vigo

imaxes de letras de alfabetos editar

Sen problema ningún. Adiante e chapoda todo o que precises. A verdade é que teño bastante abandonado o tema dos alfabetos, a ver se saco tempo dalgún sitio e dou rematado todo iso. --Servando2 (Dime) 13:44, 23 xuño 2008 (UTC)

Concedido editar

Permiso concedido para ámbalas dúas cousas. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:01, 23 xuño 2008 (UTC)

Cite news editar

Vale, xa o traduzo eu. Grazas por botarme unha man con isto. Saúdos Miguel.lima 18:42, 23 xuño 2008 (UTC)

Xa rematei. Penso que por fin está. Podes atopala en Modelo:Cita Novas. Saúdos, Miguel.lima 12:11, 3 xullo 2008 (UTC)

Páxinas obsoletas editar

Creo que fusionei ben todas as páxinas de novas no artigo 2004 e mais "Wikipedia:Noticias sobre a Wikipedia" en Wikipedia:Actualidade. Pola túa mensaxe supoño que está correcto. Ademais, pasei Wikipedia:Páxina Comentarios a un arquivo da Taberna (Wikipedia:A Taberna/Arquivo/Páxina Comentarios). Volverei poñer o marcador ás páxinas de rexistros vellos. En canto ao resto da páxinas podes ti eliminar o marcador das que creas que non debrían levalo. Ah!, e grazas por axudarme co bot na pedición de axuda. Se ves que cometo algún erro máis faimo saber. Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 14:28, 25 xuño 2008 (UTC)

Galipedia editar

Ola Prevert. Antes de nada quero agradecerche con toda sinceridade a túa mensaxe e túas eloxiosas palabras. Vou ver se son capaz de contestar como un serio e maduro informático, e non como un vello melancólico (o de vello e literal, casualmente hoxe cumpro cincuenta trinta e tantos anos).

Podes estar seguro de que a miña elección de wiki non ten nada que ver cos conflitos dos meses pasados. Como podes apreciar pola miña pouca (na galipedia) ou nula (na wiki en español) participación fora dos artigos, a miña forma de colaborar neste proxecto que admiro profundamente é de carácter mais impersoal. Loxicamente nunca resulta agradable ver a persoas que estimas liarse nunha discusión, sobre todo cando aprecias e comprendes perfectamente a ámbalas partes, pero en ningún caso afectaron á miña decisión. Eu considero que as discrepancias, ou ata as disputas e ata as pelexas, non teñen porque ser malas en si mesmas, pois aínda que como che digo non resultan agradables, dáme aínda mais medo a uniformidade e a sintonía constantes.

A miña decisión de abandonar as miñas achegas na Galipedia é moito máis simple: por culpa da miña forma de traballar, sinxelamente non dou feito. Supoño que como todo o mundo, cando empecei nisto fíxeno cunha idea e co tempo fun cambiando, pois a miña idea inicial era desenvolver artigos propios, pero para ir aprendendo fun facendo traducións, e collinlle tanto o gusto que agora me atopo moi cómodo facéndoo. O problema é que cada vez me estou facendo máis esixente nas miñas achegas, o que me obriga a traballar moito o artigo orixe da tradución antes de empezar a tradución en si mesma e, dada a temática dos meus artigos, acabo sempre na wiki en inglés, pois as wikis en español, portugués ou francés (linguas nas que podo traballar) están polo xeral moi lonxe do meu nivel de esixencia, e aí vén o problema, pois eu, aínda que os tradutores automáticos úsoos só como axuda (en xeral son horrorosos) a pesar de todo necesítoos e, como saberás, non hai tradutores inglés/galego, o que me obriga a traducilos primeiro ao español e despois ao galego, co que traballo dúas veces no mesmo artigo.

Pero iso non é todo, aínda por riba teño o feo costume de que cada vez que pico nalgún enlace teño invariablemente que botarlle unha ollada, e, para a miña desgraza sempre hai algo que retocar en case todos os artigos e non podo evitar facelo, e para maior desgraza, non paro de ver artigos que necesitan crearse/mellorarse/ampliarse nas wikis en español e galego. En resumo, como digo, non dou feito.

Evidentemente logo de tantísimas horas dedicadas á Galipedia (nin che imaxinas) resúltame realmente difícil deixalo, pero bo, pola wiki en español tamén hai moito que facer, e nunca se sabe, igual me dá a vea de novo e volvo pór como "wiki-base" a Galipedia: non vos ides a librar tan facilmente de min nós :-), iso, non vos libraredes de nós --Kekoroto 19:20, 1 xullo 2008 (UTC)

Síntoo, pero agora si que me vou a pór sentimental. Dentro duns días vaise a cumprir un ano da miña alta como usuario, e non podo evitar recordar a túa mensaxe despois da benvida, pois como novato non sabía moi ben de que ía a cousa, e pensaba que as páxinas de usuario non as lía ninguén, e, pódeche parecer unha bobada, pero recibir unha mensaxe persoal naquel momento foi MOI importante para min.

Como nin moito menos é unha despedida, envíoche a ti tamén un agradecido e cordial saúdo, --Furado 19:24, 30 xuño 2008 (UTC)

P.D.: Tranquilo, pódesme enviar mais mensaxes, que habitualmente non son tan "falador" :-) --Furado 19:24, 30 xuño 2008 (UTC)

Hey Prevert. Would you mind checking that translation for errors (copyedit/proofread)? Cbrown1023 21:25, 2 xullo 2008 (UTC)

NON SENON O DIGO POLO QUE ME DIXECHES! O QUE PASA E QUE XA ME ABURRÍN DE NON FACER NADA ÚTIL, NON ME SINTO NADA REALIZADO FACENDO ESTE TIPO DE COUSAS E COIDO QUE NON TEN FUTURO NINGÚN QUE EU SIGA NESTE PROXECTO. --Martinho12 21:46, 2 xullo 2008 (UTC)

Ola, Prevert. A ver se ti sabes como amañar isto: [[Modelo:Crono_tourdefrancia]]. Creo que sei por que pasa, ou cando pasa, pero non sei amañalo...--Xabier Cid Conversa 13:58, 5 xullo 2008 (UTC)

  • Ola ! Votaches eiqui para o borrado do artigo Lista de Universidades de España. Informoche que cambie o contido do artigo para que concorde co titulo e con regras que penso son aceptabiles pola Galipedia. Ando avisando todos que votaron para pedirvos si mudais o voso voto co contido actual. Polo momento puxen as ligazóns interwiki no noso artigo, per non fun pór o nosa artigo nas outras wikis. No caso que se manteña o borrado, non me parecera mal, fixen o que puiden porque me gusta ter artigos sobre as universidades, e nise caso poís repasei os meus coñocementos sobre as universidades españolas, faltan algunhas e persoalmente descubrín cousas. Si se conserva o artigo, ainda amañarei un pouquiño. Saúdos e grazas pola atención ElviraConversa comigo 12:45, 17 xullo 2008 (UTC)

Categorías editar

Ola Prevert, necesito crear a Categoría: Caixas de lugares de Mugardos, xa que estou a crear ditos lugares. Poderías facelo? Grazas.--PepedoCouto 18:29, 14 agosto 2008 (UTC)

2 IP's editar

Pásoche estas dúas IP's por vandalismo na páxina España, para que tomes as medidas oportunas. Xa desfixen as súas edicións. 93.102.77.237
88.210.113.92

--  Norrin_strange (Fala-me) 20:08, 16 agosto 2008 (UTC)

Deixeiche unha mensaxe en Meta. Agardo que non sexa demasiada molestia... Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 10:24, 9 setembro 2008 (UTC)

seguindo editar

Ola Prevert ! O das universidades xa non me preocupa, grazas pola túa mensaxe ! O que ando cavilando dende finaís do agosto é como traballar nos cen artigos. Semella mui dificil e non ando con tempo para cavilar ben, maís non renuncio. Penso deiqui unha semá ir falar na páxina de conversa correspondente e si ninguén se botou, poís conto irllo tamén dicir os usuarios que se apuntaron. A ver si ti tampouca renuncias. Saúdos Prevert ElviraConversa comigo 11:47, 12 setembro 2008 (UTC)

"Privacidade" e xerundios editar

A ver... vou comezar por Meta:

  • Política relativa á intimidade e á confidencialidade parece un título demasiado longo, pero tes razón no que me dixeches en Meta. Na tradución de BetaWiki ao castelán usaron Política de protección de datos, o cal difire coa da Wikipedia (o resto están iguais: privacidade en pt, confidentialité en fr, privacy en it, e síntocho!, non sei alemán, pero pon Datenschutz). A posibilidade do castelán en Beta pode ser unha versión máis abreviada da túa.

... e sigo con Beta:

  • En canto ao outro, pois tamén tes a razón! Intentarei ser máis coidadoso a partir de agora, e haberá que ir corrixindo as mensaxes. Supoño que a mellor solución será pasalas ao pretérito perfecto, ou, incluso, ao participio (MediaWiki:Autoredircomment: «Redirixindo cara a "$1"» --> «Redirixiu/Redirixido cara a "$1"»). O problema ao traducir as mensaxes en inglés é que, nalgunhas, tes que saber cal será a mellor solución segundo o lugar onde é usada, xa que os verbos en inglés usan a mesma forma para pasado e participio.

Que dis? --Toliño Fala aquí comigo 14:13, 17 setembro 2008 (UTC)

  • Entón deixamos Política de protección de datos como novo título (haberao que cambiar aquí; fareino cando teñamos alí a versión definitiva que se vai publicar na Wikimedia). Con respecto á mensaxe "MediaWiki:Autoredircomment" modifiqueina aquí e mais en Beta a «Redirixida cara a "$1"». Por certo, vin que crearas unha páxina en Beta e non estabas de acordo coa redacción da mensaxe "MediaWiki:Loginprompt" (e "betawiki:MediaWiki:Loginprompt/gl" alí). Propóñoche isto: «Debe ter as cookies permitidas para acceder a {{SITENAME}}.» --> «Debe habilitar as cookies para acceder a {{SITENAME}}.» Non sei se lle podes dar outra reviravolta máis. Ti dirás... Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 07:40, 18 setembro 2008 (UTC)
    • Non te apures... faino cando teñas tempo, non corre demasiada présa. Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 17:06, 7 outubro 2008 (UTC)

Re:Imaxes para borrar editar

Feito. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 22:00, 17 setembro 2008 (UTC)

Guitiriz editar

De acordo. Ti mandas. Un saúdo.--PepedoCouto 14:19, 26 setembro 2008 (UTC) Sabes porque non funciona o contador de artigos?--PepedoCouto 15:00, 26 setembro 2008 (UTC) Xa que estás, outra cousiña. Deixei esto na taberna. A ti que che parece?

  • Rematei de elaborar as caixas de lugares de Cedeira e atopei un pequeno problema que paso a comentar. Á hora de facer as caixas consultei o Nomenclátor e decateime que non atopaba Teixido por ningures. Busquei no Ige e atopeino como un lugar da Parroquia de Régoa, porén cando buscas no Nomenclátor parroquias co nome de Teixido si aparece, mais non o fai cando buscas as parroquias de Cedeira. Logo a miña dúbida é Teixido, Cedeira ou Teixido, Régoa, Cedeira? Unha vez tomada a decisión deberiamos anular unha das dúas entradas.--PepedoCouto 15:12, 26 setembro 2008 (UTC)

Eu busquei na páxina da diócese de Mondoñedo Ferrol e o resulado é este: [1]--PepedoCouto 16:08, 26 setembro 2008 (UTC) segundo estos datos Teixido tamén é unha parroquia pertencente á zona de Cedeira, que pertence á súa vez ó arciprestazgo de Xuvia.--PepedoCouto 16:10, 26 setembro 2008 (UTC) Ben sei que non concordan sempre, porén o 98%, si. De todos os xeitos grazas polo teu tempo. Un saúdo.--PepedoCouto 16:23, 26 setembro 2008 (UTC)

Entón quen se encarga de borrar Teixido, Régoa, Cedeira? Un administrador?--PepedoCouto 16:37, 26 setembro 2008 (UTC)

RESPOSTA editar

Grazas Prevent, eu penso que deveríamos ter o espazo de nomes Wikiproxecto, xa que é o máis adecuado. Galiza por sempre e para sempre 15:05, 1 outubro 2008 (UTC)

Ola Prevert. Categoricei esta páxina en Categoría:Imaxes sobre cultura en Galicia, tal e como está en Commons. Non estou moi convencido da categorización que hai en Commons. Ás veces fago variacións. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:56, 5 outubro 2008 (UTC)

Grazas. Concordo contigo e sei que ti estás de acordo co meu proceder (pois se fago algo incorrecto xa se amañará), como o sabía xa antes da anterior mensaxe. A mensaxe (cadrou que foi contigo, con quen sei que non vou ter desavenencias) non a fixen polo contido da mesma, senón polo que implica facela. Cando me puxen a traballar categorizando, creando categorías sen antes ser aprobadas, temín que alguén puidese considerar que o das imaxes é un reduto meu, no cal os demais non teñen cabida. Se alguén pensa así, o que pensa é desafortunado. En parte por iso, e tamén porque non me vén mal que me axuden a pensar, editei na axuda da Taberna. É algo máis ca gardar as formas, é velar pola tranquilidade no proxecto. Penso que estamos de acordo. Se desfago algo que alguén fixo, se me dou conta, procurareillo comunicar, para, se é preciso, dialogar, pois non me sinto con máis peso ca ninguén no tema das imaxes, Só os razoamentos deben ter máis peso uns ca outros. E grazas de novo--Lmbuga Commons - Galipedia 13:45, 7 outubro 2008 (UTC)

Ola, Prevert. Aquí tes a outro seguidor de Colombo. Vou revisar o artigo. Sobre o da dobraxe da serie, puxen só o protagonista porque é o único personaxe fixo. Teño pensado publicar, co tempo, unha ficha para cada episodio. Efectivamente, o título do episodio 01.1 en galego é Asasinato polo libro e, en efecto, coincide co título dun capítulo da serie "Diagnóstico asasinato", mais segundo a numeración mostrada TVG, ese é o capítulo 3 da serie, xa que se incluíron como capítulos 1 e 2, respectivamente, as películas Prescripción asasinato e Rescate por un morto, esta última, considerada o episodio piloto da serie de telefilmes que virían ata hoxe con Peter Falk interpretando ao entrañable tenente Colombo. Para calquera dúbida que consideres eu poida axudar a resolver, non dubides en poñerte en contactar comigo. Agora voulle botar un ollo ao teu artigo. Encantado de falar contigo. Un saúdo. --Uxío 21:23, 5 outubro 2008 (UTC)

MediaWiki editar

Xa me dera conta do erro, que vén de BetaWiki. Estaba agardando unha actualización das mensaxes, dado que hai uns días que corrixín alí o texto (o erro fora meu ao engadir o /gl). De todos os xeitos creo as dúas mensaxes de acceso e saída do sistema, a terceira non é preciso porque temos o texto actualizado externamente desde Beta. Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 18:45, 8 outubro 2008 (UTC)

Re:Os dous episodios piloto de Colombo (serie de televisión) editar

Ola, Prevert. Claro que existe versión en galego deses dous primeiros telefilmes de Colombo, de non existir, non citaría os títulos en galego como o fixen (e incluínos na lista de filmes con versión en galego). De feito, eses dous telefilmes completan son parte dos 69 capítulos que se citan no artigo. Para anunciar a estrea da serie na TVG utilizáronse imaxes de Prescripción asasinato (o único título que non leva "Colombo:" diante do resto), a primeira vez que Peter Falk se metía no que sería o seu papel máis emblemático, mostrándonos un tenente Colombo un pouco diferente ao que veríamos nas seguintes escenas. É unha mágoa que non haxa unha listaxe oficial de títulos, e é unha mágoa que a presenza do galego nas edicións domésticas (DVD, Blu-Ray, etc.) sexa prácticamente anecdótica... É algo que temos que loitar por cambiar. Un saúdo. --Uxío 22:21, 8 outubro 2008 (UTC)

  • Engadido:

Ola! Creo que eu tamén me expresei mal. Non me roubas tempo en absoluto (ao cabo, cada un dedícalle o tempo que quere e pode, non?). Para calquera dúbida non dubides en te poñer en contacto comigo. Por certo, dis que leches que falaba diso nun foro... Estás seguro de que era eu? Pódemse responder por correo electrónico. Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Uxío (conversacontribucións) ás 19:26, 19:27 e 19:50 do 11 de outubro de 2008 (UTC)


Os cen artigos editar

Ola Prevert !

Mensaxe para Hugo22, Miguel.lima e Prevert :
Xa fai tempo que quero meterme nos cen artigos, e aínda que non se vexa dedícolle tempo. Tal como preséntase o proxecto (listaxe dos artigos, metodo de traballo proposto) non vexo , por ben voltas que lle dé, non vexo como podo meterme a fondo dentro. O proxecto de ter cen artigos básicos "bos" sempre me ilusiona. Dandolle tantas voltas, claro que teño ideas, pero que supónen bastantes cambios. A ver como vedes vós as cousas e por onde andades respeto a isto ? A lervos ElviraConversa comigo 22:38, 13 outubro 2008 (UTC)

Problemas cos SVG editar

Ola Prevert. Pódesme facer o favr de dicirme se ves esta imaxe Imaxe:O nucléolo na celula humana.svg, está en Nucléolo. Carguei outras dúas e non tiven problema con elas; pero esta, como xa me pasara outras veces, non a vexo. Non creo que sexa cousa do caché, pero... Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 16:21, 17 outubro 2008 (UTC)

O curioso é que si a vexo aquí: http://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/6/63/O_nucl%C3%A9olo_na_celula_humana.svg --Lmbuga Commons - Galipedia 16:23, 17 outubro 2008 (UTC)
Grazas. Agora estou revisando imaxes novas e teño chollo con iso. Despois intentarei algo novo, se non funciona, irei mirar. Ocorreume algo raro coa última imaxe SVG que carguei. A primeira carga foi perfecta. Vin que había un erro, corrixino e gardei, tras a corrección, co mesmo nome a imaxe no meu ordenador. Subina por encima sen facer máis nada, e non se vía, cando antes si se vía. Despois volvín á imaxe d meu ordenador, gardeina con outro nome, subina por encima, e si se vía. Se a solución fose gardar sempre con outro nome, sería fácil, pero creo que non vai ser así. Probareino--Lmbuga Commons - Galipedia 17:25, 17 outubro 2008 (UTC)

Amancio Ortega editar

Grazas polo aviso. Un saúdo.--PepedoCouto 14:59, 21 outubro 2008 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Prevert/arquivo 12".