Benvido(a) á Galipedia, MVF!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 21:18, 9 decembro 2006 (UTC)

Outra Benvida editar

Ola MVF! Gran traballo o que estás a facer no campo do audiovisual, permitinme facer algunhas melloras no teu artigo Blanca Madison, sen máis sexa para tí a miña benvida.Resorte (Algo que obxectar?)

  • Ola, benvido! Permitinme o luxo de darlle formato ós teus artigos para que queden máis concordes co resto de artigos da Galipedia. Podes mirar os cambios que fixen para facelos ti nos teus próximos artigos. Grazas por colaborares connosco, espero que sexa por moito tempo.--AlberteSi, digame? 13:23, 10 decembro 2006 (UTC)

Saúdo de Benvida editar

Benvido/a á Galipedia MVF. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:30, 18 decembro 2006 (UTC)

consellodacultura.org editar

Ola MVF. Esta mensaxe está relacionada cos artigos que conteñen material procedente de culturagalega.org. O aviso legal do Consello da Cultura Galega di:

"Os contidos dos dominios consellodacultura.org e culturagalega.org quedan sometidos á licenza copyleft, polo que na súa virtude o usuario poderá copiar, distribuír ou publicar os contidos a condición de que cite con claridade a súa procedencia das fontes do Consello da Cultura Galega e, se é o caso, a autoría do arquivo, e non os modifique, quedando ademais obrigado a manter esta mesma licenza e requisitos de identificación do CCG como fonte de procedencia nas sucesivas publicacións e distribucións. Esta licenza só será aplicada a aqueles contidos localizados en páxinas dos sitios do CCG nas que figure expresamente indicada unha autorización ao respecto. No resto dos contidos, salvo autorización expresa e escrita do CCG, non se permite modificar, copiar, reempregar, explotar, reproducir, comunicar publicamente ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos nos devanditos dominios para propósitos públicos ou comerciais."

Esas condicións non son compatibles coa licenza GFDL, que require que se permitan obras derivadas. Por outra banda na licenza de uso de culturagalega.org di:

Esta licencia permíteche reproducir o noso contido baixo as seguintes premisas:

a) Con fins non comerciais
b) Non alterar o contido orixinal
c) Atribuíndo a fonte orixinal.
d) Incluír a data de publicación orixinal que figura en culturagalega.org.

Outra vez aparecen dúas condicións incompatibles coa licenza GFDL, non permite uso comercial nin obras derivadas.

Ben sei que moitos dos textos dos que estamos tratando son textos que as propias produtoras utilizan na publicidade (sipnose, fichas,...) Aínda así no caso da sipnose non podemos usar a reprodución literal do que aparece en culturagalega.org, no caso das fichas certamente os nomes dos integrantes do corpo artístico e técnico son os mesmos. Certo que poden existir versións máis ou menos extensas, aínda así deberíamos evitar reproducir o seu formato e comprobar que non hai erros nos nomes. Dito iso tamén quero dicir que esta circunstancia non desluce a túa contribución á Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:57, 9 xullo 2007 (UTC)

Ola MVF. Supoño que ninguén comentou nada porque moitas veces non temos tempo para comprobar todos os artigos e atendemos aos asuntos máis urxentes. Por ese motivo no caso dos usuarios considerados fiables pode que non se esteamos revisando coa mesma atención que noutras situacións. Grazas por comezar a corrixir e grazas pola túa axuda na mellora deste wiki (como ben dis o principal é corrixir aqueles textos que sexan reprodución literal, neste caso a sipnose). Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:48, 10 xullo 2007 (UTC)

Sobre traducións editar

Ola MVF. Por favor inclúe no campo resumo, un texto semellante a este "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua..." cando se trate dunha tradución doutra Wikipedia. Por exemplo para Torneo de Roland Garros sería "tradución do artigo es:Torneo de Roland Garros da Wikipedia en castelán". A licenza da Wikipedia (GFDL) require atribución, ademais indicar a orixe permite que calquera usuario poida verificar o artigo con maior facilidade. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:14, 12 xullo 2007 (UTC)

Listaxe de filmes e series editar

Ola! Vexo que estas a traducir artigos sobre cine e TV. Queríache dicir que hoxe comecei con isto, unha listaxe de películas e series non galegas que vai emitindo a TVG, para que sexa máis doado comprobar se existe dobraxe ó galego dun filme ou dunha serie determinada. Aínda é pequena, pero confío en que día a día vaia crecendo en tamaño e utilidade. O que che quero dicir con todo isto, é que se algún día tes dúbidas sobre un título, podes consultalo. Un saúdo.--Fryant 16:19, 2 setembro 2007 (UTC)

Parabéns editar

Parabéns polo traballo. Con tanto artigo que estas a crear logo vas ter que propor categorizar tamén por estilos porque con tanto artigo xa empezan a estar cheiñas as categorías. Saúdos Lansbricae (Ti dirás) 16:20, 7 setembro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas" editar

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 20:36, 25 novembro 2007 (UTC)

Cuestionario onomástica editar

Ola, MVF! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:24 (UTC)Responder

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Premio Nacional de Literatura de España editar

Boas, o artigo Premio Nacional de Literatura de España, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 29 de marzo de 2020 ás 21:02 (UTC)Responder

Referencias en "Montserrat Domínguez" editar

 

Ola, MVF. O artigo "Montserrat Domínguez" no que colaboraches non ten fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 10 de xaneiro de 2022 ás 15:08 (UTC)Responder