Conversa usuario:Prevert/arquivo 5

Por favor: engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non se esqueza de asinar (co segundo botón pola dereita da caixa de edición http://gl.wikipedia.org/style/images/button_sig.png, ou con catro ~~~~, ou na parte inferior co primeiro signo pola dereita dos caracteres especiais).

Mensaxes antigas:



Wikisource

  • Eu sabía esas condicións pero cría que era na votación que houbo para decidir se se dividía a Wikisource por dominios lingüísticos, votación que xa foi e na que se decidiu a división, polo que se abriu a nova páxina para crear os diferentes dominios (polo de agora só o hebreo foi creado), o que non vin son os prazos nin as condicións para a nova votación dos dominios, sabes onde están?, malia a todo canta máis xente apoie a creación, máis posibilidades terá de ser aprobada.--Rocastelo 15:36, 15 maio 2005 (UTC)

Borrados editar

Prevert, o historial de todos os artigos que borraches implica que estaban vacíos?--Agremon(contacto) 20:46, 18 maio 2005 (UTC)

etiopia editar

Ola, grazas, unha pergunta: é etiopia ou etiopía (no portugues acentuase no o). En xeral: ¿onde se pode ver os nomes oficiais en galego??--Xosel 16:00, 15 maio 2005 (UTC) Linno e troquei a lista de paises de áfrica á que pón ahí. Grazas.--Xosel 16:21, 15 maio 2005 (UTC)

Wikisource galega editar

Atopei en wikisource a política para a creación de novos dominios [1] parece que cumprimos as condicións.--Rocastelo 18:41, 15 maio 2005 (UTC)

Galizionario editar

Buscando, atopei esta páxina [2] de Meta onde se pode solicitar a administración daqueles proxectos que carecen de burócrata (e tamén se pode solicitar o posto de burócrata). No Galizionario si hai un burócrata (aricum), polo que non podemos solicitalo a non ser que se considere a auricum inactivo (non sei que tempo sen contribucións ten que pasar, el leva sen contribuír dende o 4 de abril), ou ben deixarlle unha mensaxe a aricum para que nomee novos administradores e agardar un prazo razoable, antes de solicitalo en meta.
O que si debemos solicitar administradores ou burócratas é en Wikicitas e Galilibros (ningún ten administrador). Quizais deberiamos debater na Taberna quen se pode presentar a administrador ou burócrata deses proxectos, ou facer unha votación, ou debatilo primeiro entre os administradores da Galipedia.--Rocastelo 16:30, 16 maio 2005 (UTC)

Artigo modelo editar

  • Propuxome Agremon xa hai unhas semanas, o de propoñer Ribadeo coma artigo modelo (para a raiz del poder ir facendo os restantes); faltan ainda moitas cousas, que teño paradas, por mor de que me pasaron un libro que trata sobre da muralla de Lugo e ando a copiar os rasgos máis importantes dos artigos do mesmo, pero e cuestion aparte, agora que xa esta a artellar no tema das parroquias e demáis, seguro que se che ocorre algo máis para propoñer. ¿que che parece?. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 15:52, 17 maio 2005 (UTC)
  • Segundo as miñas fontes a Cidade de Ardebil (Irán), esta situada a 38° 14'Norte , 48° 18' Oeste

Galizionario editar

Penso que interpretei mal o comentario que me fixeches na miña páxina de discusión ( en relación a que o máis urxente era que alguén da Galipedia fose administrador do Galizionario), en canto aos outros proxectos polo de agora non teñen comunidade de seu e a súa administración non é prioritaria (polo de agora non se deron casos de vandalismo), eu estaba máis ben pensando a medio prazo (aínda que estou de acordo en que debe ser a comunidade a que decida). E polo que dis da Wikisource, supoño que serán dúas cousas diferentes a votación do dominio galego e do burócrata, para que se aprobe un dominio ten que haber cando menos un candidato a burócrata, aínda que pode ser aprobado o dominio pero non necesariamente o burócrata, e o importante é que se aprobe o dominio galego.--Rocastelo 16:30, 17 maio 2005 (UTC)

Comarcas editar

Olá Prevert, penso que posso falar português? :) Obrigado pelas boas vindas, vou ver o que se passa com as Comarcas - sim, em princípio será necessário desambiguar (disambig). Bom trabalho! Nuno Tavares 21:06, 18 maio 2005 (UTC)

Non, eu non metin nada de xeografia. Estaba arrexuntando os acronimos e nin sequera me fixei en que o comezo tiña un texto de xeografia. Metin o de acronimos porque si ten que ver co que ollei, o de informatica.

No de articular acronimos tes razon, pero e que en realidade nos usamos TeMILGa, TILGa, ILGa e CODOLGA cando falamos (polo menos eu cos meus profes e entre compañeiros, e non creo que ninguen use "Tesouro", sobre todo porque hai dous, ou "Corpus", porque hai a patadas). Inda asi escribir T... M... I... L... G... como titulo dun artigo pareceme esaxerado. Supoño que QED, AMDG e INRI non teñen problema que sexan galipediados como acronimos porque asi se coñecen ou se explica e trata no texto (os primeiros sempre aparecen asi nos textos orixinais).

No do tema de Cairo, como en todo, podes contrariarme todo o que queiras. Simplemente se trata de que non e xustificable en galego, por ser un castelanismo moi claro. Encuberto e habitual, pero grave. Temos a sorte ou a desgracia de partir de cero para a galeguizacion de xenismos e toponimos estranxeiros, fuxamos dos castelanismos dende o principio.

No da fraseoloxia tampouco estou tan de acordo: xa habia varios artigos creados e non creo que sexan artigos tan tanxentes ´´a linguistica. Ademais ¿enton para que creamos a categoria fraseoloxia? A non ser que so fose para artigos tecnicos, pero enton xa non ten argumentacion creala: de fraseoloxia se pode falar moito :) pero eu non sei como se dividiria en artigos independentes e non me da que de momento Ferro Ruibal se poña a meter artigos na Galipedia. Enton ¿que facemos co que xa esta metido por min e polo que mete cousas de tematica militar? a wiktionario?

No de lingua galega-galego tes toda a razon: pero cando redacto e por estilo poño lingua galega e non galego agotame poñer ligazons. Como sei que algun dia se amañara, supoño que se fara con todalas linguas xuntas de vez (porque o certo e que xa hai bastantes, pero polo menos estan todas xuntas na categoria), e unha excepcion resulta comoda. E o mesmo que fixen para Cunqueiro, Otero e Otero Pedrayo, pero con caracter excepcional. Xa estou con el na memoria (como con sindrome de Tourette, etc..).

Xa de paso, insisto noutra cousa: ¿non se pode amañar a actualizacion das paxinas sen categoria? É que asi non hai quen categorice, e menos se houber duas persoas ao mesmo tempo. Ademais, agora todalas datas deberian estar fora desa lista. Se podes mover alguns fios para que se amañe...

Cando acabe os exames (xa teño sindrome de wikiabstinencia), xa me meterei co tema militar (que e o mais abundante de entre as paxinas sen categorizar que non ten categorias de destino) e categorizar todo antes de marchar en xullo. Queria que todo estivese categorizado e iso vai esixir moito traballo e debate, pero non quero que cheguemos a 10.000 co 50% perdido e inutilizado por ilocalizable. O noso traballo de todos é moi valioso, inda que cada artigo teña tres liñas: pero se todo esta categorizado ten un valor moito maior. Moito mais do que nos mesmos pensamos... por iso a miña tesiña ira diso.

Perdon pola ausencia de tiles again e grazas polos avisos. Agora "teñome que me marcharme".

--Sobreira 11:50, 20 maio 2005 (UTC)

Hola a todos editar

Hola prevert,

graciñas por axudarme cos modelos para por parroquias e lugares, ando un pouco perdido con modelos, e nos sei moi ben como usalos. O que fixen foi copiar, pegar e substituir ¿está ben así? ou ¿hai unha forma máis rápida?. Polo demáis intentaréi botar unha man no que poida, pero non teño un vocabulario moi amplo, así que se cometo erros, síntoo.

Saudos,

wikitom

Cairo 2 editar

Non lera ainda a resposta sobre Cairo. Teño oido falar da paxina de galegoenlinna pero nunca a visitara. Coñezo a certos colaboradores: Montse e Susana estudaron no curso superior ao meu e Anxo e un dos meus xefes (co que menos relacion teño) no departamento. Xa lles falarei do tema a ver que opinan e se consideran cambialo.

Sobre o de Fraseoloxia, tampouco ten moita importancia: non creo que haxa moitos artigos que se vaian referir a iso. Pero sobre acronimos si penso que debemos definilo.

  • Por certo, o enlace sobre Cadernos de Fraseoloxia Galega non ´´e necesario que o leas: ´´e unha documentaci´´on enorme (xa crearei un artigo sobre CFG) e ben estruturada, por outra parte editada en papel pero monotona por que que ´´e unha gu´´ia de referencia (seria como ler a lista telefonica). A utilidade ´´e que esta en liña, accesible e baixable.

--Sobreira 17:42, 20 maio 2005 (UTC)


Hola prevert,

Uséi a páxina web do concello: www.concellotomino.com, na parte de parroquias. Só está na versión en castelán, na de galego deben ter mal o link.

Saudos, --Wikitom 18:35, 20 maio 2005 (UTC)

Acabo de ver o nomenclator na páxina da Xunta, supoño que eses serán os lugares oficiais, pero creo que teñen un erro, na parroquia de Tomiño, poñen San Bieito, cando ten que ser San Benito, polo menos é así como lle chamamos toda a vida nós a ese lugar.

Saudos --Wikitom 18:46, 20 maio 2005 (UTC)


  • De feito cando hoxe editei a páxina a imaxe xa non funcionaba, nese momento estaba pensando noutras cousas e non comprobei a razón, anotándoo para máis adiante, pero fixeches ben en trocar a imaxe, por certo vin que antes falabas de Muños en Tomiño, podería ser unha errata, pero tamén podería ser unha forma dialectal, quizais Wikitom nos poida sacar de dúbidas.--Rocastelo 19:40, 20 maio 2005 (UTC)

Artigos de Sitios Web editar

  • Ola, acabo de ler na discusión de categorías de arte algo que non sabía:(artigos de sitios web, que non están permitidos nas regras da wikipedia senón para artigos xerais). Non están permitidos artigos de sitios web? ben supoño que haberá excepcións na wikipedia inglesa hai artigos de Google, Ebay..., sabes onde están esas regras, de feito eu tiña pensado algún día facer artigos de Vieiros e outros portais galegos--Rocastelo 14:37, 21 maio 2005 (UTC)
  • Xa entendín, poden aparecer se teñen relevancia de seu, entón no caso de Vieiros por ex. podería aparecer se falamos da súa historia (un dos primeiros sitios de Galicia e en galego), a súa importancia para a lingua galega, a súa influencia na sociedade e outros datos relevantes.--Rocastelo 14:51, 21 maio 2005 (UTC)

template:Unicode editar

  • Si, é certo que fixera algo semellante, pero a miña mala memoria impídeme lembrar se chegara a funcionar ou non. Estíveno buscando un bo rato ata que decidín preguntar. É máis, se por memoria é... ¡non me lembro nin para que era!

--Sobreira 18:12, 21 maio 2005 (UTC)

Template AFI editar

grazas. Pero como lle vin só {{{1}}} casqueino para afora; respecto o de Vilasobroso; vou para-lo tema para a páxina de discusíon coa indicación de que non se borre sen antes face-las oportunas comprobacións. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:57, 21 maio 2005 (UTC)

Template lugares editar

non vexo por nengures a template dos lugares das parroquias de Alfoz, cando se poida haberia que face-lo, eu de paso que vou actualizando os datos do 2003 o 2004 xa deixo posta a template para poder saltar dunha parroquia a outra se necesidade de acudir o artigo principal. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:42, 21 maio 2005 (UTC)

  • Eso xa o estou utilizado, pero a que falta é a correspondente as estidades de cada parroquia, para darte conta votalle unha ollada a calquera parroquia das que xa actualicei de Abadin. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:53, 21 maio 2005 (UTC)
  • So de Alfoz, Abadin esta completo; pero no tema de Alfoz deixao por hoxe, mañán xa continuas, posto que hoxe remato eu de artualiza-lo censo de todas estas parroquias (as de Alfoz). saudos--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:05, 22 maio 2005 (UTC)
  • Probei a face-la de Carballido, penso que quedou ben (é un traballo moi laborioso), e inxerinas nos artigos correspondentes (votalle unha ollada). Tamen xa deixo feito un esbozo das efemerides do 14 de febreiro (que coma as restantes, aun queda moito por artellar). un saudo.--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 01:40, 22 maio 2005 (UTC)

Vilas galegas editar

Borreina porque supuxen que, ó existir en Xeografía-->Galicia-->Parroquias e lugares unha categoría para cada concello, as distintas vilas irían na categoría do seu correspondente concello e, polo tanto, a categoría vilas galegas carecería de utilidade --Alyssalover(fálame) 14:27, 22 maio 2005 (UTC)

  • Categoría restaurada ;) Desculpa polas molestias e un saúdo --Alyssalover(fálame) 14:46, 22 maio 2005 (UTC)

Ribadeo editar

  • Estou dacorco no que dís, pero coido que eso xa non debe de ser parte miña, pareceme que podio facer mellor Agremón, pois é desa zona e quizáis coñeza mellor a cousa. ¿no te parece?. Polo demáis podes deixar, a category, de Vilas Galegas para Provencende (ou Abadin) A Seara (en Alfoz) e mesmamente Ribadeo (o cubo, tanto tepetir). --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 15:40, 22 maio 2005 (UTC)

categorias editar

Tes razon, pero todo o que fago o considero como provisional. Os cambios son revertibles e se non fose asi non o faria. Xa sei que non é como cos artigos, que precisa mais discusion, pero se agardamos a decidir entre todos por todo penso que ralentizaremos a nosa capacidade de 200 colaboradores diarios a 5 votacions mensuais. So busco dinamizar o choio (e aclarar as ideas, a min e á arbore que vaia saír de aqui). Pero ante todo, tes razon: creo que nun futuro me vou dedicar so a meter artigos, que dá menos problemas.

Por outra parte, grazas por informarme desa paxina de categorias. Xa a metin no Indice xeral de categorias. Xa aviso que é automatica pero non actualizada. Cando me sinta inspirado reformarei o Indice xeral para poñelo con mais texto.

--Sobreira 11:30, 24 maio 2005 (UTC)

Lamento a confusión editar

Moitas gracias pola benvida e tamén pola corrección. Lamento o equívoco e tratarei de ter máis coidado no futuro.

Un bico de --Rañolas(talk) 03:06, 28 Abr 2005 (UTC)

  • Efectivamente son Rañolas do esbozo galicia.eapuntes.com. estou aprendendo o funcionamento do wiki e agrádame que me axudes a desfacerme da miña ignorancia. Estádesnos axudando máis do que pensades porque aprendemos o pouco que sabemos visitando a Galipedia e a Taberna e as páxinas de discusión. Ademáis alégrame comprobar que existe un universo tan san coma o que estades a ofrecer.

Necesito saber se se pode cambiar o sitename, e como hai que facelo. Moitas graciñas por todo.

Un bico..--Rañolas(talk) 16:21, 24 maio 2005 (UTC)

  • Moitas gracias Prevert, fixen o que me indicaches. Se non me entendeches sería que a miña pregunta non se adecúaba ó que quería saber, (cousas da ignorancia; eche o que ten). O que quería é que onde pon La wiki de Galicia para os galegos do mundo poña GaliciaWiki.

Tamén me gustaría saber se é lícito que usemos a axuda da Galipedia e se podemos incluíla mediante transclusión para non almacena dúas veces ó copiar. Moitas gracias por todiño.

Un bico. --Rañolas(talk) 10:38, 25 maio 2005 (UTC)

Ribadeo e outros editar

  • En fins, non andarei con bicos, je je je, haber se vas a pensar que son doutra beirarrúa. O que vamos, Transferinlle a Agremón a mensaxe túa sobre o tema de Ribadeo, e de paso xa completei as Lp do concello de Abadín (coido que quedaron ben para face-las a man); outro remedio nonme quedou xa que o mediawiki non se que me quere levar ven co win-dios. Un saudo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:11, 25 maio 2005 (UTC)
  • Fixen un borrador de "Benvida" sen saber que existía outro. Está en User:Sobreira#Template:Ola. Ten moita máis información có actual: ¿cambiaremos o que hai ou úsoo para min?

--Sobreira 11:35, 26 maio 2005 (UTC)

Olá, Prevert (estou de volta à Galipedia) editar

Olá, Prevert! Após três meses, retorno à Galipedia. Espero poder colaborar bastante. Enviei-te um e-mail há poucos instantes. Um grande abraço, Joao Xavier 17:29, 28 maio 2005 (UTC)

Xa se che botaba de menos editar

As boas, xa pensei que desapareceras en combate, estive a ver un pouco o tema dos paises e vexo que adoecen de moita información, estou a laborar co de Andorra en canto a súa historia, pero vin que tamen adoece dun recadro info. coma aprece noutros paises (quizais por que sexa pequena aquela terra, nin nos acordamos de poñela cun cadro de informacion) en canto Mónaco e Liechtenstein si o teñen pero adoecen no apartado de historia é unha mágoa, en fin, terei que ir rotando nestos temas, pero se podes engadir un cadro info no de Andorra, se agradece, polo de agora voume a descansar. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:41, 9 Xuñ 2005 (UTC)

Mozambique editar

Dsculpa escrever em português, mas Zambia é um país de Africa vizinho a Moçambique e não uma provincia de Moçambique (país onde vivo). Moçambique tem uma provincia chamada Zambézia! 196.46.13.101 23:58, 21 Xuñ 2005 (UTC)

Wikisource editar

Realmente non o sei, supoño que a creación dos novos dominios será complicado, a nós non nos afecta ao comezar por unha wikisource valeira, pero a maioría vanse crear con todo o contido que logo terán que borrar (agás os contidos na súa lingua), e o xeito como se vai mover o contido aos novos subdominios está a ser discutido en wikisource, supoño que mentres non remate esa discusión non se aprobarán os novos dominios, agardemos que non tarden moito máis, saúdos.--Rocastelo 16:47, 23 Xuñ 2005 (UTC)

modelo sobre logos editar

Sabes se temos algún modelo equivalente ó en:Template:Logo? Un saúdo --Alyssalover(fálame) 19:46, 23 Xuñ 2005 (UTC)

  • ¿Na galipedia temos algunha política sobre o uso de imaxes co "fair use" (a traducción máis axeitada penso que sería uso lexítimo)? Polo que teño entendido, a lei que permite o seu uso é estadounidense, ¿sabes se existe algunha normativa española ou europea semellante? Por se serve de referenza, na wiki española decidiron non aceptalas ata que decidan se esta norma é compatíbel ca licenza GFDL. Saudos --Alyssalover(fálame) 18:45, 25 Xuñ 2005 (UTC)

Sharon Stone editar

Dende logo "O Tinto é Basico", pero non por elo a xente quere quedar bébeda facendo artigos, o ideal é espallar no máximo a que xa hai feito (doeme dicir que nalgunhas cousas os artigos parecen simples definicións de diccionarios). cando acabe co de sharon stone (veremos quen me pon a perna por enriba; je je je) un pequeno anticipo e que voulle engadir datos do 2006; ¡asombroso! ¿non si?

E non oiches mal, de feito a producción esta case rematada, pero teremolo entre nos a principios do 2006; non é asi o caso de Steven Spielberg (do que podo dispoñer datos ate 2007), pero pouco a pouco. todo ira aparecendo. ¿viches a diferencia que temos na historia de Andorra entre as wiki's e a nosa?. non hai punto de comparación. tentarei rematar o de stone entre hoxe e mañá, tamen quero rematar o de andorra, para volver sobre ribadeo (agunhas cousas que quedan, e logo centrarme en artigos que teño medio esquecidos), para de aquela estarei pola galipedia pola tarde xa que no veran traballo pola mañá. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:02, 26 Xuñ 2005 (UTC)

  • A magoa é que todavía hai pouca xente neste proxecto, en canto o os concellos é un traballo laborioso, non o discuto, pero a xente arredase ante este tipo de traballo e, eu non estou especializado neste tipo de facendas, pero aunque vou a modo, non me arredo. En certa ocasion un compañeiro pediume consello de como facía eu as efemérides, dinllo, pero polo que puiden apercebir, arredouse e non vin que fixera nada ¡paciencia!, quizais sexa que a xente non estea con moitas ganas de colaborar e haxa faia de espiritu entre todo nos. vin o de mercurio (ten que haber unha de homónimos xa que ademáis de planeta, é un metal, e un deus) o mesmo para a de lince (existe unha contelación co mesmo nome) e en canto a marte (idem, ademais de faltarlle o cadro info). saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:20, 26 Xuñ 2005 (UTC)
  • Desta Stone xa esta completa a bio, so me queda a film. pero non se que pasa que cando fago algunha correcion de ultima hora me erro o gradar por problemas no servidor ¿ocorreche o mesmo?. Souben que non de acadou un acordo favorable e a wiki e google polo que foi yahoo que se fixo cargo, pero da a sensación de que esto non mellora. saudos--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 15:59, 26 Xuñ 2005 (UTC)
  • Bueno, coido, se non hai contratempos, remata a Sharon hoxe, por certo, viches os derradeiras novas sobre [google]; para que has poida aproveitar, pois o meu equipo, non da a talla. saudos--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:09, 28 Xuñ 2005 (UTC)
  • Listo a de pedra (Stone) xa lle fixen un regaliño, pero non sei ser irlle a dar unhas collexas o meu amigo da inquedanza, Tycho Brahe, e facerlle recordar aqueles vellos tempos de cando os dous saiamos a velas estrelas.... bueno, ver verias eu hoxe, o que é el, poida nun tempo antes de velas estrelas puido ver paos (o mesmo que a galileo) xa me entendes. un saudo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:14, 29 Xuñ 2005 (UTC)

Tuuuuucho editar

Vou asumi-lo reto do artigo de Tycho Brahe. En canto o programa do google-earth, xa o provei, vaixei os case 11 Mb que pesa e dinlle caña no chollo (aproveitando que esta o xefe de vacacións)pero no pouco tempo que lle adiquei saquei a premisa de que no é tanto coma anuncian; para mi adoece (aunque sexa unha beta) de moitas cousas, e non esta tan preparado nin mostra fotos tan boas coma poñen nos artigos que falan do tema (polo menos de lugo non se ve máis aló do que se vé no google-maps). O que si é que hai que ter moito ollo coas tarxetas 3D coma recomenda na páxina do programa. Outra das noticias que comenzan a soar son que certos espabiladiños da SGAE pensan que nas wikis a xente agocha block e sobretodo outras historias que teñen que ver coas violacións do CopyRight e demáis cousas o estilo. Coido que non soportan que a xente pase se pagar e eles sen recibir, para min, que estan moi acostumados a recibi-los cartos sen movelo dedo. xa veremos que pasa, namentres podelo ollar neste [artigo] (eso se é queu entendin ven). saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:31, 1 Xul 2005 (UTC)

Bloqueos editar

Tiven que bloquear o usuario 81.158.199.164, xa que o estaba a poñer sobre das parroquias de abadín nonme inspiria garatia nengunha, fixen bloqueo de 24 horas pero os artigos non os podo desfacer dinme que hai un erro. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 11:28, 2 Xul 2005 (UTC)

Datas nas fotos da Coruña editar

Concordo en precisar o máis que se poda sobre as imaxes pero neste caso pareceu-me irrelevante: as fotos son do ano pasado. Se non se especifica nada e as fotos son en cor debe-se asumir que son relativamente recentes e que reflicten o estado actual. De tratar-se de fotos dos anos 60, por exemplo, si o admitiria, pero se non parece-me exceso de información. Xosé (✉) 3 xullo 2005 21:29 (UTC)


Non me dei de conta que xa había un artigo, xa incluín os datos que aparecían na outra páxina, o mellor supoño que agora será facer unha redirección.--[[User:Rocastelo|r Rocastelo(dimo aquí)]] 7 xullo 2005 19:03 (UTC)

Filmes e artigos editar

Mentres non haxa ese acordo, e neste caso en concreto penso que tes razón, é mellor manter o título orixinal dos filmes como nome do artigo, aínda que é certo que hai filmes nos que o título galego ten xa unha certa tradición (Foise co vento p.ex.), iso tamén se podería facer extensivo ás series non emitidas pola TVG. No que dis dos artigos é certo que hai moitos artigos mínimos, malia iso segundo os últimos datos estatísticos o 50% dos artigos teñen máis de 0'5 Kb, datos semellantes ao catalán, estonio, esloveno, noruegués, xaponés ou portugués e por riba do sueco, chinés, danés, búlgaro ou nynorsk. É en decembro só representaban o 37%. Por suposto que podiamos estar mellor, eu pola miña banda intentarei non facer artigos mínimos(aínda que teño que recoñecer que si fixen bastantes artigos con menos de 0'5Kb). E se atopamos artigos sen sentido ou de calidade dubidosa, penso que estes deberían estar marcados con algún tipo de marcador, o lector ten que saber que o artigo podería conter erros, ou datos non contrastados. --Rocastelo 7 xullo 2005 20:15 (UTC)

Mellora dos artigos editar

Podes contar comigo para a ampliación dos artigos, paréceme unha boa iniciativa o Wikiproxecto que propós.--Rocastelo 7 xullo 2005 21:03 (UTC)

  • Eu mellorarei o artgo de Negreira e tentarei darlle un repaso ós presidentes americanos (remata-la lista e adecentalos), ...iso despois de acabar cós países do mundo e os estados americanos. ¡Buff!  :) --Adalbertofrenesi(talk) 7 xullo 2005 21:11 (UTC)
  • Amosome dacordo co Proxecto 5000 que lle comentabas a Rocastelo. Conviña expoñe-lo no apartado das propostas, tamén eu suxeriría que se crease un apartado onde se expoñan os artigos a mellorar e a xente que vai participar neles (penso que o apartado xa o hai). Aunque ultimamente estou medio parado, por mor do traballo que non me deixa tempo para o proxecto. Hoxe xa colguei algo, só un esbozo que provablemente ha de cambiar, pois no é o definitivo. Pola miña parte tentarei que os artigos non sexan de tamaña 0'5 senon superior. Agora voume a descansar pois toca diana a 6 da mañan. Saudos

Non sei se esta é o xeito correcto de comunicarme editar

Xa lin a tua mensaxe, fun engadir as categorías tal e como dixeches pero xa o fiseches ti. Pensei que eras un BOT pero agora xa o dudo. As vindeiras veces xa engadirei as categorías.

Por outro lado estiven a buscar software pra editar wikis doadamente pero non atopei nada, ¿sabes ti dalgún programa para isto?

Saúdos

Imaxes Aereas editar

Xa publiquei a resposta do tema da imáxes aereas, a verdade é polo que puiden apercebir que nen sequera teñen un copyright exacto, polo que andan a negociar. podes ollar a resposta no buzon da galipedia (google); pero en 0 estabamos, e en 0 seguimos a quedar. Por outra banda vou retrasar un pouco as entregas de Tycho Brahe, por mor do traballo (non me queda máis remedio), pero podes ir saboreando algo do que xa esta posto. Tamén podes contar co visto bon pola parte miña o proxecto 5000. Un saudo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:24, 10 xullo 2005 (UTC)

Probar a extensión editar

Si que uso FireFox, así que probarei coa extensión.

Saúdos, e desta vez si que asino. Igor Seoane 23:01, 10 xullo 2005 (UTC)


gl Wikisource editar

Aínda que oficialmente non existe aínda gl.wikisource a páxina de estatísticas xa funciona [3], aínda que se prememos na ligazóns dinos que a páxina non existe, supoño que iso significa que foi aprobada, aínda que non de forma oficial (por exemplo a catalá (ca) aínda non aparece), e estará á espera de que a creen os programadores (co resto das wikisources por lingua), aínda que quizais teñamos que agardar a despois do verán, en calquera caso haberá que ser prudentes e agardar a que rematen as discusión na Wikisource (agora están discutindo como facer os interwikis entre as diferentes wikisources).--Rocastelo 22:00, 13 xullo 2005 (UTC)


Páxinas protexidas editar

Non notei nada raro, non sabía que estaba protexida e editeina sen problemas, pero agora mirando o historial, non vexo cando a protexeches, ou polo menos non aparece no historial (e sería grave que un ataque afectase ao historial)--Rocastelo 10:43, 16 xullo 2005 (UTC)

  • Semella que con 1.5 a protección de páxinas non queda reflectido no historial, a que acabas de facer non se rexistra no historial, e efectivamente a páxina está protexida--Rocastelo 10:54, 16 xullo 2005 (UTC)
  • Escribimos á vez para dicir o mesmo, xa o comprobei non ma deixa editar, saúdos.--Rocastelo 10:55, 16 xullo 2005 (UTC)
  • Semella ser un usuario anónimo especializado en vandalizar a entrada wiki en case todas as wikipedias, podera ser que atopase un fallo na seguridade de MediaWiki para desprotexer a páxina, de se volver a repetir habería que llo comicar a Meta.--Rocastelo 11:29, 16 xullo 2005 (UTC)

de Agremon editar

Como estás? Esto marcha moi ben.

Recibido o dos elementos, xa puxen algo e coido que seguirei vixiando.

Sigo a darlle voltas a facer unha reunión entre uns cantos. O facela con patrocinio do concello a primeira vez fóiseme pasando porque aínda non somos moitos para que lle interese ben de principio, pero poderiamos quedar para tomar uns pinchos un día no verán se non estamos moi lonxe uns dos outros. Algo artellariamos para despois. Que te parece?--Agremon(contacto) 11:46, 16 xullo 2005 (UTC)

Mais madeira editar

  • As boas, aunque levo tempo sen arteñar nada no proxecto e non sei canto tempo seguirei asi; sen embargo sego a vixiar, eso si. Teño unha curiosidade, vin que se soicitar imaxes libres de copyright; e xa que me pica a curiosidade e antes de rascala ou botarlle inseticida, para onde metemos as imaxes que se soicitan; para Commons?. Ou como hai que facer. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 13:03, 24 xullo 2005 (UTC)

Ola, Prevert, o do proxecto 5000, de que vai e como vai?--Agremon(contacto) 17:25, 22 xullo 2005 (UTC)

teño hoxe algunha dificultade coas imaxes. Por exemplo, esta non aparece no ficheiro correspondente, nin en Ribadeo. Tes algunha explicación?--Agremon(contacto) 22:48, 24 xullo 2005 (UTC)


Xa sei que non se aprobou a limitación dos bots, pero penso que foi a formulación da proposta o que impediu que se aprobara, en realidade o problema non son os bots, é que ocupan os cambios recentes e dificultan a administración. Penso que o que hai que propoñer é que os bots na Galipedia estean rexistrados, non limitar o seu número nin a cantidade de accións que fagan. En todas as Wikipedias grandes pídeselle aos bots que se rexistren en Meta ou ben é a comunidade a que pide o rexistro en Meta, e estas semanas dende logo a páxina de Meta para permisos estivo chea con peticións dos operadores de bots e das wikis, e a ningún operador de bots lle molesta que o seu bot estea rexistrado como bot. Penso que o que fallou foi que na formulación da pregunta podíase dar a entender unha limitación na acción dos bots, e iso non é algo que sexa bo para a Galipedia, saúdos.--Rocastelo 12:53, 25 xullo 2005 (UTC)

  • Independentemente do resultado da votación, a Galipedia precisa unha política de bots, poderíase facer unha proposta partindo da política da wiki inglesa [8] onde o rexistro non é automático e hai un período de proba, saúdos.--Rocastelo 13:45, 25 xullo 2005 (UTC)

Varias editar

Ola, Prevert.

Sobre a licencia, creo que a Creative commons está ben. Xa teño por aí feito algo con esa licencia.

Sobre os 5000, opino que facer revisión e aumento pouco a pouco é a liña, pero buscar 5000 elixidos para mellorar non me parece boa idea. Pode que vaia no meu carácter anárquico. De calquera xeito, se calla, conta comigo para a revisión.

En canto ás imaxes, agora tamén me van ben a min. Aínda non sei que pasou.

Sobre os bot, estou abondo de acordo con Rocastelo. E engado unha cousa: se a alguén se lle ocorrera algunha idea para que os temas foran tratados más ampliamente (en profundidade e en número) en A Taberna sería cousa de poñela en marcha. En certa forma, esta páxina está facendo as veces debido á túa labor.

Un saúdo.--Agremon(contacto) 16:36, 25 xullo 2005 (UTC)

Co aclaración sobre os 5000, creo que entronca co que de cando en cando faigo: coller páxinas sen ligazón, pequenas, etc, e darlles un pequeno empuxón (aínda que sexa con máis estructura do que o veño facendo eu). OK.

Respecto ó CC, fixen {{cc-2.1}}. De tódolos xeitos, supoño que para metelo na estructura doutros template quererás darlle un toque.--Agremon(contacto) 19:17, 25 xullo 2005 (UTC)

Parroquias e Aldeas editar

  • De paso tamén se podería falar de estandarizar un pouco o nome das parroquias. Por exemplo estas son algunhas da parroquia do concello de Touro:

Loxo (Santa María) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz)

que se poderian poñer asi: Loxo (Santa María) | Prevediños (Santiago) | Quión (San Fiz)

Olá, Prevert! editar

Obrigado pela mensagem! Redigi hoje (31 de xullo) um texto sobre Goiás e gostaria, se possível, que fizesses a revisão. Há um outro texto sobre Distrito Federal (ou será "Districto Federal"?) o qual, creio, também necessita revisão. Um cordial abraço, Joao Xavier 10:44, 31 xullo 2005 (UTC) . (Enviar-te-ei um e-mail em seguida).

cal é a razón para non querers catalogar estes estados segundo o seu nome oficial?

  • En primeiro lugar recomendoche que te rexistres e asines as túas mensaxes. En segundo lugar as edicións desde unha IP como as feitas nas páxinas adicadas a Corea son consideradas vandalismo, non respectan as regras da toponimia aprobadas pola Galipedia. Se consideras que hai algún erro nos nomes podes referilo na páxina de discusión correspondente ou dependendo do caso na taberna, sempre identificandote e asinando. Logo a comunidade decidirá. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:05, 31 xullo 2005 (UTC)


para que? non teño tempo para perder debatendo se a terra e plana, se o sol xira ao redor da terra o se existe algún país que se chama corea do norte. vaia por deus! se así son os seus criterios, limitareime a contribuír para outros wikis e deixarvos a facer todas a parvoíces que queirades. así, non vos amolo maís e adiante para facerdes do galego unha trapallada. comezo a comprender pq é tan criticado o wiki en galego e pq a xente prefire andar con el noutras linguas (portugués, español, catalán, inglés). por certo, xa me rexistrarei se e cando de der a gana...

Correo editar

tes duas respostas do teu correo, a segunda esta máis explaiada que a primeira, pero calquera delas é valida. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 18:52, 1 agosto 2005 (UTC)

  • Visto bon o derradeiro correo, non hai mouros na costa, espero que a sopresa sexa gratificante e dende logo un bo respaldo para a Galipedia. saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 18:52, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Entendido, ok. Respondin con outra cuestión a ter en man pero que nada ten que ver co tema que se estivo a tratar. saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:18, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Xa está enviado. Grazas.--Rocastelo 19:19, 1 agosto 2005 (UTC)
  • Grazas, procurarei facelo o mellor posible.--Rocastelo 20:14, 1 agosto 2005 (UTC)


varios editar

me borraron algunos mensajitos, como es el caso de la forma de bazilar el sanjuanero, por un lado deseo saber el motivo, y por otro lado solicito me reenvien copia de los textos borrados, pues yo los usaba para que personas interesadas en tal dato acudieran a mirarlos en esta wikipedia y que obtuvieran desde aqui tal dato, solo deseo saber si es que andan enojados conmigos, atentamente:

DMVM

Títulos de Libros editar

Despois de ler as vosas respostas non me queda claro se o que teño que facer é voltar ó artigo e traducir os títulos ou pola contra deixalos como están. De calquer xeito o artigo quedou en progreso e se non o cambio eu seguro que o fai algún outro cando decidades que política seguir. Pero se a política establece que o faga eu gustaríame que mo comunicarades senón ante a dúbida deixo como está. Saúdos 193.146.41.126 15:27, 3 agosto 2005 (UTC)


re/resposta: editar

el articulo se llamaba exactamente:

Formas de Danzar el Sanjuanero


Dmvm

  • Tomeime a liberdade de inspeccionar o apartado das contribucións do usuario para localizar o artigo anterior mencionado e (innoro se o borrarse se conserva nos historicos do usuario) polo demáis, salvo que estea con outra denominación de forma simil, eu non o vin, pero tampouco o borrei (antes de proceder a facer unha cousas desas, soio expor unha template de advertencia). Saúdos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:24, 15 agosto 2005 (UTC)

Gracias Prevert editar

Queríache dar as grazas por votarlle un ollo ó noso Wiki, sabemos que non é un proxecto tan grande coma a wikipedia, nen sequera coma a Galipedia pero andamos ahí. Deixeivos unha invitación (se cadra un pouco extrana) na Taberna, pero entendemos que todos estades bastante ocupados traballando na Galipedia e outras Wikipedias. Non sabemos que vai saír de GaliciaWiki, pero sabemos que vos debemos case todo. Moitas GRACIAS.

Bicos.

Rañolas(talk) 16:49, 8 agosto 2005 (UTC)

25 de outubro editar

tes un correo, votalle unha ollada haber que che parece. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 14:01, 12 agosto 2005 (UTC)

Estiven a facer algo máis amplio o template de ríos. Bótalle unha ollada se te parece. Farei agora a traducción adaptada do modelo de ríos.--Agremon(contacto) 11:56, 13 agosto 2005 (UTC)

O Bierzo editar

Movemos á vez a páxina, non hai normas específicas para o territorio de lingua galega de fóra de Galicia, polo que seguín o criterio do de España, quizais sexa o movemento de debater como denominar os topónimos exteriores.--Rocastelo 20:58, 15 agosto 2005 (UTC)

  • Antes de debater tiñamos que determinar cales son os concellos aos que se lle vai aplicar (eu tamén estou de acordo en que siga o modelo de Galicia), isto é os concellos total ou parcialmente de fala galega, deberiamos facer un modelo como o que actualmente hai cos concellos das provincias galegas, pero cos concellos de fala galega das provincias de Asturias, León, Zamora e Cáceres, xuntos ou un modelo para cada provincia, eu podería facelo/s nesta semana, non sei se che parece boa idea.--Rocastelo 21:12, 15 agosto 2005 (UTC)
  • Ti tamén tes correo.--Rocastelo 22:13, 15 agosto 2005 (UTC)
Volver á páxina do usuario "Prevert/arquivo 5".