Benvido(a) á Galipedia, Lala Lugo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Banjo tell me 07:49, 8 abril 2009 (UTC)

Benvido/a á Galipedia. Desfixen a edición que fixeches en en Modelo:Babel-5 porque non era o sitio correcto onde poñer o código. Agora se pegas na túa páxina de usuario {{Babel-5|gl|es|en-3|fr-2|de-2}} as caixas de lingua funcionarán correctamente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:28, 7 abril 2009 (UTC)

Imaxes de CopenhagueEditar

Boas, Lala. Seica estudaches aquí en Dinamarca ou como é o tema? En calquera caso, graciñas polas imaxes e por comezar a colaborares coa Galipedia. Cómpre que sigan aumentando os usuarios. Boa nova é terte entre nós. Camiando de terzo: mira, eu podo facer unha escolma das imaxes que me mandaches e metelas na galería de Copenhague, non obstante coido que teño unha idea mellor. Aí vai: por que non te animas e fas un artigo sobre o Tívoli. Na rede hai información abondo, comezando coa da wiki dinamarquesa. Olla para aquí. Eu podo axudarte e os demais usuarios tres cuartos do mesmo. Pénsao. Veña, xa me contas co que sexa e a partir de aí vemos que facemos coas fotos que me deixaches. Algunhas, xa che digo, son moi boas. Un saúdo e aburiño.--Atobar (conversa comigo) 21:56, 7 abril 2009 (UTC)

TívoliEditar

Moi ben por ese artigo do Tívoli co que estás, Lala. Por certo, hoxe pasei por diante e xa estaba aberto; seica comezan coa tempada un ano máis. Teño, por outra banda, algunhas fotos novas que se cadra mañá ou pasado mañá hei de subir. Xa che aviso cando estean, porque estiven de viaxe coa bici (Até Viborg, nada menos) e miña moza e mais eu aproveitamos para tirar fotos a esgalla das diversas paisaxes dinamarquesas. Volvendo co artigo, mañá en canto teña tempo e arela, bótoche unha man coas ligazóns internas, a lingua e toda esa trangallada. De novo parabéns. Abur.--Atobar (conversa comigo) 21:53, 13 abril 2009 (UTC)

Boa tarde, Lala. Bo traballo. Eu soamente lle din un repaso á lingua e mais as ligazóns internas. Unha cousiña: as referencias non poden vir doutras wikipedias. De aceptalo estariamos entrando nun círculo vicioso que ao cabo perdería o sentido. Con todo, non perdas o acougo polo tema das referencias. Se non as atopas, podes simplemente quitarlle o marcador que lle puxen, porque soamente era para che indicar por onde tirar. Mira, iso si, os cambios que lle fixen ao modelo de referenciado. Ti metíalas entre {{}} e en realidade van entre [] no caso dunha páxina web, ou sen nada no caso de ISBN. Bueno, segue a darlle duro que nunca se sabe se non será o Tívoli o próximo artigo do mes. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 18:06, 15 abril 2009 (UTC)
Lala, lin o que lle preguntabas a Toliño e respóndocho rapidamente se che parece ben. Mira o que acabo de facer con Tívoli. É moi simple, proba a facelo ti con Tivoli. Mira na páxina de edición: trátase de poñer 'almohadilla'(#), deseguido 'Redirección' e despois dun espazo, entre [[]], o artigo ao que redireccionas. --Atobar (conversa comigo) 19:19, 15 abril 2009 (UTC)
  • Como che di Atobar enriba, podes facer unha redirección. A explicación que che dá é correcta, aínda así podes consultar esta páxina de axuda: Wikipedia:Como redireccionar unha páxina. Saúdos e bo traballo! --Toliño Fala aquí comigo 19:21, 15 abril 2009 (UTC)
    • Só un truquiño: para ir máis rápido tes unha barra por baixo dos botóns "Gardar a páxina", "Mostrar a vista previa" e "Mostrar os cambios" onde hai diferentes palabras e códigos, se premes sobre o que pon o código #REDIRECCIÓN [[]] só terás que escribir o título do artigo ao que queres que redirixa (aforrando algo de tempo). Nada máis. Deica loguiño! --Toliño Fala aquí comigo 19:29, 15 abril 2009 (UTC)

Cara aEditar

Lala, en galego non existe hacia. Dígocho por se o queres mudar na túa páxina de usuario. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:43, 18 abril 2009 (UTC)

Así e todo, amplioche a información, Lala. Hacia (en castelán): Cara a. Neste caso teu cara ao saber. Non obstante, depende da frase; segundo cal sexa, hai tamén outras formas ás que pode recorrer: Hacia noviembre tengo previsto...: Cara a novembro..., contra novembro... Mesmo, nalgúns casos, arredor de ou ao redor de, en torno a, sobre, por volta de, etc. (coma o castelán alrededor de, sobre). Sobre las 6 nos vemos en tal sitio. Arredor das seis, contra as seis, cara ás seis... Ese "Hacia", concluíndo, é cara a, en dirección a. Van exemplos abondo, non si? Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 17:01, 18 abril 2009 (UTC)

Sobre o artigo de RoxetteEditar

Grazas polas tuas palabras. Hoxe vin, tanto a tua mensaxe como os cambios no artigo. Moi boas imaxes e a restructuración do artigo (facialle boa falta). Animoche a seguir incluíndo información con temas relacionados coa música, xa que é algo que esta moi verde na Galipedia. Un saudo --Jordav 16:22, 26 abril 2009 (UTC)

Henning MankellEditar

Boas. Pois en xeral a todo o artigo, por decir un par de exemplos unha referencia sobre o número de exemplares vendidos, sobre o seu matrimonio ou sobre a adaptación das películas, entre outros. Realmente cantas máis partes estén referenciadas mellor. O marcador púxeno ao facer unha revisión rápida, realmente hai moitos (moitísimos) artigos que tamén lles faltan referencias e non teñen este marcador... pouco a pouco hai que ir chollando neles :). Bótalle un ollo a Wikipedia:Citar as fontes para ver cómo engadir as referencias e onde deberían ir. Para calquera cousa aquí estamos, e grazas pola túa colaboración na galipedia ;) --Banjo tell me 07:35, 27 abril 2009 (UTC)

Pyotr Ilych TchaikovskyEditar

Boas, Lala. Creei o artigo sen me ter decatado de que ti o puxeras co marcador EnUso. Só fixen o comezo. Quédache feito para que te poñas co choio. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 16:20, 7 maio 2009 (UTC)

Agrupar referenciasEditar

Boas! Vou tentar explicar como se fai. Cando se repite a referencia a unha mesma web e quérese agrupar para non repetirse faise do seguinte xeito:

  • En primeiro lugar, a primeira referencia no texto a esa web ten que ser deste estilo <ref name=NomeQueQueirasSenEspazosNinAcentos>a referencia</ref>.
  • Coas seguintes referencias iguais é suficiente con escribir: <ref name=ONomeDeAntes/>.

E Xa está. Calquera dúbida dame un toque na conversa. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:46, 17 xuño 2009 (UTC)

ReferenciasEditar

Ola Lala. Cando queres por unha referencia que vas repetir varias veces ao longo do artigo, o primeiro que tes que poñer é a ligazón: <ref name=Lecturalia>[http://www.lecturalia.com/autor/61/henning-mankell]</ref>, eu recoméndoche que dentro dos corchetes poñas un título pra que se vexa logo na listaxe de referencias que aparecen ao pé da páxina. Eu poríao así: <ref name=Lecturalia>[http://www.lecturalia.com/autor/61/henning-mankell Henning Mankell en Lecturalia] Lecturalia.com, consultada o XX/XX/XX</ref>, unha vez posta cada vez que queiras poñer esa mesma referencia só tes que por <<ref name=Lecturalia/>. Se queres ver exemplos semellantes mira o artigo que estou a facer sobre Emilia Pardo Bazán. Se tes máis dúbidas pregunta.--Hugo22 15:48, 17 xuño 2009 (UTC).

CoroaEditar

Boas, Lala. Entendo. O que pasa é que me limitei a comprobalo rapidamente no google e a seguir o exposto polo usuario anterior, que semelleba bastante determinado, como podes observar no historial de edicións. Por sorte, RNC non demorou en achegar a explicación da confusión na páxina de conversa do artigo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:19, 3 xullo 2009 (UTC)

FiordeEditar

Graciñas por advertíresme da existencia desas imaxes, xa llelas engadín ó artigo. Conste que non creei eu o artigo, que eu só lle fixera unhas correccións. Se ti tes máis información ben lle cumpría ó artigo unha mellora. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 18:04, 3 xullo 2009 (UTC)

Re. Río LandroEditar

Precisamente andaba en Commons repasando esas fotos para clasificalas na categoría da Galipedia Categoría:Imaxes do río Landro :-) Parabéns polas fotos, en xeral, non só as do río Landro. Hainas moi boas. E grazas por colaborares connosco. un cordial saúdo. --Prevertgl 20:48, 11 xullo 2009 (UTC)

Re. FábulasEditar

^_^ Pois sí, un pouquiño sí ;) Imponme un pouco o de editar en galego, xa que non o controlo tanto como o castelán, pero como estiven a editar contos na wiki española, vin votar unha ollada aquí e... aquí estou jajaja A verdade é que a Samaniego coñezoo máis de nome que de lectura, por ter vinculacións con Esopo, polo que non estou moi familiarizada con él, pero sempre se pode traducir e... http://gl.wikipedia.org/wiki/F%C3%A9lix_Mar%C3%ADa_Samaniego Aquí está ^_^ Biquiños, rula--Evelinwendy 16:28, 22 xullo 2009 (UTC)

Ay, sí, case me esquezo. Se queres, poderías engadir no artigo de A sireíña un pequeno resumo sobre a estatua da serea (supoño que será a de Copenhague). No artigo inglés http://en.wikipedia.org/wiki/The_Little_Mermaid fixeron un pequeno apartado, e podería quedar moi ben. ¡¡¡Biquiños de novo (pero igual de bos jajaja)!!!
¡Que ben, Lala! Vai quedar moi bonito. Unha graaaaaaan aperta jajaja--Evelinwendy 03:39, 23 xullo 2009 (UTC)
Prezoso. Bo traballo Lala. ¡Biquiños!--Evelinwendy 05:56, 24 xullo 2009 (UTC)

[[ ]]Editar

Ola Lala! Quería darche as gracias por colaborar neste gran proxecto que é a Galipedia. Vin parte dos teus artigos e chamoume a atención que nunca pos corchetes. Normalmente poñémolos pra ligar con outros artigos. Eu pra poñelos normalmente escribo directamente [[ ]] co teclado, tamén podes marcar o que queres por entre corchetes e darlle a AB arriba. Non sei se me expliquei ben, se tes dúbidas, pregunta :).--Hugo22 21:02, 23 xullo 2009 (UTC)

As MeninasEditar

Magnífico e completo artigo o das Meninas, que obriga a observalo de novo para ver tanta cousa que un non vira antes. Parabéns, Lala. Como sempre hai un "pero", neste caso lembrarte que a norma é marcar cos corchetes (ligazón interna) a primeira vez que aparece o termo no artigo, e deixalo en redonda, normal, no resto do artigo. Repito: grazas e a seguir enriquecendo a Galipedia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:44, 10 agosto 2009 (UTC)

Títulos dos cadros en galegoEditar

Boas noites, Lala. Fixen a proposta da que falas, a ver que opinan os galipedistas e chegar a un consenso. Asumo que estás de acordo coa proposta pero bótalle un vistazo aquí. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:12, 17 agosto 2009 (UTC)

Intro das personalidadesEditar

Boa noite, Lala. Unha cousiña: a ver se podes seguir este mesmo formato que acabo de engadir no artigo que creaches á hora de facer novos artigos. Refírome ao comezo, o de nado en XXX o 34 de ... e finado en XXX o 22 de.... e tamén ao título Traxectoria, sempre que se poida. Óllao aquí. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:04, 9 setembro 2009 (UTC)

Ricardo DarínEditar

Ola, Lala!

Fixen uns arranxiños no artigo de Ricardo Darín. Como podes ver no libro de estilo, tanto os títulos das películas coma programas de TV (e novelas, discos e periódicos, por exemplo) van en cursiva, pero sen "aspas". Entre aspas irían apartados pertencentes a outras obras menores: un capítulo dun libro, unha canción...

Tamén categoricei o artigo, e puxen interwikis.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:33, 2 novembro 2009 (UTC)

Re. Bandeira de SueciaEditar

Ola! Graciñas pola información, a ver se dou atopado algo por aí. Un saúdo!--Adorian (fálame) 13:02, 11 decembro 2009 (UTC)

ImpresionismoEditar

Ola Lala! Que ben que haxa máis xente traballando no proxecto do impresionismo :). Queríache lembrar que nos artigos da Galipedia sempre débese por unha categoría, neste caso sería Obras pictóricas como neste artigo (Venus de Urbino). Tamén adoitamos poñer un modelo aos cadros. Aproveito pra darche a noraboa por colaborar aquí. Un saúdo!--Hugo22 23:42, 1 febreiro 2010 (UTC).

reflexioisEditar

  • Ola, Lala. Só era para che comentar que me gustaron as túas reflexiois persoais, e tamén o chiste de Roberto Vilar :) Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:40, 20 de xuño de 2010 (UTC)

xuntanzaEditar

Ola, Lucía! Desde o sur iremos en carro Beninho, Alberte e máis eu. Podes acollernos? Levamos saco ou algo? Outra cousa: Podes reservar ti sitio pra cear nalgures? Podes responder no fío da taberna, porfi? Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:56, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Cea do sábado 23Editar

Lala, maniféstate.[1] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:47, 19 de outubro de 2010 (UTC)

GaliencontroEditar

Moitas grazas pola festiña que montaches e si podes, mira esta crónica, vótalle un vistazo por si queres poñer algún chiste... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:06, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Ti que me ías dar a brasa, o do terceiro grao dicíao porque non sei moi ben cómo nin por qué (que lle votáchedes ó viño??), entre plato e plato xa vos contei toda a miña vida e xa sabedes máis do que sabe algunha xente que me ve tódolos días... :). Boa finde para ti tamén e saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:17, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Puxen as fotos que non sairon movidas en Categoría:Imaxes de galipedistas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:42, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Questamosdaniversario!Editar

Hola!, non te enteraches?, que o outro día fixemos 8 aniños..., e o vindeiro sábado 12 imos a celebralo por todo o alto cun maratón de creación de artigos... Usuaria Lala Lugo, si te animas ata podes conseguir unha camiseta da Wikipedia, mira, mira... :). Saudiños, --Elisardojm (conversa) 08:37, 10 de marzo de 2011 (UTC)

Aviso na taberna de axudaEditar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:31 (UTC)