Benvido(a) á Galipedia, Meu rei!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 11:46, 11 xullo 2007 (UTC)

  • Ola, Benvido, Meu rei. Era boa idea cando se elabora un artigo que é unha tradución doutra wiki indicalo, pois así pódese contrastar e ver tamén a páxina de discusión da wiki de onde se traduciu. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 11:14, 20 xullo 2007 (UTC)
  • Ola, Meur rei. Xa existe o artigo Lista de reis de Asturias, e até agora estivéronse poñendo os reis co modificador "de Asturias" como artigo principal, non sei que opinas ti. Recibe un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 10:15, 21 xullo 2007 (UTC)

Lugares de parroquias editar

Ola, vexo que estas a editar artigos sobre Lugares de parroquias. Agradeceríache que votases unha ollada ao tratamento que se lle da noutros artigos de concellos e leas as regras de toponimia. O nomral e listar os lugares de parroquias no artigo da parroquia e facer unha caixa de lugares (template) e despois desenvolver o artigo específico sobre o lugar co título lugar,parroquia,concello. Dentro do artigo principal do concello existe un enlace ao artigo lugares de concello como Lugares de Mondariz onde se van colocando as caixas según se van facendo, podes ver un exemplo en artigos de moitos concellos como Santiago de Compostela... Nada mais, un saúdo e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 10:16, 20 agosto 2007 (UTC)

  • Bo traballo o que estás a facer. Se se trata de traducións debes mencionar o artigo de procedencia na caixa de resumo cando graves o artigo. Deste xeito cumpreso coa licenza GFDL. Ánimo co traballo, e por certo se che gusta a historia tes un prototipo de Portal temático en User:Xosé/Portal:Historia, no que tamén podes participar. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 21:14, 25 setembro 2007 (UTC)
  • Cando vaias a grabar o artigo no campo que está xusto por riba do botón de Gardar a páxina que se chama Resumo indicarías "Traducida de, ou baseada en es:Consenso" . Se se trata do artigo da wiki es. ao grabar esa edición queda rexistrado a mención á procedencia. Dest xeito tamén será mais doado para quen queira comprobar datos ou se o artigo de procedencia está máis actualizado tempo despois. E dicir axuda ao seu mantemento e mellora. Grazas polo teu tempo e se necesitas algo máis pregunta. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:08, 27 setembro 2007 (UTC) P.D. Recorda asinar as túas mensaxes podes ver como facelo en Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de discusión.

Interwikis editar

Ola, vin que estabas a traducir varios artigos da wiki es e cando o fas así tes que por entre as outrsa interwikis ordeadas alfabéticamente normalmente debaixo de en: , e na caixa de resumo o interwiki es:título do artigo orixinal que traduces para que tamén se engada o enlace á wiki es (podes ver un exemplo nos dous artigos que traduciches hoxe aos que lle engadín a interwiki), eu cando empezara a traducir tampouco o sabía e está moi ben, porque por un lado xa identificas a procedencia do artigo e tamén engades o enlace. Un saúdo. Alma 00:02, 6 outubro 2007 (UTC)

Desfacer uns cambios editar

Hola, desfíxen os cambios que fixeches en Category:Pilotos colombianos de Fórmula 1 e Juan Pablo Montoya xa que estaban ben, se comprobas os artigos sobre pilotos de fórmula 1 podes comprobar que se categorizan nas categorías "Pilotos X de Fórmula 1" segundo a súa nacionalidade. Se tes calquera pregunta non dubides en preguntar. --Banjo tell me 20:49, 19 outubro 2007 (UTC)

Uso do Galego editar

Creo que o sacan do Instituto galego de estatística (IGE), peo non estou certo. Pódeselle preguntar a Xosé, cando se conecte. Se o atopo coméntocho... Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:29, 2 novembro 2007 (UTC)

Atopei onde podes ver de onde se sacan todos os datos en: Wikipedia:Concello info, e alí fala para este caso do IGE, pero eu non dou atopado o lugar. ;( Lansbricae (Ti dirás) 11:33, 2 novembro 2007 (UTC)

Vilariño editar

Ola, Meu Rei. Vin que fixeches algúns pequenos cambios en Manuel Vilariño, e como lles din a volta, voume explicar. O de Vilariño por Vilarino é porque na ordenación alfabética, o sistema da wikipedia coloca as vogais con acentos e os eñes ao final de todo. Ou sexa, que Vilariño vai estar despois de Vilariza, e non antes. É unha chorrada, porque creo que non se vai dar este caso, pero para outras ocasións si que vale: por exemplo, Álvarez ordénase despois de Vázquez, e non no A. Polo das categorías: vin que na wiki es.wp o sinalaban como pintor e que o categorizaban tamén así. Pero polo que sei de Manuel Vilariño, é verdade que ten feito algunhas cousas en pintura, pero residualmente, e é fundamentalmente fotógrafo. Tamén restituín a categoría do premio... Bueno, nada máis, que moitas grazas. Se tes algunha dúbida, podemos falalo máis. Saudiños --Xabier Cid 15:42, 20 novembro 2007 (UTC)

Claro! ;) Non hai mal... --Xabier Cid 15:53, 20 novembro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas" editar

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 21:11, 25 novembro 2007 (UTC)

escultores editar

boa tarde! moi bo traballo cos escultores! Pero creo que sería importante sinalar iso, que son escultores, na primeira liña. Exemplo: "Fulaniño de tal, nacido en non-sei-onde, é un escultor galego". Nalgún caso dedúcese que é escultor porque pertence á categoría "Escultores galegos", pero custoume adiviñalo.

Non tomes a mal a recomendación!! Reitero os meus parabéns polo traballo.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 17:18, 27 novembro 2007 (UTC)

  • Ola, Meu rei; parabéns tamén polo que estás facendo... Quería facerche unha proposta: estás a traducir da es.wikipedia artigos sobre artistas galegos, pero moitas veces eses artigos proveñen de catálogos e incorporan criterios moi persoais sobre os artistas, que son "xeniais", "excepcionais", que "saben achar a clave da creación" e cousas semellantes... Se de paso que os editas os limpas de todo iso, o traballo sería estupendo. Saudiños. --Xabier Cid 00:30, 3 decembro 2007 (UTC)

editar

boas meu rei, que ben queda iso, bueno xa sabes quería ter un perfil != null e tocouche a tí, grazas pola axuda.

Ola Meu Rei, desfixen algúns cambios de títulos que fixeches. As razóns, no caso de De Broglie é que Louis de Broglie é o nome co que xeralmente é coñecido, e por norma este é o empregado en detrimento de outros como pode ser Louis-Victor de Broglie. No caso de J.J. Thomson, desfixen o movemento porque por regra xeral non se usan as iniciais nos títulos. E xa de paso felicitarte polo teu traballo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:15, 9 xaneiro 2008 (UTC)

Para que eses nomes aparecesen en azul é máis sinxelo facer unha redirección dende eses ós correctos. Pode servirche de axuda para saber facelo Wikipedia:Como redireccionar unha páxina. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:53, 12 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza editar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:51, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Redireccións editar

Ola Meu rei. Quería comentarche que cando moves artigos sucesivamente para crear redireccións (facer ligazóns azuis) provócase a creación de redireccións dobres, que hai que ir a amañar. Para que isto non suceda é mellor non facer movementos, e crear directamente a redirección. Podes ver aquí como facelo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 02:53, 23 marzo 2008 (UTC)

Concellos de Sevilla editar

Ola, Meu rei, que tal? Estou vendo que estás creando moitos artigos de concellos sevillanos. Que ben!, é bastante estraño o pouco volume de artigos xeográficos que temos en xeral, e en particular dos concellos españois. Pero se me permites unha suxestión, quizais sexa mellor tentar facer artigos máis completos ca artigos tan breves, baseados sobr etodo en datos, como a poboación, que caducan moi axiña e que é complexo manter actualizados. É só unha opinión persoal, claro, persoalísima. Un saúdo, e parabéns. --Xabier Cid 14:47, 9 abril 2008 (UTC)

ola! podes botarlle un ollo a este artigo que creaches? Hai só ese lugar na parroquia ou hai máis? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:08, 20 maio 2008 (UTC)

ai andas ai!! editar

Jajaja acabome de pinchar e vinte por aquí, traballa, traballa... jaja--Martinho12 20:46, 4 xullo 2008 (UTC)

haber oh!! editar

Dalle duro e empeza a facer artigos coma churros que xa volvemos ó posto 41!! --Martinho12 11:07, 8 agosto 2008 (UTC)

Podes mirar o que puxen en Conversa:IRA? É que probablemente lle teña que meter man en profundidade ao artigo e reestruturalo bastante, e quería que o soubeses. --  Norrin_strange (Fala-me) 16:45, 15 abril 2009 (UTC)

Ti abandonache isto e ala... a vivir a vida.. jaja —o anterior comentario sen asinar foi feito por Martinho12 (conversacontribucións) 19:31, 26 de febreiro de 2010

Compañía de Xesús editar

Boas Meu rei, o artigo Compañía de Xesús, que fixeches ti, ten o marcador de demasiado curto, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2017 ás 20:59 (UTC)Responder

Partido Liberal-Conservador editar

Boas, o artigo Partido Liberal-Conservador, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 3 de maio de 2021 ás 10:15 (UTC)Responder

Giuseppe Garibaldi editar

Boas, o artigo Giuseppe Garibaldi, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 21 de xullo de 2021 ás 22:56 (UTC)Responder

Giuseppe Garibaldi editar

Boas, o artigo Giuseppe Garibaldi, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 21 de xullo de 2021 ás 22:56 (UTC)Responder