Tívoli
Coordenadas: 41°58′N 12°48′L / 41.967, -12.800
Tívoli, en latín Tibur, en italiano Tivoli, é unha cidade do Lacio, en Italia, na provincia de Roma. En 2021 tiña 54 939 habitantes. Está na marxe esquerda do río Aniene, no nordeste de Roma.
Tívoli | |
---|---|
Tivoli | |
![]() | |
Vistas da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Lacio |
Provincia | Provincia de Roma |
Xeografía | |
Altitude | 235 msnm |
Superficie | 68 km² |
Demografía | |
Poboación | 54 939 hab. (2021) |
Densidade | 780 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 00019 |
Alcalde | Giuseppe Proietti |
Páxina oficial de Tívoli |
Historia e característicasEditar
Nestas terras, entre outras materias primas, había unha pedra chamada actualmente travertino, que foi moi usada en Roma; aínda existen restos das antigas canteiras. O Coliseo e a Basílica de San Pedro de Roma están feitos con este material.
Foi unha localidade romana coñecida pola súa paisaxe agreste, con bosques intercalados e fervenzas, cun clima máis fresco e limpo que a populosa Roma. Converteuse en lugar de veraneo en tempos do Imperio romano. Alí tiveron vilas moitos personaxes romanos, entre os que cabe mencionar ao emperador Adriano e ao poeta Quinto Horacio Flaco (65–8 a. C.). As modernas obras hidráulicas de captación de auga variaron sensiblemente a paisaxe do lugar.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tívoli |