Abrir o menú principal

Louis de Broglie

físico francés
(Redirixido desde "Louis-Victor de Broglie")

Louis-Victor-Pierre-Raymond, xeralmente coñecido por Louis de Broglie, nado en Dieppe o 15 de agosto de 1892 e finado en Louveciennes o 19 de marzo de 1987, foi un físico francés, introdutor do concepto de onda de materia.

Louis-Victor de Broglie Nobel prize medal.svg
Broglie Big.jpg
Louis-Victor-Pierre-Raymond
Datos persoais
Nacemento15 de agosto de 1892
LugarDieppe, Francia
Falecemento14 de marzo de 1987 (94 anos)
LugarParís, Francia
ResidenciaFlag of France.svg Francia
NacionalidadeFrancia Francesa
Actividade
CampoFísica teórica
Alma máterUniversidade da Sorbona
Director de tesePaul Langevin
Alumnos de teseJean-Pierre Vigier
Contribucións e premios
Coñecido porDescubrimento da natureza ondulatoria do electrón.
PremiosPremio Nobel de Física en 1929.
Signature Louis de Broglie.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pertencía a unha familia nobre francesa, e tivo parentes na política, na diplomacia e na carreira militar. Cursou Física teórica na Sorbonne, doutorandose en 1924.

En 1929 foi laureado co Premio Nobel de Física, por súa descuberta da natureza ondulatoria do electrón.

Dualidade onda-partículaEditar

En palabras do autor, "A idea fundamental da miña tese do 1924 era a seguinte: O feito de que, seguindo a Einstein na súa introdución dos fotóns como ondas de luz, coñecemos que a luz contén partículas que son concentracións de enerxía incorporada á onda, suxire que todas as partículas, como o electrón, poderían ser transportadas por unha onda na que estarían incorporadas... A miña idea esencial foi estender a todas as partículas a coexistencia de ondas e partículas descuberta por Einstein no 1905 para o caso da luz e os fotóns." "con cada partícula de materia con masa m e velocidade v a pode ser 'asociada' unha onda real", relacionada co momento pola ecuación:

 


onde   é a lonxitude de onda,   é a constante de Planck,   é o momento (relativista),   é a masa en repouso,   é a velocidade e   é a velocidade da luz no baleiro.

Esta teoría poía as bases da mecánica ondulatoria. Foi sostida por Einstein, confirmada polas experiencias de difracción dos electróns de Davisson et Germer, e xeralizada polos traballos de Schrödinger.

Non obstante, esa xeralización era estatística e non era aprobada por de Broglie, que dicía « que a partícula debe ser o asento dun movemento periódico interno e debe desprazarse na súa onda de xeito que quede en fase con ela, [Feito] ignorado polos físicos cuánticos actuais [que teñen] a mala idea de considerar una propagación de onda sen localización de partícula, o quera totalmente contrario ás miñas ideas primitivas. »