Benvido(a) á Galipedia, Daniel Pita López!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 17:17, 19 xuño 2008 (UTC).

traducións automáticas editar

ola Daniel.

Ó traducir artigos doutras wikipedias debes seguir varios pasos:

Evita usar tradutores automáticos. Se os usas, corrixe os erros. No artigo de Sally Martin‎ era un escándalo as cousas que aparecían... No caso das series, películas, libros... non se adoitan traducir os nomes se non hai tradución feita ó galego.

Así mesmo, procura manter o formato wiki. Debe haber ligazóns internas (pór os corchetes para que algunhas cousas aparezan en azul e poder ir directamente a ese artigo). Tamén debes manter as interwikis (ligazóns ós artigos da mesma cousa noutras wikipedias) e darlle categoría ós artigos (neste caso, "Actores e actrices").

Para subir fotos de actores ou actrices: Deben ser fotos que xa estean subidas en commons, na galipedia, ou que subas ti. Pero lembra que ti só debes subir as fotos que fagas ti, non podes coller e subir fotos que baixes dunha páxina web que teña copyright.

Se tes calquera dúbida, non dubides en consultar con algún usuario ou con algún administrador. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:50, 3 xullo 2008 (UTC)

Traducións automáticas editar

Ola, Daniel, que tal? Traduciches un artigo de loita libre. Ten tantos erros a tradución que vereime na obriga de borrar o artigo. Ademais, traduciches un artigo que xa presenta moitos problemas no seu orixinal castelán, de falta de estilo, de desestruturación, de falta de neutralidade... É mellor que refagas o artigo de novo. Para calquera axuda, non dubides en contar comigo. --Xabier Cid Conversa 17:35, 5 xullo 2008 (UTC)

Ola, Daniel, corrixinche o artigo de loita, pero o que era sobre a serie El Payaso vinme na obriga de borralo polas mesmas razóns. Se necesitas axuda, non dubides en pedila. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 18:15, 5 xullo 2008 (UTC)

Principios editar

Ola, Daniel. Un dos principios da wikipedia é que a autoría é colectiva, é dicir, todos modifican o que fan os outros co obxectivo de conseguir unha maior calidade. Por iso non ten sentido que reclames que ninguén che toque o que fas. O que si podes facer, se estás traballando nun artigo, é empregar o marcador {{enuso}}, que nos dirá aos demais que nese momento estás editando algo e que che deixemos algo de tempo para solucionalo.

Por outra parte, tanto nado como nacido son palabras correctas, e non deberías mudar unha por outra. No caso particular das cabeceiras, na wikipedia adóitase empregar nado, e non nacido. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:25, 5 xullo 2008 (UTC)

Comunícoche o borrado do artigo Viscera, por ter o 95% do seu contido noutro idioma. Se necesitas axuda ou consello, non dubides en preguntarme a min ou a calquera outro usuario da wiki. --Xabier Cid Conversa 22:17, 5 xullo 2008 (UTC)

Boas, marquei este artigo para borrar, xa que tal e como está non pode permanecer na galipedia. As razóns disto son principalmente que contén afirmacións non neutrais, ademáis de non ter formato. Tenta cambialo para que cumpra os requisitos necesarios e retirareille o marcador ok? Calquera cousa non dubides en contactar comigo ou con outro administrador. Saúdos --Banjo tell me 16:44, 8 xullo 2008 (UTC)

El Payaso editar

Vamos ver, Daniel, se o imos pulindo. Non é tan complicado, xa verás. Dou por suposto que o artigo está traducido dalgún outro wiki, utilizando un tradutor automático (xa me dirás se me equivoco), que sempre deixa moitos erros e construcións non válidas no galego. Así que o primeiro é repasa-lo texto e corrixir tódolos erros que atopes. Por exemplo: "O equipo de acrobacia de Hermann Joha acción concepto da TV" é unha frase inintelixible; "A película foi un Quotenhit e trasladouse outra película de televisión" tamén; ou "no que Claudia Diehl Han transcurrido catro anos ha morto". Comeza por aí, corrixindo palabras non traducidas, construcións erróneas e convertindo ese texto en algo intelixible. Simple redacción, para empezar. Logo pasaremos á historia dos formatos, as imaxes, as seccións, etc. Marco este artigo para ir seguindo os cambios que fagas. E pregunta o que queiras, sen cortarte. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:36, 11 xullo 2008 (UTC)


    • Ola Daniel, acabo de ler o que escribiches no teu perfil de usuario. Se tes algunha dúbida, non dubides en preguntar--Hugo22 22:21, 12 xullo 2008 (UTC).

Der Clown/O pallaso/El Payaso editar

Ola, Daniel! Moitas grazas por colaborares. Polo que puiden ver, o artigo Der Clown deu algún problema (eu mesmo tiven que arranxalo, para non borralo). Agora estás insistindo en cambiar o nome dese artigo, e iso non é correcto. As normas da Galipedia din que se non existe tradución ao galego dalgunha obra (un libro, unha película, unha serie...), o título do artigo debe ser o nome orixinal; polo que neste caso debe permanecer como Der Clown. Prégoche que o entendas e que deixes de trocarlle o nome. Se tes algunha outra dúbida contacta comigo ou con calquera outro usuario, seguro que estará encantado de axudarte. Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 13:01, 14 xullo 2008 (UTC)

Problemas cos teus artigos editar

Bos días Daniel. Vexo que segues creando artigos (onte Robert Remus e Solofa Fatu) cos mesmos problemas que os anteriores. Aínda que levas pouco tempo con nós xa fixeches artigos de abondo para poder darte conta dos erros que cometes e que te estamos indicando continuamente, obrigando ós demais a facerche correccións (ortográficas, lingüísticas e de formato wiki) en todos eles. Por iso creo que o mellor será que pares un pouco e te dediques a ver qué erros son habituais no que fas e qué solucións lle damos. Así irás aprendendo para os seguintes. Nesta túa páxina de conversa xa che fixemos ofertas de colaboración para solucionar cantas dúbidas se che plantexen, pero non vexo que as atendas nin que preguntes nin pidas consello. A consecuencia é que cada artigo que fas obriga a unha revisión completa e ás veces a marcalo como “Atención”. Cando non, o borrado directo do artigo (Luis Miguel del Amargue).

Así, por poñer só uns exemplos, en Robert Remus deixas texto en castelán (“ha desarrollado una notable actividad vinculada a la ayuda humanitaria contra la pobreza infantil y la drogadicción”), Discovery Channel e Alessandro del Piero están marcados polas abundantes faltas ortográficas. En Mark Calaway, traducido dalgunha outra lingua na que tiña referencias, consérva-la numeración das notas (p. ex.: “En dita loita Calaway foi derrotado por Luger.[12]”) pero non impórta-la referencia.

No caso de "El payado, O pallaso, Der Clown" xa che explicou Toliño as razóns da escolla do tìtulo. A das Viaxes de Hércules tamén trouxo chollo de abondo.

En xeral, nunca indíca-la wiki da que tradúce-lo artigo nin inclúes referencias, notas nin nada. En xeral, tes que preocuparte máis pola redacción e a ortografía e gramática, e de que non se che escapen fragmentos en castelán.

Enténdenos, Daniel. Debemos buscar un certo nivel de calidade nos artigos da Galipedia. E esa calidade pasa por estar ben escrito, ben estruturado (wikificado) e ben documentado (referenciado). Todo iso dá traballo, claro está, pero é algo necesario. Máis: imprescindible. Sempre nos quedarán erros polo medio pero iso non che debe preocupar. Estes erros illados son case inevitables, pero unha cousa é corrixirche unha palabra, unha expresión, un castelanismo e outra corrixir todo o artigo.

Así que insisto. Antes de seguir creando novos artigos, dedícate a comprobar, reler, repasar, corrixir, pulir os que xa levas feitos, nos que aínda queda bastante que mellorar. E pregunta sen medo todo o que queiras, calquera problema que teñas. Tódalas dúbidas que teñas podes plantexalas nas páxinas de conversa do artigo, na taberna, nas de calquera dos usuarios que che ofrecemos axuda ou mesmo no correo electrónico que temos habilitado case todos.

Non te desanimes con estas observacións que non queren critica-lo teu esforzo, pero, por favor, tenas en conta e pide toda a axuda que creas necesitar. Xa verás como recibirás cumprida resposta. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 10:40, 15 xullo 2008 (UTC)

Rex, un policía diferente editar

Pero Daniel... ¿non les as mensaxes que che deixamos? ¿non segues a evolución da Galipedia? ¿Non viches que o artigo Rex, un policía diferente xa foi borrado hai dúas horas por estar en castelán? Non che entendo, a verdade, e menos aínda entendo que sigas sen atender todo o que che dicimos. ¿Qué pasa que non somos quen de entendernos? Contesta, por favor, e fai o esforzo de cumpri-las normas da Galipedia, que tampouco é tan complicado. Pedro --Lameiro (conversa) 14:13, 15 xullo 2008 (UTC)

  • Ola Daniel Pita López. Dirian que non viches o que te estamos a dicir na tua páxina de conversa ? Trata de entender ben o que che di Lameiro mui ampliamente e navega un pouco para darte conta que a Galipedia non é un xuguete. Si eres de boa fé non teras problema para seguir colaborando con nós. Saúdos ElviraConversa comigo 14:17, 15 xullo 2008 (UTC)

Penúltima chamada editar

Daniel, insisto nas preguntas e observacións anteriores, miñas e doutros usuarios. Insisto en que debes indica-la orixe dos artigos que traduces, dar referencias, categorizar, darlles formato wiki e, sobre todo, repasa-lo texto. E ti insistes en seguir traducindo artigos, deixando ós demais o traballo da corrección e formateo e, sobre todo, en non dar resposta ningunha ás nosas advertencias nin ós nosos ofrecementos, como se nada diso fose contigo. A Galipedia é un traballo colaborativo -nin teu nin meu nin de ningún usuario en particular- e non podemos actuar como se estivésemos sós, cada un pola súa conta. Ese silencio teu, esa actitude de illamento, esa falta de respecto ás normas da Galipedia só poden ter un final, que non vai ser outro que o bloqueo das túas contribucións. Ninguén quere utilizar esa última saída e menos aínda cando, como é o teu caso, non lle vemos vontade de facer dano, pero non nos estás deixando moitas máis alternativas. ¿Ata cando pensas seguir nesta liña? Pedro --Lameiro (conversa) 14:29, 17 xullo 2008 (UTC)

Efectivamente, Daniel. Hoxe creaches media ducia de artigos, e todos con tantos problemas, que dá máis traballo corrixilos que borralos e facelos de novo. Os teus problemas principais son:
  1. inclúes contidos que non son enciclopédicos: non se poden dar opinións, valorar a calidade dun determinado loitador, etc. Ademais, os artigos teñen que ter unha extensión e un nivel de detalle acorde coa relevancia do feito. Moitas veces contas detalles que exceden o nivel lóxico de profundidade dunha wikipedia.
  2. non usas o estilo da wikipedia: non metes ligazóns externas, embarullas o contido, non estruturas ben os artigos con títulos correctos, etc.
  3. o teu galego é de moi baixa calidade. Inténtalo, e nótanse melloras. Pero debes ser consciente de que tes que consultar máis o dicionario e, sobre todo, tes que ler máis (loitadores, e non loitadois, etc.).
Propóñoche unha solución: que crees un só artigo, e pequeniño. Os demais podemos avisarche dos erros, e logo ti os corrixes. Pouco a pouco. Pero se segues creando tantos artigos grandes, vai haber que borralos. Ah, e debes empezar por unha cousa: ese artigo primeiro que crees, que ten que ser pequeniño, no campo de "resumo" que tes debaixo da caixa de edición, tes que indicar de onde o traduciches. De acordo? Un saúdo, e pregunta todas as dúbidas que teñas. --Xabier Cid Conversa 18:19, 17 xullo 2008 (UTC)
Acabo de deixarche unha mensaxe na páxina de conversa de La noche de los castillos. Por favor, lea. --Xabier Cid Conversa 21:06, 17 xullo 2008 (UTC)

Comportamento negativo editar

Ola, Daniel. A pesar do que che dixen onte, ti segues tirando para adiante. Non só non corrixiches o artigo La noche de los castillos, que non foi borrado agardando que o corrixiches, e co que me ofrecín a botarche unha man e serche de axuda, senón que hoxe creas dous artigos máis cos mesmos problemas:

  1. non indicas que son traducións
  2. non revisas as traducións
  3. non categorizas e estruturas correctamente o artigo
  4. inclúes textos que non son neutrais, que falan dos artistas como se fosen folletos publicitarios, etc.

Por esa razón, borrei eses dous artigos. En canto amañes esoutro artigo de La noche de los castillos seguimos falando. Estamos aquí para axudarche e botarche unha man, pero co teu comportamento estasnos facendo traballar indiciblemente a todos. Se segues así, vas acabar bloqueado, e é unha tontería que as cousas se torzan ata ese punto. --Xabier Cid Conversa 12:51, 18 xullo 2008 (UTC)

Explicación do bloqueo editar

Ola, Daniel, voute bloquear por tres días, durante os que non poderás facer edicións. A túa insistencia en crear artigos de moi baixa calidade e de ignorar os avisos, consellos e axudas do resto da comunidade lévame a tomar esta decisión. Espero contar contigo no futuro, pero deberás esforzarte en mellorar os artigos que xa creaches antes de inzar de novos artigos de baixa calidade. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:12, 18 xullo 2008 (UTC)

tradutores automáticos editar

ola Daniel; non sei a que te refires. Eu non uso os tradutores automáticos. Oque fago é coller o texto e ir traducíndoo palabra por palabra, para asegurarse de que non haxa erros. Porén, se che é máis cómodo, podes utilizar os tradutores e logo revisar as traducións. Se tes algunha dúbida máis concreta, non dubides en consultar. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 21:45, 2 agosto 2008 (UTC)

Ola Daniel! O contido que estás engadindo non é enciclopédico e non ten cabida na Galipedia. Así, textos coma: "Aqua Park é un parque acuatico cheo de toboganes azuis e brancos aparte de haber piscinas para tódalas persoas cun simulador de olas,con hidro maxase.O prezo e 6 euros por adulto e por pequeno non sei si é gratis (...)", ou do artigo que eu borrei que contiña cousas coma: "(...) Notouse de inmediato os afeitos,ó luxo,dor digeriva o ambiente inhóspito da realidade.Moza moi delicada,fai o amor polo seu sorriso e tamén polas súas formas sinxelas (...)". Síntoo, mais ese tipo de artigos terán que ser borrados. Agardo que o comprendas e intentes mellorar a calidade dos artigos que estás a crear. saúdos. AlberteSi, digame? 23:33, 3 agosto 2008 (UTC)

Ola, Daniel. Prégoche que sexas tan atento con Alberte, como el o foi contigo. Se non re comportas axeitadamente, insultas ou provocas crispación, podes ser bloqueado de novo. É certo que un determinado parque acuático pode ser merecente de estar na wikipedia, pero iso non quere dicir que eses artigos, tal e como os creaches, deban estalo. Uns exemplos de información que non se pode incluír:

  • información que caduque rapidamente (como os prezos)
  • información de instalacións que poidan mudar rapidamente, ou que sexan irrelevantes (a porta do baño de homes non pecha ben, etc.)
  • datos que non estean respaldados por outras publicacións. Lembra que a wikipedia non é unha fonte primaria e que todo o que digas debe ser recollido (nunca literalmente) doutras fontes anteriores: e non vale a túa exeperiencia persoal, nin a miña experiencia persoal.
  • opinións persoais ou interpretacións.

En troques, debes engadir información básica como ano de construción, localización, se é unha empresa privada ou de titulariedade pública, etc. Un saúdo, --Xabier Cid Conversa 13:44, 4 agosto 2008 (UTC)

Ola de novo, Daniel. Alberte deuche unha explicación. Se non foi todo o detallada que ti desexarías, podes pedirlle que che dea máis consellos, pero de boas maneiras. Unha cousiña máis: os artigos non son teus, nin de Alberte, nin de ninguén: todos colaboramos coa wikipedia, pero non somos propietarios dos contidos, nin temos titulariedade sobre as páxinas. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 15:37, 4 agosto 2008 (UTC)

Al otro lado de la cama editar

Ola, Daniel, de novo. Púxenlle un marcador de atención a Al otro lado de la cama. Deberías corrixir ese artigo, porque do contrario se borrará. Podes mirar outros artigos de películas para ver como podería ser unha boa estrutura. Por exemplo, Os luns ó sol. --Xabier Cid Conversa 15:50, 4 agosto 2008 (UTC)

Exemplos de erros editar

¿Queres exemplos dos erros que cometes nas páxinas que creas? Pois, ademais do que che din Alberte e Xabier, sobre o fondo da cuestión, valaí uns cantos do último artigo "Los 2 lados de la cama":

  • Han pasado, casarse, xoven, doctora, ha feito, noa, Lucia, ¿Sa Juan?, a atopado, en xunto, perfeito, opínan, volve a xogar, intérpretados.

Non marco a falta de espazo que ha existir sempre despois dos puntos e das comas. Todo isto en sete liñas de texto parece excesivo. Ademais, habería que contextualizar o texto (sábese que é unha película pola categoría (que no sería "Peliculas de DVD", e, por certo: películas, con til). Habería que marca-los nomes dos actores dos nomes dos personaxes que representan. Xa ves. Todo iso é traballo de corrección que nos obrigas a facer. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:51, 4 agosto 2008 (UTC)

Borrei este artigo, por infracción co copyright. Non se poden publicar textos na wikipedia que sexan propiedade doutras persoas ou entidades. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 15:54, 4 agosto 2008 (UTC)
Borrei o artigo María Esquisábel por infracción do copyright (http://www.diariodenavarra.es/20061001/especiales/generacion-N/maria-esquisabel-crespo-presentadora-programa-television-muchoviaje.html?val=0&sec=20061001). Non se poden publicar textos na wikipedia que sexan propiedade doutras persoas ou entidades. Un saúdo.--Xabier Cid Conversa 16:18, 4 agosto 2008 (UTC)
Borrei o artigo que fixeches porque volveches copiar información dunha web, información que ten copyright e que non pode ser usada na wikipedia. Como é a terceira vez que o fas esta tarde e como nin sequera contestas estas mensaxes de notificación de borrado, véxome na obriga de bloquearte de novo, esta vez por un período un pouco máis amplo cá vez anterior. Síntoo moito. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 17:11, 4 agosto 2008 (UTC)

Ola de novo. Coido que non entendeches ben, tampouco é que sexa un tema de mudar unhas palabras por outras (que tamén, e non só iso, senón que a veces non se entenden oracións enteiras), senón que os propios artigos, aínda que morfoloxica e ortograficamente estiveran ben deberían ser borrados, xa que non conteñen material enciclopédico, e isto é unha enciclopedia e non un blog onde entren valoracións ou frases tipo "fai o amor polo seu sorriso ou "notouse de inmediato os afeitos,ó luxo,dor digeriva o ambiente inhóspito da realidade". Por iso, antes de que fagas algunha nova edición recomendaríache que leses as ligazóns que veñen en Wikipedia:Axuda, para aprender de que vai isto da wikipedia, e non caias nos mesmos erros, que, irremediablemente, teriamos que eliminar. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:18, 4 agosto 2008 (UTC)

Títulos dos artigos editar

Vou respostar a túa pregunta sobre o título do artigo Der Clown. Como xa che dixen máis arriba:

[...] As normas da Galipedia din que se non existe tradución ao galego dalgunha obra (un libro, unha película, unha serie...), o título do artigo debe ser o nome orixinal; polo que neste caso debe permanecer como Der Clown. [...] --Toliño Fala aquí comigo 13:01, 14 xullo 2008 (UTC)

Malia isto, nada nin ninguén impide pór na introdución do artigo, entre parénteses, unha "tradución" que faga o editor deste (neste caso podes comprobar que no artigo di: «Der Clown (en galego: O pallaso) foi unha serie...») aínda que non haxa, neste caso, unha dobraxe á nosa lingua. Creo que era iso o que querías saber; se queres que solucione algunha dúbida máis que teñas, non dubides en contactar de novo comigo (... e perdoa por tardar en resposta, non estiven por aquí...). Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 11:30, 22 agosto 2008 (UTC)

Bloqueo editar

Ola, Daniel. Por suposto que podemos falar do que sexa, e do teu bloqueo tamén. De feito, eu tentei falar contigo repetidamente, como está expresado nesta páxina, e ante á falta de resposta e vendo que seguías facendo cousas altamente prexudiciais para a wikipedia, tiven que bloquearte. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 12:33, 25 agosto 2008 (UTC)

Como podes ver nesta mesma páxina, o 4 de agosto ás 15:54 deixeiche a primeira mensaxe de aviso. Ás 16:18 a segunda. Finalmente, ás 17:11, case unha hora despois, bloqueeite. Despois da primeira mensaxe, cando estabas sen bloquear, non falaches comigo. Despois da segunda, cando estabas sen bloquear, non falaches comigo. Hai que bloquearche pra que queiras falar coa xente? Síntoo moito se che pareceu agresivo o bloqueo, pero non me deixaches outra opción. Agardo que cando menos aprendeses a que non se poden publicar contidos suxeitos a copyright. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 22:25, 25 agosto 2008 (UTC)

Bret Hart‎ editar

Daniel, volvín poñe-la marca de atención no artigo sobre Bret Hart‎ porque segue habendo moito que corrixir (deixaches aínda moitas cousas en castelán). Sexa como for, o propósito desta mensaxe é advertirche que NUNCA debes borrar unha marca de atención que outro usuario poña nun artigo que ti creaches. ¿de acordo? Pedro --Lameiro (conversa) 21:11, 25 agosto 2008 (UTC)


¡Home, Daniel! por fin contestas. Ben, bo sinal. Dis que eliminaches a marca de atención en Bret Hart‎ "porque creo que non hai que facer máis". Bota agora un vistazo ás correccións que lle acabo de facer e comprobarás que sí había que facer máis. Moito máis. Xa sabes: no artigo abres o Historial e comparas a miña edición das 01:37 coa túa anterior: verás nas dúas columnas e ben marcado en vermello o que escribiches ti e o que corrixín eu.

En calquera caso, eu podo facer unha corrección lingüística -e seguramente imperfecta- pero non teño nin idea de loita libre nin entendo os termos que recolles no artigo. Nin tampouco, sinceramente, é algo que me interese en absoluto. Hai parágrafos nos que me perdo e xa non digo nada do lío que hai entre o tipo este, os seus irmáns, os seus contrincantes ...e ata o dentista tamén polo medio. Non sei cando gañan ou perden nin por qué. Nin moito menos podo saber nada da veracidade do que contén o artigo. Esta segunda parte, a técnica, é fundamental. E é un dos principais problemas de traducir un artigo da wiki castelá, portuguesa ou de onde sexa, sen coñece-lo tema de que trata o artigo. Que podes estar repitindo erros sen enterarte.

Logo están as referencias. Un artigo onde hai 40 loitas, 40 campionatos (ligas ou o que sexa), 40 premios, feudos (que vai saber qué é iso na loita libre), descalificacións e decisións dos xuíces que semellan contraditorias, necesita referencias. E 3 sonche demasiado poucas. ¿Quen e onde afirma tal cousa? ¿Onde podo comprobar que gañou o combate no ano X e que o perdeu no ano Y? Iso son referencias. Iso enriquece o artigo e a Galipedia.

E, por último, as ligazóns internas. Marcas con ligazón tódolos nomes propios -e os seus alcumes- e tódalas edicións dos 40 campionatos. Mesmo marcas cunha ligazón o propio nome do Bret Hart‎. ¿Tes pensado crea-los artigos correspondentes?

Máis nada, Daniel. Lembra que os plurais en galego son "loitadores" e non *loitadois, e vixía máis os verbos, sobre todo o tempo perfecto. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:00, 27 agosto 2008 (UTC)

Copyright editar

Volvín a borrar un artigo dos que ti creaches, en concreto o de Alerta Cobra. A razón é que incluíches unha vez máis material con copyright, neste caso procedente de aquí e de aquí (neste caso, dun artigo que nin sequera se refire á serie, senón a un videoxogo do mesmo nome.

Como o artigo o creaches antes de que foses bloqueado por esta causa, limitareime a borrar os contidos. Prégoche que, se fixeches isto mesmo con outros artigos, ou ben os propoñas para borrar ou substitúas os seus contidos por uns novos que non estean suxeitos á protección do copyright. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 21:33, 28 agosto 2008 (UTC)

Non é cuestión de avanzar ou non avanzar. Creaches artigos onde usaches material que está sometido a copyright. Non só é un delito, senón que viola un dos principios básicos e fundamentais da Galipedia. Pódese avanzar sen usar contidos sometidos a copyright. Xa foches bloqueado por esa cuestión, de feito. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 21:47, 28 agosto 2008 (UTC)

Extractar editar

Como calquera dicionario che pode dicir, extractar é reducir os contidos dun texto conservando só aqueles que teñen unha importancia maior. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 06:39, 1 setembro 2008 (UTC)

Enciclopedia editar

Ola Daniel, quizais debas parar de crear artigos. O teu dominio do galego é escaso, e isto é unha enciclopedia que debe dotarse cuns contidos dun mínimo de calidade na redacción e na ortografía. Por desgraza polo de agora isto non o podes cumprir, polo que no meu nome pediría que parases de crear artigos xa que dan moito traballo arranxalos, tendo moitas posibilidades de seren borrados. Creo que primeiro deberías botarlle un repaso ó galego. Nos proxector wikimedia galegos podes atopar axuda: Curso de lingua galega en Galilibros, e a Normativa oficial do galego en galipedia. Agardo que che sirva de axuda para que aprendas galego. Un saúdo. --Albert galiza 15:06, 4 setembro 2008 (UTC)

  • Daniel, ¿cres que a marca de atención que temos que poñer nos teus artigos pedindo unha corrección ortográfica é algo caprichoso? ¿cres que todo o que te levamos dito ata agora sobre os erros gramaticais que cometes é unha paranoia nosa contigo? ¿miraches algunha vez a cantidade de correccións que lles fixemos ós teus artigos? Non sei como, cando nin onde estudiaches galego, pero está meridianamente claro que o teu galego é moi, moi escaso e que aínda tes moito que aprender. A modo de exemplo (outro máis) marco en negra os erros que hai na túa mensaxe:
    • Ola o meu dominio do galego non pode ser escaso ademáis teño un diccionario de Castelan-Galego e en google esta o traductor de galego ademáis non entendo porque o plural de loitadores non é loitadois sindo o plural de nuclear nucleais non esqueces que eu estudiei galego como para saber que o plural das palabras que rematan en il é is,que a o h en galego é f cando tratase de verbos que non sexa haber tamén sei nomes de animais,que a y no galego non existe e que a j non sempre no galego é ll. Asi que non me fagas rir porque os verbos en galego os que son con doble é en castelan no galego levan unha soa é por exemplo crer e ler,tamén sei que en,con,de,se e me cambian cando estan cos artigos o,a,os,as e igual que con un,unha,uns,unhas,tamén sei abrebiaturas como á,ás,ao,ó,aos,ós ou unha frase eles deixaronno moi mal a el entre outras cousas. Pode que non controle eu de tis pero si controlo de outras cousas no galego.--Daniel Pita López 20:50, 4 setembro 2008 (UTC).
  • Máis: nin é "loitadois" (entendas ou non) nin tampouco "nucleais"; tampouco é certo que o h en galego sexa f, nin á, ao, etc. son "abreviaturas" senón contraccións. Pero non é só isto. É que tamén hai aspectos ortográficos, gramaticais, puntuación, espaciado, etc. que tampouco tes en conta. E hai que reler todo o texto e non deixar palabras ou frases completas en castelán. E, finalmente, hai que pretender que o texto do artigo sexa intelixible, algo que moitas veces tampouco consigues.
  • Ninguén pretende rirse de ti nin provocarche a risa. Intentamos facerche ver que non estás preparado para colaborar na Galipedia. Lamento dicircho, pero eu tamén preferiría que deixaras de editar. Agradeceríacho polo ben de todos e, sobre todo, da Galipedia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:03, 4 setembro 2008 (UTC)

Ola, Daniel. Hai xente que edita na wikipedia e que tampouco ten un perfecto coñecemento de galego. Pero, a diferenza de ti, dedícanse a facer correccións, a colocar interwikis, a amañar categorías, a corrixir problemas de estilo... e só redactan pequenas cousas e avisan de que llas corrixan. Ti traduces (mal) artigos longuísimos, que dá máis traballo corrixir que facer de novo ben. Cáusaslle máis traballo aos demais do que axuda. E se segues así tarde ou cedo serás bloqueado. Creo que deberías pensar para que estás aquí, e como poderías ser de axuda. Así, dende logo, non. Por que non revisas todos os artigos que creaches de loita libre e te dedicas a corrixir os numerosísimos erros que aínda teñen? --Xabier Cid Conversa 08:05, 5 setembro 2008 (UTC)

Ola, Daniel. Ese é o camiño, pero fáltache aínda moito por corrixir. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 09:53, 6 setembro 2008 (UTC)

Ola, Daniel. O que debes facer é corrixir os que xa creaches. Porque se creas máis artigos con tan gran cantidade de erros van ser borrados, e o que é peor, vas acabar sendo bloqueado. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 16:17, 6 setembro 2008 (UTC)

Daniel, por suposto que pasamos máis traballo ca ti. E sobre todo, é un traballo moi ingrato andarlle corrixindo textos a unha persoa que non fai máis que crealos. Onte borreiche un artigo que tiña moitos problemas. A unha persoa que se lle borran artigos continuamente acaba bloqueada, claro. O meu consello é que te dediques a mellorar e corrixir os artigos que xa creaches, e que non crees máis. E, como ti ben dis, "que che quede claro": os artigos da wikipedia nin son teus nin son de ninguén; calquera pode corrixilos, amplialos, cambialos, amplialos e recortalos. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 09:46, 7 setembro 2008 (UTC)

Escornabois editar

De todas as correccións que fixeches en escornabois (unhas 12), dez foron incorrectas e houbo que revertelas, e as outras dúas correspondíanse a formas correctas que ti substituíches por outras formas correctas. Por favor, emprega os dicionarios.--Xabier Cid Conversa 13:25, 7 setembro 2008 (UTC)

  • Por favor como che levan repetido unha chea de veces para facer correccións tes que coñecer o galego, hai unha ristra longa de dicionarios e libros de erros que che sería moi útil consultar antes de facer edicións, e nas Baleares segundo o seu estatuto de autonomía é o catalán a lingua oficial.--Arco de Rayne 14:02, 7 setembro 2008 (UTC)
  • Teño que reiterar unha vez máis o que xa che dixeron. Por favor, fainos caso. --Toliño Fala aquí comigo 14:03, 7 setembro 2008 (UTC)
  • Tanto que como ca son válidas en galego para as comparativas nese contexto. Mantense que porque o primeiro usuario escribiu que. Un saudiño --Xabier Cid Conversa 15:28, 7 setembro 2008 (UTC)

Wushu (deporte)‎ editar

Boas Daniel. Quero crer que aínda estás empezando o artigo. Nese caso lembra todo o que che dixemos anteriormente e marca o artigo como "en uso". Se non o fas tería que considera-lo artigo como rematado e borralo, en consecuencia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:50, 17 decembro 2008 (UTC)

  • A lista xeral de marcadores está en Mensaxes predefinidas. No caso concreto desta artigo podes utiliza-los marcadores {{en uso}} ou tamén {{en progreso}} (é dicir, unha ou outra cousa entre dobres chaves). O marcador "en uso" advirte ós demais usuarios para que non editemos ese artigo e provocar, por exemplo, conflitos de edición. O seu sitio sería a cabeceira do artigo, ó principio de todo. Logo, cando consideres que xa rematáche-lo artigo borras ese marcador e xa está. Lembra tamén que debes indicar referencias (de onde quíta-la información) ou a wiki de onde o traduces. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:22, 17 decembro 2008 (UTC)
  • Ola Daniel. Decirche que amañei no artigo o enlace a wiki en inglés, que debido a unha maíúscula no dirixía ben. Ademáis engadín unha imaxe de Commons para darlle un pouco máis de vistosidade o artigo mentres estas traballando en el (supoño que estas traballando en el pola conversación con Lameiro). Como xa te deixei na conversa do artigo, se ben non as practico, as artes marciais parecenme moi interesantes como tema, xa que hai moitos tipos e modalidades, polo que dende aquí, animarte a que profundices no tema. Un saúdo. --Jordav 21:16, 17 decembro 2008 (UTC)

Artigos incomprensibles editar

Ola Daniel, non sei se che fixaches, mais os artigos que estás a crear son totalmente incomprensibles, non sei se é que os traduces automaticamente do inglés para o castelán e logo automaticamente do castelán ó galego, ou como é que o fas, mais a maioría das frases non teñen sentido, ou son moi difíciles de comprender. Anda con ollo á hora de traducir. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:44, 18 decembro 2008 (UTC)

  • Para marcar un artigo para que non sexa editado por estares ti a facer edicións nel, escribe {{enuso}}--Saúdos e grazas. Xan de ningures 18:02, 19 decembro 2008 (UTC)

A ver, Daniel. Na resposta de onte a Alberte dis unha cousa que non pode quedar no aire: "non quero ter problemas non ningun de vós como xa tiven problemas con Xavier Cid". Non creo que te refiras a "problemas" persoais senón a problemas coas actuacións de Xabier como usuario e como administrador. E os teus posibles problemas non son con el, nin seus contigo. É unha simple cuestión de cómo queremos todos construí-la Galipedia e das normas que nos damos para facelo. Os teus posibles problemas non veñen de Xabier, veñen de que a túa vontade de colaborar (que benvida sexa) non se acompaña dunha vontade semellante de respecta-las normas da Galipedia. E calquera usuario, e máxime os administradores, estamos aquí para axudarnos e corrixirnos mutuamente. Se ti cometes erros, debemos dicilo e actuar en consecuencia. No tempo que levas editando dixémosche unha chea de veces qué problemas atopamos nos artigos que vas creando. Algunhas veces corrixes os erros e outras parece que pasas olimpicamente de nós. Entende, Daniel, que se trata de manter un estandar de calidade mínimo, por outra banda non tan difícil, esixible a tódolos artigos.

Ó meu entender, o principal problema que tes (e que temos, os demais) cos teus artigos é a cantidade de erros que conteñen e unha redacción que crea frases sen sentido, ás veces imposibles de entender. A modo de exemplo, nesta mensaxe túa a Alberte, tres liñas e pico, marco en negrita os erros. Fíxate tamén en que toda a mensaxe non pos nin un só punto nin unha coma:

  • Hola son Daniel o último artigo foi traducido o castelan po-lo traductor de google xa que hai páxinas que non estan en castelan e por iso teño que usar o traductor de google e eu traduzcono directamente o galego grazas po-lo que teña ollo eu co que traduzco pero dalgunha parte terei que facer que esta páxina avance ademais a mín gustame esta lingua por ser miña lingua nai e non quero ter problemas non ningun de vós como xa tiven problemas con Xavier Cid.

Insisto, Daniel. Pilla calquera gramática (moderna), repasa as Normas ortográficas, usa os dicionarios (modernos) ante a menos dúbida. Repasa o apartado Recursos Lingüísticos da sección Axuda avanzada de Wikipedia:Axuda. Constancia e xa verás como se soluciona todo. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 20:11, 19 decembro 2008 (UTC)

Tes o marcador EnUso neste artigo, mira de arranxalo, Daniel. E por favor non crees artigos tan curtos e faltas de contido coma este último que vés de crear co nome de Zui quan‎. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:05, 12 setembro 2009 (UTC)

Baixo (voz)‎ editar

Daniel, borrei a túa contribución no artigo Baixo (voz)‎. Non podes poñer cousas como Nós os de rexistro de voz somos capaces de respirar pola garganta por ser a que nos dá o timbre moi oscuro e de ahí voz de garganta nunha enciclopedia. Estou seguro de que o entendes. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 11:11 (UTC)Responder

Anímote a que lle botes unha ollada a esta páxina Wikipedia:Libro de estilo. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 11:13 (UTC)Responder

Teño certas apreciacións que comentarche:

  1. Para empezar eu non che faltei ao respeto así que espero un pouco do mesmo. Como xa che expliquei, non podes escribir un texto en primeira persoa sobre o que a ti te apeteza nunha enciclopedia, por que a xente non ten por que saber que ti es baixo ou o que queira que sexas, en calquera caso, podería ir en contra das normas da wikipedia ao considerarse autopromoción.
  2. En segundo lugar, se a información que escribiches é certa, terás que referenciala, non só poñer "Nos os de rexistro de voz..." (que por certo Nos vai sen til), por que como ti comprenderás pode ser unha invención túa. Por exemplo, se eu fago un artigo de economía non escribirei "Nos os economistas pensamos tal...", senón que escribiría "Os economistas tal e tal, opinan que ..." indicando cunha referencia quenes son tales economistas.
  3. Recoméndoche de novo que lle votes unha ollada a Wikipedia:Libro de estilo para aclarar a cuestión acerca de como deben editarse os artigos na galipedia.
  4. E por último, ti non es ninguén para dicir se eu teño idea ou non de música cando non me coñeces. Saúdos cordiais. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 13:12 (UTC)Responder

A ver si en castellano lo entiende mejor... Mire usted una cosa, como ya le he dicho a mi me trae sin cuidado a que se dedica usted o cual es su registro de voz. Las normas de wikipedia son las que son y si quiere añadir información a un artículo no lo haga en primera persona y añada una referencia a lo que está diciendo. Si la información es correcta, está bien redactada y está bien referenciada podrá permanecer en el artículo. Un saludo. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 16:08 (UTC)Responder

redacción editar

Ola, Daniel!

Ao crear un artigo, lembra que é importante indicar de onde tomas a información, xa sexa a través de bibliografía, ou a través dunha tradución doutro artigo da Wikipedia noutra lingua.

Respecto ao artigo Baixo (voz): o timbre de voz non é só para a ópera, senón para calquera composición musical e para calquera expresión oral; amais, o artigo é lido por persoas con todo tipo de timbre de voz, polo cal non ten sentido que indiques nós. Doutra banda, debes usar os adxectivos con rigor, evitando apreciativos como "escuro" para referirse á voz ou ao timbre; é preferible usar o termo "grave", máis axeitado para unha enciclopedia.

Outra cousa: procura mellorar a túa redacción, pois moitas veces non queda clara. Repites moitas veces a mesma cousa, e sen pausas axeitadas (comas e puntos), o que dificulta a lectura e a comprensión do texto.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2015 ás 16:12 (UTC)Responder

  Por favor, deixa de facer edicións non construtivas na Wikipedia. Semella que as túas edicións poden constituír vandalismo e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar, usa a zona de probas. Grazas.--AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 16:18 (UTC)Responder

orixe da información editar

Daniel; isto é unha enciclopedia, e a información achegada non pode ser de carácter persoal, ten que estar referenciada. Entendes este punto? Por outra banda, recoméndoche a instalación dun corrector ortográfico e pídoche por favor que mellores a túa redacción. As túas achegas na Wikipedia poden ser valiosas, pero debes axeitalas ao formato e o rigor dunha enciclopedia. --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2015 ás 16:34 (UTC)Responder

Axudas lingüísticas editar

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 16:36 (UTC)Responder

Daniel, eu non te estou discutindo nada. Xa che dixen que me parece moi ben que teñas unha ou outra voz. O que che estou dicindo é que non podes engadir información en primeira persoa na wikipedia, e moito menos sen engadir una referencia. Se ves que na páxina que me comentas aparece esa información engádea como referencia no artigo. --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 16:39 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Daniel Pita López. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --AMPERIO (conversa) 30 de decembro de 2015 ás 16:40 (UTC)Responder