Conversa usuario:Lmbuga/discusións 7

Engadir conversa
Discussões ativas

Imaxe con orixe en CommonsEditar

Ola Lmbuga/discusións 7. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Río Xallas-Ézaro 080.jpg, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Rio Xallas-Ezaro 080.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Río Xallas-Ézaro 080.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.

Un cordial saúdo.

--Ecemaml (talk to me) 00:34, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Licenzas das imaxesEditar

Grazas polos teus cambios nas licenzas erróneas, pois eu non as controlo aínda moi ben. E para iso estás ti, para corrixirme nisto das imaxes (e seguro que nalgún outro aspecto tamén). Feliz 2008 e un saúdo!! --Toliño Fala aquí comigo 11:04, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Hola!Editar

Hola Lmbuga. He visto que eres burócrata en la Galipedia y creo que ya es hora de cerrar la Solicitud de flag para mi bot, BOTarate. Feliz año Lmbuga :), un saludete. Rastrojo 15:29, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe dun artigoEditar

Saúdos. Acabo de ver a mensaxe sobre a imaxe do artigo de Roman Vishniac. A foto saqueina da wikipedia en inglés (http://en.wikipedia.org/wiki/Image:Vishniac.jpg), se cadra equivoqueime ao indicar a licenza. Unha aperta.

--Iago 16:26, 2 xaneiro 2008 (UTC)

pregunta.Editar

Sabes como quedou a asunto dos nomes das equipas de fútbol? Digo aquilo de Deportivo de La Coruña/Deportivo da Coruña ou Olimpique de Marseille/Olimpique de Marsella. Un saúdo.--Norrin_strange (Talk) 17:25, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Escudos sen licenza e sen orixeEditar

En resposta a túa mensaxe, so dicir que os escudos que carguei conseguinos na páxina da Deputación de Pontevedra. A verdade é que non sei de certo que tipo de licenza teñen, supuxen que eran dominio publico. Saúdos.--Ric delg Falemos Ficheiro:Zoso.svg 20:45, 2 xaneiro 2008 (UTC)

Borrado de http://gl.wikipedia.org/wiki/Imaxe:SCADA_schematic_overview-s.svgEditar

O caso é que xa non lembro como fixen. Creo que por non darme de alta en commons subin a imaxe a w:gl e despois leveina a commons, pero non estou seguro. Bórraa sen votación, xa que ambalas dúas imaxes foron creadas por min a partires da súa versión .png, da que se solicitaba versión .svg. Xbello

Ola, lmuga, vexo que creache Modelo:NomeIncorrecto. Propoñeríache, se non é moito atrevimento, posto que é específico para imaxes, poñerlle un nome máis específico, tal como Modelo:NomeDeImaxeIncorrecto ou como ti vexas. Vaia, é unha suxerencia, nada máis. Espero que non che moleste. Saüdiños e bo traballo.--QuatriNauta 15:04, 5 xaneiro 2008 (UTC)

imaxesEditar

Levas razón, neste caso o usuario andaba editando ao mesmo tempo que lle mandei a mensaxe e pensei que podería chegar, pero vese que non. Tentarei deixar mensaxes máis concretas. Un saúdo e espero que os Reis foran abondosos. Lansbricae (Ti dirás) 19:37, 5 xaneiro 2008 (UTC)

maxes sen usoEditar

Luís, disme que teño subidas imaxes que non se usan en páxina ningunha. Seguro, porque ata agora pensaba que isto era como un almacén sen fondo onde ir amoreando imaxes que a alguén poidesen resultarlles útiles. Vexo que non. Disme tamén que "Para evitar o seu borrado, debes procurar que se empreguen nalgunha páxina", pero o caso é que non sei como saber cales son. E poñerme a repasar agora as miñas imaxes e buscar se están usadas ou non... sería moito chollo. Ten que haber algún truco para visualiza-las miñas imaxes e comprobalo doadamente. En canto mo digas empezarei a buscarlles sitio ou a subilas a commons.

Aproveitando a ocasión de falar contigo. No artigo Illa da Toxa hai dúas imaxes que sempre me pareceron ser escaneadas de postais ou folleto turístico ou baixadas da rede. Hoxe estiven buscándoas e a primeira (vista aérea da illa) procede (polo menos, está) en http://www.hotelpuentedelatoja.com/entorno.php e en http://elenmc.spaces.live.com/. A segunda (o Gran Hotel) aparéceme no Google en http://imag.aviajes.com/productos/240/s01001-001.jpg, pero na páxina propia non a vexo. Sí que está en http://www.galice.net/gran_hotel_la_toja.htm. Imaxino que xa me entendes: ou esa Susana Freixeiro é a fotógrafa e propietaria das fotografías ou... Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 20:37, 5 xaneiro 2008 (UTC)

AghhhhhEditar

Te has equivocado! XDDDD Me has dado el flag a mi y no al Bot! xDDDDDDDDD Corrígelo anda, por favor xDD. Saludetes Rastrojo 00:12, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Gracias :) No pasa nada, todos erramos alguna vez. Felices reyes :) Rastrojo 12:25, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Petición de axudaEditar

Ola, puxen un aviso seguindo o 2º modelo de nome de imaxe incorrecto, é dicir, propoñendo un nome alternativo, e non sei que fixen mal, pero algo é pois engade as instrucións de uso do marcador, poderías botarlle un ollo? Grazas, fíxeno na páxina de conversa do usuario Carabullo. Saúdos e grazas de novo. Alma (fálame eiquí) 17:40, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas por arranxalo, :), pero penso que non levas razón, levas facendo un curro incrible e xusto é recoñecelo. Por certo o outro día deixei na Taberna unha pregunta con respecto a petición de como proceder á subida de imaxes a Commons (para os que usábamos licenzas GFDL e PD), penso que xa arranxei as do outro día, pero por se acaso me falta algo e aproveitando que estás por aquí, podes mirarme esta: http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Fonte_-_Maside.JPG e dicirme se lle falta aínda algo por mudar ou é así? Grazas de novo. Alma (fálame eiquí) 18:00, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes e artigos de cruceirosEditar

Boas, bótalle un ollo se podes a isto. Avisei ao usuario pero aínda non hai resposta, se non me equivoco imos ter que borrar todas esas imaxes e artigos. Se mo confirmas póñome a elo, tampouco quero darche máis traballo :). Grazas, un saúdo --Banjo tell me 18:39, 6 xaneiro 2008 (UTC)

Modelo:AvisoRenomearEditar

Non entendo ben cal é o problema. --Xosé (✉) 12:43, 7 xaneiro 2008 (UTC)

  • O problema non está nos modelos: na páxina dese usuario colocaches primeiro un modelo pero, no segundo caso, copiaches o texto completo, co Image repetido! --Xosé (✉) 14:03, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Sobre a imaxe de Mareas VivasEditar

Ola Lmbuga! A imaxe do mar (Imaxe:Mareasvivastvg.png) non é ningunha escena da serie. Foi feita por min na costa da miña aldea. Saúdos! ;) --ShinichiCóntame 18:38, 7 xaneiro 2008

Imaxe de GaliceCharlesV.jpgEditar

Grazas por me avisar do da imaxe, penso que agora está completada.

grazas. Conversa Usuario:Alexandre Vigo

OlaEditar

Ola, deixeite unha mensaxe en Commons, preciso axuda para saber como teño que facer para subir correctamente unha imaxe. Grazas. Alma (fálame eiquí) 13:39, 9 xaneiro 2008 (UTC)

Moitísimas grazas, fareino como me dis, e mantereite informado. :). Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:09, 9 xaneiro 2008 (UTC)
Mandeite un mail pero teño unha dúbida máis, teño unha nova versión da imaxe sen a coletilla de embaixo, cal cres que é mellor que suba?, a 1ª que che enviei (para que se vexa que é titular dos dereitos) ou sen eso para a utilización da imaxe? Grazas de novo e perdoa pola lata que te estou a dar. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 13:34, 10 xaneiro 2008 (UTC)
Grazas por todo, estiven a facer probas, e o modelo Attribution, permite poñer o nome do autor da obra, non ten porque ser un usuario de Commons, así que deixei esa elección nas mans do autor. Xa lle mandei o correo, en canto reciba o formulario cumplimentado a cargarei en Commons como me dixeches. Moitas grazas e apertas. Alma (fálame eiquí) 19:26, 10 xaneiro 2008 (UTC)
Supoño que o verías, ao final o propio autor da imaxe a subiu el mesmo a Commons [1], deuse de alta como usuario e o fixo el, penso que está ben así e ao ser el o autor, semella que non ten que mandar a autorización, ou eso entendín eu, podes confirmarme se está ben?. Grazas por todo, e apertas. Alma (fálame eiquí) 12:42, 14 xaneiro 2008 (UTC)

molesterkidsEditar

boa noite, perdoa que te moleste, pero como es admin, indicoche a opinion de que sería convinte que borrases o usuario molesterkids, pois o nome non é moi correcto que digamos. Saúdos.---- Maañón00 (o que ho?) 00:16, 12 xaneiro 2008 (UTC)

Boa noite, acabo de recibir unha mensaxe dese usuario, que está enviando mensaxes a todos os que estamos editando (usuarios e ips), ten un contido relixioso sobre o islam propagandístico e non está asinada, quero saber se o teño que manter ou podo consideralo vandalismo e revertir esa edición?, porque do xeito en que as está a facer semella un acto de vandalismo. Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 00:31, 12 xaneiro 2008 (UTC)
——>Non esperaba de ti menos, menos mal que nos coñecemos:
  1. Dásme mal o nome do usuario, é Usuario:Molersterkids&infants
  2. Indícasme un motivo para borrar sumamente cestionable cando en realidade hai unha situación que semella grave co dito usuario (este) (non entendo moi ben o inglés, así que actuarei con precaución, inda que me parece que ao usuario debe ser bloqueado)

Grazas por importunar cando se está a traballar, por dificultar o traballo e por poñer a cambadela a outros usuarios.--Lmbuga Commons - Galipedia 00:37, 12 xaneiro 2008 (UTC)


Ola Lmbuga. Pedinche que borraras a un usuario que se chama Molersterkids&infants(="abuso sexual de nenos e infantes") (traducion aproximada) inmediatamente despois de ver en cambios recentes o aviso de creacion de tal usuario. A razón non tivo que ver con spam, simplemente pareceume un nome ofensivo e noxento (e siguemo parecendo!!).. Acabo de ver a tua contestacion e paréceme increible que me descalifiques por iso e que pidas o meu bloqueo na Taberna. Talvez che din poucas explicacions e por iso reaccionache contra min, pero pediriache un mínimo de boa fe:

  1. pensei (e penso!) que un usuario con tal nome merece ser borrado inmediatamente.
  2. púxenche unha explicacion curta pois tiña presa, detectei o problema xusto antes de pechar o navegador pois era tarde e ibame deitar.
  3. como ti traballas en commons, pensei que o teu nivel de ingles che abondaría para entender que o que significa "molester kids", e que se non o sabias (igual que me pasou a min), consultarías un dicionario (un dicionario potable, por exemplo http://www.m-w.com/dictionary/molester).

Ben, espero que con isto entendas porque pedin o borrado de tal usuario e espero tamén que retires as descalificacions contra min e a peticion de bloqueo contra min por iso (seria kafkiano que me bloquearas por pidir que se borre un nome de usuario insultante).Supoño que entenderás a miña reaccion cando vin o que puxeche contra min. Eu NON pido o teu bloqueo (insisto en que aqui cabemos todos), pero gostariame que me mantiveras o minimo respecto á miña persoa, evitando animadversidades que soamente nos conducen a queimármonos todos en vez de disfrutar da edicion. Saudos.---- Maañón00 (o que ho?) 08:13, 12 xaneiro 2008 (UTC)

——> Resposta:

Disme que che gustaría que mantivese un mínimo de respecto cara a túa persoa. Confúndeste, tes todo o meu respecto, cando queiras douche un abrazo, dime onde quedamos.

O que non "respecto" (entre comiñas) é a túa actuación. Sabes como nos levamos ti e mais eu na wiki no pasado, polo tanto, estabas obrigado a ser coidadoso (case che era roibido comunicarte comigo). Non poñer o usuario cun enlace non é relativamente irrelevante. Poñer incorrecto o nome do usuario pode ser unha falta de respecto (agás que non teñas coñecemento, que non é o teu caso). Solicitar o que solicitas -a min!, cos precedentes que hai-, cando o que procede primeiramente é outra cousa, o non vai máis: semella unha cambadela.

Así e todo, acepto as túas explicacións e pídoche desculpas. Mesmo acepto que me confundín neste caso e rectifico. Con esta aceptación abro camiño a colaborar contigo na wiki, camiño que ata o de agora estaba -ámbolos dous o sabemos- pechado. Un cordial sañudo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:17, 13 xaneiro 2008 (UTC)

——> Resposta seuinte:

Tras ver a súa adenda ó asunto aquí procedo a comunicarlle as miñas palabras: estas. É vostede falso (a súa falsidade é intencionada e comprobable). Todo o dito por mail ou por outra canle deixa, ó meu parecer de ter valor.. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:54, 13 xaneiro 2008 (UTC)
  • Se algén desexa máis datos sobre a falsidade, solicítemos, por favor--Lmbuga Commons - Galipedia 22:05, 13 xaneiro 2008 (UTC)

FlickrEditar

Todo traballo é benvido, desculpa que non che contestase antes. O que non teño moi claro é , temos o sistema pero habería que aplicalo. Polo que poiden entender en commons todos os administradores de wikiproxectos poden revisar imaxes subidas de flickr. Se é así podería localizar as imaxes que subin de flickr directamente á Galipedia e marcalas para que algún administrador a revise. Se é preferible tamén as podo subir a commons para que se comproben alí. No tema do traballo que estás facendo non vexo que actúes de ningún xeito negativo, ao contrario, axúdasnos co teu esforzo a todos. Un saúdo e para o que queiras. Lansbricae (Ti dirás) 11:15, 12 xaneiro 2008 (UTC)

Vale. Tentarei facer un listado completo das imaxes e mándocho por correo, ou poñoo aquí directamente. Agora as de flickr ando a subilas directamente co flickrbot ese e xa queda todo solucionado ao momento. As que hai na Galipedia sen comprobar non é que teñan moito perigo xa que son de Freecat pero as cousas ben feitas, ben quedan. Creo que son todas de mosteiros. Grazas e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:29, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Sobre as túas mensaxes no taboleiroEditar

Ola Lmbuga. Na miña opinión trabúcaste ao dar esas prolixas explicacións no taboleiro no apartado vandalismo e ao asumir unha responsabilidade que non tes. Aínda que a túa petición inicial de bloqueo podería non ser comprendida por moitos usuarios penso que na substancia era correcta. Eu mesmo pensei en intervir para achegar datos sobre o tema, non o fixen para que a discusión non continuase. A miña intervención ía ser achegando datos de intervencións túas en situacións semellantes mesmo sendo acosado personalmente. É compresible que consideraras unha cambadela a mensaxe de dito usuario. É unha ironía das boas que un usuario que creou un usuario de suplantación para denigrar a un compañeiro (feito que el mesmo recoñeceu implicitamente polo menos en dúas ocasións), un usuario que tamén protestou airadamente por un bloqueo de dúas horas veña dando leccións sobre a quen se debe bloquear. A súa mensaxe desde logo non é un exemplo de prudencia. Para finalizar non creo que debas publicar información personal no wiki polo tanto prégoche que retires dita información das páxinas deste proxecto, borrando a versión desa mensaxe e substituíndoa se queres por unha explicación escueta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:16, 14 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe:Cea Santiago.JPGEditar

Lmbuga:grazas por ter borrado a foto.Como xa sabes eu só quería pasarlla a Alma.Unha aperta--Pelos 18:49, 14 xaneiro 2008 (UTC)

saudosEditar

Lmbuga: acepto as tuas disculpas e pidoche que aceptes as miñas por non me ter explicado mellor (supuxen que cando consultaras cambios recentes te decatarias do usuario do que estaba falando). Confio que a cinza deste lume xa apagado sirva para abonar unha colaboración futura.---- Maañón00 (o que ho?) 22:43, 14 xaneiro 2008 (UTC)

Flckr botEditar

Si, eu descubrino por casualidade en commons cando vin a manudosde subindo unha. É moi doado, verei se é igual de doado explicalo. 1- As imaxes xa as procuras ti. Está ben o de estar en flickr, hay moita comunidade interesante. Despois da cea anduven procurando polo avanzado só imaxes con uso comercial e derivado, ou sexa marcando as dúas últimas opcións e con Galicia como tag. Saen como 6.000 creo, e fuchicando nelas fun agregando os contactos, cousa que antes nin usaba, non teño nin subida unha imaxe.( 2- O bot: [2]. Os requisitos: 50 edicións e levar máis de 4 días rexistrado. (sen comentarios, só en cats en commons non sei canto levarás deixado). [3]. O bot úsase indo a páxina del [4] e cubrindo na casela de arriba o teu usuario e na de abaixo a direción da páxina da imaxe a descargar, pa diante e 3- Na segunda pantalla do bot podes cambiarlle o nome (se xa existe avísache o bot), en description a equivalente en commons e na última caixa as cats..., que por certo entendo que se se inclúe nun artigo que é o preferible non se lle pon ningunha categoría (nin concello nin tipo (churches...))(esto pregúntocho). PA diante e vaise ir a commons.

4- Commons. "O calcetín". Co teu usuario poderás facer modificacións antes de gardar. Gardas e aparéceche a testemuña do arquivo a subir. O último paso é cliclar na ligazón ao bot que aparece no campo permission e o bot sube a imaxe. Quedas na pantalla do bot desde a que podes ver a imaxe subida na ligazón your uploaded image, o caso é que se non esperas uns intres tarda en aparecerche en commons. a imaxe queda subida e co bot quitando un choio do demo. A pega que só deixa 6 por hora, pero se se quere ordear as imaxes e comprobar si xa están ou non creo que sobra e hai moita imaxe en flick (que tamén se cansa polas noites sobre todo).

Non me enrollo máis. O que axuda o bot é a ter máis tempo para coñecer todo o que é commons e poder dedicarlle un tempiño que antes se empregaba noutra cousa, e axudar en todo o Mundiño da Cat Galicia. Un saúdo e para o que queiras. Lansbricae (Ti dirás) 22:58, 14 xaneiro 2008 (UTC)

DúbidaEditar

Ola, estaba poñendo categorías ás imaxes, e atopeime cun caso coma éste Imaxe:Monte Pindo.JPG, onde o autor da imaxe a falta dunha licenza dálle dúas distintas, que se fai nestes casos?, porque non é o 1º que vexo, e prefiro preguntarcho a ti antes que marcalo cun marcador no que tampouco encadra claramente o problema. Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 12:03, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Moi boa ideaEditar

Sí, paréceme moi boa idea, así saímos de dúbidas de que puidera ser un erro. :). Por certo, non me comentaches nada da imaxe de Manuel Rivas en commons, entón é que está ben? Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:30, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Moitas grazas e sorte na procura, se che podo botar unha man, xa sabes onde estou. Saúdos.--Alma (fálame eiquí) 20:45, 15 xaneiro 2008 (UTC)

UsuariosEditar

Acabo de ver que o borraches... Así que me lembrei das normas antimonicreques e que quedaramos de redactar un parágrafo axeitado para os usuarios colectivos. A ver se atopo iso das normas, recupero os textos e lle damos unha saída que estea ben prós vososo propósitos didácticos e que, ao mesmo tempo, non se poida terxiversar no futuro... Saudiños, e moi boa noite, Lmbuga. --Xabier Cid 23:21, 15 xaneiro 2008 (UTC)

Bótalle un ollo, a ver qué che parece: Wikipedia:Normas_antimonicreques#Contas_comunitarias--Xabier Cid 00:24, 16 xaneiro 2008 (UTC)
Favoriño. Pódeste conectar, porque non lembro os pasos para a fusión de historiais? --Xabier Cid 23:46, 16 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, estou intentando editar un artigo sobre unha agrupación electoral que desapareceu hai uns 20 anos e atopei unha Pegatina co símbolo que os identificaba. Ten copyright? Xa me dirás.--PepedoCouto 16:21, 18 xaneiro 2008 (UTC)

Resposta a Imaxe:Castelo-da-Lúa-ruínas.JPGEditar

Ola Luis,esta imaxe estaba proposta para ser borrada se non cambiabase o seu nome (Imaxe:DSCN2382.JPG), pois eu pensando de facer ben pois pasei a renomeala e por ahi viu o problema NomeImaxeIncorrecto. Aqui acabase o misterio?. Un cordial saúdo e perdoa pola molestia--Padin 17:19, 21 xaneiro 2008 (UTC)

FilckrEditar

Ola, perdoa que non me acordara. Pasei algunhas imaxes de flickr á categoría que fixeras: Categoría:Imaxes de Flickr revisión pendente para facerlles a revisión e esquecín decircho. Se queres que lle faga algo máis dimo.

Tamén che quería preguntar unha cousa: subín as imaxes de freecat commons:Igrexa de San Martiño de Sobrán e pensaba en facer un gif para por no artigo. Nese caso sería unha obra deriva non? ¿Cómo o sinalaría? Tería que poñerlle a mesma licenza e especificar que se trata dunha presentación coas imaxes de Freecat ou similar. ¿Qué opinas? (tamén sobre se está ben facer este tipo de gifs a imaxe do que fixeches coa Catedral de Santiago, porque pode que sexa sobrecargar o tempo de carga da páxina non sei). Grazas e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:10, 18 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe agrupación electoralEditar

E logo, como fixestes para meter as do PP, BNG, PSOE, etc?--PepedoCouto 21:24, 18 xaneiro 2008 (UTC)

Agrupación electoralEditar

Refírome ós símbolos dos partidos que aparecen nos seus respectivos artigos. Por certo, estou tentando traducir o artigo de Figo para que non se perda, e a miña pregunta é: unha vez que estea traducido deixa de perderse automaticamente? Tamén vexo que ó remate da traducción queda moito que facer como a eliminación de datos duplicados, tentar axeitalo ás expresións galegas, etc. En fin, moito chollo.--PepedoCouto 11:10, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Moitas. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 18:52, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Obra derivadaEditar

Ola, teño unha dúbida, collín unha imaxe de commons e traballei con ela para facer unha obra derivada (só quería a terceira parte desa imaxe), o caso é que quero subir esa imaxe a commons de novo (a que fixen eu) para usala tanto na Galipedia como en Galicitas pero non sei exactamente como teño que facelo, podes botarme unha man? Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:34, 22 xaneiro 2008 (UTC) PD: O orixinal está no Público Dominio e o autor é anónimo [5]

O que fixen foi cortar a imaxe para deixar a unha soa das persoaxes que saían nela e retocala, pero se che é máis doado, envíocha por correo para que lle botes un ollo. Saúdos e grazas por todo. Alma (fálame eiquí) 20:55, 23 xaneiro 2008 (UTC)
Subina como me dixeches pero dame erro e non se ve a imaxe, pensei que puidera ser polo tamaño e aumenteino e voltei cargar a imaxe e despois de amañar varias cousas segue a dar o erro e non son capaz de dar con el. Podes mirala a ver se ti atopas o problema?, a imaxe en commons é [6]. Grazas mil. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:16, 23 xaneiro 2008 (UTC)
Quería a imaxe de Simone de Beauvoir sen o xeonllo que ten diante e sen o Che e Sartre, só ela. A verdade é que non sei qué lle pasa, pero no ordenador eu véxoa perfectamente. A ver se ti es capaz. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:09, 24 xaneiro 2008 (UTC)
Que va, vin a túa imaxe e estou encantada ;), era xusto o que quería, incluso está mellor retocada que a que fixera eu, así que mil millóns de grazas e se se pode, por min xa deixamos a túa que é infinitamente mellor. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:52, 24 xaneiro 2008 (UTC)

Tímpano e redirecciónsEditar

Ola, Lmbuga. Moitas grazas pola mensaxe. A min non me gusta moito iso que ti propós, porque facemos unha redirección circular e porque marcamos de azul unha ligazón que, quizais, alguén podería construír de estar en vermello... Pero como por outra parte tes razón, e non ten moito sentido que exista un significado lateral de tímpano e non o principal, ao final creei eu o artigo tímpano. Un saúdo. --Xabier Cid 22:44, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Tesme que desculpar, Lmbuga, entendinche algo completamente ao revés. Síntoo moito. De entenderche correctamente non tería feito o troco, ou cando menos, teriamos falado máis. Polo que respecta ao tema de fondo, creo que hai dúas situacións: unha cando todos os homónimos son máis ou menos da mesma relevancia, e outra cando hai un que, polo que sexa (é unha cidade, é galego, ou é a palabra máis común) é moito máis frecuente. Ou sexa, que non é porque a medicina sexa máis importante cá arquitectura neste caso, senón porque o que entende a xente como primeiro recurso é ese. Do que se trata é que cando ti poñas unha ligazón a tímpano dende outro artigo, vaias á correcta, e non que teñas que dar un innecesario salto por homónimos. Pero, ben, desculpa moito pola edición que fixen entendéndote mal. --Xabier Cid 22:49, 24 xaneiro 2008 (UTC)

conserva de mexillónEditar

Luis, podes borrar sen problemas a fotografía vella das conservas de mexillón (Imaxe:Conservas mexillon.JPG). Acabo de subi-la foto orixinal, de mellor calidade, baixo o nome de Imaxe:Elaboracion conserva de mexillón.JPG. Aquela subina ó pouco de empezar a colaborar nesta casa (foi a primeira fotografía que subín) e aínda non sabía nin a forma de identificala nin que non había problemas con fotografías de 500-600 kb. Sinto darche tantos problemas. Un saúdo e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 19:26, 25 xaneiro 2008 (UTC)

  • Tamén podes borralas (Depuradora mexillon.jpg e 1195 recortada 50.jpg, ambas do 19.03.2007). Acabo de subi-la orixinal: Depuradora de mexillón.jpg. Preferín subila de novo, e mellor, que cambia-los datos daquelas. A primeira non enlazaba con ningunha páxina, pero a segunda si: con depuración de moluscos (na que vou cambia-la referencia) e wikipedia:Imaxe da Semana/26 2007, onde non sei se se pode cambiar ou non. Pedro --Lameiro (conversa) 20:09, 25 xaneiro 2008 (UTC)
    • Ti e-lo experto así que ben está o que ti fagas, pero se conservas Imaxe:1195 recortada 50.jpg ¿non sería bo cambiarlle o nome por aquilo dos nomes que non din nada? (hai pouco andabas niso dos títulos incorrectos -como "1195 recortada 50"- pero agora non o atopo). O de "recortada" non quería dicir que é a mesma imaxe que a actual Imaxe:Depuradora de mexillón.jpg, pero recortada a ámbolos lados. Por iso dicía eu de borrala tamén. Pero bueno, non importa. Ata outra e paciencia, que falta che fai. Pedro --83.53.178.42 18:01, 28 xaneiro 2008 (UTC) [Lameiro: vexo agora que non estou no sistema, ¡señor!]

ImaxesEditar

Sinto moito o traballo que che poiden ocasionar pola subida de imaxes sen licenza--Hugo22 12:30, 28 xaneiro 2008 (UTC).

xuntanza-ceanzaEditar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:48, 30 xaneiro 2008 (UTC)

CaneliñasEditar

Luis, a fotografía da praia de Caneliñas (Portonovo) [Imaxe:Caneliñas.jpg] podes vela nesta web: http://www.bmwfaq.com/f7/ot-ven-a-rias-baixas-fotos-113356/index2.html. Xa sabes: toca borrala. Pedro --Lameiro (conversa) 20:34, 31 xaneiro 2008 (UTC)

AxudaEditar

Necesitaba que me botaras unha man coa licenza desta imaxe, que non me remexo: [Imaxe:FirthofForthmapGAL.png]. Grazas.--Xabier Cid 02:25, 1 febreiro 2008 (UTC)

Moitas grazas --Xabier Cid 13:33, 1 febreiro 2008 (UTC)

User/UsuarioEditar

Desculpa, fun eu o que cambiou user por usuario ademais de facer outras correccións no Modelo:GFDL-user-w. Acabo de ver que tivestes problemas pola miña culpa, síntoo. --Toliño Fala aquí comigo 13:19, 1 febreiro 2008 (UTC)

Licenzas,respostaEditar

Ola Luis, como sempre eu querendo facer ben sempre me sale mal. Pois verás, esa imaxe (Image:LouisBraille-escr.png) como doutras maís foron subidas baixo variadas licenzas pensando que seria mellor “pecar” de moito que de pouco. De todas as maneiras a que si esta de sobra neste caso concreto, é xustamente a licenza PD, pois a imaxe subina para ilustrar o artigo de maneira provisoria dada a mala calidade da mesma, mais na espera de que alguén pudera rempraza-la. Tes toda a razón do Mundo, ó que ten que pedir disculpas unha vez mais, son eu . Si queres que faga algo para remediar este asunto pois dilo pa que o faga eu mesmo. E si ti pensas que é mellor borralas, adiante e sen compasión. Un forte abrazo de --Padin 16:31, 1 febreiro 2008 (UTC)

  • As licenzas únicas {{GFDL ou cc-by-sa 2.5 es}}, "encaixanme" perfectamente. Grazas outra vez pola tua axuda. Saúdos--Padin 16:59, 1 febreiro 2008 (UTC)

Arco verde.jpgEditar

Ola, a foto que subiches de Filckr é preciosa. Por si che sirve de algo, direiche que a foto representa unha parte do coñecido Mosteiro de Caaveiro, no concello de A Capela. Coméntocho polo da categoría. Saúdos.

Boa noiteEditar

Boa noite e bo traballo. Marquei unha imaxe de flickr que desapareceu da orixe como como copyvio Imaxe:Peche da igrexa de Meira.jpg, e xa a quitei dos artigos nas que estaba. Mágoa de imaxe. É bonita. Unha saúdo e boa fin de semana. Lansbricae.

Graciñas. Supoño que haberá máis imaxes de flickr que subira sen dicir nada. Despois da fin de semana vou revisar, os castelos sobre todo, se as dou atopado. Non creo que falten moitas xa que cando me avisaches pasei a subilas a commons. Bo traballo e se che podo axudar en algo, encantado. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 09:48, 2 febreiro 2008 (UTC)

  • Unha pena o da imaxe, cando a carguei pensei que era de libre disposición pero ao non o ser fixeches o que tiñas que facer. Acerto 10:02, 3 febreiro 2008 (UTC)

Imaxe da estatua de DionisosEditar

Penso que non ten ningún problema esa imaxe e outras desa exposición que pensaba subir e algunha outra que xa subín, posto que nela non se restrinxía a posibilidade de facer fotografías, de feito deixáronme perfectamente e sen ningún tipo de problemas. Non as fixen en ningún museo, senon nunha exposición que está aberta ao público no Convento de San Francisco en Ourense. Ti dirás, e farei o que digas pero fíxenas nunha exposición aberta ao público e sen prohibicións de facer fotografías e non nun museo. Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 08:57, 6 febreiro 2008 (UTC)

PD: De tódolos xeitos teño feitas moitas imaxes en museos que sí permitían sacar fotografías e incluso hai en commons varias categorías onde se recollen fotos sacadas nos museos, como por exemplo Egypto, Museo do Prado ou Museo Arqueolóxico de Sevilla e neste último caso eu sei que non se podían sacar imaxes. E que eu se o museo consinte sacar fotografías, non lle vexo o problema, pero xa che digo que neste caso, non foron sacadas nun museo. Alma (fálame eiquí) 09:02, 6 febreiro 2008 (UTC)

  • Sí, é un tema espiñento, neso douche toda a razón, haber se podo miralo máis polo miúdo por se se da o caso e poderllo rebater a quen nolo discuta, e así poder evitar ter que recorrer ao borrado (que sexa esa a última opción, non?) pero se nos baseáramos na lexislación existente analóxicamente (e un pouco collido polos pelos, recoñézoo, pero a analoxía é unha técnica xurídica) poderíamos aplicarlle o artigo 35 a) da Lei de Propiedade Intelectual española, xa que estamos a facer unha enciclopedia e neste caso ao facer o artigo poñemos de actualidade o tema:
Artículo 35. Utilización de las obras con ocasión de informaciones de actualidad y de las situadas en vías públicas. 1. Cualquier obra susceptible de ser vista u oída con ocasión de informaciones sobre acontecimientos de la actualidad puede ser reproducida, distribuida y comunicada públicamente, si bien sólo en la medida que lo justifique dicha finalidad informativa.

De tódolos xeitos, penso que é difícil que che demanden se che permiten sacar as fotografías, non darían abasto botando unha leve ollada á rede, ;), eu para evitar problemas nunca subo ningunha das que saco en sitios onde está prohibido facelas (se eles mesmos xa o prohiben expresamente mellor non buscar problemas). Saúdos e grazas. Alma (fálame eiquí) 10:51, 6 febreiro 2008 (UTC)

  • Dou por suposto cando falo de estatuas ou cadros que os dereitos de autor dos seus donos expiraron, é dicir, que xa pasaron os anos correspondentes, obviamente, non se pode colgar un cadro de Luis Seoane baseándose nese artigo, pero unha escultura castrexa sí. Referíame a esa finalidade informativa. Sacando os casos nos que os dereitos dos seus lexítimos autores seguen vixentes, obvio. A Galipedia no ten outra finalidade que a informativa. Non busca obxectivos promocionais nin económicos, por iso sempre que o obxecto da imaxe respecte o punto 1º que é que sexa libre de dereitos do autor orixinal ou que pertenza ao Estado (no caso dos bens do patrimonio histórico) ahí si cabe a aplicación deste artigo. Enténdeseme agora? :).Alma (fálame eiquí) 11:11, 6 febreiro 2008 (UTC)

PD: A finalidade informativa da Galipedia xustifíca que sexa perpetua porque é unha enciclopedia (ahí é onde se aplica a analoxía, recurso xurídico ou artimaña legalista, como o queiras chamar) pero non se pode negar a finalidade informativa da Galipedia. Alma (fálame eiquí) 11:16, 6 febreiro 2008 (UTC)

  • Entendo e comparto ao 100% o que dis, o que quero dicir é que con tempo (que agora non o teño) podo atopar estudos e se me poño en serio a ver se ata sentenzas que basean neste artigo a súa utilización para manter en proxectos afíns ou semellantes ao noso, imaxes de obras como das que estamos a falar e que nos poderían servir de base para poder xustificar o seu mantemento. Agora ben, tes razón que antes de perxudicar ao proxecto, mellor quedar sen imaxes ningunha que entrar en conflitos con ninguén. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 11:48, 6 febreiro 2008 (UTC)

ImaxeEditar

Moitas grazas e moitas veces, mestre. :). Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:49, 7 febreiro 2008 (UTC)

Catador de imaxesEditar

O enderezo aquel segue sen traballar... Ocórreseche algunha forma alternativa? Saudiños --Xabier Cid 13:14, 8 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e GalizaEditar

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:33, 9 febreiro 2008 (UTC)

fotosEditar

Ola! teño unha dúbida; en commons cando subo unha foto póñolle Categoría:Estevoaei pa que me sexa máis fácil saber as que subín; na galipedia podería facer o mesmo ou algo semellante?? Graciñas, e un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 19:25, 12 febreiro 2008 (UTC)

Licenza Cc-by-sa-2.5 xenéricaEditar

Ola, precisaba esta licenza xenérica, non a española para arranxar dúas imaxes, en commons sí existe, pero na Galipedia non, e nas páxinas web da que proveñen, e ésta e non a Cc-by-sa-2.5-es a que obriga a empregar. Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 20:51, 16 febreiro 2008 (UTC)

Grazas, non me dira conta, xa o amañei, o que queda en vermello é a categoría, supoño que haberá que creala pero iso xa o deixo para xente máis experta. Saúdos e adeus. Alma (fálame eiquí) 08:58, 18 febreiro 2008 (UTC)


Imaxe:Escudo-de-Camarma-1.pngEditar

Ola LM, moitas grazas polo teu traballo a imaxe en Commons. Ata a proxima, e un cordial saúdo--Padin 17:27, 18 febreiro 2008 (UTC)

estrela de marEditar

Luis, comproba os cambios que parece que se fixeron na imaxe Imaxe:Estrela de mar.jpg, esta tarde: (dif) (hist) N Imaxe:Estrela de mar.jpg‎; 19:51 . . (+26) . . 84.91.39.180 (Conversa) (Nova páxina: a estrela do mar é bonita). No sumario da imaxe hai unha mención a http://commons.wikimedia.org/wiki/Image:Peixe_fósil.jpg, así que non sei se a manipularon (a do peixe) ou qué. Ti verás que entendes máis disto. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:38, 19 febreiro 2008 (UTC)

  • De nada ho, pero non esquezas de revisar tamén esa mención no resumo a unha imaxe dun peixe fósil, que pouco ten que ver coa estrelamar. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 18:55, 20 febreiro 2008 (UTC)

ImaxesEditar

Ola. Xa ampliei a información sobre as imaxes do artigo Fernando Rodríguez. Non sei se o faría ben, máis ou menos fun seguindo as pautas que me dixeches. De todas maneiras, coas fotografías non vai haber problema de licenza porque son miñas. Grazas por avisar. Un saúdo. --Lara 09:29, 21 febreiro 2008 (UTC)

Imaxe da semanaEditar

Ola Lmbuga ! Despois dun bóo paseo por commons, pareceme ben cas imaxes da vaca e a das hachas estuveran na portada da Galipedia. A da vaca dame emocion persoal e das hachas faime recordar moitas cousas alegres da niñez, sin ser eu especialista da beleza das imaxes, podese decir que estas duas son bastante boas, qué dis ? é tes probas ! Hai unha regra que non che permite de proporlas de imaxes da semana, ou outra cousa ? Saudos ElviraConversa con mi 21:20, 21 febreiro 2008 (UTC)


Thank you for your message, best regards ;o) --Dalibor Bosits 22:32, 21 febreiro 2008 (UTC)

Sobre as imaxes (outra vez)Editar

Ola. Xa volvín editar as imaxes das esculturas(a ver se á segunda vai a vencida). Moitas grazas por explicáresme como vai isto das imaxes, que non tiña (nin teño aínda) moita idea. Con respecto ao que me dixeches sobre o posíbel copyright de dúas das imaxes, eu reitero que non vai haber inconveniente con elas porque son de meu. Un saúdo, e moitas grazas por todo. --Lara 09:38, 22 febreiro 2008 (UTC)

Imaxes (por vez terceira)Editar

Ola. Non te preocupes polas imaxes de interiores, porque non é que as fixera eu, doumas o propio escultor, o que pasa é que as editei como se fosen de autoría propia porque non vía outra opción que se achegase á verdadeira. Un saúdo. E grazas outra vez. --Lara 10:46, 23 febreiro 2008 (UTC)

——>Ola de novo. Co que dis, inda se complica máis a situación das imaxes. Todo o material da Galipedia debe ser verificable. As orixes das imaxes deben ser verificables, en caso de que non sexan verificables deben ser borradas. Ademais, na Galipedia non se poden publicar imaxes de terceiros pois non hai un sistema creado para a cesión de permisos. Si se poderían publicar en Commons (explícase en Commons:OTRS), pero é un procedemento moi complicado que, pola dedicación que supón e posto que xa o hai en Commons, non creo que se desenvolva polo de agora na Galipedia.
Pensa que nós publicamos a imaxe permitindo a creación de obras derivadas e o uso comercial, ¿sábeo o autor?, ¿sabe que alguén podería facer unha copia da súa estatua?. De aí o complicado do procedemento en Commons.
Por outra banda, se o autor decide nun momento determinado non permitir o uso, ¿que pasaría? Teriamos que borrar unhas imaxes cando xa alguén as puido empregar considerando que están no dominio libre.
Síntoo, pero as imaxes de estatuas en interior das que falamos teñen que ser borradas: Non son self made (orixe non verificable). Sempre poderías subilas a Commons seguindo OTRS (a caixa de datos para a subida de imaxes a Commons é a mesma ca na Galipedia). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:49, 24 febreiro 2008 (UTC)

ImaxesEditar

Ola. As imaxes deumas o propio autor expresamente para que eu as puxera na Galipedia, e sabe perfectamente que agora son de dominio público; de feito, viu o artigo e pareceulle correcto. A verdade, non me gustaría que fosen eliminadas, pero aí eu xa non son a que decide. Un saúdo. --Lara 20:33, 24 febreiro 2008 (UTC)

——>*Creo que non entendes o meu proceder con estas imaxes e contigo, procurarei exlicalo). Xa sei que che gustaría mantelas, non entendo que me digas algo tan evidente: Eu son un usuario máis, mais con certas funcións, tamén eu preferiría non borralas, pero o proxecto non funciona por apetencias, hai que seguir as normas e procurar a estabilidade do proxecto inda que iso supoña borrar imaxes concretas. Na anterior mensaxe expliqueiche algún dos riscos que pode presentar ter estas imaxes. Non podemos mantelas, non podemos correr riscos e vernos nun proceso xudicial. Se queres que se manteñan, tes que volvelas subir, pero non á Wikipedia, tes que subilas, seguindo os pasos expresos en Commons:OTRS a Commons (as imaxes de Commons poden empregarse en tódalas wikipedias coma se estivesen subidas a cada unha delas).
¿Por que non borrei aínda as imaxes? Simplemente, tiña tempo para abrir diálogo, e pareceume pouco dialogante borralas e logo comentarcho (iso é o que acostumo a facer).
Non abonda con que o autor (das imaxes e das estatuas) saiba que están no dominio público. É necesario que saiba exactamente o que implica que están no dominio úblico (de aí este texto de Commons que o autor tería que enviar por correo), é necesario que escolla unha licenza das moitas que hai no dominio público, é necesario que saiba que non pode retractarse nunca... Pero tamén é necesario que o persoal da organización (Wikimedia) encargado disto teña constancia directa de que sabe todo iso e de que dá o seu permiso. En conclusión: Non abonda co que ti digas e que non abonde non é decisión miña.
Por outra banda -e non é unha ameaza (entendo que puxeches tal cousa por ser nova no proxecto)- o feito de que puxeses nas imaxes autoría propia e non sexas ti a autora das mesmas, é motivo de bloqueo. Só cho digo para que te deas de conta da gravidade que para os que traballamos no proxecto pode ter tanto esa actuación como o feito de que se suban á Galipedia imaxes de terceiros. Ollo con non facer tal cousa en Commons pois o normal sería que non se entrase a dialogar, o bloqueo sería inmediato.
Estou encantado de que colabores connosco, pero as imaxes hai que borralas. Procedo a borrar as tres. Asegúroche que non é un acto co que disfrute e que non procede que me mandes unha mensaxe á miña páxina de discusión que parece que chama á miña boa vontade, pois teño esa boa vontade, pero non é cousa de boa vontade e xa crin telo aclarado previamente a esta mensaxe.
Se decides subilas a Commons e tes algunha dificultade, contacta comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:25, 24 febreiro 2008 (UTC)
  • Pois si que semella complicado iso das imaxes, os seus permisos e as súas licencias. Sigo a discusión que mantés con Lara e creo que hai cousas que se poderían aplicar a imaxes que subín eu. Concretamente, inquiétame esta frase: “Síntoo, pero as imaxes de estatuas en interior das que falamos teñen que ser borradas”.
  • ¿”estatuas en interior”? ¿tamén outras cousas no “interior” de museos, centros, aulas de interpretación, etc.? Falo de paneis, maquetas, debuxos, obxectos, etc (obxectos propios dos fondos do museo ou obxectos que axudan á súa interpretación). Por exemplo, as seguintes imaxes:
  • Non sei se non haberá algunha máis. Todas estas fotografías (e máis que teño no caixón esperando a ocasión de subilas) están feitas en interiores e logo de pedir permiso para facelas. Naturalmente, non lles explico qué vou facer con elas nin me dan ningunha autorización por escrito.
  • Logo están as fotografías de colegas e familiares. Non subín aínda ningunha pero si que as teño gardadas por aí ou encargadas e esperando que mas dean. E agora vexo que iso non sería posible (ou máis ben, que sería moito máis complicado que poñe-lo nome do autor). Unha lástima, a verdade. Xa me contarás. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:07, 24 febreiro 2008 (UTC)

Do que me dis deduzo que vas deixar as imaxes ata que alguén proteste. Hei de recoñecer que o meu ego síntese aliviado con iso pero tamén que iso (o meu ego) é o menos importante. Quero dicir que non te precocupe que me pareza ben nin mal ("Pesoume moito non asfixiarte co das imaxes para non actuar"). Todos temos claro que nisto das imaxes es ti quen mellor pode interpreta-las normas e previ-los perigos, logo temos que acepta-las túas decisións e se gustan, ben, e se non, tamén. Ti valora se cumpren as normas e se son boas para a Galipedia, e todo o demais é máis que secundario.

Non podo opinar sobre o que suxires da necesidade de crear unha norma para solucionar isto xa que pouco entendo, pero o que si creo é que sempre será mellor unha norma, cal sexa, que non ter ningunha e actuar segundo o pé co que ese día nos levantemos. Tamén é certo que teñamos que perde-la posibilidade de ilustrar artigos con fotografías tan útiles (e non falo das miñas, por suposto), polo que a Galipedia veríase enriquecida se se puidesen utilizar sen tantas limitacións. Pero se que dura lex, sed lex.

Outro tema que non debes esquecer era o que che dicía das fotos alleas que poidamos conseguir. Un exemplo. Tiña en mente pedirlle a un amigo que fai magas coa cámara que mi fixera unhas fotos con macro do interior dos bugallos (coa larva viva e todo iso) e de anisakis da pescada (un artigo que teño en mente desde hai tempo). Supoño que o que farei será pedirlle que me faga as fotos igual e inmediatamente dicirlle que se integre entre os galipedistas e que as suba el directamente. A ver se teño capacidade de convicción e o consigo, porque del si que poderiamos ter moi bo material.

Máis nada. un saúdo e, insisto, non te cortes en nada do que queiras advertirme ou corrixirme. Pedro --Lameiro (conversa) 16:02, 27 febreiro 2008 (UTC)

DesculpasEditar

Ola. O problema das mensaxes por escrito é que a intención que o emisor ten á hora de escribila non lle vai pertencer a el, senón ao receptor da mensaxe, que é quen a interpreta, ás veces de forma errónea. Tes que perdoar se algo do que dixen te molestou ou che pareceu mal porque non era en absoluto a miña intención, ao contrario, agradézoche moito a axuda que me prestaches para editar as imaxes, e tamén as explicacións que me deches sobre elas; de verdade, moitas grazas. E si, subir imaxes na Wikipedia é algo complexo e meticuloso, pero con razón. O que vou facer no artigo de Fernando Rodríguez é crear unha ligazón a un flickr no que hai imaxes das súas esculturas. Un saúdo. Mil perdóns, e grazas outra vez. --Lara 11:47, 25 febreiro 2008 (UTC)

——>Descúlpame ti a min. A verdade é que non me enfadei, nin me sentín molesto contigo. Quizais o problema que teña á hora de expresarme sexa, por unha banda, o de procurar ser efectivo dedicando a cada cousa o menor tempo posible, para así poder facer outra, pois tempo non teño moito (iso provoca ás veces secuencias concisas que poden resultar tallantes). Por outra banda, cando vexo que me teño que estender, sinto certo malestar (pero ese malestar non ten que ver co usuario), está en min. Neses momentos penso "20 ou 30 minutos" con isto..." e sinto unha certa desazón. Quizais debería procurar agachar máis esa desazón, así e todo, prefiro normalmente a posteriori desculparme e ser espontáneo no momento pois creo que me fago entender mellor e que, ademais, consigo facer ver ós usuarios a complexidade da relación no wiki (creo que é mellor que a pouquiña cousa que pasou entre nós che pase comigo, pois eu sempre saberei rectificar -coma agora- se o trato puidese ter sido mellor)
Desexo que teñas claro que se me estendín e actuei como actuei contigo é porque me pareces unha colaboradora excelente para a Galipedia. En ningún momento fixen unha valoración negativa de ti como usuaria, nin creo que ninguén deba permitirse o luxo de facela. Aprender leva tempo. Eu non o sei todo. Por iso é moi importante colaborar e ter confianza nos outros. Sinceramente, o teu último comentario axúdame a ter esa confianza. Non dubides en pórte en contacto comigo cando desexes, inda que che pareza que é por unha cuestión menor. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:22, 27 febreiro 2008 (UTC)

Títulos de películasEditar

Ola. Acabo de eidtar a lista de premios de Javier Bardem, para incluír o Oscar, e teño unha dúbida: os nomes de películas deben aparecer co seu título orixinal, en inglés ou no que sexa, ou ben se traducen todos ao galego? Saúdos. --Iago 19:22, 25 febreiro 2008 (UTC)

Ola. Acabo de deixar un recado na Taberna, decindo que, se non hai acordo, vou a empregar o acordado para as obras literarias (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_%28pol%C3%ADticas%29#T.C3.ADtulos_de_obras_literarias_traducidos_ou_sen_traducir.3F). Trataríase de escribir en galego e, a continuacion, entre parénsees, poñer o título na súa lngua orixinal. Creo que é mellor posto que hai un volume altísimo de películas que non foron traducidas ao galego, e neste caso podería resultar equívoco. En previsión de que non haxa ningún acordo, vou a empezar a publicar así. Grazas pola axuda, estame a ser de moita utilidade. Apertas. --Iago 16:35, 26 febreiro 2008 (UTC)

REEditar

O de vilán unha etiqueta humorística da wiki pt que non tiña nin o artigo creado. Non hai ningunha ironia no asunto (teñoa en todos os wikis sen que ninguén preguntase nada e sin ferir susceptibilidades). Como supoño que non a hai en aqueles que poñen o globo da wikipedia dando saltos.

Con respecto a Caronium é unha simple broma con el sen ningún paralelismo agás que fai un tempo me dixo que estivo tentando facer unha imaxe do casco de Leiro pero que lle sairan brillos e que o tentaría de novo. Desde aquela non volvín saber nada de Caronium, por iso llo preguntei dese xeito. Non entendo que paralelismo pode facerse entre o casco e a Galipedia.

Por último xa expresei a miña opinión ao respecto e non vou a editar nin positiva nin negativamente.

Non entendo a preocupación pola miña páxina cando existen páxinas como Usuario:Xabier Cid/Caderno de administrador que si é ben directo e ao meu entender tan contrario aos intereses wikis como as páxinas de usuarios borradas últimamente.

Non entendo a molestia que pode xerar a miña páxina. Existen moitas páxinas de usuarios que conteñen opinións persoais sobre o proxecto que non son obxecto da atención dos administradores polo que entendo menos o interese xerado pola miña páxina.

Non teño máis que decir. Non estou xogando a ironizar sobre algo que considero de moita gravidade e que sae fora do ámbito da wikipedia para pasar ao dos dereitos inalienables dos seres humanos. Na miña páxina non tento adoutrinar a ninguén e só copiei a plantilla que teño nos outros proxecto wiki sen ningunha intencionalidade extra máis que a estética. Na espera de non ter que xustificar de novo as miñas escasas edicións. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 06:02, 28 febreiro 2008 (UTC)

P.D. Creo que estas a ver intención onde non a hai. Creo xa ter deixado claro que pola gravidade que considero persoalmente conleva a discriminación como usuario do que estou sendo obxecto (non eu só claro) xa foi exposto sobradamente na Galipedia. Resérvome o meu dereito a defender un trato igualitario polas vías que dispoño e que xa entendín que non pasan polo diálogo na galipedia e menos aceptar un pacto particular con quenes din falar no nome da comunidade.

arredor da cuestión nacionalEditar

Discordo co seguinte texto, da túa autoría:

(...) Entendo que desde fai un par de semanas a Galipedia entrou nunha nova era que moitos estabamos desexando. Creo que deixamos atrás o pasado, e que canto máis nos refiramos a el, menos seremos escoitados. Os usuarios, se non me confundo, non queren -eu entre eles- oír falar do pasado, queren colaborar, facer futuro. Ós usuarios o que agora lles importa é o que lles ten que importar, non lles importan as túas palabras e os teus conflitos, senón o gran de area que aportan, o como aportalo mellor. Os administradores non somos os seus inimigos -iso espero-, quizais volvamos ser os que desenvolvemos un traballo, por veces pouco gratificante, para que o proxecto avance e os usuarios estean cómodos.
Nesta nova era, a ironía, o sarcasmo e o insulto non teñen cabida. Permitila e non castigala sería -ó meu parecer- un erro. Así a todo, dado que a miña intención á hora de castigar esa circunstacia non é facer leña, posto que acabas de saír dun bloqueo, para fundamentalmente facer unicamente constar que os usuarios todos teñen cabida na Galipedia, pero actitudes coma esa non (...)

Analicemos.

  • Non comprendo isto da nova era, e particularmente estou moi a disgusto nela.
  • Eu si quero oír do pasado; entrei a colaborar en setembro, e creo que é importante que os novos usuarios coñezamos os problemas internos que houbo con anterioridade á nosa entrada, para aprender do pasado. Colaborar e facer futuro si; esquecer o pasado e os erros non.
  • Por que a ironía e o sarcasmo non teñen cabida? Quen o di? Porque "ó teu parecer" sexa un erro, xa non ten cabida e hai que castigala? Pois si que estamos "nunha nova era"!!
  • Si que nos importan ós demais usuarios as palabras e conflictos dos demais.

En fin... --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:22, 28 febreiro 2008 (UTC)

mal asunto se non cabe o diálogo... --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:26, 28 febreiro 2008 (UTC)

Desculpa se che molestou o marcador; púxeno non por chamar a atención, en absoluto, senón por ser o marcador usado nas votacións para mostrar disconformidade. Tés razón, non tiña lugar.

Respecto ó que contestaches, creo que a procedencia dos bloqueos debería ser indiscutible. Os bloqueos deberían ter lugar cando algo está moi claro, non primeiro bloquear e logo discutir a súa pertinencia.
Respecto ás espectativas e perspectivas de cada un, por suposto que son persoais e indiscutibles, claro.

Encantaríame que me mandases as túas experiencias por correo. Como xa che dixen, interésame saber de anteriores vivencias para aprender sobre como afrontar non só conflictos, senón todo o relativo á galipedia, que aínda estou verde.

Desculpa se che pareceu que che faltei ó respecto. Non era a miña intención, só amosar unha opinión. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:55, 28 febreiro 2008 (UTC)

escudos e bandeirasEditar

Atopei na páxina da xunta escudos e bandeiras oficiais, todas co nº do decreto co que foron aprobados e máis a data do DOG da súa publcación. E pregunto: pódense descargar sen máis e subilas á Galipedia? Un saúdo.--PepedoCouto 10:40, 1 marzo 2008 (UTC) Esta é a páxina:http://www.eidolocal.es/portal/serv_xunta/heraldica.jsp Xa me dirás que che parece.--PepedoCouto 11:14, 1 marzo 2008 (UTC)

Mensaxe para BurócratasEditar

Ola, Lmbuga. Bótalle un ollo a isto Conversa_Usuario:Agremon#Username_change. --Xabier Cid 14:22, 2 marzo 2008 (UTC)

Non, esa é unha. Pero ten outra anterior na que pide que se lle mude o nome de usuario de "gato molón" a "gato branco". Iso creo que só o podedes facer os burócratas, non? --Xabier Cid 16:29, 2 marzo 2008 (UTC)

Ferro CouseloEditar

Non cho vou discutir pero no me descargo (e por se iso modifica as cousas), explicareiche un par de cousas. A estatua de Ferro está fóra do museo, nunha pequena rúa á que dá un lateral do museo porque, como sabes, el foi o creador deste museo arqueolóxico. O fronte dá á praza maior e á dereita baixa unha pequena rúa co edificio do concello á dereita e o edificio do museo á esquerda. Entre o museo e a calzada fixeron un pequeno xardín no que colocaron esta estatua. E, cousa curiosa, esa parede do museo que dá ó xardín e á rúa, ten unhas arcadas pechadas con cristal para que o viandante poida ver unha colección dunha media ducia de miliarios que teñen nun pasillo. É dicir, que a estatua está no exterior. Mándoche por emilio outra foto da mesma estatua na que podes vela completa (co pé), co xardín, coa cristaleira e cos miliarios. Con toda esta información adicional, decide como vexas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:25, 2 marzo 2008 (UTC)

Bandeira ArboEditar

Acabo de subila outra vez en formato png e non me deixou.--PepedoCouto 19:41, 2 marzo 2008 (UTC)Vaime pasar o mesmo coa de Quiroga? UN SAÜDO.--PepedoCouto 19:42, 2 marzo 2008 (UTC)

BandeirasEditar

Gústanme ben máis así. Agora da gusto vela. Moitísimas grazas. --PepedoCouto 16:08, 3 marzo 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, un pracer volver coincidir contigo. O caso é que a bandeira de Mondoñedo en commons é incorrecta de acordo co expresado por PepedoCouto na miña páxina de conversa. Poderías avisalo en commons ou facer calquera cousa? Moitísimas grazas. AlberteSi, digame? 19:23, 3 marzo 2008 (UTC)

Na bandeira de Cervo, a de Commons tamén está mal, xa que segndo o DOG o cervo da bandeira ten que estar vilenado, que en heráldica quere dicir que os seus atributos sexuais están resaltados noutra cor, neste caso en vermello, e non é así en Commons. EStou a facer uns amaños nesta última. Moito estou aprendendo sobre a vexiloloxía. Ata a próxima.--PepedoCouto 23:22, 3 marzo 2008 (UTC)

Unha encomendaEditar

Ola, Lmbuga. Porfa, podes encargarte de Conversa_Usuario:Agremon#Bot_flag_request_for_Usuario:Ordenador ?--Agremon(contacto) 20:07, 3 marzo 2008 (UTC)

Ola de novo. Cando fun á páxina da súa conversa xa vin que o fixera Xabier Cid, logo... Saúdos.--Agremon(contacto) 20:42, 4 marzo 2008 (UTC) Nota: Aclaración por correo electrónico. Un saúdo.--Agremon(contacto) 08:10, 5 marzo 2008 (UTC)

CopyrightEditar

Hola outra vez, respecto das imaxes que tiña sen especificar o copyright, xa teño todo editado, e creo que xa queda mais claro, de todos os modos as imaxes que subín foron feitas todas por min, se ainda non está todo ben agradeceríache que mo dixeras, aínda non ando moi metido nestes temas, grazas!! :) --Percebe 19:06, 23 marzo 2008 (UTC)


IES MONELOSEditar

Hola, respecto da imaxe do Ies Monelos, que foi borrada por ter copyright acabo de facer o logotipo eu a man, e teño intencion de subilo, como é o logo dun centro publico e foi feito por min, supoño que agora non estou a infrinxir-las normas do copyright, non?, moitas grazas! :)


BandeirasEditar

Ola Lmbuga, diríxome a ti para comentarche unha idea sobre as bandeiras, xa que as vexo un pouco orfas no artigo. Que che parecería incorporarlles a lenda coa que foron aprobadas no seu día? De ser positiva a túa resposta, poderías engadirlle á de Zas a súa? Logo copiaaría as restantes segundo o modelo. Lenda da bandeira de Zas: Sobre o pano branco, unha franxa ou tira vertical de vermello, disposta no centro e cunha torre de amarelo, aclarada de azul, e dúas mazarocas ó natural, dispostas unha á hasta e a outra ó batente. Grazas.--PepedoCouto 15:07, 5 marzo 2008 (UTC) Todas as bandeiras que comprobei no DOG teñen un único artigo no que literalmente cita a lenda da bandeira ó igual que fixen na que che enviei antes. --PepedoCouto 16:24, 5 marzo 2008 (UTC) Ola de novo, vasme mandar á..., pero creo que o escudo de Castrelo do Val.svg que está na galería de escudos dos concellos de Galicia ten un fallo e non se corresponde coa legalidade, xa que ten as xanelas e a porta en vermello, e na súa lenda non di ren ó respecto, como si o di a anterior de Zas.Lenda do escudo de Castrelo do Val:de sínople (verde), unha torre de ouro (amarelo) acompañada en xefe dunha cruceta patada do mesmo flanqueada de dúas vieiras de prata (branco); bordura de sable (negro) cunha cadea de ouro. Ó timbre, coroa real pechada. Xa me comentarás. Grazas.--PepedoCouto 22:04, 5 marzo 2008 (UTC)

Imaxe:Xuntagalicia.pngEditar

Ola Lmbuga ! Sei ben que andamos todos detras de ti. Mais como vexo que andas con eso dos direitos das bandeiras de Galicia, pois permitome preguntarche si na misma corrente non podes resolver o problema do escudo da Xunta de Galicia, está no artigo, pero entendo que non sé pode subir a commons .... e non se pode levar as outras wikis ! Non teño presa, xa que a vixio, e sobre todo non quero que te desanimes porque non te damos axudado bastante pa istes temas das imaxes. Permito-me hoxe soo porque vexo que tal vez podas resolver o problema con similitude e ganar tempo. Sen mas molestia e sin querer abafarte. ElviraConversa con mi 18:31, 5 marzo 2008 (UTC)

Imaxes de empresasEditar

boa noite!

non acabo de entender se esta imaxe da en:wiki pode ser usada noutras wikis. De non ser así, que habería que facer para solicitar o seu uso na galipedia?

Boa noite, e un millón. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 03:00, 7 marzo 2008 (UTC)

outra estatua, LuisEditar

Unha pregunta: ¿podo subir unha fotografía dunha estatua de San Ero, feita no interior do mosteiro da Armenteira? Fíxena sen permisos nin nada parecido: alí non había ninguén.

E que non me esqueza: encántame o arreglo que lle fixeches á estatua de Acisclo Manzano en Ourense, eliminando ese fondo impresentable. Pedro --Lameiro (conversa) 20:35, 7 marzo 2008 (UTC)

Galería de bandeiras dos concellos de GaliciaEditar

Ola, fixen un cambio na presentación das bandeiras de Pontevedra e quero que xulgues se é bon ou non. Faino cando podas, se che parece ben cambiarei o resto. Respecto á conversa con Sancho Panza, deixoume algo preocupado, non sei se será bo seguir subindo escudos da páxina.--PepedoCouto 19:46, 8 marzo 2008 (UTC) Ola de novo, teño un problema no artigo de Narón, xa que non aparecen as parroquias do que se considera azona urbana. Ulas? Pódense engadir? Como hai que facer? Grazas--PepedoCouto 17:16, 10 marzo 2008 (UTC) Ola Lmbuga, esta tarde tirei unhas fotos cunha cámara que me deixaron, xa que a miña non abre o obxetivo, e topei cun ex concelleiro de Narón. Pregunteille cal era a razón para que non aparecesen as parroquias urbanas no Nomenclator da Xunta. Pois ben, segundo el, foi unha decisión da propia Xunta, que xa viñan aplicando desde hai tempo no resto de concellos. ó meu parecer, esto resta veracidade na información. Sabes si pasa esto en concellos similares como Riveira, Vilagarcía, etc.? Polo que me dis, si pasa nas cidades. Que fago? Nas últimas páxinas enviadas á Galipedia había artigos de bandeiras, e estaban categorizadas en Listas de vexiloloxía, non estaría ben facelo así? --PepedoCouto 20:24, 11 marzo 2008 (UTC)


reEditar

Non sei de que me falas, indícasme unha ligazón a túa intervención na taberna. Non sei onde teño empregado ironia e sarcasmo. Lansbricae (Ti dirás) 15:44, 12 marzo 2008 (UTC)

Por desgraza non se trata de ningunha ironia. Na actualidade son un usuario ao que se lle ten aplicado unha norma da wiki inglesa (sen sinalar onde se determina o caracter subsidiario da normativa da wiki inglesa) de xeito arbitrario (no sentido de non seguir ningún procedemento previamente establecido) e ao que se lle instou a facer un pacto coa comunidade para acordar os límites especiais que como usuario se me establezan para a participación nos procesos de consenso e votación.

A única acusación clara foi a posibilidade de estar a crear un falso consenso, cousa que non pretendo de ningún modo. Por ese motivo, e dado que a comunidade, ata o momento, non ten acordado nada conmigo, síntome na obriga de matizar todas as miñas participacións en procesos de consenso ou votacións, para que a miña situación non afecte a terceiros.

Se consideras que iso non é correcto participarei sen matizar o posible minusvalor da miña opinión. Lonxe a miña intención de ironizar ou ser sarcástico cun tema que me afecta tan directamente e do que non podo sair pola miña conta xa que me atopo nunha situación "especial" sen determinar nin en tempo nin en condicións. Se ese xeito de participar pode producir algún problema non teño inconvinte en evitalo e desculparme polo feito, pero non pode ser calificado como unha ironia ou un sarcasmo nin polas formas, nin pola intención. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 16:07, 12 marzo 2008 (UTC)

  • Entendo, como xa o expusen malamente na taberna evitarei referirme a elo e actuarei con total normalidade. Grazas. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 16:31, 12 marzo 2008 (UTC)

VexiloloxíaEditar

É a disciplina ou ciencia que estudiá as bandeiras. Perdoa por facerche tantas preguntas seguidas sen un apartado claro. Esto ven a conto, xa que, entre os últimos artigos, crearonse varios de bandeiras doutros estados, e foron metidos nunha categoría chamada Listas de vexiloloxiá. Poderías engadirlle as bandeiras dos concellos nesa categoría, pois eu non sei facelo.--PepedoCouto 16:20, 12 marzo 2008 (UTC)

Bot status for Purbo TEditar

Hi Lmbuga, please have a look at Wikipedia:Bots/Peticións_de_aprobación#Purbo_T, and possibly grant a bot flag for Purbo T. Thank you. -- Purodha Blissenbach 11:22, 14 marzo 2008 (UTC)

BotEditar

Now, Purbo T have a bot flag in Galician Wikipedia. Greetings --Lmbuga

Comentario na tabernaEditar

Ola Lmbuga ! E verdade que pa entender algunhas intervencions, teño que ler varias veces e consultar diccionarios e gramaticas (lol), pero sei cando non entendo. No caso iste pois o meu comentario non vai pa concordar nin discordar. O meu comentario e pa decir -a) que vexo bastante cousas pa ter confianza na capacidade da comunidae, estou tranquila de que se anda ben expressando feitos, dubidas, erros, elementos de comprension dos actos que van occurrindo etc etc. e -b) que os usuarios, (que sexas tu como Lansbricae ou calquer outro) non se desanimen, porque inda que haya discrepancias, e alborotes, pois penso que hai bastantes elementos pa ca comunidade vaya pa diante ! Non te desanimes Lmbuga ! Saudos ElviraConversa con mi 12:24, 14 marzo 2008 (UTC)

Lansbricae vs L.E.L.R.Editar

Pídoche por favor que respetes a miña vida privada. Podes falar de todo o acontecido na xuntanza pero non metas ao usuario Lansbricae nela porque non formou parte dela en ningún momento.

Non respetas a miña intimidade e identidade cando dis que Lansbricae estaba na porta do lugar da xuntanza porque non é certo. L.E.L.R. estaba nese lugar, e dous minutos despois no Supermercado Día comprando comida para a cadela. Despois de pagar debidamente fun a miña casa que, como ben sabes non dista máis de 50 metros dese lugar.

Ti mesmo me convidaches a entrar na xuntanza xunto con outras persoas e rexeitei o convite. Recorda que teño liberdade de movemento e dereito a que se respete a miña intimidade: O que eu faga fora da Galipedia ninguén ten dereito a contalo dentro da Galipedia como se o fixese Lansbricae. Grazas Lansbricae (Ti dirás) 14:16, 14 marzo 2008 (UTC)

Bot flag on gl.wikibooksEditar

wikibooks:gl:Conversa Usuario:Lmbuga#Bot flag request for Usuario:Ordenador

Please take a look. Thanks.

-- Cat chi? 17:24, 14 marzo 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-GalizaEditar

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

Río SIl e fotografía de SarriaEditar

Boas noites. Bota un vistazo ó artigo río Sil, no que elimino unha fotografía (Imaxe:Sarria 0018.jpg) que subiches ti hai xa un ano. Na conversa explico as razóns. Pedro --Lameiro (conversa) 00:57, 21 marzo 2008 (UTC)

Non te desanimesEditar

Ola Lmbuga ! Veño de ler a ultima mesaxe da taberna e pareceme que te desanimas. Eu dixen a miña maneira de ver as cousas. E quero porche ben claro a ti persoalmente alguns puntos, que non son novidade da miña parte, pero que non estou segura me me entendas :

  1. a boa fé : eu doulla a todos, Xosé incluso.
  2. punto de vista neutral  : calquer persoa do mundo ten o direito de rexistrarse e editar nun proxecto wiki (a Galipedia é o proxecto Wikipedia en lingua galega), e eso cales que sexan a suas ideas politicas, relixiosas, a sua vinculacion a unha empresa. Os usuarios da Galipedia non son monxes dun monasterio. O punto de vista neutral vai de co traballo so se fai dentro da Galipedia e con regras feitas dentro da Galipedia. E o traballo que non pode vincularse. Os usuarios da Galipedia non teñen ningun direito sobre o logo. Cando estas en publico, non podes ter o logo na camisa. E por eso que no que contades da reunion eu solo entendo ben a postura de Alma e Estovaie.
  3. a promocion da Galipedia, solo a pode facer a Galipedia, dentro da Galipedia, e si no proxecto dentro faise algo que ten que ir pa fora, ten que legar o logo e a autorizacion do logo. No meu sentido o logo é a sola firma que pode representar a Galipedia. Todos os outros tratos que levamos pa pedir direitos, pedir informes facemolo sobre a nosa responsabilidade de usuario, e logo traemos o direito ou o informe a comunidade. Toda entidade (universidade, empresa etc) que quera promocionar a Galipedia non pode contar coa axuda dos usuarios, solo pode contar coa axuda da Galipedia, dentro da Galipedia, coas regras de edicion da Galipedia.
  4. os administradores da Galipedia, pareceme todos boos, tanto os historicos, como os eligidos, pareceme que todos teñen as competencias e capacidades de levar a escoba. Pareceme que todos estans listos pa discutir e revisar a suas decisios. Pareceme que todos teñen moito merito porque non temos bastantes regras pa que actuen tranquilamente e que levan a responsibilidade de unha interpretacion persoal, o que é bastante dificil cando se debe facer un bloqueo sin ter varios dias pa cavilar e non ter unha regra a disposicion. Os administradores son cabaleiros valientes, e Xosé tamen. Pa min Xosé ten que irse non por descalificarse, pero por traballar sobre a Galipedia con outros, Non pode estar dentro e fora, as suas competencias sobre a Galipedia utilizas dentro ou fora. E Xosé ten o merito de haberse aclarado. Vamos a ver si escolle él ou si é a comunidade que debe levar eso a debate.
  5. Lmbuga, eres un usuario e un administrador, que polos tempos que van a Galipedia necesita. Non che pido de sacrificarte (eu eso do sacrifio non entendo e personalmente nunca me sacrificarei). Non che pido de ser perfeto, ni a ti nin a ninguen. Pidoche que caviles, pa ver si logras ter unha mui boa opinion de ti mismo como a teño eu, e penso que a temos moitos. Pidoche que si o teu proxecto é de colaborar no proxecto que esta na cabeceira da portada, animeste a ter confianza na comunidade e en ti mismo. Non che digo todo esto unicamente por ser tu o unico especialista das fotos e imaxes, que ei esta claro pa todos que eres indispensable. Lmbuga ten claro que penso que eres un usuario e administrador necesarios por moitas calidades non vinculadas as imaxes. O 17 de maio vai occurrir, que sexa como sexa. Eu pidoche de estar eiqui pa vivir eso, a menos que vallas traballar de balde po ben da Galipedia pa cidadania, en charlas ou no que sexa, nise caso poste fora. Tamén podes mandar a Galipedia a p..... ! O que anda pasando na Galipedia non é vergonzoso, andamos aclando cousas da integridade intelectual diste proxecto. E verdade que estamos un pouco descalificados polo xeito de falar dalguns (tu ei tamen metes a pata). Pero o feito que os usuarios se apasionen, que fagan erros, que perdan de vez en cando a tranquilidade, eso é loxico, é natural, é a proba que non estamos nun monasterio, mais que somos mulleres e homes do seculo XXI e que nos apasionamos dunha obra colaboritiva. O camiño pa facer esto é unha aventura que se podra ler nos historiales e a min pareceme mui importante que tu sigas metido nela compañeiro Lmbuga. Non pretendo ter a verdade sobre o proxecto, o proxecto sera o resultado da cantidade e calidade dos artigos e da cantidade e calidada do mantemento que os encaixa. Cada usuario esta libre de colaborar no teima que lle da a gana e onde se sinte competente. Eu penso compartir con ti Lmbuga a sinceridade, sen que ningen nolo poda negar, e tamen penso compartir con ti Lmbuga a intecion de colaborar na construcción da versión en galego da Wikipedia. ElviraConversa con mi 12:05, 22 marzo 2008 (UTC)
A tua resposta alegrame moito Lmbuga. Eu habia comprendido que estabas desanimado da enciclopedia. Polo que toca os campos donde te metas xa non esta no motivo da miña intecion da mesaxe de arriba. Saudos alegres ElviraConversa con mi 15:04, 22 marzo 2008 (UTC)


PolipoteEditar

Tiñas razón ti. Tiña uns apuntes de retórica mal e cando fun á fonte orixinal (Rodríguez Fer) vin o erro. Desculpa logo as molestias e se che fixen perder o tempo. Saúdos --mariquinhagz 07:50, 24 marzo 2008 (UTC)

Fusión de historiaisEditar

Non sabía que se podían fusionar os historiais, si non xa o tería feito eu. Grazas Alberte por facelo, e grazas Lmbuga por botarlle unha man. Saudos Miguel.lima 17:50, 24 marzo 2008 (UTC)

BloqueosEditar

Ola, Lmbuga. Levo uns días moi atarefado, e puiden dedicarlle só uns minutos illados á wikipedia. Por iso non vin ata hoxe o bloqueo de dúas horas que realizaches sobre o administrador Xosé. Gustaríame, con todo o respecto que teño para ti e para o teu labor ao longo de todos estes meses que compartimos xuntos, facerche tres comentarios:

  • considero que o bloqueo foi non só inaxeitado, senón moi inaxeitado. Aínda entendendo a aplicación da norma sobre conflito de intereses dende un punto de vista moi estrito (e discutíbel), creo que non se podería entender ese conflito de intereses no momento en que se produciu o bloqueo en relación con ese administrador: posto que vós os dous asistides á xuntanza, deberiades (insisto, de aplicarmos esa norma nun sentido estritísimo e acho que incorrecto) abstervos de participar os dous, e non só Xosé.
  • aínda que non existe nada escrito ao respecto, creo que é bastante pouco elegante que realizases ti o bloqueo, e creo que deberías agardar (ou solicitarlle) a outro administrador que o fixese.
  • afortunadamente prá miña cabeza non estaba na wikipedia nese momento. Creo que non debemos remexer máis, e que as nosas prioridades teñen que pasar por estabelecer a paz, desenvolver estratexias que permitan afrontar con madurez proxectos coma este, e quizais tamén, debater con tranquilidade e en abstracto cales son os límites das compatibilidades. Só desexaba amosar con esta mensaxe a miña desaprobación á medida que tomaches. Só anceio que as augas volvan ao rego tan axiña como se poida, e sermos capaz de pechar esta fronte da maneira máis construtiva posíbel. Un agarimoso saúdo. --Xabier Cid 21:28, 24 marzo 2008 (UTC)

RE:Imaxe con orixe en CommonsEditar

Ola Lmbuga.

Si lle botas unha ollada au artigo Historia de Xibraltar veràs que hai duas imaxes que ilustran ben o contido do artigo coos dous mapas de Image:Xibraltarplano-gl.jpg e a outra (Imaxe:Gibraltar map.png) que é casi a mesma que a que ti me dis (Imaxe:Gibraltar-sm05.gif) , na version britànica). De modo que por min sen pegas, podes borrala definitivamente.

Esas duas imaxes como che dicía ilustran unha realidade histórica sobre Xibraltar, moi importante para ver como os británicos foron roubando o territorio neutral, como quen non quer a cousa. Mesmo si hoxe en dia as cousas foron amañandose. A verdade é esta, ainda que non sirva mais que pa polémicar. Recebe un cordial saúdo. --Padin 18:42, 25 marzo 2008 (UTC)

RE: Imaxe borradaEditar

Vale, moitas grazas (o meu co das imaxes é un problema serio... pero hai que ter en conta que a imaxe de Nabovok cargueina cando aínda non tiña moita experiencia na Galipedia...). En fin, grazas de novo. Un saúdo. --Lara 00:54, 26 marzo 2008 (UTC)

Re:Imaxe:Ruas de Olinda.jpgEditar

Olá, Lmbuga! Sim, pode eliminar a imagem Imaxe:Ruas de Olinda.jpg. Encontrei no Commons uma imagem bem melhor, e a substituí no artigo sobre a cidade de Olinda. Um grande abraço de S.Paulo, Brasil,Joao Xavier 22:30, 27 marzo 2008 (UTC)

ImaxeEditar

Boas. A imaxe de Samuel Beckett xa a eliminara eu da páxina, porque me dera conta, despois de que me avisaras da eliminación da imaxe de Nabokov, de que non tiña orixe nin licenza. O que pasa é que non sabía eliminala por completo da Galipedia. Por outro lado, como non atopei por ningunha das demais wikipedias unha foto do escritor (si a hai na wikipedia en inglés e en italiano, pero non sei como facer para que sexan compatíbeis coa galipedia e para que se poidan ver sen problema) engadín unha imaxe da súa tumba (menos dá unha pedra...). Moitas grazas polo aviso, un saúdo. --Lara 00:27, 28 marzo 2008 (UTC)


Imaxes SadaEditar

Boas. Intentei facer as modificacións indicadas nas licenzas das imaxes, pero non fun capaz. As fotografías antigas proceden de www.concellodesada.com, a de Ramón Suárez Picallo de www.galizacig.com. As demais realiceinas eu (Manuel Pérez Lorenzo). Agradecería que incluisen estes datos no lugar pertinente, xa que, repito, eu non puiden. Un saúdo e moitas gracias. Usuario:Manuel Pérez Lorenzo

Categoría:Listas de vexiloloxíaEditar

Ola Lmbuga, desde que tratamos este tema a miña páxina de usuario está categorizada aquí. É eso normal? De non selo, como me descategorizo?--PepedoCouto 21:17, 28 marzo 2008 (UTC)

bloqueos + equidadeEditar

Ola Lmbuga. Gostaríame poder expresar a miña total coincidencia coa mensaxe "Bloqueos", de Xabier Cid máis arriba. É verdade que o feito feito está, e que as consecuencias de lavar os trapos sucios fóra da Galipedia, en canto a mala imaxe, etc xa non ten remedio a curto plazo (non sei se ao final vades/van proceder coa maratón ou non, porén a mala imaxe da Galipedia fronte á Xunta e outros colectivos haberá que superala tamén).

Todo o dito ata aquí son pasado, o que penso que hai que facer é, como expoño Taberna (xeral), mirar para diante e tratar de recompñer o que se poda. Dentro das accións que propoño, unha delas é a de pedir disculpas a Xosé. Eu pediríache que tratases de disculparte con el polo bloqueo, xa que se o ves da seguinte forma, ti eras parte interesada igual que el: el por resultar elexido para dar as charlas e ti por non resultares elexido. Por conseguinte, non vexo que actuaras obxectivamente senón facendo de xuíz e parte.

Pediríache que reconsiderases tamén a validez das graves acusacións verquidas contra el e nunca probadas (máis ben o contrario), vistas desde o punto de vista de se pagou a pena ou non queimar a un usuario tan valioso (e amedrentar a un cantos, e a mala imaxe externa para a Galipedia) por tan pouco.

De novo: todo o anterior responde ao pasado, o importante sería mirar adiante e recuperar o bon rollo (explícoo mellor na Taberna (xeral)), para o cal ti xogarías un papel importante se, valentemente, lle pedises disculpas a Xosé.

Finalmente, prégoche que consideres a miña petición positivamente, non me gustaría ser malinterpretado e ser bloqueado por facer esta petición que entendo responde ao interese xeral da Galipedia.

Grazas pola túa consideración. --QuatriNauta 14:31, 30 marzo 2008 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Lmbuga/discusións 7".