Benvido(a) á Galipedia, Uxío!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 22:04, 30 setembro 2007 (UTC)

  • Grazas pola benvida. Saúdos. Uxío
  • Alégrome de que te rexistraras, fai falta xente con ganas, xa sabes onde estou para o que precises, un saúdo, ;) Alma (fálame eiquí) 15:11, 6 outubro 2007 (UTC)
    • Vin que acabas de asinar a mensaxe que me deixaches co teu user e éche máis doado co 10º botón que tes na barra de ferramentas (se te pos encima pon "your signature with timestamp"). Clicas ahí e xa engades a firma as túas mensaxes. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 16:11, 6 outubro 2007 (UTC)
      • Desculpa no teu é o penúltimo botón que eu teño o monobook e por iso non está saindo, tamén podes velo na Axuda onde podes atopar información de como facelo. Alma (fálame eiquí) 16:27, 6 outubro 2007 (UTC)
      • Acabo de ver que podo asinar as miñas mensaxes poñendo "~ ~ ~ ~" (sen os espazos). Grazas pola axuda. Saúdos. Uxío 16:39, 6 outubro 2007 (UTC)

Saúdo de BenvidaEditar

Benvido/a á Galipedia Uxío. Con certo retraso súmome ó saúdo de benvida. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a tódolos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 16:56, 6 outubro 2007 (UTC)

  • Ola, Uxío. Benvido á Galipedia, espero que o pases ben por aquí. Pois eu Pratos combinados víao ás veces; eu non era moi adito, mais recoñezo que fixo un bon labor ao conseguir un bon nivel de telespectadores dunha serie galega. Engadín moi pouco porque o artigo xa ten unha boa extensión, grazas a todos os colaboradores que editaron nel. Pero tu deixa avisos cando queiras, se sei algo, encantado de axudar. Sobre todo fago correccións lingüísticas. --Xoán Carlos Fraga 09:49, 11 outubro 2007 (UTC)

Ola, saúdos de novo, alégrome de ver que voltas a estar por eiquí. Alma (fálame eiquí) 19:09, 27 outubro 2007 (UTC)

axudaEditar

Ola, Uxío, xa vexo o gran traballo que fixeches co audiovisual, por eso atrévome a pedirche un favor, eu estou a traballar no Wikipedia:Wikiproxecto Dereitos humanos e dentro del no artigo Guerra sucia en Arxentina hai un apartado Impacto cultural: Cine no que hai unha listaxe de películas. Poderías botarlles un ollo e ver se algunha delas teñen versión en galego para incluilas no artigo no que ti estás centrado?? Grazas de antemán e un saúdo. Alma (fálame eiquí) 11:20, 28 outubro 2007 (UTC)

  • Grazas por comprobalo, e polo cumplido pero son das que pensa que as miñas aportacións non valen nada senón están sumadas as túas e as de outros, e así co traballo en equipo é cando teñen un valor superior. ;) Saúdos. Alma (fálame eiquí) 16:23, 28 outubro 2007 (UTC)

Ennio MorriconeEditar

boas, Uxío; acabo de crear o artigo Ennio Morricone, pero non sei que películas están dobladas ó galego (e por tanto poñerlles o título en galego), e cales non (procurando pór o título da VO). Igual me pasou co artigo Spaghetti Western, pero creo que aí xa está ben.

No de Morricone deixeino a medias. se podes botar un ollo, fantástico.

Saúde, e pola sombra!! -- EstevoaeiPa o que queiras... 10:56, 11 novembro 2007 (UTC)

Sergei EisensteinEditar

boa tarde, Uxío!!
Desta volta traducín o artigo deste director. ¿Podes botarlle un ollo ó dos títulos? Non sei exactamente que facer. ¿Pór o título orixinal en ruso? ¿A tradución galega..?

O artigo está basicamente sacado da wiki.es, con cousas da wiki.en. A ver que che parece como quedou.
Un millón.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 14:38, 16 novembro 2007 (UTC)

xuntanza-ceanzaEditar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:59, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Joseph L. MankiewiczEditar

boa noite, Uxío!! ¿Podes botarlle un ollo a este artigo e ver se algunha das pelis está traducida ó galego? Graciñas!! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 03:52, 5 febreiro 2008 (UTC)

David CronenbergEditar

chámame con razón pesado, pero volvo recurrir a ti. ¿bótaslle un ollo ós títulos de pelis deste? Un millón. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:24, 5 febreiro 2008 (UTC)

Xoel FernándezEditar

seguindo na miña liña de dar a paliza, e vendo que andas con "Pratos Combinados"... poderías crear artigo de "Os Atlánticos" e do actor desa serie Xoel Fernández? Parabéns polo teu choio! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:18, 29 febreiro 2008 (UTC)

Kim Ki-dukEditar

ola, Uxío!!

podes botarlle un ollo ó artigo este? E que debo facer para crear os artigos das súas pelis? Hai algunha tradución ó galego? O título debe ir en coreano? Quería empezar por "ferro 3", pero non sei como titular o artigo. Graciñas!! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:01, 6 abril 2008 (UTC)

Lista de estreas de cine en lingua galegaEditar

ola Uxío!

xa hai tempo que tiña pensado falar disto, pero creo que agora o artigo é lonog de máis, e xa se escapa das mans.

o que creo é que debe ser mudado a unha táboa como esta, e poder organizar tamén por orde alfabética polo nome do director, para ser máis cómodo atopalas, e para buscalas por director. Do modo no que está agora, ás veces é difícil pescudar se existe unha tradución ó galego dunha película. Do outro xeito, chegaría con buscar o título orixinal, ou polo nome do director.

Problema: creo que é unha tarefa dura. Veste con capacidade de facelo (se che parece boa idea, claro!)?

Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 14:48, 13 abril 2008 (UTC)

  • Boa noite!! Matáchesme co das pelis que teñen varios directores. Francamente, non teño solución. Haberá que decantarse por un?

O de atopar solución e mudar o nome do artigo, polo asunto dos telefilmes, non debería ser moito apuro.

O de agrupar tódalas pelis nun mesmo cadro creo que é o correcto; mantelo por iniciais sería un erro, pois impediría, por exemplo, buscar tódalas pelis de Clint estreadas en galego, o que si se podería facer se estivesen todas na mesma táboa.

Como dixo Chema nun momento moi cinematográfico, Mi amigo Jors y yo, estamos trabajando en ello. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:14, 14 abril 2008 (UTC)

  • Ola Uxío! Persoalmente vanme moi ben as táboas do Microsoft Office Access. Podes meter a cantidade de táboas que queiras, e organizalas de maior a menor, ou ó revés. Eu usábao hai tempo, cando aínda tiña poucos cd's. Para libros tamén pode ir. Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:57, 16 abril 2008 (UTC)

dvd's en galegoEditar

que tal Uxío, andas desaparecido. Atopei esta páxina, a ver se che é de utilidade. É unha lista cos dvd's dispoñibles en galego.

Ata pronto. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:54, 3 xuño 2008 (UTC)

cinema en galegoEditar

ola Uxío! Fantástico traballo. Mirarei de ir facendo os choios que indicaches na páxina de conversa do artigo (cursivas, datos...). Espero que a túa ausencia non sexa moi prolongada. En calquera caso, que a ausencia sexa pra ben.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 21:14, 24 agosto 2008 (UTC)

solicitudeEditar

como vai? Non teño esquecido o da lista de pelis en galego, pero ando metido en varias boas leas e irá pouco a pouco.

Teño unha petición sobre audiovisual. ¿que sabes do programa Air Galicia? Poderías facerlle o artiguiño? Ando medio enganchao, e con isto de que se poden ver cando queiras, estou dándome un bo tute.

Falamos. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 02:23, 4 setembro 2008 (UTC)

Colombo (serie de televisión)Editar

Ola Uxío. Nunca falei contigo pero supoño que xa me coñeces por ter colaborado na Lista de estreas de cine en lingua galega. Ando revisando o artigo Colombo (serie de televisión) que comezou como unha tradución parcial do artigo en castelán, o caso é que vin na caché de Google (porque polo menos hoxe non estaba dipoñible) que había alguén chamado Uxío nos foros de adobraxe.com (non sei se ti mesmo) que falaba da dobraxe de Colombo. Fixen un apartado dobraxe no artigo, só puxen o nome do dobrador do protagonista, quizais ti teñas máis datos para amplialo. Aproveito para engadir outra petición, eu non lembro o título galego do primeiro episodio que en inglés se titula Murder by the Book, soáme Asasinato polo libro pero cando busco sae un capítulo de Diagnóstico asasinato no canto de Colombo, talvez ti lembres ou saibas o título. En todo caso moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:42, 2 outubro 2008 (UTC)

Moitas grazas. Para evitar o tema do piloto, que na edición da serie en DVD en España non incluiron que eu saiba, puxen primeiro episodio da primeira tempada, non sei se na TVG chegaron a emitir eses pilotos. Ti sabelo? Boa idea o das fichas de dobraxe dos capítulos. Fun engadindo algúns datos máis sobre as estrelas invitadas, nome do personaxe e episodio no que aparecen. Polo de agora co título en inglés, mágoa que a TVG non teña publicada no seu sitio web unha lista cos títulos galegos, mesmo a sipnose que puxeron parécese sospeitosamente á versión actual do texto que hai na Wikipedia en castelán. Pola miña banda tamén encantado de colaborar contigo e novamente grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:38, 6 outubro 2008 (UTC)
Grazas pola resposta. Desculpa se me expresei mal, non poñía en dúbida que houbera eses capítulos, de feito están incluídos co seu título galego na listaxe que engadín a Colombo (serie de televisión). O que me preguntaba era se eses capítulos foran emitidos seguindo a orde correspondente antes que Asasinato polo libro porque non lembro telos visto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:40, 9 outubro 2008 (UTC) Engadido: esquencinme antes, por certo non te animarías a comezar un artigo sobre a dobraxe que recollera a historia da dobraxe en Galicia? Só é unha proposta, non quero roubarche o tempo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:56, 9 outubro 2008 (UTC) Engadido: non vin ata hoxe que nun foro xa contestabas a pregunta sobre a orde emisión, onde confirmabas que efectivamente comezaron por eses dous capítulos. Mágoa non telos visto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:24, 10 outubro 2008 (UTC)
Ola outra vez. Respondín polo correo tal e como me indicaches. En todo caso vexo que me volvín expresar mal porque non era iso o que pretendía afirmar a mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:46, 13 outubro 2008 (UTC)

Re: Ola outra vezEditar

Ola Uxío. Non me lembro se consultara ese foro, en todo caso non asociei a mensaxe contigo. Para outra vez espero non enlear a cousa con mensaxes imprecisas, é o que teñen os wikis. Ata outra. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:51, 19 novembro 2008 (UTC)

ParabénsEditar

Parabéns polo teu traballo! Estás facendo algo que ten moito mérito. Ogallá te acompañe a constancia. --Xabier Cid Conversa 00:10, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Conversa en lista de estreas de cine en lingua galegaEditar

Ola Uxío. Como ti tes traballado moito na lista de estreas de cine en lingua galega talvez queiras opinar sobre o fío que hai aberto na conversa. Sería bo contar coa túa opinión. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:29, 25 xuño 2009 (UTC)

Ola Uxío. Mira, se tes un momento, a ver que che parece o que acabo de comentar na conversa da lista. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:47, 8 xullo 2009 (UTC)

películaEditar

ola Uxío; sabes se hai versión galega de The Veredict, de Sidney Lumet? Dígoo porque existe o artigo O veredicto (1982), e se non existe tradución ao galego habería que deixalo co título en inglés.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:05, 8 setembro 2009 (UTC)

Lista de filmes con versión en galegoEditar

Ola Uxío. Aquí tes unha explicación do título da páxina, na miña opinión deberas comentalo antes na páxina de conversa antes de movela. Aproveito para darche os parabéns polo bo traballo mantendo a lista. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:59, 16 outubro 2009 (UTC)

  • Ola, Prevert. Considero que o concepto "estreas de cine" é incorrecto cando se inclúen tamén telefilmes. Así e todo, tampouco me convence ao cen por cento de todo o título novo, como xa expresei como "motivo" do cambio de título Mais pido desculpas por non ter consultado na páxina de conversa correspondente o da mudanza. Un saúdo e grazas polas atención que lle prestas á Wikipedia en galego.

--Uxío 11:08, 16 outubro 2009 (UTC)