O pallaso

serie de televisión alemá
(Redirección desde «Der Clown»)

O pallaso (en alemán: Der Clown) é unha serie de televisión alemá da canle RTL. A serie foi emitida desde o 21 de abril de 1998 ata o 11 de outubro de 2001 e tivo 46 episodios. Os principais intérpretes foron Sven Martinek, no papel do pallaso; Diana Frank, como Claudia; Thomas Anzenhofer, como Dobbs; e Volkmar Kleinert. Na Galiza é foi emitida dobrada ao galego na TVG.

O pallaso
Na rede
IMDB: tt0149431 Allocine: 2951 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Der Clown tamén foi un filme que se estreou no ano 2005.

Historia editar

Cando o amigo de Max Zander morre nun coche bomba, Max decide morrer e resucitar como o pallaso para loitar contra o mal. Recibe axuda dos seus amigos: a xornalista Claudia Diehl (Diana Frank), o piloto Tobias "Dobbs" Steiger (Thomas Anzenhofer) e mais o avogado Joseph Ludowski (Volkmar Kleinert). Alguén se imaxina un policía de elite que utiliza unha máscara de pallaso como ferramenta de traballo habitual, para enfrontarse aos criminais máis perigosos e así poder desenmascaralos? Este axente existe na serie "O pallaso", unha produción alemá de 1998, que ten a curiosa habilidade de reunir comicidade e unha boa dose de acción, con secuencias espectaculares, persecucións, muros de lume e tomas aéreas.

A diferenza doutras producións televisivas, "O pallaso", alcume de Max Zander, non é a serie clásica de detectives, senón unha serie trepidante de acción, en que o seu protagonista principal é un moderno Robin Hood que traballa para salvagardar o ben e que combate os viláns usando, en ocasións, métodos pouco convencionais. Acotío, o protagonista, Max Zander, ten que enfrontarse aos peores traficantes internacionais de droga, secuestradores e mafiosos.

Na súa loita contra os criminais, Max Zander, amais dunha máscara de pallaso coa que asume unha identidade distinta, conta con outros elementos imprescindibles, como a axuda dos seus colegas; Claudia, unha reporteira de televisión, e Debbs, un piloto de helicópteros. A primeira vez que Max utilizou a careta de pallaso foi durante a investigación do asasinato do seu mellor amigo, situación que lle permitiu vingarse sen ser recoñecido.

As secuencias de acción están realizadas polo equipo que dirixe o especialista Herman Joha e os efectos especiais conseguidos por computador levan a sinatura de Dremascape, compañía encargada dos efectos de películas de grande éxito mundial, como Independence day e Godzilla. A serie foi emitida en galego na TVG. Horas de emisión da serie do pallaso. Luns 16:25 / 17:10/ 18:45 / 19:45 Martes 16:25 / 17:10/ 18:45 / 19:45 Mércores 16:25 / 17:10/ 18:45 / 19:45 Xoves 16:25 / 17:10/ 18:45 / 19:45 Venres 16:25 / 17:10/ 18:45 / 19:45 Sábado 09:26 / 10:12/ 10:12 / 11:00


 
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.